{"id":675,"date":"2024-04-24T14:07:00","date_gmt":"2024-04-24T12:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:03:03","modified_gmt":"2024-10-23T09:03:03","slug":"a-gelo-in-memoriam-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/04\/24\/a-gelo-in-memoriam-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"A GELO, IN MEMORIAM. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em><br \/>\nA GELO, IN MEMORIAM<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Querido amigo: \u00e9me moi dif\u00edcil dirixirme a ti nestas circunstancias, pero quixera rememorar un pouqui\u00f1o da nosa historia en com\u00fan, posto que a nosa relaci\u00f3n de amizade comezou nos tempos da mili.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c9ramos veci\u00f1os de Ribadeo de toda a vida, pero como ti ben sabes, Ribadeo \u00e9 un pobo que vai por barrios e por gremios. Non estamos socializados nun grupo com\u00fan. Pasamos uns ao lado dos outros e nin nos saudamos, e dependendo do d\u00eda, pois si hai nord\u00e9s, incluso che poden contestar con mala cara.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOs da Vilavella son da Vilavella e os de Figueir\u00faa de Figueir\u00faa, as\u00ed como os de San Francisco, os da Regueira, os da Alza, os do Cant\u00f3n, os de Cabanela, os de Porcill\u00e1n ou os do Xard\u00edn. Todos \u00e9ramos e somos rapaces diferenciados en grupos rivais que brinc\u00e1bamos entre n\u00f3s desde nenos. Cada un ded\u00edcase as s\u00faas cousas e ten bastante con ir tirando o mellor posible dentro da posibilidade gremial que permite a s\u00faa vida, tanto de mari\u00f1eiros ou mec\u00e1nicos como o teu e o meu pai, ou da construci\u00f3n, da agricultura, do comercio, da hostaleira, da administraci\u00f3n ou da medicina.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nMais chegado o caso de momentos importantes da vida, s\u00ed, sabemos facer unha pi\u00f1a compacta co noso sentir ribadense e \u201ccampechano\u201d que tan ben nos caracteriza e diferencia doutros pobos. Pois ben. Aquela mili en Ferrol por Mari\u00f1a, xuntounos a Gelo do Pego, a Carlos do Pericato e a Pancho do Mec\u00e1nico e tam\u00e9n atopamos por al\u00f3 a Roberto \u201cO Pirata\u201d que \u00eda por Terra e tivo que facela por Mar. Eu era o m\u00e1is vello pois levaba acumuladas cinco pr\u00f3rrogas de estudo e tiven reduci\u00f3n dun ano.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nChegados no tren da Costa a Ferrol, lev\u00e1ronnos ao cuartel de instruci\u00f3n, onde pasamos pola barber\u00eda, ducha, revista m\u00e9dica de \u201crebenque\u201d e cambio completo de roupa de paisano ao uniforme militar. Fomos no Reemplazo 6\u00ba do 2-novembro-1976. Fac\u00eda un d\u00eda de sol fr\u00edo de nordestada invernal. Axelados. Os tres xunt\u00e1monos na 4\u00aa Brigada cuxo Capit\u00e1n de Infanter\u00eda de Mari\u00f1a e Xu\u00edz do Tercio Norte, era D. Victor Garc\u00eda (D.E.P.) vinculado a Ribadeo pola s\u00faa dona D\u00aa Carmen Ra\u00f1on.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAquel empezo non nos foi mal, e desde o primeiro momento tomamos a vida militar como algo que nos ti\u00f1a que ocorrer nas nosas vidas, como a tantos outros. \u00c9ramos preto de 650 soldados naquel Reemplazo no noso cuartel, ademais de toda unha dotaci\u00f3n de veteranos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs\u00ed, tranquilamente, empezamos a nosa mili, como rapaces adultos que nos \u00edamos enfrontar a unha vida da que o\u00edramos falar a moita xente pero que, como toda novidade, creaba un certo nerviosismo aos que t\u00ed\u00f1amos que ir, s\u00ed ou s\u00ed, obrigatoriamente. D\u00e9monos enseguida conta de que todo \u00eda ben, facendo o que nos dic\u00edan os cabos verdes destinados na nosa Brigada, veteranos que se \u00edan licenciar, que nos custodiaban, revisaban e nos instru\u00edan na instruci\u00f3n militar. Tivemos sorte. Os veteranos da nosa Brigada eran boa xente, e nunca houbo altercados que nomear, salvo alg\u00fan que outro berro e algunha patada en medio da noite para criticar por todo o alto alg\u00fan sonoro escape escatol\u00f3xico.