{"id":6743,"date":"2014-10-23T08:11:00","date_gmt":"2014-10-23T06:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:07:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:07:15","slug":"sen-novidade-na-politica-ribadense-iv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/10\/23\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iv\/","title":{"rendered":"Sen novidade na pol\u00edtica ribadense (IV)"},"content":{"rendered":"<p>A pol\u00edtica no concello de Ribadeo nestes momentos est\u00e1 controlada polo BNG. Coido que coa frase anterior est\u00e1 trazada a realidade, que abrangue non s\u00f3 unha maior\u00eda absoluta, sen\u00f3n tam\u00e9n un desfrute e manexo de actividades e tempos.<\/p>\n<p>Cando xa vai para catro anos resultou das votaci\u00f3ns unha maior\u00eda absoluta, coido que foi un superar as expectativas mesmo para o partido ganador. Dende aquela, a actividade desenvolta non minguou, sen\u00f3n que quiz\u00e1is houbo un fluxo e refluxo que a levou na actualidade a uns niveis inferiores \u00f3s de comezo de mandato, pero non \u00f3s do mandato anterior. O alcalde contin\u00faa nos xornais con regularidade, as notas de prensa do concello, filtraci\u00f3ns e contactos administran os tempos, e a propaganda dos intereses vese equilibrada co esquecemento do que non convir\u00eda.<\/p>\n<p>Non \u00e9 pois que Ribadeo non te\u00f1a problemas, sen\u00f3n sinxelamente que o BNG e o alcalde non afrontan, polo momento, desaf\u00edos externos que comprometan a s\u00faa continuidade. E coido que para esa &#8216;sen&nbsp; novidade&#8217; do t\u00edtulo, debemos ser conscientes de dous limitantes: &#8216;externos&#8217; e &#8216;polo momento&#8217;.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 primeiro, a\u00ednda que da partici\u00f3n do antigo BNG xa van catro anos, non hai que esquecer que a opci\u00f3n final escollida polo alcalde non correspondeu coa do grupo co que mantivo un certo tempo afinidade, quedando nunha situaci\u00f3n algo comprometida nun partido que \u00f3 fin, ten unha estrutura &#8216;tradicional&#8217;. \u00c9 certo que en Ribadeo, hoxe, non hai quen se lle poda po\u00f1er en fronte dentro do partido e recadar o mesmo n\u00famero de votos, pero tam\u00e9n o \u00e9 que sen o partido o alcalde tampouco o poder\u00eda facer. E que dicir sobre o desenvolvemento das diferentes conceller\u00edas? Non creo que se poda marcar unha divisi\u00f3n de apoio a non ser que cambiaran as circunstancias, pero cabe lembrar que hai catro postos que ve\u00f1en do mandato pasado ou a\u00ednda de m\u00e1is atr\u00e1s, e tres novos que comezaron nunha posici\u00f3n totalmente diferente do grupo en canto \u00f3 concello.<\/p>\n<p>Internas en certo xeito tam\u00e9n se poden considerar, xa que \u00e9 o grupo de goberno, as relaci\u00f3ns co propio persoal do concello e o seu funcionamento, e se ben non parece haber un nivel de enfrontamento como chegou a haber, tampouco parece unha situaci\u00f3n totalmente relaxada en canto a trato nin controlada en canto a funcionamento, e detalles como o reparto dos complementos de produtividade seguen sen ser comprendidos dende f\u00f3ra da instituci\u00f3n, e non sei ata que punto integrados (aceptados \u00e9 outra cousa) dende dentro.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 &#8216;polo momento&#8217;, as novas formas de facer pol\u00edtica pouco a pouco van facendo xurdir grupos en Ribadeo que poden facer variar a visi\u00f3n de futuro, pero iso quizais requira outra entrada.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, polo momento, coido que o BNG enfrontar\u00edase a si mesmo se as elecci\u00f3ns foran esta fin de semana, e cando un se enfronta a si mesmo, ou est\u00e1 tolo, ou leva as de ganar.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Outras: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">UPRi<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PP<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PSOE<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iv.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">BNG<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-e-v.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ribadeo en com\u00fan<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A pol\u00edtica no concello de Ribadeo nestes momentos est\u00e1 controlada polo BNG. Coido que coa frase anterior est\u00e1 trazada a realidade, que abrangue non s\u00f3 unha maior\u00eda absoluta, sen\u00f3n tam\u00e9n un desfrute e manexo de actividades e tempos. Cando xa vai para catro anos resultou das votaci\u00f3ns unha maior\u00eda absoluta, coido que foi un superar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-6743","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6743","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6743"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6743\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6743"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6743"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6743"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}