{"id":6671,"date":"2015-01-28T00:31:00","date_gmt":"2015-01-27T23:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:55","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:55","slug":"meu-pai","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/01\/28\/meu-pai\/","title":{"rendered":"O meu pai"},"content":{"rendered":"<p>De <a href=\"http:\/\/www.galiciadigital.com\/opinion\/opinion.12438.php\" id=\"yui_3_16_0_1_1422398790035_12207\" shape=\"rect\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">http:\/\/www.galiciadigital.com\/opinion\/opinion.12438.php<\/a> por <a href=\"http:\/\/www.galiciadigital.com\/opinion\/autor.70.php\">Xulio Xiz<\/a><\/p>\n<h3>\nAnto\u00f1ito do Constante<\/h3>\n<p class=\"fecha_opinion\">m\u00e9rcores,&nbsp;28&nbsp;de xaneiro de&nbsp;2015<\/p>\n<p class=\"opinion_opinion\">Este amigo que xa descansa no<br \/>\ncemiterio vilalb\u00e9s cham\u00e1base Antonio Gregorio, pero como seu pai<br \/>\n-Constante Gregorio- foi co\u00f1ecido e estimado tratante en gando e<br \/>\ncarniceiro na capital vilalbesa, e Antonio ao <img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"http:\/\/www.galiciadigital.com\/images\/OPINION\/fotos\/antonio_gregorio.jpg\" \/>terse<br \/>\n incorporado a ese labor desde moi novo, os vilalbeses asign\u00e1moslle o<br \/>\nnome de \u201cAnto\u00f1ito do Constante\u201d, e ese nome acompa\u00f1ouno ata as esquelas<br \/>\nmortuorias.<\/p>\n<p>Era un home xeneroso, bo, afable, culto, lector, amigo\u2026 Eu nac\u00edn  sendo<br \/>\n amigo del, porque mi\u00f1a nai proced\u00eda da mesma aldea \u2013O Freixo, de As<br \/>\nPontes de Garc\u00eda Rodr\u00edguez- e para min o \u201cSe\u00f1or Constante\u201d era un santo<br \/>\nvar\u00f3n que cami\u00f1aba polas r\u00faas vilalbesas e percorr\u00eda a zona rural nun<br \/>\npermanente saudar, cami\u00f1ar entre amigos, falar e escoitar, sempre cun<br \/>\nsorriso que falaba m\u00e1is que calquera exposici\u00f3n verbal, sempre co<br \/>\nrespecto escrupuloso polos tratos e polas xentes.<\/p>\n<p>E a continuaci\u00f3n, veu \u201cAnto\u00f1ito\u201d, que por idade daquela respond\u00eda ao diminutivo\u2026 e conservouno ata os oitenta e seis anos.<\/p>\n<p>Nos meus tempos m\u00e1is mozos, a casa do Constante era a \u00fanica do contorno<br \/>\n que ti\u00f1a tel\u00e9fono, e al\u00ed acud\u00edamos para as urxencias. E na mi\u00f1a<br \/>\ninfancia eu alucinaba, porque Anto\u00f1ito ti\u00f1a un despacho cheo de libros,<br \/>\nun ben escaso daquela, o que fac\u00eda que aos meus ollos \u201cAnto\u00f1ito do<br \/>\nConstante\u201d fose unha persoa diferente, nun mundo daquela xeralmente<br \/>\niletrado, que disfrutaba dunha cultura que cultivaba a cot\u00edo.<\/p>\n<p>Eu deixei Vilalba hai cincuenta anos. Daquela, para min, Anto\u00f1ito ti\u00f1a a<br \/>\n vetusta idade de trinta e seis. E seguimos v\u00e9ndonos de cando en cando,<br \/>\nsabendo un doutro, incorporando a aquela vella amizade \u00e1 s\u00faa dona,<br \/>\nMercedes, \u00e1 que f\u00f3ra conquistar a R\u00e1bade, e entrambos formaron a parella<br \/>\n perfecta cara adentro e cara afora\u2026 porque a afabilidade multiplicouse<br \/>\npor dous.<\/p>\n<p>E vi\u00f1eron os fillos, dos que te\u00f1o que mencionar, por anos \u2013a\u00ednda que \u00e9<br \/>\nben m\u00e1is novo ca min- ao Tucho, Antonio Gregorio, que en Ribadeo asentou<br \/>\n profesionalmente como profesor e activista social, e netos dos que te\u00f1o<br \/>\n que mencionar unha neta que hai ben anos xa ga\u00f1ou un premio de debuxo<br \/>\nno Certame da Biblioteca de Lugo, do que eu son Xurado desde hai un<br \/>\ncuarto de s\u00e9culo.<\/p>\n<p>A \u00faltima vez que vin a Anto\u00f1ito do Constante foi o pasado agosto, na<br \/>\nhomenaxe a Domingo Go\u00e1s que a Xuntanza de Chairegos en Madrid lle rendeu<br \/>\n en Vilalba. Con el e con Jos\u00e9 Ram\u00f3n \u00c1lvarez Gra\u00f1a (Jos\u00e9 Ram\u00f3n do<br \/>\nAcisclo), falamos todo o tempo de Vilalba, das xentes, dos tempos\u2026 Non<br \/>\npod\u00eda imaginar que \u00eda ser a \u00faltima vez que fal\u00e1semos.<\/p>\n<p>Un traidor inimigo atacouno sen piedade hai moi pouco tempo, e<br \/>\nlev\u00f3unolo, d\u00e1ndonos a ocasi\u00f3n de comprobar na igrexa e no cemiterio<br \/>\ncanta xente quer\u00eda darlle o \u00faltimo adeus.<\/p>\n<p>M\u00e1is non quero esquecer o que mi\u00f1a nai me ten contado de Anto\u00f1ito, un<br \/>\ndefecto, que repet\u00eda sempre que falaba del: O que lle pasa a Anto\u00f1ito,<br \/>\ndic\u00eda, \u00e9 que \u00e9 demasiado b\u00f3. E as\u00ed leva os tropez\u00f3ns que leva \u00e1s veces<br \/>\npor confiar en xente que non merece confianza.<\/p>\n<p>O pasamento de \u201cAnto\u00f1ito do Constante\u201d foi, para min, unha perda<br \/>\nfamiliar. E como o que me afecta tan directamente procuro deixalo por<br \/>\nescrito, a xeito de testamento vital, deixo anotado en negro este quince<br \/>\n de xaneiro, d\u00eda da s\u00faa morte, no calendario que rexe as mi\u00f1as emoci\u00f3ns e<br \/>\n os meus sentimentos. Que a paz que sempre impart\u00edu, repart\u00edu, o<br \/>\nacompa\u00f1e sempre.<\/p>\n<p class=\"opinion_opinion\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"opinion_opinion\">&#8212;<\/p>\n<p class=\"opinion_opinion\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"opinion_opinion\">Antonio Gregorio Carball\u00e9s, Q.E.P.D.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De http:\/\/www.galiciadigital.com\/opinion\/opinion.12438.php por Xulio Xiz Anto\u00f1ito do Constante m\u00e9rcores,&nbsp;28&nbsp;de xaneiro de&nbsp;2015 Este amigo que xa descansa no cemiterio vilalb\u00e9s cham\u00e1base Antonio Gregorio, pero como seu pai -Constante Gregorio- foi co\u00f1ecido e estimado tratante en gando e carniceiro na capital vilalbesa, e Antonio ao terse incorporado a ese labor desde moi novo, os vilalbeses asign\u00e1moslle o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,50],"class_list":["post-6671","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-vilalba"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6671"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6671\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6671"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}