{"id":6753,"date":"2014-10-09T08:41:00","date_gmt":"2014-10-09T06:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:07:31","modified_gmt":"2024-11-12T13:07:31","slug":"catedrais-ribadeo-futuro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/10\/09\/catedrais-ribadeo-futuro\/","title":{"rendered":"Catedrais, Ribadeo, futuro"},"content":{"rendered":"<p>Hai alg\u00fan tempo saltou \u00f3s medios que o plan preliminar para As catedrais estaba listo. Pouco despois recoll\u00edn nunha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/09\/participando-que-e-xerundio-as.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada as ligaz\u00f3ns e alg\u00fan pequeno comentario<\/a>. Dez d\u00edas despois volto \u00f3 tema.<\/p>\n<p>Dende a entrada no blog, pouco ou nada se sabe dos anunciados encontros do alcalde con empresarios e veci\u00f1os da parroquia, de comentarios sobre os detalles do plan ou de alegaci\u00f3ns. De novo, a participaci\u00f3n parece ausente dun proceso que a necesita.<\/p>\n<p>Pasei a vista por un dos documentos que liguei na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/09\/participando-que-e-xerundio-as.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada sobre o plan das Catedrais<\/a>. O que corresponde \u00e1 &#8216;literatura&#8217;, e certamente, est\u00e1 feito segundo unha estrutura m\u00e1is ou menos tipificada que entendo fai dif\u00edcil que se podan facer aportaci\u00f3ns m\u00e1is al\u00f3 de apreciaci\u00f3ns nun sentido ou noutro. \u00e9 dicir, dificulta a participaci\u00f3n veci\u00f1al se non se ten un apoio extra \u00e1 documentaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non obstante, a precauci\u00f3n debe ser un m\u00e9todo tam\u00e9n fronte a documentos deste tipo. A maior parte do <a href=\"http:\/\/www.cmati.xunta.es\/c\/document_library\/get_file?folderId=156288&amp;name=DLFE-27308.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">documento<\/a> (54 p en total, portada inclu\u00edda) p\u00e1sase coa descrici\u00f3n de caracter\u00edsticas, \u00e9 dicir, tentando centrar o tema. Pero, fix\u00e1ndome nalgunha cousa que co\u00f1ezo m\u00e1is ou menos, a tenor do que levo recollido sobre a temperie da zona, dir\u00eda que as temperaturas e outros datos meteorol\u00f3xicos, por exemplo, son collidas dun ano s\u00f3, polo que non son representativas. En canto \u00e1 xeolox\u00eda, fala de cant\u00eds duns 10 m, e punto, sobre unha zona que abrangue dende o l\u00edmite con Barreiros \u00f3 entrante de Esteiro, pasando polo arcos das catedrais, o que entendo que \u00e9 abondo reduccionista. O documento fai un listado de empresas, inclu\u00eddos os caf\u00e9-bares (non fala de cafeter\u00edas ou tablernas, que \u00e9 de entender que ir\u00edan no mesmo grupo), e atopa que en Ribadeo hai 17. E non me saen os n\u00fameros (conta ti que est\u00e1s a ler, a ver se te saen). Entre as p\u00e1xinas 18 e 20 aparecen diversas estat\u00edsticas sobre os sectores de traballo nos que est\u00e1 empregada a xente. E de novo hai contradici\u00f3ns entre n\u00fameros e porcentaxes. Pequenos detalles que ben \u00e9 certo que non marcan cousas graves, pero que en conxunto fan caer a d\u00fabida sobre os resultados que os empregan como xustificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is adiante, unha sorpresa: hai listaxe de actividades permitidas, permisibles e prohibidas. O bar instalado al\u00ed non est\u00e1 prohibido.<\/p>\n<p>Perm\u00edtese o fondeo e amarre de embarcaci\u00f3ns, o uso deportivo, o aeromodelismo (que pintar\u00e1 esa actividade no entorno?)&#8230; mentras as actividades cient\u00edficas necesitar\u00e1n unha autorizaci\u00f3n previa.<\/p>\n<p>O documento remata dun apartado adicado \u00f3 seguemento e avaliaci\u00f3n, reco\u00f1ecidas como ferramentas b\u00e1sicas, e \u00e1s que se adica media p\u00e1xina das 54.<\/p>\n<p>Ben, non son comerciante nin da Devesa. Por suposto, o alcalde non se reunir\u00e1 comigo igual que coa grande maior\u00eda da xente de Ribadeo. Tampouco se establecer\u00e1 un servizo de atenci\u00f3n por exemplo mediante a web (para pedir a entrada no futuro si ser\u00e1 mediante a web). E seguramente non alegarei: tempo, t\u00e9cnicas de documentaci\u00f3n, etc farano dif\u00edcil. As\u00ed, quedar\u00e1 \u00f3 final escoller entre un dos tres niveis de protecci\u00f3n (non vou entrar en detalles) que levan a:<\/p>\n<p>Criterio de ocupaci\u00f3n intensivo: 11 444 persoas\/d\u00eda<\/p>\n<p>Criterio de ocupaci\u00f3n medio:<br \/>\n5 722 persoas\/d\u00eda<\/p>\n<p>Criterio de ocupaci\u00f3n baixo: 2 289 persoas\/d\u00eda<\/p>\n<p>Criterios de onde saen os n\u00fameros que manexaban os medios d\u00edas pasados. Parece que, por conservar a cara, o criterio de ocupaci\u00f3n intensivo queda descartado a priori. Entre os outros dous criterios, tam\u00e9n parece que a elecci\u00f3n estar\u00e1 subrogada a outros &#8216;criterios&#8217; diferentes do da protecci\u00f3n que ensalza dende o primeiro momento e durante varias p\u00e1xinas o documento presentado.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Nota posterior: parece que os actos anunciados pola alcalde ser\u00e1n precisamente hoxe, e que ser\u00e1n &#8216;informativos&#8217;. \u00c9 dicir, m\u00e1is ben tentar\u00e1n de suplir a lectura do documento que outra cousa, polo tanto, non participativos&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai alg\u00fan tempo saltou \u00f3s medios que o plan preliminar para As catedrais estaba listo. Pouco despois recoll\u00edn nunha entrada as ligaz\u00f3ns e alg\u00fan pequeno comentario. Dez d\u00edas despois volto \u00f3 tema. Dende a entrada no blog, pouco ou nada se sabe dos anunciados encontros do alcalde con empresarios e veci\u00f1os da parroquia, de comentarios [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,26],"class_list":["post-6753","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6753","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6753"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6753\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6753"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6753"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6753"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}