{"id":6669,"date":"2015-01-29T08:27:00","date_gmt":"2015-01-29T07:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:52","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:52","slug":"desigualdades-un-caso-de-relevancia-pra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/01\/29\/desigualdades-un-caso-de-relevancia-pra\/","title":{"rendered":"Desigualdades. Un caso de relevancia para Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>O t\u00edtulo poder\u00eda ser doutro xeito: &#8216;se queres ser libre, p\u00e1gao&#8217;. Coido que destoutro xeito, a consecuencia \u00e9 m\u00e1is clara: &#8216;porque ter\u00e1s que pagar o prezo da t\u00faa liberaci\u00f3n, xa que non \u00e9s libre&#8217;.<\/p>\n<p>A actual &#8216;democracia \u00e1 espa\u00f1ola&#8217; manifesta non ser igual para todos. As desigualdades son evidentes. Tanto, que mesmo hai &#8216;dem\u00f3cratas&#8217; que tenden a xustificalas.<\/p>\n<p>Se imos \u00e1 orixe, a cousa pode parecer moi te\u00f3rica, pero na realidade \u00e9 moi achegada na s\u00faa orixe, como se pode ver a conto das municipais. Calquera pode atoparse na rede lugares como <a href=\"http:\/\/sociedadcivilmunicipal.es\/\">http:\/\/sociedadcivilmunicipal.es\/<\/a> onde mergullarse en cuesti\u00f3ns diversas sobre o autogoberno, sobre participaci\u00f3n nos actos decisivos para procurar un goberno sobre n\u00f3s mesmos.<\/p>\n<p>A\u00ednda en cousas en principio non previstas como a perspectiva: &#8220;<em>Los resultados de las elecciones si son exitosos (se consigue al menos<br \/>\nuna m\u00ednima representaci\u00f3n, o lo que es lo mismo, un concejal), no deben<br \/>\nentenderse como un fin, sino como un principio. A partir de ese momento<br \/>\ndisponemos de cuatro a\u00f1os para seguir creciendo, (&#8230;)<\/em>&#8221; \u00e9 o primeiro que aparece na pestana de &#8216;recursos&#8217;, se collemos &#8216;<a href=\"http:\/\/sociedadcivilmunicipal.es\/recursos\/comunicacion-en-la-legislatura\/\">comunicaci\u00f3n na lexislatura<\/a>&#8216;.<\/p>\n<p>E falta fai telo claro, porque de partida, se non est\u00e1s integrado nun partido pol\u00edtico, de xeito independente ou como coalici\u00f3n, e te queres presentar \u00e1s elecci\u00f3ns con outros para tentar un cambio como cidad\u00e1n, tes un h\u00e1ndicap que te pon o sistema, por tentar cambiar. Non o cres? Mira ent\u00f3n a pestana correspondente \u00f3 &#8216;<a href=\"http:\/\/sociedadcivilmunicipal.es\/area-electoral\/forma-de-concurrir-a-las-elecciones-algunos-consejos\/\">xeito de concorrer \u00e1s elecci\u00f3ns<\/a>&#8216;:<\/p>\n<p>Para agrupaci\u00f3ns de electores, en concellos entre 10 001 e 50 000 habitantes como \u00e9 na actualidade o caso de Ribadeo, neces\u00edtanse ao menos 500 sinaturas de aval, e a\u00ednda m\u00e1is, te\u00f1en que ser prestadas ante un fedatario p\u00fablico. Isto \u00e9, testemu\u00f1adas ante notario ou o secretario do concello, para o que se necesita non s\u00f3 a sinatura, sen\u00f3n o dni para comparar. Mentras, se queredes integrarvos no sistema &#8216;como Deus manda&#8217; e facer un partido pol\u00edtico para presentarvos, ent\u00f3n, se o queredes con \u00e1mbito municipal, abonda con tres persoas. E&#8230; alehop! xa estades no sistema. 500 fronte a 3. Est\u00e1 clara a preferenza do sistema? E ti, tes clara a t\u00faa?<\/p>\n<p>Podes seguir procurando que non implica o mesmo unha agrupaci\u00f3n de electores que un partido: a estrutura non est\u00e1 tan encorsetada, e por exemplo, pode haber diferentes sensibilidades pol\u00edticas con total tranquilidade, sempre e cando haxa un esprito de colaboraci\u00f3n e corrdinaci\u00f3n que \u00e1s veces, pode costar tempo e traballo, pero tam\u00e9n ter\u00e1 como consecuencia unha maior riqueza de resultados precisamente debido a esa variedade de orixe.<\/p>\n<p>Ribadeo 2015. Queres participar no teu destino? E como queres facelo, limit\u00e1ndote de principio nunha estrutura na que non fai falta nin que asines, ou polo contrario, en algo aberto no que tes que demostrar que es ti mesmo? As elecci\u00f3ns est\u00e1n a\u00ed, podes ir pensando se <strong>o que queres facer \u00e9 votar e esquecer ou polo contrario, queres participar: non \u00e9 o mesmo<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O t\u00edtulo poder\u00eda ser doutro xeito: &#8216;se queres ser libre, p\u00e1gao&#8217;. Coido que destoutro xeito, a consecuencia \u00e9 m\u00e1is clara: &#8216;porque ter\u00e1s que pagar o prezo da t\u00faa liberaci\u00f3n, xa que non \u00e9s libre&#8217;. A actual &#8216;democracia \u00e1 espa\u00f1ola&#8217; manifesta non ser igual para todos. As desigualdades son evidentes. Tanto, que mesmo hai &#8216;dem\u00f3cratas&#8217; que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,13,9],"class_list":["post-6669","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6669","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6669"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6669\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6669"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6669"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6669"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}