{"id":6725,"date":"2014-11-16T11:53:00","date_gmt":"2014-11-16T10:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:36","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:36","slug":"unha-ollada-non-so-o-vilar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/11\/16\/unha-ollada-non-so-o-vilar\/","title":{"rendered":"Unha ollada non s\u00f3 \u00f3 Vilar"},"content":{"rendered":"<p>15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro repres\u00e9ntase a segunda sesi\u00f3n do certame de teatro Daniel Cortez\u00f3n. Cousa de media centea de persoas atenden \u00f3 desenvolvemento dunha versi\u00f3n de O barco sen Mari\u00f1eiro, de Alejandro Casona. A min g\u00fastame.<\/p>\n<p>A mesma tarde, m\u00e1is ou menos no mesmo momento, a tan s\u00f3 un quil\u00f3metro de distancia, unha cantidade de xente semellante, quizais algo maior, est\u00e1 de compras nun novo local, de nome que polo momento soa raro: Compras center. Como rara soa tam\u00e9n a m\u00fasica, xerada na outra punta de Eurasia, que se vai metendo na cabeza sen prestar atenci\u00f3n. A cultura china que xa est\u00e1 aqu\u00ed, sen promoci\u00f3n das instituci\u00f3ns, met\u00e9ndose pouco a pouco a traverso deses gustos e xeitos que no comezo producen un sorriso e no final m\u00e1is ou menos unha incorporaci\u00f3n. O Windows en chino non deixa de ser a\u00ednda curioso, pero co formato \u00f3 que moita xente est\u00e1 afeita, que os signos a interpretar que al\u00ed aparecen sexan diferentes, ant\u00f3llaseme unha ponte, algo intermedio entre d\u00faas culturas. Algo intermedio que \u00e9 manexado por &#8216;eles&#8217;, non por n\u00f3s, o que de paso, lles da unha certa avantaxe.<\/p>\n<p>O Compras Center est\u00e1 no Vilar, no que se da en chamar &#8216;\u00e1rea comercial de Ribadeo&#8217;, obviando a zona centro, \u00e1 que non ser\u00eda necesario aplicarlle ese nome porque xa o ten de sempre, pero \u00f3 tempo, a que o est\u00e1 a perder ante a irrupci\u00f3n desa nova zona.<\/p>\n<p>O Vilar non queda no centro de Ribadeo, de a\u00ed os largos aparcamentos que onte estaban cheos. Pero &#8216;non ven de a\u00ed&#8217; a falta de comunicaci\u00f3n pedestre ou a dificultade ciclista co centro da vila, a traverso dunha traves\u00eda cedida polo ministerio \u00f3 concello hai uns anos, inclu\u00edndo un paquete de acondicionamento que deixou a zona sen acceso peonil dende o centro. Agora n\u00f3tase m\u00e1is a falta de previsi\u00f3n: o &#8216;Compras Center&#8217; queda \u00e1 outra beira da glorieta, que o separa de Eroski, Bricoking, Lidl, Merkal ou a \u00fanica cafeter\u00eda do lugar. Posiblemente haxa que esperar alg\u00fan accidente para que as cousas cambien, a\u00ednda creada a glorieta para o acceso a un segundo aparcamento despois da cesi\u00f3n do Ministerio. E Para evitar unha grande diferenza de acceso, abriuse a posibilidade dotra sa\u00edda \u00f3 aparcamento grande, o do Eroski. Si, pero os pe\u00f3ns (e tam\u00e9n as bicis) seguen cunhas condici\u00f3ns de acceso &#8216;non homologables&#8217;, ou, seguindo a terminolox\u00eda que se ven impo\u00f1endo, non &#8216;humanizadas&#8217;.<\/p>\n<p>Non \u00e9 a primeira volta que falo desto, tanto pola seguridade como pola conexi\u00f3n de negocios co centro da vila, pero o caso \u00e9 que co aumento de locais e de uso, o problema agr\u00e1vase, sen paso pola v\u00eda nin a\u00ednda paso de pe\u00f3ns a traverso da antiga estrada, nin, cousa que me fai graza, paso facilitado entre os dous aparcamentos principais.<\/p>\n<p>Ah, e mentres, o comercio e hostaler\u00eda do centro do pobo, coido que pode darse cun canto nos dentes de que non exista m\u00e1is que unha cafeter\u00eda, e ningunha oferta de ocio m\u00e1is. Pero, con ou sen paso de pe\u00f3ns, estas cousas tenden a cambiar&#8230;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Artigo publicado asemade no &#8216;el Metropolitano&#8217; n\u00ba 5 de decembro de 2014, p. 25.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro repres\u00e9ntase a segunda sesi\u00f3n do certame de teatro Daniel Cortez\u00f3n. Cousa de media centea de persoas atenden \u00f3 desenvolvemento dunha versi\u00f3n de O barco sen Mari\u00f1eiro, de Alejandro Casona. A min g\u00fastame. A mesma tarde, m\u00e1is ou menos no mesmo momento, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,28,21,9],"class_list":["post-6725","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-bici","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6725","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6725"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6725\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6725"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6725"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6725"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}