{"id":6710,"date":"2014-12-04T08:10:00","date_gmt":"2014-12-04T07:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:07","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:07","slug":"o-goberno-non-te-avisa-non-teras-trato","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/12\/04\/o-goberno-non-te-avisa-non-teras-trato\/","title":{"rendered":"O goberno non te avisa: non ter\u00e1s trato de favor no prezo da enerx\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Parafraseo no t\u00edtulo o t\u00edtulo dunha nova de onte mesmo sobre que Alcoa foi avisda de que non ter\u00e1 trato de favor no prezo da enerx\u00eda ele\u0107tria, o xa ten producido, \u00e1 s\u00faa vez, un comezo para un despido colectivo.<\/p>\n<p>Por partes: a ponte dos Santos est\u00e1 sen iluminar dende hai xa abondos meses por un &#8216;traspaso&#8217; de gastos do ministerio \u00f3s concellos. Coido que en ning\u00fan momento se prantexou unha necogicia\u00f3n sobre a &#8216;rebaixa&#8217; el\u00e9ctrica.<\/p>\n<p>Nas casas, todos n\u00f3s estamos a ver como pagamos m\u00e1is e m\u00e1is, e ref\u00f3rmannos as tarifas, e pagamos a\u00ednda m\u00e1is. E reestruturan a factura, e non s\u00f3 pagamos m\u00e1is, sen\u00f3n que atacan \u00e1 natureza e a sostibilidade porque invalidan calquer aforro \u00f3 minimizar a parte da enerx\u00eda e maximizar o &#8216;dereito&#8217; a que nos chegue \u00e1s casas.<\/p>\n<p>E, cada ano, dende hai varios, as grandes empresas consumidoras te\u00f1en unha subasta anual que as relaciona de ti a ti coas compo\u00f1entes do oligopolio el\u00e9ctrico. Iso se fai, a grandes rasgos, nun trato subvencionado por todos n\u00f3s a traverso do goberno, sen preguntarnos. Da subvenci\u00f3n rematan benefici\u00e1ndose en parte as grandes empresas, se consideramos o prezo do seu consumo enerx\u00e9tico en relaci\u00f3n co prezo do noso, pero sobre todo, as el\u00e9ctricas, que subvencionamos mesmo para que evadan capital \u00f3 estranxeiro (caso de Endesa e a s\u00faa matriz italiana). Quen non resulta beneficiado somos n\u00f3s, nin a\u00ednda para asegurar o subministro, como se manifesta cada pouco coas perdas correspondentes (de negocios, reco\u00f1ecidas en pequena parte, e de particulares, non reco\u00f1ecidas). \u00d3 mellor hai quen di que n\u00f3s resultamos beneficiados tam\u00e9n, aplicando aquelo dos beneficios en cascada: cando rebosa a bolsa de quen ten moito, acaba caendo algo para quen ten menos, ou, neste caso, nunha versi\u00f3n subordinada do dito &#8216;o que beneficia \u00e1 General Motors beneficia a Am\u00e9rica&#8217;, &#8216;o que beneficia a Alcoa, beneficia \u00f3s mari\u00f1\u00e1ns&#8217;.<\/p>\n<p>Ben, mentras tanto, na comarca temos ese caso, o de Alcoa, que despunta a nivel estatal polo consumo necesario para as transformaci\u00f3ns necesarias no proceso industrial de produci\u00f3n do aluminio. Tentarei non estenderme moito: as instalaci\u00f3ns de S. Cibrao son relativamente competitivas pola s\u00faa tecnolox\u00eda en relaci\u00f3n a Avil\u00e9s e A Coru\u00f1a, que xa buscan restrinxir persoal, nun movemento inmediato de presi\u00f3n&nbsp; para conseguir prezos m\u00e1is baratos (da enerx\u00eda, si, pero tam\u00e9n de gastos de persoal, ou non?) O persoal de S. Cibrao polo momento est\u00e1 a salvo: a empresa (cousa que se di con &#8216;letra pequena&#8217; perdida no artigo) si conseguiu para S. Cibrao paquetes enerx\u00e9ticos subvencionados (baixo o titular que achaca \u00f3 inmovilismo do ministro deixar no aire 800 empregos na Coru e Avil\u00e9s).<\/p>\n<p>A noticia que estou a comentar ten ramificaci\u00f3ns: por unha beira avisa que Alcoa xa pechou nalg\u00fan outro lugar porque non conseguiu o que quer\u00eda, e marchou; por outra, que Alcoa non \u00e9 a \u00fanica (pero claro, as outras non son tan grandes e polo tanto, con tanta potencia de protesta); por outra a\u00ednda, pide estabilidade no sistema de prezos para non ter que andar con lerias ano tras ano, pero iso si, unha estabilidade subvencionada sen atrancos.<\/p>\n<p>Os que vivimos por aqu\u00ed temos a soluci\u00f3n tam\u00e9n de pechar e marchar \u00f3 estranxeiro, e tam\u00e9n sabemos que non somos os \u00fanicos que temos esa posibilidade, tam\u00e9n pedimos estabilidade nos baixos prezos, pero non temos moi claro quen vai pagar a nosa subvenci\u00f3n el\u00e9ctrica&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parafraseo no t\u00edtulo o t\u00edtulo dunha nova de onte mesmo sobre que Alcoa foi avisda de que non ter\u00e1 trato de favor no prezo da enerx\u00eda ele\u0107tria, o xa ten producido, \u00e1 s\u00faa vez, un comezo para un despido colectivo. Por partes: a ponte dos Santos est\u00e1 sen iluminar dende hai xa abondos meses por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-6710","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6710","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6710"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6710\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6710"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6710"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6710"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}