{"id":6649,"date":"2015-02-16T08:02:00","date_gmt":"2015-02-16T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:15","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:15","slug":"antroido-hai-18-anos-o-antroido-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/16\/antroido-hai-18-anos-o-antroido-do\/","title":{"rendered":"Antroido&#8230; hai 18 anos: o antroido do futuro"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai alg\u00fan tempo, ribadeando ligaba un repositorio de documentos relacionados con Ribadeo, &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=publicado+en+ribadeo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Publicado en Ribadeo<\/a>&#8216;. Hoxe non, dito repositorio desapareceu e estou comezando a recuperar eses documentos. Entre eles, estaban diversos preg\u00f3ns do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/entroido\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">antroido<\/a>, como a peza que deixo embaixo que deb\u00eda ser algo as\u00ed como un adianto do antroido\/entroido do futuro. Sirva como testemu\u00f1a e tam\u00e9n como comparaci\u00f3n dunha previsi\u00f3n co que \u00e9 na actualidade. Espero que sexa tam\u00e9n o comezo dunha lenta recuperaci\u00f3n para internet do que foi &#8216;Publicado en Ribadeo&#8217;.<\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>&#8220;O antroido do futuro&#8221;. Antonio Gregorio Montes (preg\u00f3n de antroido 1997)<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Boas tardes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8220;Actuar \u00e9 un luxo que permite mostra-los sentimentos que de outro<br \/>\n xeito dar\u00eda vergo\u00f1a ensinar&#8221;. \u00c9 unha cita de Robert de Niro, que debe<br \/>\nsaber abondo do tema, tomada dunha entrevista de &#8220;El Semanal&#8221; de 24 de<br \/>\nnovembro do pasado ano 1996. A traducci\u00f3n \u00f3 noso caso poder\u00eda ser: O<br \/>\ndisfraz de antroido permite facer moitas cousas que en outro caso ser\u00edan<br \/>\n vistas con moi malos ollos (a\u00ednda as\u00ed o son moitas veces). Dito esto,<br \/>\n\u00a1pechade a porta!. Que ningu\u00e9n escape.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8220;O bo, se \u00e9 breve, d\u00faas veces bo&#8221;, en pluma de Baltasar Graci\u00e1n.<br \/>\nDo que non \u00e9 tan bo, non d\u00ed nada. Polo tanto, temede o peor, porque xa<br \/>\nnon me vexo constre\u00f1ido pola sentencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Parece que este ano son eu o pregoeiro do antroido. Por eso aqu\u00ed<br \/>\nestou, disfrazado de entendido na materia, e tomando as medidas<br \/>\noportunas. Estou sen toga nin birrete: todo disfraz ten os seus l\u00edmites,<br \/>\n e un deles p\u00faxeno a\u00ed. Disfrazarme con roupa non me gusta especialmente,<br \/>\n pero actuar xa \u00e9 outra cousa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E actuar \u00e9 un xeito de disfrazarse. Dende logo, hai outros. Por<br \/>\nexemplo, \u00bfalgu\u00e9n se lembra do antroido que viviu o Inspector Lupa?. Ese<br \/>\nsi que foi un bo disfraz, tanto cando andaba vendo os disfraces como<br \/>\ncando non o fac\u00eda. A\u00ednda non sei quen foi, e non me parece que o saiba<br \/>\nmoita xente. Xa metidos en materia, \u00bfpor que me elixiron para o preg\u00f3n?.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00c9 unha pregunta que me fixen. Ti\u00f1a o dilema de contestarme a min<br \/>\nmesmo de varias formas. Unha resposta ser\u00eda: &#8220;porque \u00e9s un paiaso&#8221;<br \/>\n(poder\u00eda engadrille despois, por exemplo, &#8220;pail\u00e1n&#8221;, e as\u00ed queda mellor:<br \/>\n&#8220;porque \u00e9s un paiaso, pail\u00e1n&#8221;). Por contra, tamen pod\u00eda contestarme:<br \/>\n&#8220;porque \u00e9s serio&#8221; (neste caso, engadir\u00eda algo as\u00ed como &#8220;home&#8221;: &#8220;porque<br \/>\n\u00e9s serio, home&#8221;).