{"id":6695,"date":"2014-12-24T09:11:00","date_gmt":"2014-12-24T08:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:05:39","modified_gmt":"2024-11-12T13:05:39","slug":"intelixencia-cooperativa-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2014\/12\/24\/intelixencia-cooperativa-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Intelixencia cooperativa en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte foi o pleno no que se aprobaron os orzamentos para o 2015. Como estaba previsto por iso da maior\u00eda absoluta, a cousa foi adiante. Non fac\u00eda falta estar no pleno. Tampouco saber se hab\u00eda alg\u00fan punto m\u00e1is na orde do d\u00eda ou non: a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1697&amp;lg=gal\">nota de prensa<\/a> non o especificaba e, \u00f3 non ir \u00f3 pleno, tampouco sei o resultado. Pero moito non hab\u00eda: \u00e1s menos cuarto (nove menos cuarto, o pleno ti\u00f1a comezo \u00e1s oito da tarde, como normalmente), os ed\u00eds estaban de celebraci\u00f3n conxunta, interpartidista como corresponde a xente que loita cando hai que loitar, pero que logo \u00e9 capaz de deixar as loitas a unha beira. Estamos no Nadal.<\/p>\n<p>Mentres, nunha situaci\u00f3n as\u00ed, cos concelleiros de t\u00f3dolos grupos celebrando tras un pleno sen moita alternativa, actuando como veci\u00f1os que son, vense \u00e1 cabeza se non poder\u00eda usarse esa relaci\u00f3n que evidentemente te\u00f1en e temos para facer as cousas mellor.<\/p>\n<p>Do anterior a experimentar m\u00e9todos que o podan permitir s\u00f3 hai un paso. Un paso que se est\u00e1 a dar. Con moitas diferenzas e alternativas, pero en todo o territorio a nivel Espa\u00f1a, est\u00e1n xurdindo plataformas colaborativas, nas que xente diversa, non m\u00e1is intelixente ou traballadora que a que agora se adica \u00e1 pol\u00edtica, est\u00e1 traballando en conxunto. Colaborando para aprender a facer pol\u00edtica, para que a xente da r\u00faa, de onde ven a maior\u00eda da xente que participa nestes movementos, participe \u00f3 mesmo nivel que calquera outro e isto deixe de ser unha &#8216;democracia asim\u00e9trica&#8217; no mellor dos casos para ser sinxelamente un exercicio democr\u00e1tico. Sen adxectivaci\u00f3n, con acci\u00f3n.<\/p>\n<p>Que se van a cometer erros? Por suposto. O sistema, o mecanismo elixido, ten que permitir unha aprendizaxe continua, e cada vez ser\u00e1n menos. E ise cada vez seguir\u00e1 unha li\u00f1a fortemente decrecente, como pasa noutras situaci\u00f3ns nas que se usa a intelixencia colectiva (diche algo, por exemplo, a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/\">wikipedia<\/a>?) Que haber\u00e1 xente que se canse e que abandone? Tr\u00e1tase de que a xente poda cambiarse, estando a disposici\u00f3n do conxunto o facer o cambio, sen trauma, como algo natural: a organizaci\u00f3n leva un paso m\u00e1is al\u00f3 o individuo. Que non pode funcionar porque non hai l\u00edderes? Pensar nun l\u00edder para funcionar permite pensar de xeito doado nunha cadea de mando dende o l\u00edder, precisamente algo que se quere evitar. Evidentemente, haber\u00e1 responsables de cousas, e responsabilidades (si, responsabilidade e responsable, d\u00faas verbas na actualidade en desuso) dentro do colectivo. Haber\u00e1 xente que estea m\u00e1is implicada e xente que o estea menos. Que traballe m\u00e1is e menos. Diferentes, e con diferenzas. Pero de a\u00ed a englobar todo nun l\u00edder-xefe&#8230;<\/p>\n<p>En fin, non ser\u00e1 un mundo perfecto: somos humanos e polo tanto a base non ser\u00e1 perfecta, e a construci\u00f3n tampouco o ser\u00e1. Permitiranos so\u00f1ar con achegar o noso gran de area para mellorar o que temos en conxunto. E permitiranos achegalo de xeito efectivo. A humanidade leva mellorando aspectos moito tempo. Este ser\u00e1 un m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte foi o pleno no que se aprobaron os orzamentos para o 2015. Como estaba previsto por iso da maior\u00eda absoluta, a cousa foi adiante. Non fac\u00eda falta estar no pleno. Tampouco saber se hab\u00eda alg\u00fan punto m\u00e1is na orde do d\u00eda ou non: a nota de prensa non o especificaba e, \u00f3 non ir [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-6695","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6695","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6695"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6695\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6695"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6695"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6695"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}