{"id":6657,"date":"2015-02-07T20:09:00","date_gmt":"2015-02-07T19:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:26","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:26","slug":"cabo-torres-e-o-emperatriz-eugenia-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/07\/cabo-torres-e-o-emperatriz-eugenia-por\/","title":{"rendered":"O Cabo Torres e o Emperatriz Eugenia, por Pancho Campos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp; Fai semanas que est\u00e1n aparecendo na prensa auton\u00f3mica do Reino de Galiza  noticias sobre o Patrimonio Local dos pobos da bisbarra. C\u00f3mo est\u00e1n a traballar os veci\u00f1os e empresarios, para po\u00f1er en valor este enorme recurso tur\u00edstico para dar traballo a nosa xente e evitar, dentro do que cabe, que as novas xeraci\u00f3ns te\u00f1an que emigrar en masa como tivemos que facer n\u00f3s e os nosos ancestros, \u00edndonos para terras e pa\u00edses extra\u00f1os donde traballamos a reo, e dos que moitos nunca puideron voltar.<\/p>\n<p>&nbsp; Pois ben. Escrib\u00eda eu en Xaneiro de 1999, un par de artigos en La Comarca del Eo, sobre os ach\u00e1degos na R\u00eda de Ribadeo que se fixeran en Novembro de 1996, e que descubriran o derelicto do \u201cCabo Torres\u201d, afundido no banco de Porcill\u00e1n o 28 de Febreiro de 1888. Un barco mercante de carga xeral ou mixta, non sabemos, pois a\u00ednda que se apunta que portaba \u00e1nforas e carga de dinamita, da cal supo\u00f1emos a\u00ednda quedar\u00e1n vestixios nas s\u00faas bodegas, quiz\u00e1is tam\u00e9n transportaba alg\u00fan pasaxeiro.<\/p>\n<p>&nbsp; Este barco, pertenc\u00eda \u00e1 Naviera Vasco-Andaluza, que logo pasar\u00eda a chamarse \u201cYbarra\u201d, ambas desaparecidas, polo que naide poido darme informaci\u00f3n sobre as s\u00faas caracter\u00edsticas de construcci\u00f3n, nin comerciais.<\/p>\n<p>&nbsp; Temos alg\u00fans datos fixados do Cabo Torres: Eslora 30 m. (manga e puntal sin determinar). Porta d\u00faas rodas de paletas, unha a babor e outra a estribor, como as da foto do \u201cEmperatriz Eugenia\u201d, das cales unha est\u00e1 enteira e a outra non. O casco \u00e9 de planchas de ferro remachadas. Tallamar de madeira, con unha robusta almohada que da idea de que zallaba un bon baupr\u00e9s, no que seguramente largaba unha vela trinqueta de gran dimensi\u00f3n para navegar, ou un par de foques.<\/p>\n<p>&nbsp; Por outra banda, v\u00edronse d\u00faas carlingas de ferro, onde asentar\u00edan os couces dun pau macho trinquete e dun pau macho maior moi a popa, que ben poideran ir con aparello de goleta de gavia ou de velacho. \u00c1 popa da median\u00eda est\u00e1 a sa\u00edda dunha cheminea da caldeira que produc\u00eda vapor para unha m\u00e1quina alternativa que sol\u00eda andar entre 26 e 36 r.p.m. por aquela \u00e9poca da industrializaci\u00f3n. Non sabemos nada da s\u00faa potencia, nin da s\u00faa casa construtora.<\/p>\n<p>&nbsp; Pois ben. Fai uns d\u00edas atopei unha maqueta do \u201cEmperatriz Eugenia\u201d, que me recordou aqueles artigos, pois ten unhas caracter\u00edstica similares as do Cabo Torres, salvando as distancias de porte, potencia, aparello e desenrolo comercial.