{"id":6709,"date":"2014-12-05T08:29:00","date_gmt":"2014-12-05T07:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:06:05","modified_gmt":"2024-11-12T13:06:05","slug":"ribadeo-e-o-paro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/12\/05\/ribadeo-e-o-paro\/","title":{"rendered":"Ribadeo e o paro"},"content":{"rendered":"<p>Esta semana que vai rematar foi a que se deu a co\u00f1ecer o informe da Conseller\u00eda sobre o paro en Galicia. Como resultado, os xornais fix\u00e9ronse eco da nota da conseller\u00eda e dixeron algunha cousa sobre o paro na zona, en xeral centrados no cambio de mes en cada concello, pois iso \u00e9 o que se pode sacar de xeito directo dun dos \u00faltimos documentos a disposici\u00f3n en <a href=\"http:\/\/traballo.xunta.es\/listaxe-estatisticas\">http:\/\/traballo.xunta.es\/listaxe-estatisticas<\/a>.<\/p>\n<p>Onte, na procura doutra informaci\u00f3n, pasei polas web da Xunta e lembreime do tema, co que fun a completar algo m\u00e1is unha listaxe de paro en Ribadeo que vou facendo. O resultado, as gr\u00e1ficas que aparecen embaixo e algunha reflexi\u00f3n\/comentario.<\/p>\n<p>O primeiro comentario \u00e9 que seguindo a gr\u00e1fica de emprego vese claramente a influenza peri\u00f3dica do ver\u00e1n, co traballo eventual, e o paso do paro dende cousa de 400 persoas antes da crise a 800 o inverno pasado. Dende aquela, pola influenza do ver\u00e1n, parec\u00eda baixar co mellor ver\u00e1n en paro rexistrado da serie, ata que chegou o o outono, magn\u00edfico en temperie pero peor que nunca en variaci\u00f3n do paro, que se encami\u00f1a aparentemente a ter outro m\u00e1ximo semellante \u00f3 anterior arredor de marzo do 2015. A non ser que ocorra algo imprevisto, pouca ser\u00e1 a variaci\u00f3n, a\u00ednda que algo si parece que diminuir\u00e1. De calquera xeito, deixa patente a precariedade na temporalidade do traballo, e o aumento desa precariedade no 2014.<\/p>\n<p>Unha segunda cousa non se deixa ver nas gr\u00e1ficas, feitas a traverso duns n\u00fameros xa recompilados por min. Pero se algu\u00e9n se pon a recabar os datos da Conseller\u00eda, ver\u00e1 que nos tres \u00faltimos meses te\u00f1en tres formatos diferentes, o que certamente non facilita o seu tratamento, sen\u00f3n que m\u00e1is ben parece pensado para dificultalo. A\u00ednda as\u00ed, a evoluci\u00f3n da facilidade de acceso para un tratamento inform\u00e1tico dende o 2006 (ano no que comezan os datos colgados na web) \u00e9 notable. Parece que se est\u00e1 a facer notar a influenza de organizaci\u00f3ns como <a href=\"http:\/\/okfn.es\/\">OKFN<\/a> (que ten ramas para diversas administraci\u00f3ns como no caso dos <a href=\"http:\/\/trmuni.okfn.es\/otros-modelos-de-transparencia-municipal\/\">concellos<\/a>).<\/p>\n<p>Algo m\u00e1is vai impl\u00edcito na comparaci\u00f3n das gr\u00e1ficas con outras que se prodigaron estes d\u00edas a nivel galego ou estatal: con todo o aumento sufrido en Ribadeo, foi relativamente menor que a nivel galego ou estatal.<\/p>\n<p>Faltar\u00eda nas gr\u00e1ficas algo moi importante, a porcentaxe de paro sobre a poboaci\u00f3n activa, pero todo require o seu tempo e tal vez m\u00e1is adiante&#8230; De calquera xeito, ou moito me engano ou \u00e9 sensiblemente m\u00e1is baixa que a nivel estatal, \u00f3 menos se nos referimos \u00e1 tempada de ver\u00e1n.