{"id":6658,"date":"2015-02-06T18:16:00","date_gmt":"2015-02-06T17:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:28","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:28","slug":"enquisa-do-cis-non-me-faigas-rir","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/06\/enquisa-do-cis-non-me-faigas-rir\/","title":{"rendered":"Enquisa do CIS? Non me faigas rir!"},"content":{"rendered":"<p>1.<strong>Introducindo<\/strong><\/p>\n<p>Hai uns d\u00edas, un &#8216;potente medio escrito galego&#8217;, \u00e1 calor da manifestaci\u00f3n de Podemos o d\u00eda 31, entraba nos c\u00f3mputos de xente como tantos outros medios, pero na p\u00e1xina 3, se non lembro mal, axustaba nos titulares dunha nova que, dende Galicia, ti\u00f1an viaxado a Madrid unhas 10 000 persoas, e que o fixera, a maior\u00eda delas, en 10 autobuses.<\/p>\n<p>Facendo contas, a maior\u00eda son m\u00e1is de 5 000 persoas, o que far\u00eda m\u00e1is de 500 persoas por autob\u00fas. Parece evidente que se trata dun erro, pero non vin ningunha correcci\u00f3n a posteriori, o que me deixa a d\u00fabida de se o era \u00e1 hora de escribir ou porque se pensou de xeito err\u00f3neo.<\/p>\n<p>Iso e algunha cousi\u00f1a m\u00e1is quenceu un pouco o ambiente e, cando vin como sa\u00eda recollida a <a href=\"http:\/\/datos.cis.es\/pdf\/Es3050mar_A.pdf\">enquisa do CIS de xaneiro 2015<\/a>, quixen po\u00f1er o meu gran de area.<\/p>\n<p>2.<strong>Nun xornal serio<\/strong><\/p>\n<p>Nestes momentos, para min, ElDiario.es considero que ten un tratamento da informaci\u00f3n dun nivel por riba da media, e en concreto na presentaci\u00f3n da enquisa do CIS, coido que mant\u00e9n ese nivel. Por iso me vou a referir en particular a el, para evitar ter que comentar algunhas cousas m\u00e1is.<\/p>\n<p>Obvio os comentarios dentro do texto e opini\u00f3ns sobre os resultados, e qu\u00e9dome cos n\u00fameros e a s\u00faa representaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A ficha t\u00e9cnica estaba \u00f3 final da nova, despois de ter lido e &#8216;asimilado&#8217; a informaci\u00f3n:<\/p>\n<p><em>Ficha t\u00e9cnica<\/em><\/p>\n<p><em>Tama\u00f1o da mostra<\/em><\/p>\n<p><em>Dese\u00f1ada: 2 500 entrevistas.<\/em><\/p>\n<p><em>Realizada: 2 481 entrevistas.<\/em><\/p>\n<p><em>Data de realizaci\u00f3n:&nbsp;2 a 12 de xaneiro de 2015.<\/em><\/p>\n<p><em>Erro mostral:&nbsp;para un nivel de confianza do 95,5% (2 sigmas), e P=Q, o erro real \u00e9 \u00b12,0% para o conxunto da mostra e no suposto de mostra aleatoria sinxela<\/em><\/p>\n<p>Ben, non contempla toda a ficha como aparece no informe do CIS, pero abonda, que qu\u00e9dome con que o erro \u00e9 de 2% enriba ou embaixo para o conxunto da mostra, isto \u00e9, por enriba ou embaixo das porcentaxes asignadas como resultados, algo que no texto e comentarios non aparece e que \u00e9 abondo importante porque sup\u00f3n, \u00e1 vez, m\u00e1is do 10% sobre cada resultado asignado a cada partido.