{"id":6647,"date":"2015-02-17T15:26:00","date_gmt":"2015-02-17T14:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:04:12","modified_gmt":"2024-11-12T13:04:12","slug":"en-ribadeo-polo-antroido-sen-antroido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/17\/en-ribadeo-polo-antroido-sen-antroido\/","title":{"rendered":"En Ribadeo polo antroido, sen antroido: Asilo, obras e funcionamento"},"content":{"rendered":"<p>Non se trata do asilo pol\u00edtico, que dar\u00eda tema para o antroido, sen\u00f3n do hospital asilo de Ribadeo.<\/p>\n<p>Recollo un comentario na rede de Javier Chao:<\/p>\n<p><em>Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o<br \/>\n alcalde  son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A<br \/>\nquen llo temos que agradecer niste caso concreto \u00e9 \u00e1 persona que deix\u00f3u unha herencia dos 90.000\u20ac. Pero falando do hospital-asilo hai que<br \/>\ndestacar que \u00e9 MUNICIPAL, e polo tanto a responsabilidade do seu<br \/>\ncorrecto funcionamento \u00e9 do Sr. Alcalde. Quero que quede constancia que o<br \/>\n funcionamento  deste servicio \u00e9 lamentable, parece ser que o<span class=\"text_exposed_show\"><br \/>\n Sr. Alcalde a\u00ednda non se enterou a d\u00eda de hoxe. Ser\u00eda moito mais<br \/>\ninteresante que en vez de esta demostraci\u00f3n de pura propaganda a conta<br \/>\nde terceiros se preocupase de ver se atenden ben &#8220;las hermanitas&#8221; \u00f3s<br \/>\nnosos maiores. Sabe que fan os residentes no tempo libre?. Pois<br \/>\nd\u00edgollo eu (NADA DE NADA&#8230;) non hai nin un animador que os mante\u00f1a<br \/>\nactivos (\u00e1 ultima desped\u00edrona en agosto) e as mais das veces est\u00e1n<br \/>\nsolos na sala de estar tendo en moitas ocasi\u00f3ns que atender a mais de un<br \/>\n as visitas dos residentes. Quero as\u00ed mismo que quede claro que se vai<br \/>\nfuncionando \u00e9 gracias \u00e1s empregadas. Por \u00faltimo xa que a\u00ednda queda<br \/>\nmoito pra posta en marcha da futura residencia ser\u00eda ben que foran<br \/>\npensando no bon funcionamento deste servicio que temos hoxe que nos dous<br \/>\n \u00faltimos anos vai de mal en peor.<\/span><\/em><\/p>\n<p>E eng\u00e1dolle a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1718&amp;lg=gal\">nova da web do concello<\/a>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5ZeEWetNVWGcjw3UIX6XYrSGHxQHcJ-q1HtLh93-D58Dq1y-c_wALCLWEj0enUIF1LT0502yqrnhHMyF3jOToLTxF-ZCfiZuzrviZqFHd0wPYUh5eotLJBRlDDsO6a_SSYqvLNg\/s2048\/Foto_Hospital_Asilo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi5ZeEWetNVWGcjw3UIX6XYrSGHxQHcJ-q1HtLh93-D58Dq1y-c_wALCLWEj0enUIF1LT0502yqrnhHMyF3jOToLTxF-ZCfiZuzrviZqFHd0wPYUh5eotLJBRlDDsO6a_SSYqvLNg\/s2048\/Foto_Hospital_Asilo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>O REXEDOR DI QUE TEN QUE ESTAR EN PERFECTAS CONDICI\u00d3NS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Melloras no hospital asilo<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">16\/02\/2015<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>O Concello realiza diversas melloras no hospital<br \/>\n asilo de Ribadeo, grazas \u00e1 herdanza que unha veci\u00f1a, falecida hai pouco<br \/>\n tempo, deixou para este fin. En total o investimento realizado na<br \/>\nmodernizaci\u00f3n do ascensor, no cambio das vent\u00e1s da terceira planta e na<br \/>\ncompra de electrodom\u00e9sticos para a coci\u00f1a e a lavander\u00eda ascendeu a uns<br \/>\n90.000 euros, segundo deu a co\u00f1ecer este mediod\u00eda o alcalde, Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez Barcia,<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor sinalou que &#8220;quixemos desde o Concello reco\u00f1ecer este acto<br \/>\n de fraternidade que esta veci\u00f1a de Ribadeo, que nos deixou non hai<br \/>\nmoito tempo, e que quixo que unha parte do seu legado, da s\u00faa herdanza,<br \/>\nfose destinado ao hospital asilo de Ribadeo. E o