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Elix\u00edn o \u00faltimo, gust\u00f3ume m\u00e1is. Por eso mesmo me permito facer un<br \/>\n comentario como este aqu\u00ed, diante de tanta xente. Eu consid\u00e9rome serio,<br \/>\n e o antroido \u00e9 para que os serios, as persoas que non se permiten o<br \/>\nsa\u00edrse do seu papel, podan rirse e oficiar doutra cousa, po\u00f1erse unha<br \/>\nm\u00e1scara. Eso me moveu a aceptar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed, o que me quedaba era disfrazarme. \u00bfDe que?. Pois de<br \/>\nprospector. Non de prospector en busca de petr\u00f3leo, que por esta terra<br \/>\nnon parece ter moito futuro, se non precisamente de analista de futuro.<br \/>\nDo futuro do antroido, claro. Eso \u00e9 algo as\u00ed como ser adivi\u00f1o, pero con<br \/>\noutro nome tentando coller categor\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O seguinte foi o preguntarme, \u00bfpor onde pode comezar?. Polo<br \/>\nmomento, e para min, o antroido estivo a punto de ser por primeira vez<br \/>\nentroido: descubr\u00edn que a palabra que usaba, antroido, non vi\u00f1a nos<br \/>\ndiccionarios. As\u00ed, estiven por deixar de empregala para ocasi\u00f3ns serias,<br \/>\n coma esta. Entroido nunca a usei, carnaval decid\u00edn fai alg\u00fan tempo<br \/>\ndeixalo para a meseta, lugares lonxanos ou <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Festas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">festas<\/a> con outro significado,<br \/>\n e antroxu, Nal\u00f3n arriba, c\u00e1eme moito m\u00e1is lonxe. Por eso decid\u00edn deixar<br \/>\n as cousas como estaban: antroido, para os amigos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Son serio, xa o dixen antes. As\u00ed lle dic\u00eda tam\u00e9n \u00f3 protagonista<br \/>\nmaior, o piloto, \u00f3 Pequeno Pr\u00edncipe. Como o Principi\u00f1o non calaba con<br \/>\nesas lerias, e quer\u00eda saber, continuar vendo mundo, ir \u00f3 seu antoxo, a<br \/>\ns\u00faa vitalidade conduxo a unha obra literaria para todo tempo e idade.<br \/>\n\u00bfPor que?. Porque a todos nos fai falla evadirnos. E iso \u00e9 o antroido.<br \/>\nEvasi\u00f3n. A grande evasi\u00f3n. Ademais, como na pel\u00edcula os prisioneiros do<br \/>\ncampo de concentraci\u00f3n son \u00f3 fin tristemente cazados, e as\u00ed remata a s\u00faa<br \/>\n ilusi\u00f3n de liberdade, os antroidos tam\u00e9n acaban a tiro fixo. V\u00f3ltase \u00e1<br \/>\nliberdade condicionada. Condicionada pola nosa historia, os nosos<br \/>\nco\u00f1ecidos, compromisos, &#8230; en definitiva, por n\u00f3s mesmos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Centr\u00e9monos na prospectiva do futuro do antroido: a\u00ed van algunhas reflexi\u00f3ns.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un. Hoxe en d\u00eda t\u00f3mase como unha festa, e parece que non decae a<br \/>\npesar de que a vida \u00e9, cada vez m\u00e1is, carnaval. Quen non o crea as\u00ed, que<br \/>\n lea os peri\u00f3dicos, vexa a tele ou fale cos amigos, a\u00ednda que sexa de<br \/>\nf\u00fatbol. En todos os rinc\u00f3ns hai carnaval. Nembargantes, ese carnaval<br \/>\npretende ser serio, non \u00e9 o noso estilo de antroido. A\u00ednda as\u00ed, \u00e9<br \/>\nprevisible que siga a extenderse contrastando coas ideas do antroido que<br \/>\n por aqu\u00ed se levan.