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs\u00ed pasaron os primeiros d\u00edas e na segunda semana, deix\u00e1ronos sa\u00edr francos de paseo, despois dunha minuciosa revista de uniformes. Eran as primeiras cervexas e a primeira cena na vida civil vestidos de mari\u00f1eiros. Non o pod\u00edamos crer. Estabamos euf\u00f3ricos no primeiro d\u00eda da nosa escasa liberdade.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe volta \u00f3 cuartel, fomos para a primeira planta ao noso dormitorio da Brigada, o\u00eduse o Toque de Silencio, e como cada noite hab\u00eda algunha que outra algarab\u00eda. Pero ese d\u00eda estaban os decibelios aumentados polo alcohol e de repente o\u00eduse, un sonoro escape de gas que pareceu como si un trono dunha tormenta do Mar do Norte, entrara por unha xanela e que nunca se \u00eda acabar o estruendo. Os berros de, cocho!, porco!, cotroso!, guarro! porcall\u00e1n!, pitos e asub\u00edos foron tan altos que alarmamos a todo o cuartel.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSubiu feito un basilisco o Sarxento de Garda de Portal\u00f3n. Non tivemos sorte. Era o sarxento maior instrutor de T\u00e9cnicas e Pr\u00e1cticas de Combate. Un home de complexi\u00f3n forte e \u00e1xil. Aquel que nos ensinaba a ser comandos, a matar a un sentinela co cinto do pantal\u00f3n, a disparar co Mauser e a manexalo tanto cargado como baleiro, a utilizar a baioneta en todo tipo de eventos de combate e de campa\u00f1a, a tirar granadas, etc. etc. En fin, un tipo adestrado que nada m\u00e1is velo entrar pola porta, f\u00edxose un silencio sepulcral na Brigada. -Qui\u00e9n fue!! -Qu\u00e9 pas\u00f3 aqu\u00ed!! Ningu\u00e9n contestou, por m\u00e1is que indagou preguntando entre as filas de catres. -En cinco minutos todos formados en el patio, alineados y en posici\u00f3n de firmes!!! Foron as s\u00faas palabras. Mir\u00e1monos desconcertados e mudos, calz\u00e1monos a toda presa e baixamos as escaleiras a zancadas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo patio esper\u00e1banos un dos nosos cabos verdes. Formamos en menos dun minuto e o\u00edmos aquela voz do sarxento maior: -Atenci\u00f3n!! Paso ligero!! Un dos, un dos, un dos, un dos. As\u00ed estivemos media hora at\u00e9 desfalecer. Cando viu que \u00edamos caer de foci\u00f1os ou de calquera maneira, deixounos cun: -Aaaalto!! F\u00edxonos a advertencia de que non quer\u00eda o\u00edr unha mosca no dormitorio, e gritou: -Rompan filas!!<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nN\u00f3s os tres, ti Gelo, Carlos e m\u00e1is eu, subimos pingando de suor e rebentados, e cando chegamos o sollado mir\u00e1monos e, sen dicirnos nada, d\u00e9monos perfecta conta de d\u00faas cousas da mili que nos ensinou aquela desagradable experiencia. Primeiro: Nunca sexas delator do teu compa\u00f1eiro nin veci\u00f1o, a\u00ednda que che pese. A \u201comert\u00e1\u201d, nalg\u00fans casos e sin\u00f3nimo de Lealdade e compa\u00f1erismo. Segundo: Toda acci\u00f3n ten unha reacci\u00f3n, unha consecuencia inmediata. Nesta ocasi\u00f3n ante un boureu inadmisible, un castigo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAos poucos d\u00edas daquela liorta, a alg\u00fans rapaces da nosa promoci\u00f3n empezaron a darlles un posto de vixilancia interior. Naquel curso, correspond\u00edanlle as faenas de mantemento das instalaci\u00f3ns do cuartel a outra Brigada, non \u00e1 nosa, parecer ser que isto era un programa que se repart\u00edan os mandos do cuartel, a primeiros de ano.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo corredor das latrinas puxeron de vixilancia a un rapaz de Boeu de inesquecible actitude. Era de aparencia tan forte como o sarxento maior, e arm\u00e1rono cunha bandoleira que portaba unha baioneta larga de Mauser, a do Cetme era m\u00e1is curta.