{"id":6742,"date":"2014-10-24T08:21:00","date_gmt":"2014-10-24T06:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:07:13","modified_gmt":"2024-11-12T13:07:13","slug":"sen-novidade-na-politica-ribadense-e-v","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/10\/24\/sen-novidade-na-politica-ribadense-e-v\/","title":{"rendered":"Sen novidade na pol\u00edtica ribadense (e V). Sen novidade?"},"content":{"rendered":"<p>Despois de comentar algunhas cousas sobre <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">UPRi<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PP<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PSOE<\/a>, nunha primeira parte, e logo sobre o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iv.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">BNG<\/a>, na segunda, coido que hai que engadir unha \u00faltima parte sobre o que xa se chama Ribadeo en com\u00fan.<\/p>\n<p>Unha nota antes de nada: coido que debo advertir que polo momento me atopo entre a xente que pretende sacar adiante a iniciativa, por se algu\u00e9n cre que isto pode desvirtuar a mi\u00f1a opini\u00f3n.<\/p>\n<p>Ben, a cousa \u00e9 que en Ribadeo, como noutras tantas partes, hai un desencanto non xa en relaci\u00f3n \u00f3s partidos pol\u00edticos en si, sen\u00f3n \u00f3 xeito en que se est\u00e1n a facer as cousas, sexa que sexa quen este\u00f1a no poder. Coido que coa premisa anterior, a casu\u00edstica inicial pode ser totalmente diferente entre dous lugares diferentes. E Ribadeo, cun partido forte no concello pero minoritario tanto a nivel estatal como gallego, entre outras caracter\u00edsticas, \u00e9 evidente que non presenta rasgos moi com\u00fans. Rasgos entre os que se incl\u00fae unha dificultade engadida para chegar a unha posici\u00f3n importante no consistorio, unha traxectoria do equipo de goberno que coido se pode cualificar por riba do nivel medio dos equipos da democracia.<\/p>\n<p>Ent\u00f3n, a primeira cousa ser\u00eda o por que un conxunto de xente quere crear unha nova plataforma comunitaria e xa leva un manifesto constitutivo e avanza con seguridade cara \u00e1 s\u00faa propia definici\u00f3n program\u00e1tica, metodol\u00f3xica ou comunicativa con vistas \u00e1 presentaci\u00f3n dun equipo \u00e1s elecci\u00f3ns. A resposta \u00e9 polo alonxamento da pol\u00edtica, pol\u00edticos e partidos tradicionais da participaci\u00f3n xeral efectiva. Quizais se debera engadir que despois de todo, a percepci\u00f3n dunha traxectoria mellor que a media da democracia tampouco significa moito no sentido de que \u00e9 superable. Pero iso \u00e9 a\u00ednda de cara \u00f3 futuro, como aspiraci\u00f3n, mentres o xeito de facer pol\u00edtica no sistema actual \u00e9 algo palpable, no que as petici\u00f3ns da definici\u00f3n dun Ribadeo que queremos ou do sistema de participaci\u00f3n cidad\u00e1 quedan en dique seco ou desviadas sen m\u00e1is.<\/p>\n<p>Ribadeo en com\u00fan ten ante si desaf\u00edos grandes antes de poder facer a presentaci\u00f3n dunha candidatura, un cami\u00f1o que recorrer con traballo. Se logra chegar \u00e1 fase final co mesmo esprito que leva demostrado ata o momento, o mapa municipal quedar\u00e1 fortemente variado.<\/p>\n<p>Ben, tr\u00e1tase do futuro, e m\u00e1is a\u00ednda que nas catro entradas anteriores, dunha visi\u00f3n persoal onde se poder\u00eda completar de xeito moito m\u00e1is longo con outros datos e comentarios, e por definici\u00f3n, como calquera previsi\u00f3n, sen contar cos imprevistos. \u00d3 fin, Ribadeo, tanto en xeral como en pol\u00edtica en particular, construir\u00e9molo entre todos.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Outras: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">UPRi<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-ii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PP<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iii.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PSOE<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-iv.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">BNG<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/sen-novidade-na-politica-ribadense-e-v.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ribadeo en com\u00fan<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de comentar algunhas cousas sobre UPRi, PP e PSOE, nunha primeira parte, e logo sobre o BNG, na segunda, coido que hai que engadir unha \u00faltima parte sobre o que xa se chama Ribadeo en com\u00fan. Unha nota antes de nada: coido que debo advertir que polo momento me atopo entre a xente que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-6742","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6742","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6742"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6742\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6742"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6742"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6742"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}