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dous. En Venecia te\u00f1en o seu carnaval de luxo, onde todos queren<br \/>\nser Dogos de seu (non cans, entend\u00e1monos, sen\u00f3n mandamaises). Por R\u00edo o<br \/>\ncarnaval \u00e9 movemento e lucimento da vitalidade (e doutras cousas tam\u00e9n<br \/>\nvitais). Aqu\u00ed o antroido \u00e9 m\u00e1is unha evasi\u00f3n adoitando outro rol e<br \/>\nocult\u00e1ndonos como p\u00edcaros para facer trastadas e figurar como reis, por<br \/>\nunhas horas, do noso destino. Pero a idade, a era de inocencia, est\u00e1 a<br \/>\npasar r\u00e1pidamente. \u00c9 unha inc\u00f3gnita se o noso antroido vai resistir esa<br \/>\nfalta de inocencia que se est\u00e1 a incrementar al\u00f3 onde un vaia. Moitas<br \/>\ncousas van ter que cambiar para poder superala. A\u00ednda as\u00ed, feitos como<br \/>\nque hoxe estemos aqu\u00ed fan manter a esperanza de que esta evasi\u00f3n pode<br \/>\nseguir facendo os seus efectos ben\u00e9ficos e festeiros por moito tempo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tres. Non hai tanto o antroido estaba, empero, c\u00e1seque &#8220;morto por<br \/>\n orde superior&#8221;. Esa orde non puido con el e aqu\u00ed estamos de novo. \u00bfPode<br \/>\n darse novamente no futuro o caso dunha prohibici\u00f3n directa ou<br \/>\nindirecta?. Non estamos exentos dela, pero ser\u00eda en balde, como o foi a<br \/>\npasada vez: a festa continuar\u00eda, a\u00ednda que pode que desvirtuado un pouco<br \/>\n o seu esp\u00edrito pola prohibici\u00f3n, \u00f3 estilo da &#8220;lei seca&#8221;. Eso mesmo far\u00e1<br \/>\n cuidarse \u00f3s mandamaises de tentar algo parello, a\u00ednda que aproveitando<br \/>\nas m\u00e1scaras se produzan algunhas mascaradas que infrinxan as normas do<br \/>\nantroido, que tam\u00e9n as hai.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Catro. Se miramos \u00f3s carnavales de Venecia, R\u00edo, Tenerife, &#8230;,<br \/>\nmesmo os entroidos de Laza, podemos ver que todos van cara \u00e1<br \/>\ngrandiosidade, cada un no seu modelo, cada un \u00e1 s\u00faa velocidade. \u00d3 mesmo<br \/>\ntempo, seguen a ser unha actuaci\u00f3n. Nembargantes, a grandiosidade esixe<br \/>\nuns xeitos e un dirixismo que impide manter o sentido do noso antroido.<br \/>\nPara vencer outros medios vistosos de diversi\u00f3n e\/ou enaxenaci\u00f3n, que<br \/>\neso \u00e9 tamen \u00f3 antroido, e facelo ademais dun xeito inocuo, neces\u00edtase<br \/>\ncada vez un espect\u00e1culo maior. \u00c9 inevitable, tal como eu o vexo. O<br \/>\nantroido ter\u00e1 que ir cambiando para combatir este efecto ou aliarse con<br \/>\nel. A alianza significa m\u00e1is cartos e unha certa profesionalizaci\u00f3n, \u00f3<br \/>\nestilo deses outros lugares.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cinco. T\u00e9ntase conservar o de cada un, neste caso o noso<br \/>\nantroido, pero a profusi\u00f3n de medios que nos po\u00f1en en contacto con<br \/>\noutros lugares van pouco a pouco influenciando esta festa. Non \u00e9<br \/>\nproblema, porque hai carnavales de todo tipo, polo tanto as influencias<br \/>\nser\u00e1n variadas. Esto, esperando que \u00f3s americanos do norte non se lles<br \/>\nocurra a idea de facer un novo carnaval, porque se non, Holliwood<br \/>\nrematar\u00e1 non s\u00f3 co noso estilo de facelo, senon tam\u00e9n por facernos creer<br \/>\n que se fixo sempre \u00f3 seu xeito. Esperemos asemade que mante\u00f1an a data<br \/>\ndo seu Halloween ben alonxada da nosa celebraci\u00f3n, so pena de perder un<br \/>\ncombate do mesmo xeito que os Reis o est\u00e1n a perdendo fronte \u00f3 Santa<br \/>\nClaus&#8230; e eso que son tres contra un.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As conclusi\u00f3ns anteriores, se ben son as m\u00e1is xerais, non son as<br \/>\n\u00fanicas. Por exemplo, visto que non podemos igualar os disfraces sen<br \/>\nroupa que fan as ledicias dos e das turistas en R\u00edo, e tam\u00e9n dos propios<br \/>\n cariocas, \u00e9 previsible que n\u00f3s busquemos e atopemos novos medios de<br \/>\ncalefacci\u00f3n para que as m\u00e1scaras con pouca roupa non sufran os rigores<br \/>\ninvernais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nacer\u00e1n novas m\u00e1scaras. \u00c9 un fen\u00f3meno que xa se ven estilando<br \/>\ndende