<\/p>\n<p>A nova c\u00e9ntrase en dous conceptos: a intenci\u00f3n de voto directo e a estimaci\u00f3n de voto. Para aclar\u00e1rmonos, unha pincelada sobre os dous conceptos (algo que a nova non fai): a intenci\u00f3n de voto directo \u00e9 o que a xente declara que quere votar. En relaci\u00f3n \u00e1 estimaci\u00f3n de voto, a mesma enquisa do CIS aclara na s\u00faa pen\u00faltima p\u00e1xina: <em>Dado que os datos dos indicadores \u201cintenci\u00f3n de voto\u201d e \u201cintenci\u00f3n de voto + simpat\u00eda\u201d son datos directos de opini\u00f3n e non supo\u00f1en nin proporcionan por si mesmos ningunha proxecci\u00f3n de hipot\u00e9ticos resultados electorais, neste anexo rec\u00f3llense os resultados de aplicar un modelo de estimaci\u00f3n \u00f3s datos directos de opini\u00f3n proporcionados pola enquisa.<br \/>\nProcedemento que leva consigo a ponderaci\u00f3n dos datos por recordo de voto imputado e aplicaci\u00f3n de modelos que relacionan a intenci\u00f3n de voto con outras variables.<\/br><br \/>\nObviamente, a aplicaci\u00f3n \u00f3s mesmos datos de outros modelos poder\u00eda dar lugar a estimaci\u00f3ns diferentes<\/em>.<\/p>\n<p>\u00c9 dicir, a estimaci\u00f3n de voto, que resulta ser \u00e1 que m\u00e1is pulo se lle da, \u00e9 o resultado de aplicar un modelo entre outros posibles. Modelo que ademais, no caso desta enquisa non resulta demasiado preciso: avisa que ten en conta votaci\u00f3ns anteriores (de feito hai un apartado no que se pregunta que se votou nas anteriores xerais) precisamente nas que a forza que resulta con m\u00e1is intenci\u00f3n de voto nesta enquisa non ti\u00f1a participado por non ter eclosionado&#8230;  [algo que, por motivos parellos, afecta a toda a serie xullo-outubro-xaneiro de informes do CIS]<\/p>\n<p>Po\u00f1o primeiro os datos obtidos da primeira gr\u00e1fica que aparece no xornal. Vense claramente non s\u00f3 os resultados porcentuais dos partidos citados (non todos os que aparecen na enquisa do CIS, como veremos) relativos \u00e1 enquisa xaneiro 2015, sen\u00f3n tam\u00e9n das d\u00faas anteriores, algo que non especifica despois na ficha t\u00e9cnica que puxen \u00f3 comezo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBYBYYK6ofEVEOl10oWTGD2XRuzPp_rYEC5Mjhoi-lhPvrYc8nbPInbEfFfyQc2tpod8HcjEGVGgTw3-9i-4XFJ1fQfzAFf_wmuEFoldlCK1qS8r1LmA5jkGvRcdWrDiFKGK55yA\/s2048\/CIS1.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBYBYYK6ofEVEOl10oWTGD2XRuzPp_rYEC5Mjhoi-lhPvrYc8nbPInbEfFfyQc2tpod8HcjEGVGgTw3-9i-4XFJ1fQfzAFf_wmuEFoldlCK1qS8r1LmA5jkGvRcdWrDiFKGK55yA\/s2048\/CIS1.png\" height=\"224\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><\/br><br \/>\nA representaci\u00f3n gr\u00e1fica que corresponde no xornal \u00e9 equivalente \u00e1 seguinte, con li\u00f1as finas marcando a evoluci\u00f3n e polo tanto, con distancias claras entre a intenci\u00f3n de voto de cada partido. Por exemplo, no segundo conxunto de datos, o correspondente a outubro, vese claramente unha diferenza entre Podemos e PSOE de 3 puntos porcentuais.