<\/p>\n<p>Hai outras comparaci\u00f3ns que non se soen facer e poden ser interesantes para unha visi\u00f3n menos acad\u00e9mica pero m\u00e1is ampla da situaci\u00f3n social, como por exemplo a porcentaxe de paro en relaci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n total. A nivel Espa\u00f1a pasa por enriba do 10%, mentras que a nivel Ribadeo o m\u00e1is alto que representan as gr\u00e1ficas ven sendo do 8,6%, non chegando \u00f3 8% na actualidade. \u00c9 unha porcentaxe que pode ser enganosa, pois a textura da poboaci\u00f3n var\u00eda dun lugar a outro, e por exemplo, a porcentaxe de maiores de 65 anos en Ribadeo \u00e9 alta (a\u00ednda que non tanto como en Trabada, por comparar cun concello lim\u00edtrofe) a\u00ednda que a de menores de 18 non sexa tan alta e compense en parte a efectos de traballo a influenza da anterior.<\/p>\n<p>A primeira gr\u00e1fica vai resinando a variaci\u00f3n do paro en Ribadeo dende setembro de 2006, o primeiro mes do que atopei datos segregados, por trimestres ata decembro do ano pasado, e de xeito mensual dende ent\u00f3n. A gr\u00e1fica p\u00f3dese ampliar premendo dobre sobre ela, para distinguir mellor onde chegan as li\u00f1as de cada mes.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8v4EGv0MX-sSSQotGoARK754vdNz7aboWHPSLDxcw2YpWaaOzyhZcrFQLxVTP-TEdfrEkeSgRVubf307dNz0MGfiO1Ae7jnt-BxswXXTcllvOG019ERfENww2o4B2ZsbETaEO6g\/s2048\/Paro+en+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8v4EGv0MX-sSSQotGoARK754vdNz7aboWHPSLDxcw2YpWaaOzyhZcrFQLxVTP-TEdfrEkeSgRVubf307dNz0MGfiO1Ae7jnt-BxswXXTcllvOG019ERfENww2o4B2ZsbETaEO6g\/s2048\/Paro+en+Ribadeo.jpg\" height=\"294\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Como a gr\u00e1fica anterior pode deixar algunha lagoa, a continuaci\u00f3n vai a da variaci\u00f3n do paro,&nbsp; tendo en conta o mesmo que xa dixen sobre a perioricidade dos datos, polo que hai que fixarse que para comparar o 2014 cos anteriores, hai que agrupar de tres en tres os meses. Neste caso, as separaci\u00f3ns verticais son cuadrimestrais e o primeiro dato que aparece \u00e9 decembro de 2006 (variaci\u00f3n en relaci\u00f3n a setembro do mesmo ano). A segunda li\u00f1a que debera aparecer, marzo de 2007, non aparece sinxelamente porque non houbo variaci\u00f3n segundo a estat\u00edstica (ver gr\u00e1fica superior).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEibDvclmU-NJCja0zhM4tmB3POAEBcTYdgmW_ky8PGq-PB2i9KDIDjzgUtRmKjcwypy0iRMAd6mg8yU2lvMWdz_Nxpc2QtNra_WcxeFmRpYL9tY5MOaDHVbo6jY6F9FA_H4ymFwtA\/s2048\/variaci%C3%B3n+do+paro.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEibDvclmU-NJCja0zhM4tmB3POAEBcTYdgmW_ky8PGq-PB2i9KDIDjzgUtRmKjcwypy0iRMAd6mg8yU2lvMWdz_Nxpc2QtNra_WcxeFmRpYL9tY5MOaDHVbo6jY6F9FA_H4ymFwtA\/s2048\/variaci%C3%B3n+do+paro.jpg\" height=\"272\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta semana que vai rematar foi a que se deu a co\u00f1ecer o informe da Conseller\u00eda sobre o paro en Galicia. Como resultado, os xornais fix\u00e9ronse eco da nota da conseller\u00eda e dixeron algunha cousa sobre o paro na zona, en xeral centrados no cambio de mes en cada concello, pois iso \u00e9 o que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-6709","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6709","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6709"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6709\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6709"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6709"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6709"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}