{"id":6713,"date":"2014-12-01T08:05:00","date_gmt":"2014-12-01T07:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:12","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:12","slug":"unha-nova-xa-vella-sobre-ribadeo-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/12\/01\/unha-nova-xa-vella-sobre-ribadeo-en\/","title":{"rendered":"Unha nova xa vella sobre Ribadeo en Com\u00fan, e outra m\u00e1is"},"content":{"rendered":"<p>T\u00e9\u00f1enseme pasado un par de&nbsp; notas de prensa de pol\u00edtica local que axuto agora embaixo. Ambas afectan \u00e1 plataforma ReC de xeito diferente. Na primeira, a plataforma da nova dos seus cargos para un per\u00edodo de tres meses, un paso m\u00e1is dentro da s\u00faa r\u00e1pida marcha na que est\u00e1 a traballar arreo para autoconstru\u00edrse como unha alternativa \u00f3 concello coa que haber\u00e1 que contar no futuro. A segunda, do C\u00edrculo Podemos de Ribadeo, especificando a s\u00faa diferenza coa plataforma veci\u00f1al a traverso dun mecahisno sinxelo: polo momento non hai apoio de Podemos a ReC sinxelamente porque a\u00ednda nin foi pedido, e polo tanto, menos a\u00ednda, estudado. Outra cousa \u00e9 que poda haber unha simpat\u00eda mutua, resultado de m\u00e9todos e ideas que poden resultar conflu\u00edndo en moitas cousas.<\/p>\n<p>Nota de prensa (ReC):<\/p>\n<p>Nomeamento de responsables da Plataforma Ribadeo en Com\u00fan<\/p>\n<p>Ribadeo, 22 de novembro de 2014<\/p>\n<p>Trala redacci\u00f3n e publicaci\u00f3n do seu <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/rimadeo-en-comun-manifesto.html\">Manifesto<\/a>, e o dese\u00f1o da s\u00faa estrutura organizativa, na asemblea da Plataforma Cidad\u00e1 Ribadeo en Com\u00fan do pasado martes 18 de novembro tivo lugar a elecci\u00f3n dos cargos da organizaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n<p>A elecci\u00f3n realizouse por voto secreto entre todos os asinantes do manifesto, sen que ningu\u00e9n se propuxese a priori para ning\u00fan dos postos.<\/p>\n<p>O resultado foi o seguinte:&nbsp;<\/p>\n<p>Coordinador: Mario Penelo&nbsp;<\/p>\n<p>Secretario: Victor Villar&nbsp;<\/p>\n<p>Tesoureiro: Evaristo Lombardero<\/p>\n<p>Portavoc\u00edas: Maica L\u00f3pez e Iv\u00e1n Rodr\u00edguez&nbsp;<\/p>\n<p>Comisi\u00f3n de garant\u00edas: Emilio Garc\u00eda, Carmen Manzanal, Antonio Gregorio, Mavi Louro, Jon Urbieta.&nbsp;<\/p>\n<p>Os cargos te\u00f1en unha duraci\u00f3n dun trimestre, repet\u00edndose o proceso ao cabo dese per\u00edodo.&nbsp;<\/p>\n<p>Na mesma xuntanza se puxeron en marcha os grupos de traballo que se encargar\u00e1n de dese\u00f1ar a estratexia de comunicaci\u00f3n, de artellar e promover o proceso participativo coa veci\u00f1anza e de debuxar o borrador de proposta program\u00e1tica que ser\u00e1 presentado aos veci\u00f1os para a s\u00faa modificaci\u00f3n e enriquecemento.<\/p>\n<p>NOTA DE PRENSA<br \/>\n20141121(C\u00edrculo Podemos Ribadeo)<\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/constituido-o-circulo-podemos-de.html\">C\u00edrculo PODEMOS de Ribadeo<\/a>, emite o presente comunicado para aclarar alg\u00fans comentarios e\/ou rumores que poden confundir \u00e1 opini\u00f3n p\u00fablica do concello de Ribadeo.<\/p>\n<p>Ata a data de hoxe, o c\u00edrculo PODEMOS de Ribadeo non apoia ningunha candidatura municipal nin lista electoral \u00f3 concello de Ribadeo, pois a\u00ednda ningunha plataforma cidad\u00e1 nin de outro tipo se puxo en contacto co c\u00edrculo PODEMOS de Ribadeo para explicar o seu programa nin solicitar o seu apoio.<\/p>\n<p>Se nun futuro algunha candidatura ou plataforma as\u00ed o fai, o c\u00edrculo PODEMOS de Ribadeo estudar\u00e1 a proposta e tomar\u00e1 unha resoluci\u00f3n \u00f3 respecto, compromet\u00e9ndose a facer p\u00fablica a s\u00faa decisi\u00f3n no menor tempo posible.<\/p>\n<p>En Ribadeo, a 21 de Novembro de 2014<\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\">Pr\u00e9gase \u00f3s medios de comunicaci\u00f3n que se queiran facer eco desta nota de prensa, a s\u00faa difusi\u00f3n literal, para evitar calquera tipo de d\u00fabida \u00f3 respecto. Moitas grazas<\/span><\/p>\n<p>Unha nota m\u00e1is: o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/10\/rimadeo-en-comun-manifesto.html\">Manifesto<\/a> de Ribadeo en Com\u00fan \u00e9 o primeiro comunicado do grupo, a\u00ednda que con anterioridade, escribiuse unha nota de chamada que est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/08\/para-unha-plataforma-cidada-de-cara-as.html\">aqu\u00ed<\/a>, na que se expo\u00f1en algunhas cousas de xeito preliminar, xa superado polo proceso posterior.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>T\u00e9\u00f1enseme pasado un par de&nbsp; notas de prensa de pol\u00edtica local que axuto agora embaixo. Ambas afectan \u00e1 plataforma ReC de xeito diferente. Na primeira, a plataforma da nova dos seus cargos para un per\u00edodo de tres meses, un paso m\u00e1is dentro da s\u00faa r\u00e1pida marcha na que est\u00e1 a traballar arreo para autoconstru\u00edrse como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[62,13,135],"class_list":["post-6713","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ivan-rodriguez","tag-politica","tag-rec"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6713","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6713"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6713\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}