tempo hai, e que est\u00e1 lonxe de esgotarse: na variaci\u00f3n est\u00e1 o<br \/>\ngusto, como di unha frase que m\u00e1is dun e unha co\u00f1ecer\u00e1n e practicar\u00e1n c\u00f3<br \/>\n gusto anunciado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A electr\u00f3nica escalar\u00e1 postos nas preferencias dos antroidos. O<br \/>\nmesmo que se vai metendo en casas ou bancos, non poder\u00eda facer unha<br \/>\nexcepci\u00f3n con este fen\u00f3meno social. Xa vimos alg\u00fans artiluxios desa<br \/>\nespecie outros anos, como luces ben ama\u00f1adas e sincronizadas, pero \u00e9<br \/>\nposible que non sexa nada comparado \u00f3 que se avici\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Son previsibles outras incorporaci\u00f3ns no desenvolvemento destes<br \/>\nd\u00edas. O antroido permite o anonimato social, e ven potenciado por el.<br \/>\nHoxe en d\u00eda est\u00e1nse a extender novas formas de comunicaci\u00f3n que outorgan<br \/>\n a posibilidade do anonimato. Tendo conta destas d\u00faas premisas, p\u00f3dese<br \/>\nconcluir que \u00e9 probable que se incorporen novas formas de antroido, por<br \/>\nexemplo, &#8220;a distancia&#8221;, do mesmo xeito que o 28 de decembro \u00e9 algo<br \/>\nextendido usar o tel\u00e9fono para gastar bromas, mentras que no s\u00e9culo<br \/>\npasado, antes de facer das s\u00faas o se\u00f1or Bell, evidentemente non se<br \/>\npod\u00eda.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Podemos observar tam\u00e9n que as carrozas motoriz\u00e1ronse. \u00c9<br \/>\nprevisible, co uso dun parque m\u00f3bil m\u00e1is extenso e variado, que esta<br \/>\ntendencia contin\u00fae, incorpor\u00e1ndose \u00e1 mesma a\u00ednda os disfraces<br \/>\nindividuais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un dos festexos precursores do carnaval era unha especie de circo<br \/>\n naval fai vinte s\u00e9culos, como din alg\u00fans estudiosos do tema. Do<br \/>\ncarnaval, si. Do noso antroido, dub\u00eddoo. Mais, cara \u00f3 futuro, todo \u00e9 que<br \/>\n \u00f3 clube n\u00e1utico lle de por a\u00ed, e ent\u00f3n o noso antroido poder\u00eda ser<br \/>\nprecursor desa proxecci\u00f3n naval futura. \u00c9 posible, e coa motorizaci\u00f3n e<br \/>\nen xeral a instrumentaci\u00f3n actuais, m\u00e1is doado que noutros tempos.<br \/>\nHaber\u00eda que preguntarlle \u00e1 directiva do clube se est\u00e1 pola labor.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O antroido \u00e9 educativo. Seguirase a usar nos centros chamados<br \/>\neducativos para facer algunha que outra trastada, \u00f3 tempo ou a parte da<br \/>\npropia educaci\u00f3n. \u00c9 posible ademais, dentro da pol\u00edtica ministerial, a<br \/>\ns\u00faa inclusi\u00f3n como li\u00f1a transversal no curr\u00edculum escolar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Falemos de cartos. Estamos a vivir tempos de privatizaci\u00f3n. Se se<br \/>\n pensa en privatizar a xesti\u00f3n de hospitais p\u00fablicos, por exemplo, \u00bfpor<br \/>\nque non o antroido?. Nese caso, \u00bfque se preparen as comisi\u00f3ns a non<br \/>\nrecibir subvenci\u00f3ns?. O antroido, te\u00f1a ou non subvenci\u00f3ns, sempre foi<br \/>\np\u00fablico e sempre foi privado. Sempre necesitou dun esp\u00edrito social para<br \/>\nlevalo a cabo, pero sempre foron os particulares as m\u00e1scaras. Pola<br \/>\nprivatizaci\u00f3n, poder\u00e1 cambiar algo o modo de financiamento, pero nada<br \/>\nm\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00f3s premios&#8230; \u00e9 bonito e atra\u00ednte para o turismo que os<br \/>\ndisfraces sexan traballados, pero por ese lado \u00e9 dif\u00edcil competir con<br \/>\noutros carnavales.