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhYpa-YpMEOMhWKc3ZhyphenhyphenOn9kot3Ll_JBumUywwKEUbEz7bP6_hvy86VMl73dxvGylLQaN5wYePafJ0bHZjzLkKbRdlgNm6hjkz9RVnIrS6cloAwkPZtwic9_5Lvm9JDd0N5t8DP8w\/s2048\/CIS1D.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhYpa-YpMEOMhWKc3ZhyphenhyphenOn9kot3Ll_JBumUywwKEUbEz7bP6_hvy86VMl73dxvGylLQaN5wYePafJ0bHZjzLkKbRdlgNm6hjkz9RVnIrS6cloAwkPZtwic9_5Lvm9JDd0N5t8DP8w\/s2048\/CIS1D.png\" height=\"640\" width=\"570\" \/><\/a><\/p>\n<p><\/br><br \/>\nA de embaixo \u00e9 a gr\u00e1fica aproximada \u00f3 que significan os datos co erro correspondente. Nela, no citado per\u00edodo 2 (outubro), atopamos que as li\u00f1as de Podemos e PSOE solapan, a\u00ednda que sexa por pouco, indicando as\u00ed que a enquisa non lle da unha prevalencia clara a Podemos sobre o PSOE en intenci\u00f3n de voto directamente expresada polos enquisados. A diferenza de significado entre esta visi\u00f3n da enquisa e a anterior coido que \u00e9 significativa.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjpcqxENLWCCD-eaNilfMxNTLCGK-JhXXjAc-9KC35pnkokjJCafG6xmaxaI1_-TipOVbgPEkagp7yF5o1AWdy3CQyoLReizCJo8HceedHPNjJBtqRWC3ki1xvkJUspnKVKI0v5wA\/s2048\/CIS1m.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjpcqxENLWCCD-eaNilfMxNTLCGK-JhXXjAc-9KC35pnkokjJCafG6xmaxaI1_-TipOVbgPEkagp7yF5o1AWdy3CQyoLReizCJo8HceedHPNjJBtqRWC3ki1xvkJUspnKVKI0v5wA\/s2048\/CIS1m.png\" height=\"640\" width=\"574\" \/><\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><\/br><br \/>\nAlgo polo estilo \u00f3 anterior sucede coa estimaci\u00f3n de voto, pero agravada por varios factores. O primeiro, compara a estimaci\u00f3n de voto (repito, resultado de aplicar un modelo entre moitos posibles \u00f3s datos que te\u00f1en) para as elecci\u00f3ns xerais cun primeiro conxunto de datos que s\u00f3 ten unha relaci\u00f3n aproximada: as porcentaxes obtidas polos partidos nas elecci\u00f3ns europeas, non nunhas xerais. A m\u00e1is, \u00f3 aumentar un partido m\u00e1is con porcentaxes equivalentes \u00f3 erro estimado, mete un conxunto de datos que nalg\u00fan caso te\u00f1en unha significaci\u00f3n case nula.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhKerKzmcMbHOeNML7NZyNnb9tEU6R2Pg8yvfyhSpAGGirQprdlWiCazf5QjZpBlb2NaU_jqfhaMpryyWGvXuWbvfUL7-zdm3Rk1du7DTS5LMgc_GdQ7Bd4xA3NKsMx6w4X5gSQ0w\/s2048\/CIS2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhKerKzmcMbHOeNML7NZyNnb9tEU6R2Pg8yvfyhSpAGGirQprdlWiCazf5QjZpBlb2NaU_jqfhaMpryyWGvXuWbvfUL7-zdm3Rk1du7DTS5LMgc_GdQ7Bd4xA3NKsMx6w4X5gSQ0w\/s2048\/CIS2.png\" height=\"322\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>A representaci\u00f3n no xornal \u00e9 aproximadamente:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjYd3pDGIDEOr1q-TaIF8Xi5Gia7MVzdu9sHVUJ4NcJcdAKoqmR92twaAJfcvwMf0srT1valYobHSvCLU2L6_lSKO-s3x08NkZCCx-AQwrra8RpAsdrxEFvnTLLmlKVNyAJU4cIXw\/s2048\/CIS2D.