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAquel rapaz armado transformouse. En menos dun mes, xa era \u201ctan militar\u201d como o sarxento maior. Hai xente as\u00ed, que \u201ctraga o uniforme\u201d nada m\u00e1is lle dan un cargo de autoridade, por \u00ednfima que sexa. Son moi perigosos, pois consid\u00e9ranse \u201cesenciais\u201d e por derriba de calquera persoa normal, pois eles compren ordenes, sen m\u00e1is pensar.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. Chegada a hora de ir a durmir, todo o mundo pasaba polas latrinas antes de deitarse. Pero, ai amigo!, al\u00ed estaba o de Boeu que se plantou diante de todos n\u00f3s como un xabaril: a min dix\u00e9ronme que non deixara pasar por aqu\u00ed a ningu\u00e9n, e por aqu\u00ed non pasa nindi\u00f3s! O\u00eddes!! Amos\u00e1banos a baioneta e amagaba sacala e po\u00f1erse a dar coiteladas en calquera momento. Non houbo maneira de ir a mexar \u00e1s letrinas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nN\u00f3s os tres, visto o panorama, fomos para o bar, pedimos unhas cervexas e sent\u00e1monos nunha mesa. Eu estaba rebentando e p\u00faxenme a mexar por debaixo da mesa, deixei un charco como o si fora o l\u00edquido dunha cervexa derramada. Pero a todas estas, xuro que sen darme conta, mex\u00e1ralle polo pantal\u00f3n o noso ben querido Carlos. Deus bendito, Gelo, canto te riches cando Carlos se queixou de que sent\u00eda calor nunha perna. Nunca te esqueciches daquela an\u00e9cdota, e sempre te r\u00edas a gargalladas record\u00e1ndoa cando nos v\u00edamos. Por fin, a aquel \u201csoldado incipiente\u201d vi\u00f1\u00e9rono relevar e todo o cuartel poido facer as s\u00faas necesidades no sitio apropiado.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPasou o tempo de instruci\u00f3n sen m\u00e1is contratempos, pois xa aprend\u00e9ramos a terceira lecci\u00f3n da mili: pasar desapercibidos, unha vez feita a faena diaria, escaquearse en calquera sitio que non te viran. Logo de xurar bandeira d\u00e9ronnos os destinos. Ti quedabas de coci\u00f1eiro no cuartel e eu fun para a fragata r\u00e1pida Intr\u00e9pido.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNon volvemos a vernos at\u00e9 que nos atopamos de novo en Ribadeo na vida civil. T\u00ed con teu irm\u00e1n montarades o magn\u00edfico restaurante O Forno, onde com\u00edamos Maricarmen e eu a mediod\u00eda todos os d\u00edas da semana, ag\u00e1s s\u00e1bado e domingo, durante todas as mi\u00f1as vacaci\u00f3ns.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn fin, meu amigo Gelo, sabes que nunca te esquecerei, te esqueceremos, para min seguir\u00e1s estando tan sorrinte, traballador e ocorrente coma sempre. E quero despedirme tam\u00e9n como sempre o fixemos: \u201cat\u00e9 a volta, que te\u00f1as unha boa campa\u00f1a, que todo che vaia ben\u201d. Espero que desde ese infinito ao que te fuches, poidas sentir o latexar dos nosos coraz\u00f3ns ao recordarte con b\u00e1goas nos nosos ollos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNoso m\u00e1is sentido p\u00e9same a Maty, Marcos, Viri, Mercedes, Juan, Poli e a toda a familia.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A GELO, IN MEMORIAM Pancho Campos Dorado Querido amigo: \u00e9me moi dif\u00edcil dirixirme a ti nestas circunstancias, pero quixera rememorar un pouqui\u00f1o da nosa historia en com\u00fan, posto que a nosa relaci\u00f3n de amizade comezou nos tempos da mili. \u00c9ramos veci\u00f1os de Ribadeo de toda a vida, pero como ti ben sabes, Ribadeo \u00e9 un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[46,9],"class_list":["post-675","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/675","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=675"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/675\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}