{"id":6726,"date":"2014-11-14T07:48:00","date_gmt":"2014-11-14T06:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:38","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:38","slug":"habemus-pxom","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/11\/14\/habemus-pxom\/","title":{"rendered":"Habemus PXOM"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMjKY9slm7iruQ6OT1VwjBEL4QvX0Y5RH_jzhSMZNaDUZgmbD4fNkd8i1x4G0o5YjD8jBuntbHBcN7s8hq_RzyNRHA1pbsblE16XvG-dd9h0EHQHO7CekCjwpGLqGXhTf1Ka9d8g\/s2048\/Ribadeo+pre+PXOM.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMjKY9slm7iruQ6OT1VwjBEL4QvX0Y5RH_jzhSMZNaDUZgmbD4fNkd8i1x4G0o5YjD8jBuntbHBcN7s8hq_RzyNRHA1pbsblE16XvG-dd9h0EHQHO7CekCjwpGLqGXhTf1Ka9d8g\/s2048\/Ribadeo+pre+PXOM.jpg\" height=\"350\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Onte, \u00e1 \u00faltima hora do d\u00eda, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo ver\u00eda rematado o novo PXOM coa sinatura final.<\/p>\n<p>Era 1977, \u00e9 dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenaci\u00f3n municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. \u00c9 dicir, non unha, sen\u00f3n c\u00e1seque d\u00faas xeraci\u00f3ns de ribadenses atr\u00e1s.<\/p>\n<p>E ben, agora saberemos dos entresixos reservados ata o momento \u00f3s nosos mandatarios? En moitos casos, teremos a oportunidade. Noutros, case seguro que esa oportunidade poderase dicir que chegou tarde.<\/p>\n<p>O recorrido foi longo: houbo un intento xa no s\u00e9culo pasado que pereceu, outro co anterior alcalde que non chegou a bo fin, e, tras outros sete anos, o que agora remata. A sinatura, esta ma\u00f1\u00e1 na casa do concello, ser\u00e1 todo un acontecemento. Al\u00f3 ir\u00e1 moita xente. Outros teremos que traballar para preparar ese futuro posible que est\u00e1 escrito no documento, sexa cal sexa a redacci\u00f3n final do mesmo. Non o digo con acritude nin con ganas de ir, sen\u00f3n cun sorriso que expresa un feito, algo natural, &#8216;t\u00edpico&#8217;.<\/p>\n<p>De a\u00ed en diante, que variaci\u00f3ns lle esperan? Algunha intervenci\u00f3n xulgado por medio? Interpretaci\u00f3ns diverxentes quizais? Algunha reforma substanciosa en pleno?&nbsp; Ou ben haber\u00eda que preguntarse sinxelamente que duraci\u00f3n\/vixencia vai ter? Ou debemos cruzar os dedos para que un plan no que non aparece unha definici\u00f3n clara de Ribadeo faga a s\u00faa funci\u00f3n cos se si aparecera? \u00d3 fin, con visi\u00f3n clara ou non, logrouse un consenso, e parece que debemos dicir benvido sexa.<\/p>\n<p>A imaxe, do Sigpac, presenta o &#8216;Ribadeo prePXOM 2014&#8217;.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota posterior do concello: <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1668&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1668&amp;lg=gal<\/a><\/p>\n<p>E, como non cabe en comentarios, copio a entrada que o propio alcalde deixou na rede:<\/p>\n<p class=\"_5pbx userContent\" data-ft=\"{&quot;tn&quot;:&quot;K&quot;}\">A longa carreira do Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal de Ribadeo<\/p>\n<p> As reflexi\u00f3ns que me ve\u00f1en \u00e1 mente neste emotivo momento son propias<br \/>\ndun simil dunha carreira, mais non dunha milla da San Silvestre de<br \/>\nRibadeo, nin sequera da Media Marat\u00f3n das Catedrais, sen\u00f3n dunha<br \/>\naut\u00e9ntica Marat\u00f3n de Nova Iorque. Na primeira parte da mesma, todo foi<br \/>\nun desbaraxuste. O equipo, neste caso a Corporaci\u00f3n, non estaba<br \/>\ncoordinado, polo que todo \u00eda mal. \u00c9 certo que naquel momento est\u00e1base a<br \/>\nvivir aquela tolura colectiva que logo se deu en chamar a burbulla<br \/>\ninmobiliaria. Houbo moitos momentos en que se pensou en abandoar aquela<br \/>\ncarreira.<br \/>\n Logo de todo aquilo veu a segunda parta da proba. E con<br \/>\naquela burbulla estoupada voltou a cordura e por fin conseguimos a<br \/>\ncoordinaci\u00f3n e o traballo en equipo at\u00e9 acadar a meta que \u00e9 hoxe. Todos<br \/>\nos grupos da Corporaci\u00f3n e por riba disto as persoas desta e da anterior<br \/>\n corporaci\u00f3n. Unha enorme complexidade na s\u00faa tramitaci\u00f3n. Poucos Plans<br \/>\nurban\u00edsticos de todo o pa\u00eds te\u00f1en o n\u00edvel de dificultade que tivo este<br \/>\npara un concello de 10.000 habitantes con dezaoito informes sectoriais.<\/p>\n<p> Aqu\u00ed est\u00e1 o traballo condensado de tanto tempo. Tantas xuntanzas (con<br \/>\nencontros e desencontros a\u00ednda que os primeiros foron a t\u00f3nica nestes<br \/>\n\u00faltimos tempos), tantas viaxes a Patrimonio, a Urbanismo, a Portos, a<br \/>\nAugas, a Estradas da Xunta, a Estradas en Lugo, en Santiago, en Madrid, a<br \/>\n Eptisa na Coru\u00f1a, con xuntanzas interminables no Concello cos t\u00e9cnicos<br \/>\nxunto cos voceiros dos grupos que se pausaban para xantar (un men\u00fa do<br \/>\nd\u00eda) e que se reanudaban de seguido para avanzar na s\u00faa tramitaci\u00f3n.