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; O Emperatriz Eugenia (1864) foi o primeiro transatl\u00e1ntico constru\u00eddo en Francia. Seu nome fai honor a Eugenia de Montijo (1826-1920) muller de extraordinaria enerx\u00eda vital e beleza, casada con Napole\u00f3n III. Filla de Manuela Kirkpatrik e de Cipriano Guzm\u00e1n, Conde de Teba, irm\u00e1n menor do Conde de Montijo, descendientes de Guzm\u00e1n el Bueno e de Palafox, tres veces grande de Espa\u00f1a. A irm\u00e1 de Eugenia, Francisca Guzm\u00e1n (Paca), ser\u00eda a futura duquesa de Alba o casar con Jacobo Fitz-James Stuart duque de Alba e Berwick, que por aquel ent\u00f3n viv\u00eda no palacio de Liria, en pleno centro de Madrid. Toda esta explicaci\u00f3n ven o caso, de que mira por donde, un dos seus descendentes actuais \u00e9 o Conde Ribadeo: Alfonso Mart\u00ednez de Irujo Fitz-James Stuart (BOE 6-Abril-2013)&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; Sigamos co tema dos barcos. As caracter\u00edsticas principais do Emperatriz Eugenia eran: desprazamento de ver\u00e1n: 5 600 Tm. Peso morto: 3 200 Tm. Eslora: 108 m. Manga: 13,40 m. Desenrolaba unha velocidade de cruceiro de 13 n\u00f3s. P\u00faxose en servizo en Febreiro de 1865 en li\u00f1a regular entre Europa e M\u00e9xico. Era un barco mixto, isto \u00e9, mareaba velas de bergant\u00edn goleta de gran envergadura e tam\u00e9n estaba propulsado a vapor, con d\u00faas rodas de paletas laterais impulsadas por unha m\u00e1quina alternativa de 3000 CV. que lle permit\u00edan facer a carreira entre continentes en uns 17 ou 20 d\u00edas, transportando a 200 pasaxeiros.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; No ano de 1996, cando se descubriu o asentamento do Cabo Torres, dec\u00edase que \u00eda ser reflotado por Patrimonio o que fora rexeitado por \u201cCultura da Xunta\u201d, entrementras submarinistas da Armada fac\u00edan unha filmaci\u00f3n, e supo\u00f1\u00edamos que aquelo poder\u00eda ser o comezo dos estudos necesarios para po\u00f1elo en valor e crear futuro para a bisbarra, pois non che quero decir o reclamo tur\u00edstico que ser\u00eda para Ribadeo ter atracado o peirao de Porcill\u00e1n un barco de vapor do s\u00e9culo XIX.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; Pois non. Nin o descubrimento, nin a filmaci\u00f3n, nin nada de nada tivo relevancia algunha. O Cabo Torres sigue afundido a 7 metros de profundidade o lado dun cemiterio de \u00e1nforas de 4, 12 e 16 litros para pescados en conserva, de vi\u00f1os, de aceite, de licores, de perfumes, de aceitunas en conserva, etc. que seguramente xa non estar\u00e1n \u201ctodas\u201d polo arte do \u201cxa me entendes\u201d.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; Quero rematar dicindo, que si n\u00f3s: alcald\u00eda e corporaci\u00f3n municipal completa, comerciantes e veci\u00f1os, non somos capaces de po\u00f1er en valor o que temos, ningu\u00e9n nolo vai a facer, e sinto unha moi grande pena cando vexo que da d\u00e9cada dos 50 da mi\u00f1a xeraci\u00f3n, os mozos e mozas est\u00e1n fora de Ribadeo m\u00e1is do 60%, e seus fillos e netos xa non volver\u00e1n nunca, salvo raras excepci\u00f3ns que ve\u00f1en de vacaci\u00f3ns uns poucos d\u00edas no ver\u00e1n e case pola obriga de ver os seus maiores, pois a xente \u00e9 de onde nace, se cr\u00eda e vai a escola, non de onde proceden seus pais, nin seus av\u00f3s, a\u00ednda que conserven algunhas das s\u00faas tradici\u00f3ns en familia.