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjYd3pDGIDEOr1q-TaIF8Xi5Gia7MVzdu9sHVUJ4NcJcdAKoqmR92twaAJfcvwMf0srT1valYobHSvCLU2L6_lSKO-s3x08NkZCCx-AQwrra8RpAsdrxEFvnTLLmlKVNyAJU4cIXw\/s2048\/CIS2D.png\" height=\"640\" width=\"574\" \/><\/a>&nbsp;<\/p>\n<p>A representaci\u00f3n anterior de novo ten que ver coa seguinte, na que se especifican li\u00f1as grosas para representar o conxunto dentro das marxes estimadas pola enquisa. Haber\u00eda ademais que incrementar o grosor pola indeterminaci\u00f3n que introduce o uso dun determinado modelo, algo que s\u00f3 se pode facer de xeito estimativo e que non incl\u00fao. Por suposto, mentres no caso anterior apr\u00e9ciase no per\u00edodo 4 (xaneiro 2015) unha diferenza entre UPyD e C&#8217;s, na representaci\u00f3n seguinte superp\u00f3\u00f1ense en boa medida as estimaci\u00f3ns correspondentes a unha e outra formaci\u00f3n<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhdpaTg1Gs_3jQKYjicm1TzEPaanQtKk_fc5A08e1ggly50c8sVyMxRQyPJeG2KKwUF1809Q1k9UbRanMagMnr3IyfxaYdbJesYw1yL2iQj6ODW7vBHkXfoJ5I7-FUh4hqTCGEnWQ\/s2048\/CIS2m.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhdpaTg1Gs_3jQKYjicm1TzEPaanQtKk_fc5A08e1ggly50c8sVyMxRQyPJeG2KKwUF1809Q1k9UbRanMagMnr3IyfxaYdbJesYw1yL2iQj6ODW7vBHkXfoJ5I7-FUh4hqTCGEnWQ\/s2048\/CIS2m.png\" height=\"640\" width=\"578\" \/><\/a><\/p>\n<p>Coido que as diferenzas entre facer a representaci\u00f3n dun xeito e doutro quedan claras.<\/p>\n<p>3.<strong>A enquisa do CIS<\/strong><\/p>\n<p>Imos \u00f3s datos &#8216;en bruto&#8217; do CIS. Son moitos, polo que me centro en varias t\u00e1boas (o CIS no seu informe non fai as representaci\u00f3ns gr\u00e1ficas). Na primeira, os datos son obviados polos periodistas, indicando que 0 60,6% dos cidad\u00e1ns non votar\u00edan en ning\u00fan caso \u00f3 PP. P\u00f3dese ver o listado correspondente a outros partidos na primeira columna. E coido que \u00e9 moi interesante: a maior\u00eda absoluta de cidad\u00e1ns estar\u00eda declaradamente en contra da maior\u00eda absoluta no Congreso.E Podemos non s\u00f3 ser\u00eda a forza pol\u00edtica que xera menos rexeitamento &#8216;incondicional&#8217; (exceptuando o PNV no que \u00f3 Pa\u00eds Vasco se refire, segundo s\u00f3&#8230; 118 enquisas para todo o Pa\u00eds Vasco), sen\u00f3n tam\u00e9n a forza que xera m\u00e1is apoio &#8216;incondicional&#8217; (41,8% e 6,3% respectivamente)&#8230;<\/p>\n<p>[Unha nota, para facerse unha idea: o n\u00famero de enquisas para traballos de xente de 1\u00ba ESO referidos a estudos sobre Ribadeo anda polas 100] <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgMHT4rTyAgq7mhA5FM3y7UvfTOo0n1Q02De4trNxyuEQH2qtqcTvbAz-9_dtWeUZgB57SytUUT6suaE0eeWuGLBjfsganL0DYvjFqMvE6XtWFnNQRXk4U5a5x0khOjjwmJmMEb2w\/s2048\/CIS3.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgMHT4rTyAgq7mhA5FM3y7UvfTOo0n1Q02De4trNxyuEQH2qtqcTvbAz-9_dtWeUZgB57SytUUT6suaE0eeWuGLBjfsganL0DYvjFqMvE6XtWFnNQRXk4U5a5x0khOjjwmJmMEb2w\/s2048\/CIS3.png\" height=\"478\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>A seguinte t\u00e1boa corresponde \u00f3s mesmos datos que a primeira gr\u00e1fica do xornal, polo que non comento m\u00e1is.