{"id":6666,"date":"2015-02-01T11:13:00","date_gmt":"2015-02-01T10:13:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:47","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:47","slug":"medindo-resultados-de-campanas-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/01\/medindo-resultados-de-campanas-de\/","title":{"rendered":"Medindo resultados de campa\u00f1as de propaganda"},"content":{"rendered":"<p>Polo que parece, a campa\u00f1a de promoci\u00f3n tur\u00edstica de Ribadeo en Fitur este ano \u00e9 un \u00e9xito completo. Rem\u00edtome \u00e1s notas de prensa e conseguintes publicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Dende Ribadeo, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/01\/ribadeo-por-que-non.html\">tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos<\/a>. \u00c9 natural. Pero a d\u00eda de hoxe, a piques de rematar Fitur, non te\u00f1o claro o resultado, que sexa como se nos di. O primeiro, porque o resultado m\u00eddese a posteriori, non durante o evento, nun momento que non trouxo a\u00ednda a ningu\u00e9n facernos unha visita (coido que \u00e9 o que se procura en Fitur). Reforza o anterior unha pequena procura por internet, onde se atopa que, mentres estou escribindo isto, aparecen 1820 resultados de ribadeoxqs\u00ed (agora xa aparecer\u00e1 un m\u00e1is!), mentres que de Fitur 2015 son uns 20 800 000, ambos procurados en Google, o que representa menos dun 0,01 %, que pode ser moito, pero&#8230; mesmo se miro o meu nome cos dous apelidos hai arredor de 666 000 resultados, abondo m\u00e1is de trescentas veces m\u00e1is (claro que o meu nome leva anos aparecendo e o lema deste ano s\u00f3 leva d\u00edas, pero \u00e9 que un ano ten 365 d\u00edas, co que a &#8216;puxanza&#8217; na rede ser\u00eda da mesma orde&#8230;)<\/p>\n<p>Por outra banda, non vexo ningunha referencia a unha medici\u00f3n de resultados na campa\u00f1a, o que poder\u00eda levar de xeito m\u00e1is doado a unha mellora en campa\u00f1as posteriores. As\u00ed pois, espero que sexa unha boa campa\u00f1a, pero haber\u00e1 que esperar a dentro duns anos, con calma e perspectiva, para ter unha idea de se a campa\u00f1a \u00e9 o \u00e9xito predito (que non se est\u00e1 a contemplar como futuro, sen\u00f3n como presente).<\/p>\n<p>Polo momento, o que si se pode ver \u00e9 a p\u00e1xina de turismo de Ribadeo, <a href=\"http:\/\/turismo.ribadeo.gal\/\">http:\/\/turismo.ribadeo.gal<\/a> e a xente de Ribadeo que foi a Madrid co motivo da posta en marcha da campa\u00f1a: hai fotos abondantes!<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n a 20150203:<\/p>\n<p>Segue ribadeoxqsi en 1810 (10 menos!)<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez Barcia con 218 000 <\/p>\n<p>Fitur 2015&#8230; 26 100 000<\/p>\n<p>Sen m\u00e1is que comentar, o d\u00eda que se fai un resume extremamente positivo do &#8216;resultado&#8217; en Fitur.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n a 20150205:<\/p>\n<p>ribadeoxqsi en 1570 (&#8230; !)<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez Barcia 218 000 <\/p>\n<p>Fitur 2015&#8230; 26 500 000<\/p>\n<p>Entendo pois que impacto decrecente dentro da irrelevancia.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n a 20150331:<\/p>\n<p>ribadeoxqsi en 1130 (&#8230; !)<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez Barcia 226 000 <\/p>\n<p>Fitur 2015&#8230; 33 500 000<\/p>\n<p>&#8230; E xa non po\u00f1erei m\u00e1is actualizaci\u00f3ns: est\u00e1 claro o impacto do lema &#8216;\u00e9xito completo&#8217; Mentres, o do alcalde segue a subir. Que tal unha proposta de asociar Ribadeo \u00f3 nome do alcalde?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Polo que parece, a campa\u00f1a de promoci\u00f3n tur\u00edstica de Ribadeo en Fitur este ano \u00e9 un \u00e9xito completo. Rem\u00edtome \u00e1s notas de prensa e conseguintes publicaci\u00f3ns. Dende Ribadeo, tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos. \u00c9 natural. Pero a d\u00eda de hoxe, a piques de rematar Fitur, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-6666","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6666","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6666"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6666\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6666"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6666"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6666"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}