{"id":6662,"date":"2015-02-04T18:12:00","date_gmt":"2015-02-04T17:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:39","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:39","slug":"nota-de-prensa-presentacion-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/04\/nota-de-prensa-presentacion-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Nota de prensa: Presentaci\u00f3n de Ribadeo en com\u00fan"},"content":{"rendered":"<p align=\"center\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Nota de Prensa: Presentaci\u00f3n  de Ribadeo en Com\u00fan<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">O vindeiro xoves 5 de febreiro a plataforma cidad\u00e1 Ribadeo en Com\u00fan<br \/>\npresentar\u00e1 ante os medios locais o seu proxecto para que haxa unha<br \/>\ncandidatura veci\u00f1al nas elecci\u00f3ns municipais do vindeiro mes de<br \/>\nmaio. A presentaci\u00f3n ter\u00e1 lugar \u00e1s 10:30 da ma\u00f1\u00e1 no antigo<br \/>\nLavadoiro da r\u00faa dos fornos de Ribadeo. Nela se far\u00e1 unha relaci\u00f3n<br \/>\ndos principios reitores do proxecto, as\u00ed como do estado actual do<br \/>\nproceso, e unha previsi\u00f3n dos traballos pendentes e dos prazos nos<br \/>\nque se ir\u00e1n concretando cada un deles.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Ribadeo en Com\u00fan inscr\u00edbese na din\u00e1mica dos movementos sociais<br \/>\nxurdidos despois do 15M, cunha proposta baseada nuns xeitos e ideas<br \/>\nque contan co apoio da maior\u00eda social do pa\u00eds: a transparencia, a<br \/>\nparticipaci\u00f3n e a loita contra a corrupci\u00f3n como xeitos de<br \/>\nfuncionar, e un ideario a prol da solidariedade, a igualdade, a<br \/>\ndefensa do patrimonio natural e cultural e dos servizos p\u00fablicos.<br \/>\nCalquera persoa pode integrarse na Plataforma asinando o seu<br \/>\nmanifesto, ou colaborar desde f\u00f3ra achegando ideas ou propostas ao<br \/>\nenderezo ribadeoencomun@gmail.com.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Ribadeo en Com\u00fan \u00e9 unha proposta diferente \u00e1s demais:<\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Porque se trata dun <em><strong>movemento veci\u00f1al<\/strong><\/em> sen hipotecas<br \/>\n partidarias que procura que @s veci\u00f1@s de Ribadeo vaian onde<br \/>\n decidan ir, sen presi\u00f3ns desde outras instancias.<\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Porque fai unha aposta radical pola transformaci\u00f3n dos xeitos do<br \/>\n Concello cara \u00e1 <em><strong>transparencia e a participaci\u00f3n<\/strong><\/em> da<br \/>\n cidadan\u00eda na toma de decisi\u00f3ns e no control da xesti\u00f3n municipal.<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Porque o seu programa, no canto de ser unha listaxe de propostas e<br \/>\n ideas sen f\u00edo, quer ser un <em><strong>proxecto coherente para a<br \/>\n transformaci\u00f3n de Ribadeo<\/strong><\/em> cara a un futuro economicamente<br \/>\n pr\u00f3spero, socialmente xusto e ambientalmente sustentable.<\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Porque ese programa, que vai ser a folla de ruta do goberno local,<br \/>\n estar\u00e1 feito de xeito <em><strong>aberto, participativo e transparente<\/strong><\/em><br \/>\n desde o principio ao final: a xeraci\u00f3n das ideas, o seu debate<br \/>\n aberto, a s\u00faa aprobaci\u00f3n e a s\u00faa priorizaci\u00f3n. Un proceso de<br \/>\n colaboraci\u00f3n coa veci\u00f1anza <strong>que se manter\u00e1 a todo o longo da<br \/>\n lexislatura.<\/strong><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Chegamos para promover a colaboraci\u00f3n e o entendemento entre todos a<br \/>\nprol do com\u00fan. Fartos de pelexas entre instituci\u00f3ns e partidos<br \/>\npol\u00edticos, queremos falar de ideas e propostas novidosas para<br \/>\nmellorar o que temos. Con prantexamentos positivos e dende intenci\u00f3ns<br \/>\npropositivas traballaremos para mudar a escena pol\u00edtica na parte que<br \/>\nnos corresponde, o eido local.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">No mes de febreiro comezaremos as presentaci\u00f3ns do esquema previo do<br \/>\nprograma no que vi\u00f1emos traballando ao longo destes meses.<br \/>\nChamaremos \u00e1 colaboraci\u00f3n das asociaci\u00f3ns e de todas aquelas<br \/>\npersoas que desexen participar no dese\u00f1o final do programa de<br \/>\nRibadeo en Com\u00fan. Queremos traballar sobre a experiencia das xentes<br \/>\nque sofren os problemas e aproveitar o saber dos t\u00e9cnicos  que se<br \/>\nadican a ama\u00f1alos. Soluci\u00f3ns realistas, desde abaixo, dirixidas a<br \/>\nmellorar a vida de tod@s, e especialmente daqueles que m\u00e1is o<br \/>\nprecisan.