{"id":6729,"date":"2014-11-11T07:51:00","date_gmt":"2014-11-11T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:44","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:44","slug":"os-extraterrestres-xa-estan-aqui-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/11\/11\/os-extraterrestres-xa-estan-aqui-e\/","title":{"rendered":"Os extraterrestres xa est\u00e1n aqu\u00ed e aproveitanse de ti"},"content":{"rendered":"<p>Collamos alg\u00fan dato de xente que sabe diso, os da ciencia ficci\u00f3n. Os extraterrestres ve\u00f1en representados por xente sen sentimentos humanos ou moi pouco desenvolvidos. As cousas das que se alimentan son desco\u00f1ecidas ou sinxelamente, raras. O aspecto pode variar moito, e hai alg\u00fans tipos que se amosan a luz do d\u00eda completamente diferentes, mentres outros son indistinguibles de n\u00f3s, ou necesitamos dunhas gafas especiais para poder identificalos, pero en calquera caso, unha vez descubertos, tras un primeiro momento de desconcerto, a s\u00faa defensa \u00e9 o ataque, que dalg\u00fan xeito estar\u00e1 protexido por conx\u00e9neres ou mesmo terrestres que lles seguen o xogo. A s\u00faa tecnolox\u00eda \u00e9 m\u00e1is avanzada ca nosa, pero ben mirado, m\u00e1is que avanzada o que pasa \u00e9 que usan dela intensamente porque te\u00f1en recursos abundantes. De feito, se chegan \u00e1 Terra \u00e9 porque dilapidaron os recursos dos seus planetas. Nese sentido, son depredadores, usando o seu poder como lles permite o seu potencial ou ben dun xeito ladino, imperceptible pero efectivo. En calquera caso, procuran o poder como fin \u00faltimo. A\u00ednda que se saiba quen son, son dificilmente capturables, polo que a soluci\u00f3n que queda \u00e9 abatilos para que non sigan coas s\u00faas, e coas protecci\u00f3ns que te\u00f1en, resulta case imposible. Non queren destru\u00edrnos, pero como dano colateral, rematan fac\u00e9ndoo&#8230; Ben, poderiamos referirnos a algunha caracter\u00edstica m\u00e1is, pero coido que xa est\u00e1n retratados.<\/p>\n<p>Co anterior, mira e vai pasando nomes, de Rato a Blesa, de Monago a Urdangar\u00edn, de&#8230; enche ti os nomes, e ver\u00e1s a s\u00faa falta de sentimentos, o seu atiborrarse non precisamente de chourizos, a\u00ednda que ese sexa o resultado. Ver\u00e1s que as s\u00faas caras parecen normais para rematar descubrindo que son duras como a pedra. Que cando son descubertos, pasan sen transici\u00f3n da negaci\u00f3n e ataque \u00e1 asunci\u00f3n despreocupada e protexida por outros semellantes ou lambec\u00fas. Que non usan armas tan sofisticadas, sen\u00f3n m\u00e1is ben que o que fan \u00e9 usar os nosos propios recursos, co que son depredadores de todos n\u00f3s, e n\u00f3s, v\u00edcitmas colaterais das s\u00faas acci\u00f3ns, que o que procuran \u00e9 o poder, sexa econ\u00f3mico, pol\u00edtico ou do tipo que sexa.<\/p>\n<p>Si, os extraterrestres xa est\u00e1n aqu\u00ed. Qu\u00e9danos o consolo de que na maior\u00eda das obras de ciencia ficci\u00f3n, escritas ou en pantalla, rematamos ganando n\u00f3s, o pobo da Terra. As\u00ed intentaremos que sexa tam\u00e9n esta volta, na realidade. A\u00ednda que tam\u00e9n sabemos que na ficci\u00f3n o vencelos ven despois de grandes danos e sacrificios, quedando a Terra abondo destru\u00edda&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Collamos alg\u00fan dato de xente que sabe diso, os da ciencia ficci\u00f3n. Os extraterrestres ve\u00f1en representados por xente sen sentimentos humanos ou moi pouco desenvolvidos. As cousas das que se alimentan son desco\u00f1ecidas ou sinxelamente, raras. O aspecto pode variar moito, e hai alg\u00fans tipos que se amosan a luz do d\u00eda completamente diferentes, mentres [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-6729","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6729","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6729"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6729\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6729"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6729"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6729"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}