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwbmZB-s0X34zXPSFJQGpCXqHLeY9XZcJW9DJNLguU0i7ILnvPpXCdp-KW92jiXCOk-0FBO4rP_QFeF8LiFiu3HvfCbjFrYIDOB61d3UaTcf4f_5JsLgcD2Ya89_aFP4JqSwiuLQ\/s2048\/CIS4.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwbmZB-s0X34zXPSFJQGpCXqHLeY9XZcJW9DJNLguU0i7ILnvPpXCdp-KW92jiXCOk-0FBO4rP_QFeF8LiFiu3HvfCbjFrYIDOB61d3UaTcf4f_5JsLgcD2Ya89_aFP4JqSwiuLQ\/s2048\/CIS4.png\" height=\"406\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>A &#8216;pregunta 19&#8217; corresponden \u00e1 simpat\u00eda en relaci\u00f3n \u00e1s ideas, e \u00e9 doado comprobar que os resultados te\u00f1en que ver coa t\u00e1boa anterior, pero con diferenzas significativas que, poder\u00edan atribu\u00edrse \u00e1 percepci\u00f3n de corrupci\u00f3n dentro dos partidos? Collendo \u00f3s que no momento actual son os &#8216;tres grandes&#8217;, poder\u00eda entenderse as\u00ed, a\u00ednda que haber\u00eda que xustificalo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhgbefSyyF59A9U1RTYholuhnMSMibRUl_ZjXogoGYIELXKYrenDd0Uk7jJCGXQgQ865ZopqevXoyKu1rSxcmnYhdEnlkBmE5rqzIElpwkn1SUuUqyCJeuSS5-J3B7MACYaZIK4Gg\/s2048\/CIS5.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhgbefSyyF59A9U1RTYholuhnMSMibRUl_ZjXogoGYIELXKYrenDd0Uk7jJCGXQgQ865ZopqevXoyKu1rSxcmnYhdEnlkBmE5rqzIElpwkn1SUuUqyCJeuSS5-J3B7MACYaZIK4Gg\/s2048\/CIS5.png\" height=\"358\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>O conxunto de voto + simpat\u00eda&nbsp; pode corresponder \u00e1 mesma idea expresada, e fai aumentar a\u00ednda m\u00e1is relativamente a importancia de Podemos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj70bAlnE500TAWDo4aty-1ajaPmJmHCuDlyZaMj0k1HLPkNpY71qWxsqfpI7C31fJF8FHHb3s9N2aEy-BQI-QbJrDeIpF7M_1uv5FqvDvB6JAB0rp9a-hd-pcC2USxSy5Fn_2TFQ\/s2048\/CIS6.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj70bAlnE500TAWDo4aty-1ajaPmJmHCuDlyZaMj0k1HLPkNpY71qWxsqfpI7C31fJF8FHHb3s9N2aEy-BQI-QbJrDeIpF7M_1uv5FqvDvB6JAB0rp9a-hd-pcC2USxSy5Fn_2TFQ\/s2048\/CIS6.png\" height=\"640\" width=\"442\" \/>&nbsp;<\/a><\/p>\n<p>A \u00faltima t\u00e1boa da serie \u00e9 a que corresponde \u00e1 comparaci\u00f3n entre voto directo e previsi\u00f3n de voto. Xa dixen abondo sobre o tema, pero queda unha cousa m\u00e1is: mentres que \u00e9 presentada por separado a columna da dereita, e \u00e9 a que se lle da m\u00e1is relevancia nos medios, nos &#8216;papeis&#8217; do CIS van en conxunto, como para comparalas, despois do aviso que puxen antes, e adem\u00e1is, nun anexo, f\u00f3ra do dorpo principal do documento, por se non quedaba claro. Parece ser, que, a pesares de todo, non queda claro abondo&#8230;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhcYR2O-jvyikJvxAouIIMZOS2DMNbf81e-VRywpSngfDRVDUQKjJx7aUtmI6bCj3IqhXCdxcF-A-qjTjRibhtAfrkvCpYOnAvdAHhjPN2M_dv6pELoD3WyF-hUMyl574fgJJPERg\/s2048\/CIS7.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhcYR2O-jvyikJvxAouIIMZOS2DMNbf81e-VRywpSngfDRVDUQKjJx7aUtmI6bCj3IqhXCdxcF-A-qjTjRibhtAfrkvCpYOnAvdAHhjPN2M_dv6pELoD3WyF-hUMyl574fgJJPERg\/s2048\/CIS7.png\" height=\"640\" width=\"500\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por certo, a diferenza das columnas tam\u00e9n incl\u00fae, como se di na mesma t\u00e1boa, que no primeiro caso, participan todos os posibles votantes, mentres no segundo, s\u00f3 os que efectivamente votar\u00edan a partidos.