{"id":6702,"date":"2014-12-16T07:46:00","date_gmt":"2014-12-16T06:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:05:55","modified_gmt":"2024-11-12T13:05:55","slug":"que-auga-volve-saber-raios-culpa-e-dos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/12\/16\/que-auga-volve-saber-raios-culpa-e-dos\/","title":{"rendered":"Que a auga volve saber a raios? A culpa \u00e9 dos raios por saber as\u00ed!"},"content":{"rendered":"<p>Xa estamos afeitos, aqu\u00ed non pasa nada. Os par\u00e1metros son normais. O sabor que sentimos, anormal. O cheiro, anormal. A pel lisa, anormal. \u00d3 final, est\u00e1 claro, os anormais somos n\u00f3s, que nos afecta.<\/p>\n<p>Que hai <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html\">un verquido que foi denunciado<\/a> hai tempo, e volto a denunciar, e volto a denunciar, como din dos peixes no r\u00edo por estas datas? Pois nada, como a maior\u00eda dos peixes, que non se poda dicir que beban auga continuamente, n\u00f3s tampouco beberemos auga (da tra\u00edda) cando nos decatemos. \u00d3 fin, o tema da auga emprega a unha empresa famosa en Ribadeo, Aquagest (se prefires, ch\u00e1malle Viaqua, que para algo cambiou o nome, a\u00ednda que n\u00f3s sigamos a usar o vello) e outra non menos famosa e xeradora de riqueza, Os Irmandi\u00f1os. Menos mal que non se ve afectada Alcoa, que se non \u00f3 mellor a lexislaci\u00f3n cambiaba e permit\u00eda cagar lingotes (con pago de dereitos \u00e1 empresa, claro!).<\/p>\n<p>Poder p\u00fablico? O poder p\u00fablico est\u00e1 amosado que \u00e9 o poder da xente, non o das instituci\u00f3ns que poder\u00edan representalo. E a xente, onde est\u00e1? Nestes casos a xente parecemos como o da agulla na palleira, ou, actualizado, como cando os nenos ou maiores van na procura de &#8216;Wally&#8217;, ese boneco co xersei a raias tan chamativo que non se da atopado entre outros personaxes dun debuxo ateigado de xente no que cada quen est\u00e1 \u00f3 seu.<\/p>\n<p>Mentres, xa ten pasado &#8216;de todo&#8217;. Dende as denuncias ata a inhibici\u00f3n, dende <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html\">fotos publicadas neste mesmo blog<\/a> ata o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/resume-da-xuntanza-alcalde.html\">tema tratado pola Mesa de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os co alcalde<\/a> sen resultado. Dende o &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/06\/non-hai-risco-para-saude.html\">non hai risco para a sa\u00fade<\/a>&#8216; ata a case desaparici\u00f3n de auga embotellada dos supermercados nalg\u00fans momentos. Dende mirar para o CAVI (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2013\/07\/os-irmandinos-e-outras-cooperativas.html\">Centro de alimentaci\u00f3n de vacuno Irmandi\u00f1os<\/a>) ata culpar \u00e1s chuvias, por iso de ocorr\u00e9rselle chover en cantidade e arrastrar terras. Dende &#8230; ata &#8230; e xa non importa o dende e o ata, que para algo a xente non protestamos moito e todo est\u00e1 normal segundo a lexislaci\u00f3n, ou \u00f3 menos o normalizamos n\u00f3s \u00f3 non protestar. \u00d3 fin, o destes d\u00edas pasados foi pouco fronte a outros. Ou non? Era \u00f3 rev\u00e9s? Que m\u00e1is da!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa estamos afeitos, aqu\u00ed non pasa nada. Os par\u00e1metros son normais. O sabor que sentimos, anormal. O cheiro, anormal. A pel lisa, anormal. \u00d3 final, est\u00e1 claro, os anormais somos n\u00f3s, que nos afecta. Que hai un verquido que foi denunciado hai tempo, e volto a denunciar, e volto a denunciar, como din dos peixes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,26],"class_list":["post-6702","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6702","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6702"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6702\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6702"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6702"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6702"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}