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Queremos, en fin, artellar un espazo cidad\u00e1n no que os veci\u00f1os e<br \/>\nveci\u00f1as de Ribadeo decidan de xeito directo o que queren que se faga<br \/>\ncada ano cos 9 mill\u00f3ns de euros do orzamento municipal, en cada r\u00faa<br \/>\nda nosa vila, e en cada unha das parroquias do noso concello. Por un<br \/>\nRibadeo novo, de tod@s, entre tod@s e para <span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a class=\"western\" href=\"mailto:tod@s\">tod@s<\/a><\/u><\/span><\/span>.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Rematamos cunha petici\u00f3n: a Asemblea de Ribadeo en Com\u00fan optou na<br \/>\ns\u00faa \u00faltima xuntanza pola f\u00f3rmula legal da Agrupaci\u00f3n de Electores<br \/>\npara presentarse \u00e1s elecci\u00f3ns. Se para crear un partido de \u00e1mbito<br \/>\nlocal abonda coa firma de tres persoas, para presentar unha<br \/>\ncandidatura co formato de <strong>Agrupaci\u00f3n de Electores<\/strong> -o xeito<br \/>\nm\u00e1is achegado ao noso esp\u00edrito de traballo horizontal, aberto e<br \/>\nindependente- <strong>prec\u00edsase do aval de 500 veci\u00f1os <\/strong><u><strong>con<br \/>\ndereito a voto en Ribadeo<\/strong><\/u><strong>.<\/strong> Dar o aval non \u00e9<br \/>\ncomprometer o voto nin apoiar as nosas propostas: o aval ven sendo un<br \/>\npermiso para presentarse \u00e1s elecci\u00f3ns. Calquera persoa que vexa<br \/>\nxusto que unha candidatura veci\u00f1al non partidaria poida presentarse<br \/>\n\u00e1s municipais pode avalar a Ribadeo en Com\u00fan, e votar despois por<br \/>\ncalquera outra opci\u00f3n, ou non votar.<\/p>\n<p align=\"justify\" class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Reunir 500 avais \u00e9 un <strong>obxectivo moi dif\u00edcil<\/strong> de acadar en<br \/>\ntempo e forma (<strong>as sinaturas deben recollerse entre o 1 e o 15 de<br \/>\nabril e vir acompa\u00f1adas cunha fotocopia do DNI<\/strong>), polo que<br \/>\nprecisaremos da axuda de toda a xente disposta a botar unha man. Se<br \/>\nqueres axudar podes contactar coa Plataforma no seu enderezo<br \/>\n<span style=\"color: navy;\"><span lang=\"zxx\"><u><a class=\"western\" href=\"mailto:ribadeoencomun@gmail.com\">ribadeoencomun@gmail.com<\/a><\/u><\/span><\/span>,<br \/>\nno facebook de Ribadeo en Com\u00fan, ou achegar os teus datos de<br \/>\ncontacto a calquera dos membros da Plataforma ou aos <strong>establecementos<br \/>\ncolaboradores*<\/strong> para organizar con tempo os grupos de recollida.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.cronica3.com\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/ribadeo-en-comun.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"304\" src=\"http:\/\/www.cronica3.com\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/ribadeo-en-comun.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Unha xuntanza dunha comisi\u00f3n de ReC<\/p>\n<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\">(*)<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Serigraf\u00eda<br \/>\n CLIP GRAF OXAL\u00c1 RIBADEO na r\u00faa San Francisco 8<\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"gl-ES\">Amodi\u00f1o<br \/>\nTenda- Bar<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nota de Prensa: Presentaci\u00f3n de Ribadeo en Com\u00fan O vindeiro xoves 5 de febreiro a plataforma cidad\u00e1 Ribadeo en Com\u00fan presentar\u00e1 ante os medios locais o seu proxecto para que haxa unha candidatura veci\u00f1al nas elecci\u00f3ns municipais do vindeiro mes de maio. A presentaci\u00f3n ter\u00e1 lugar \u00e1s 10:30 da ma\u00f1\u00e1 no antigo Lavadoiro da r\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[102,13,135],"class_list":["post-6662","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-15m","tag-politica","tag-rec"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6662","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6662"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6662\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6662"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6662"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6662"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}