<\/p>\n<p>4.<strong>Agasallo final<\/strong><\/p>\n<p>Est\u00e1 claro que os xornais interpretan de xeito sesgado, pero tam\u00e9n, e m\u00e1is a\u00ednda, que non son capaces de plasmar o que din as enquisas nos seus artigos, e, a\u00ednda m\u00e1is, c\u00e9ntranse en t\u00e1boas particulares que ven como m\u00e1is representativas ou significativas, desprezando outras, quizais en aras do aproveitamento do espazo, quizais da mellor intelixibilidade&#8230; deixo aqu\u00ed unha \u00faltima t\u00e1boa do CIS, esta volta en relaci\u00f3n a unha percepci\u00f3n con escasa expresi\u00f3n nas novas que tratan da enquisa deste organismo.<\/p>\n<p>Resulta que, segundo a t\u00e1boa, m\u00e1is da metade dos consultados consid\u00e9ranse tanto representados na s\u00faa propia Comunidade Aut\u00f3noma como por Espa\u00f1a (53,7%). E queda relativamente equilibrada a porcentaxe de quen se sente \u00fanica ou preferentemente espa\u00f1ois (23,3%) que quen se se sente \u00fanica ou preferentemente representado pola s\u00faa Comunidade Aut\u00f3noma (17%, ou sexa, relaci\u00f3n entre ambos 4:3, quedando f\u00f3ra de opini\u00f3n un 6%). As\u00ed pois, a textura da xente con DNI espa\u00f1ol non \u00e9 tan centralista. Facendo unha s\u00edntese aproximada, 4 &#8216;centralistas&#8217; por cada 9 &#8216;igualistas&#8217; e 3 autonomistas\/separatistas, e 1 que &#8216;lle importa un pito&#8217;.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEizqWjcKOyZO87j_QBt4286rdl4JeAYygRYtbxs1yAGjkFPtS-huJ5Z8mHVcnWXhwszCUTiru25QymYg_62kK_5FqDfRd9R_DAnh4D0X8xe7Rc800w73f0lpxGfBvnpoquEy2Z_XQ\/s2048\/CIS8.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEizqWjcKOyZO87j_QBt4286rdl4JeAYygRYtbxs1yAGjkFPtS-huJ5Z8mHVcnWXhwszCUTiru25QymYg_62kK_5FqDfRd9R_DAnh4D0X8xe7Rc800w73f0lpxGfBvnpoquEy2Z_XQ\/s2048\/CIS8.png\" height=\"290\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1.Introducindo Hai uns d\u00edas, un &#8216;potente medio escrito galego&#8217;, \u00e1 calor da manifestaci\u00f3n de Podemos o d\u00eda 31, entraba nos c\u00f3mputos de xente como tantos outros medios, pero na p\u00e1xina 3, se non lembro mal, axustaba nos titulares dunha nova que, dende Galicia, ti\u00f1an viaxado a Madrid unhas 10 000 persoas, e que o fixera, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,48,9],"class_list":["post-6658","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-eleccions","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6658","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6658"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6658\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6658"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6658"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6658"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}