Concello, coma lex\u00edtimo<br \/>\n propietario dese edificio, ten a obriga de investir ese di\u00f1eiro da s\u00faa<br \/>\nherdanza nas necesidades m\u00e1is importantes, de acordo coa congregaci\u00f3n<br \/>\nrelixiosa Marta e Mar\u00eda, que rexe o hospital asilo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez<br \/>\nBarcia explicou que &#8220;eses cartos destin\u00e1ronse en modernizar e adaptar \u00e1<br \/>\nnormativa o ascensor do inmoble, traballos nos que se investiron uns<br \/>\n14.500 euros; outros 28.000 euros foron para proceder ao cambios das<br \/>\nvent\u00e1s da planta terceira, dado que nas outras plantas xa se ti\u00f1a<br \/>\nactuado hai uns dous anos entre o Concello e a Deputaci\u00f3n de Lugo. Todo<br \/>\nisto supuxo unha notable mellora t\u00e9rmica con illamento magn\u00edfico que<br \/>\npermite que os residentes se encontren nunhas mellores condici\u00f3ns&#8221;. O<br \/>\nalcalde ribadense dixo que &#8220;tam\u00e9n fixemos unha nova instalaci\u00f3n de auga<br \/>\nquente sanitaria, para adaptala \u00e1s novas normativas e con dep\u00f3sitos<br \/>\nactuais m\u00e1is grandes e quixemos facer unha serie de cambios nos equipos<br \/>\nelectrodom\u00e9sticos tanto na coci\u00f1a (fritadeiras, lavalouzas, carros<br \/>\nquentes) como na lavander\u00eda, adquirindo novas lavadoras e secadoras<br \/>\nindustriais. A inversi\u00f3n de todo isto, que foi por un procedemento<br \/>\naberto, superou os 90.000 euros, que \u00e9 aproximadamente o legado que esta<br \/>\n muller lle deixou ao hospital asilo. Si hai alg\u00fan floco pendente ser\u00e1<br \/>\nasumido polo Concello&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez subli\u00f1ou que &#8220;a querencia<br \/>\n desta xente que ao final da s\u00faa vida quere que parte da s\u00faa fortuna<br \/>\nvaia para unha dotaci\u00f3n p\u00fablica, en fraternidade das persoas, queremos<br \/>\nfacerlle este reco\u00f1ecemento p\u00fablico. O seu legado est\u00e1 a ser moi ben<br \/>\ninvestido no hospital asilo de Ribadeo. Sen perxu\u00edzo de que o Concello,<br \/>\ncomo todo o mundo sabe, est\u00e1 a traballar nunha nova residencia en<br \/>\nconstruci\u00f3n na actualidade, con moitas ilusi\u00f3ns e expectativas<br \/>\ndepositadas nela. Pero temos que seguir traballando neste hospital<br \/>\nasilo, que ten que estar en perfectas condici\u00f3ns porque ten que durar<br \/>\nmoitos anos m\u00e1is&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p>E, para rematar, pregunto:<\/p>\n<p>* que reco\u00f1ecemento p\u00fablico se fai se non se nomea \u00e1 persoa que cedeu os cartos? \u00d3 mellor \u00e9 que non quer\u00eda que se soubera, e nese caso, est\u00e1 de m\u00e1is a nota e o reco\u00f1ecemento por v\u00eda dela.<\/p>\n<p>* que seguimento de funcionamento se fai? Ser\u00eda cousa de afinar os m\u00e9todos antes de po\u00f1er a funcionar a nova residencia.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Recollido do xornal, da nova &#8216;Invierten en el asilo de Ribadeo la herencia que dej\u00f3 una octogenaria&#8217; de La Voz de Galicia: Manuela Alonso Amor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non se trata do asilo pol\u00edtico, que dar\u00eda tema para o antroido, sen\u00f3n do hospital asilo de Ribadeo. Recollo un comentario na rede de Javier Chao: Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o alcalde son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A quen llo temos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64,9],"class_list":["post-6647","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6647","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6647"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6647\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6647"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6647"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6647"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}