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nembargantes, a competencia \u00e9 a competencia, e as leis do mercado<br \/>\n infl\u00faen en moitos campos. Pode que o factor m\u00e1is influ\u00ednte no futuro<br \/>\ndesenvolvemento dos premios sexa externo \u00f3 propio antroido: m\u00e1is que a<br \/>\nprivatizaci\u00f3n, a marcha da econom\u00eda en xeral.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En relaci\u00f3n a outro aspecto, fai pouco le\u00edn que &#8220;os carnavales<br \/>\ncaen baixos este ano&#8221;. Espero que non caian baixo m\u00e1is que polo n\u00famero<br \/>\nque ten asignado o d\u00eda no que comezan, pois non \u00e9 esa a tendencia aqu\u00ed<br \/>\nen Ribadeo. Hai que lembrar, sobre esto das datas, que xa se produxeron<br \/>\nalgunha vez noutra temporada: os chamados &#8220;carnavales de ver\u00e1n&#8221;, e a<br \/>\neses si que lles chamo carnavales. \u00bfL\u00e9mbr\u00e1desvos do que xa dixen sobre a<br \/>\n econom\u00eda do antroido e as influencias externas sobre o noso?. \u00c9 posible<br \/>\n que esas festas carnavalescas se incrementen, pero non penso que se<br \/>\nlles deba chamar antroido. Ser\u00e1n carnaval. \u00bfA influencia sobre o propio<br \/>\nantroido?. Polo momento, est\u00e1 a salvo, porque son influenciadas por el e<br \/>\n non \u00f3 rev\u00e9s. Perante canto tempo, eso xa \u00e9 m\u00e1is dificil o dicilo e<br \/>\ndepender\u00e1 de moitos factores.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pola sequedade da boca ven outra vez \u00f3s meus labios o dito de<br \/>\nGraci\u00e1n: &#8220;o bo, se \u00e9 breve&#8230;&#8221;. Por a\u00ed, pola sequedade, penso que \u00e9<br \/>\ncousa de ir rematando. Queda para outra o tratar de imaxinar o futuro do<br \/>\n antroido en relaci\u00f3n a outras moitas facetas. Como exemplo delas serven<br \/>\n a m\u00fasica ou o sexo. En fin, isto \u00e9 a prospectiva: analizar tendencias<br \/>\npara vislumbrar o futuro. Eu, de calquera xeito, non me fiar\u00eda moito<br \/>\ndunha prospectiva do futuro do antroido feita por un disfrazado.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A\u00ednda as\u00ed, costoume facela. E te\u00f1o que dicilo, porque \u00e9 tam\u00e9n<br \/>\nunha met\u00e1fora do antroido. Nestas datas, hai moito detr\u00e1s: ilusi\u00f3n,<br \/>\ntraballo, imaxinaci\u00f3n, persoas&#8230; \u00e9 algo matinado para vivir uns d\u00edas<br \/>\nm\u00e1xicos antes que chegue o momento de quitarse a m\u00e1scara.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ben, penso que os obxectivos das cousas d\u00e9bense definir \u00f3<br \/>\nprincipio. A\u00ednda as\u00ed, acordei definilo \u00f3 final, tras ve-las caras dos<br \/>\nque me escoitan hoxe: O obxectivo era sacar \u00e1 luz o esp\u00edrito do<br \/>\nantroido. Espero haber axudado a facelo, e con eso remato esta pequena<br \/>\nperorata. Meu disfraz xa non vale, este pequeno antroido xa se foi.<br \/>\nAgora comeza o antroido de todos. O futuro que mencionei xa chega.<br \/>\nViv\u00e1molo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai alg\u00fan tempo, ribadeando ligaba un repositorio de documentos relacionados con Ribadeo, &#8216;Publicado en Ribadeo&#8216;. Hoxe non, dito repositorio desapareceu e estou comezando a recuperar eses documentos. Entre eles, estaban diversos preg\u00f3ns do antroido, como a peza que deixo embaixo que deb\u00eda ser algo as\u00ed como un adianto do antroido\/entroido do futuro. Sirva como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[129,25,11],"class_list":["post-6649","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-entroido","tag-festas","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6649","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6649"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6649\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6649"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6649"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6649"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}