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; Agora est\u00e1 en boga: \u201cRibadeo M\u00f3vese\u201d, pois oxal\u00e1 que sexa : \u201cAvante Toda\u201d. Pola nosa banda, intentaremos po\u00f1er algo a flote a pesares da \u201cCultura da Xunta\u201d, da \u201cEducaci\u00f3n de Xunta\u201d, da \u201cSanidade da Xunta\u201d&#8230; e como sempre, iremos vendo e po\u00f1endo os nosos datos en co\u00f1ecemento do pobo.&nbsp;<\/p>\n<p>Pancho Campos<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjlwb-bOGAD2nnO_2IOCTKHADwj6qbLMJvqqWM1y2kaj3viK1YGrLDwa9szwDCEAkW39jPdRWakCpWv2-1bb_3vbLDOPCIqiW7PvbGwmfDuBvDLfrKF2FJ8dweGtkudmHzZKBKQVQ\/s2048\/Cabo+Torres.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"422\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjlwb-bOGAD2nnO_2IOCTKHADwj6qbLMJvqqWM1y2kaj3viK1YGrLDwa9szwDCEAkW39jPdRWakCpWv2-1bb_3vbLDOPCIqiW7PvbGwmfDuBvDLfrKF2FJ8dweGtkudmHzZKBKQVQ\/s2048\/Cabo+Torres.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPSApmxkkOb11pX79nb4YlSdY6nXquaSkkxgRsabMTbhaYA2aJiRT7h_nXarbY8FmGRQLdphG2OWIHWOwAq9x5jvQttzcMFfYAqF4yZJfeBPSLektoipM_Gmtw7zYtOWEyyHKUWg\/s2048\/%C3%A1nforas.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"394\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPSApmxkkOb11pX79nb4YlSdY6nXquaSkkxgRsabMTbhaYA2aJiRT7h_nXarbY8FmGRQLdphG2OWIHWOwAq9x5jvQttzcMFfYAqF4yZJfeBPSLektoipM_Gmtw7zYtOWEyyHKUWg\/s2048\/%C3%A1nforas.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>D\u00faas imaxes dunha reproduci\u00f3n do &#8216;Emperatriz Eugenia&#8217;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTfscgOwzD3BousZnXEPCZVRPODy07iTUPAu_ZaCkjQv9CUKC2Dhy5tAoqAFFK8WLEfFjvjJChVBPgcodt0z7bFgif3vJaeWrKg6IMDQvzVSQmnk5F1XdYCEeTEsUg9LPfsTRpog\/s2048\/Emperatriz+Eugenia+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTfscgOwzD3BousZnXEPCZVRPODy07iTUPAu_ZaCkjQv9CUKC2Dhy5tAoqAFFK8WLEfFjvjJChVBPgcodt0z7bFgif3vJaeWrKg6IMDQvzVSQmnk5F1XdYCEeTEsUg9LPfsTRpog\/s2048\/Emperatriz+Eugenia+1.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5ratiYf0iz0BdRGL-qrEfWYhsFxJt1Hmq-SYZeaC_tNt9GHJgGNNVsO3-GmtWDgXGhvHojyv5L-FxlOHUu77MOF4Rlupx3zqUq0GmAfuBT3o2zb-4dk1Jg8etvuzjwmo2R7lhsw\/s2048\/Emperatriz+Eugenia+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5ratiYf0iz0BdRGL-qrEfWYhsFxJt1Hmq-SYZeaC_tNt9GHJgGNNVsO3-GmtWDgXGhvHojyv5L-FxlOHUu77MOF4Rlupx3zqUq0GmAfuBT3o2zb-4dk1Jg8etvuzjwmo2R7lhsw\/s2048\/Emperatriz+Eugenia+2.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Fai semanas que est\u00e1n aparecendo na prensa auton\u00f3mica do Reino de Galiza noticias sobre o Patrimonio Local dos pobos da bisbarra. C\u00f3mo est\u00e1n a traballar os veci\u00f1os e empresarios, para po\u00f1er en valor este enorme recurso tur\u00edstico para dar traballo a nosa xente e evitar, dentro do que cabe, que as novas xeraci\u00f3ns te\u00f1an [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-6657","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6657","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6657"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6657\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6657"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6657"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6657"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}