<\/p>\n<p> Quizais non sexa o mellor dos Plans, quizais non sexa o mais ambicioso<br \/>\nde canto puidemos ter parido, pero todo, no seu conxunto, est\u00e1 presidido<br \/>\n polo \u00e1nimo de facer ben as cousas, de estaren adaptadas \u00e1s leis<br \/>\nvixentes e de conseguir as maiores dotaci\u00f3ns publicas posibles para uso e<br \/>\n desfrute de toda a veci\u00f1anza, xa desde agora mesmo as\u00ed como nos<br \/>\nvindeiros anos.<br \/>\n Este Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal ten presente<br \/>\n os obxectivos de un crecemento sostible, de obtenci\u00f3n para a<br \/>\ncolectividade de espazos p\u00fablicos, de novas zonas verdes e dotaci\u00f3ns<br \/>\npublicas que non viu Ribadeo e practicamente en boa parte do s\u00e9culo XX e<br \/>\n do que vai deste XXI, xa que debemos lembrar que os espazos p\u00fablicos<br \/>\nmais importantes do Ribadeo de hoxe ve\u00f1en de mais atr\u00e1s, do s\u00e9culo XIX<br \/>\ncomo o atestemu\u00f1a o Parque de San Francisco, a praza do Cant\u00f3n, etc.<\/p>\n<p> Queremos que nas novas promoci\u00f3ns de vivendas se destinen un m\u00ednimo dun<br \/>\n trinta por cento a vivenda protexida (vpp); queremos que as novas r\u00faas<br \/>\nque se constr\u00faan te\u00f1an uns anchos m\u00ednimos e dignos; que os edificios<br \/>\nte\u00f1an normas de habitabilidade que fagan c\u00f3modo o seu uso; que en moitas<br \/>\n das maz\u00e1s de Ribadeo se poidan facer parques, espazos p\u00fablicos, pistas<br \/>\ndeportivas ou de atletismo, etc. etc.; queremos que existan novas<br \/>\nrotondas e avenidas que conecten mellor o tramado urbano e a s\u00faa<br \/>\nconexi\u00f3n coa autov\u00eda A-8. Queremos que nas parroquias se atope unha<br \/>\nharmon\u00eda entre a lex\u00edtima querencia de mellora e ampliaci\u00f3n coa da<br \/>\npreservaci\u00f3n do patrimonio. Queremos que Ribadeo medre con xeito, pero<br \/>\nque ao fin e ao cabo, medre.<\/p>\n<p> Grazas \u00e1 equipa redactora Eptisa,<br \/>\naos t\u00e9cnicos do Concello. Pido desculpas polo meu car\u00e1cter, no que \u00e1s<br \/>\nveces podo ser algo rallante de mais, dado sobre todo por tant\u00edsimos<br \/>\nanos de tramitaci\u00f3n deste Planeamento. Grazas aos e \u00e1s membros desta<br \/>\ncorporaci\u00f3n e da anterior, tanto do goberno como da oposici\u00f3n. Sempre,<br \/>\ncomo todo na vida, haber\u00eda que facer algunhas excepci\u00f3ns, pero eu non as<br \/>\n vou facer, porque simplemente a forza da maior\u00eda e da boa fe da<br \/>\npr\u00e1ctica totalidade nesta e na anterior corporaci\u00f3n fixeron posible esta<br \/>\n aprobaci\u00f3n definitiva.<br \/>\n Grazas tam\u00e9n, como non \u00e1 Xunta de Galiza,<br \/>\npois a pesares dos desencontros que poidamos ter noutras cuesti\u00f3ns<br \/>\nimportantes para Ribadeo, non detectamos mais que colaboraci\u00f3n t\u00e9cnica e<br \/>\n pol\u00edticas, nesta e en anteriores lexislaturas. Sabendo que era un plan<br \/>\nmoi complexo pois ao final tivemos que aceptar, adaptar e corrixir<br \/>\ncantos aspectos se nos foron indicando. Estou convencido de que todo<br \/>\nisto ha supo\u00f1er unha maior fortaleza xur\u00eddica e t\u00e9cnica deste Plan Xeral<br \/>\n de Ordenaci\u00f3n Municipal.<br \/>\n Parab\u00e9ns a todos os veci\u00f1os de Ribadeo,<br \/>\naos da mi\u00f1a xeraci\u00f3n e aos mais maiores, a\u00ednda que especialmente aos que<br \/>\n ve\u00f1en detr\u00e1s nosa, para que coa paseni\u00f1a execuci\u00f3n das directrices que<br \/>\nmarca este novo Planeamento, \u00e1 volta duns anos estes nenos e nenas<br \/>\nconvertidos na xente que tutele o futuro do noso Concello poidan ser<br \/>\ndepositarios e desfrutadores dun legado de urbanismo racional e sostible<br \/>\n para maior honra todos.<br \/>\n Ribadeo, 14 de novembro de 2014. (Data da sinatura da aprobaci\u00f3n definitiva do PXOM de Ribadeo)<\/p>\n<p> Fernando Su\u00e1rez Barcia<br \/>\n Alcalde de Ribadeo<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, \u00e1 \u00faltima hora do d\u00eda, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo ver\u00eda rematado o novo PXOM coa sinatura final. Era 1977, \u00e9 dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenaci\u00f3n municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. \u00c9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,93,9],"class_list":["post-6726","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6726","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6726"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6726\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6726"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6726"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6726"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}