{"id":6637,"date":"2015-02-27T08:41:00","date_gmt":"2015-02-27T07:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:03:50","modified_gmt":"2024-11-12T13:03:50","slug":"auga-bando-e-bando-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/02\/27\/auga-bando-e-bando-2\/","title":{"rendered":"Auga, Bando e Bando 2"},"content":{"rendered":"<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html\">contaminaci\u00f3n da auga de Ribadeo<\/a>, a mais de enquistarse, da sorpresas. E cada vez m\u00e1is. Onte mesmo, unha situaci\u00f3n de desaconsellamento de bebela nalgunha parroquia durante algunhas horas creou unha situaci\u00f3n tanto c\u00f3mica como confusa, \u00f3 meu ver. Tanto, que ata os bandos correspondentes foron numerados co t\u00edtulo de &#8216;Bando&#8217; e &#8216;Bando 2&#8217;&#8230; a m\u00e1is da nota posterior tentando sa\u00edr da situaci\u00f3n e aproveitando para tirar adiante por parte do concello.<\/p>\n<p>Os dous bandos, extra\u00eddos do PDF correspondente, e a nota de prensa posterior, xunto con algo m\u00e1is de &#8216;historia&#8217; do tema nas notas anteriores do blog:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1424957341BANDO_non_consumir_auga_26-2-15.pdf\">http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1424957341BANDO_non_consumir_auga_26-2-15.pdf<\/a> <\/p>\n<p>BANDO<\/p>\n<p>DON FERNANDO SU\u00c1REZ BARCIA,<br \/>\nALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO.<br \/>\nCONCELLO DE RIBADEO,<\/p>\n<p>FAI SABER<\/p>\n<p>Por comunicaci\u00f3n da empresa concesionaria do servizo de auga de<br \/>\nRibadeo, VIAQUA, comun\u00edcase como medida precautoria a<br \/>\nrecomendaci\u00f3n de<br \/>\nnon utilizar a auga para o consumo humano ou uso<br \/>\nalimentario<br \/>\nnas parroquias de<br \/>\nCovelas, Arante e Cedofeita<br \/>\nata novo<br \/>\naviso, debido a que as an\u00e1lises que se levan a cabo no encoro de Lexoso<br \/>\nreflectiron unha turbidez de 7 NTU cando o valor l\u00edmite est\u00e1 en 5, as\u00ed como<br \/>\nincumprimentos nos par\u00e1metros organol\u00e9pticos (os perceptibles polos<br \/>\nsentidos como cor, olor, etc.), l\u00edmites establecidos no Real Decreto<br \/>\n140\/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da<br \/>\ncalidade da auga de consumo humano. Estas incidencias proceden das<br \/>\naugas do r\u00edo Grande que chegan ata o punto de captaci\u00f3n de Lexoso, non<br \/>\npodendo garantir deste xeito que a auga sexa apta para o consumo.<br \/>\nNo caso dos restantes puntos de consumo do Concello de Ribadeo a auga<br \/>\nnon presenta esta problem\u00e1tica \u00f3 non estarse captando dende Lexoso, se<br \/>\nnon dende o r\u00edo Eo, a trav\u00e9s da ETAP de Vilarbetote (Trabada).<\/p>\n<p>O que se fai p\u00fablico para xeral co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>Ribadeo, 26 de febreiro de 2015.<\/p>\n<p>O ALCALDE,<\/p>\n<p>Asdo.\/ FERNANDO SU\u00c1REZ BARCIA.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1424957409BANDO_2_consumo_auga_ben_parametros_26-2-15.pdf\">http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1424957409BANDO_2_consumo_auga_ben_parametros_26-2-15.pdf<\/a> <\/p>\n<p>BANDO 2<\/p>\n<p>DON FERNANDO SU\u00c1REZ BARCIA,<br \/>\nALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO.<br \/>\nCONCELLO DE RIBADEO,<\/p>\n<p>FAI SABER<\/p>\n<p>Que foi comunicado por parte de VIAQUA o peche da incidencia detectada<br \/>\nno abastecemento de Lexoso \u00f3 cumprir os resultados das anal\u00edticas levadas<br \/>\na cabo no d\u00eda de hoxe co establecido no Real Decreto 140\/2003, do 7 de<br \/>\nfebreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga<br \/>\nde consumo humano, feito polo cal comun\u00edcase \u00f3s aboados das parroquias<br \/>\nde<br \/>\nCovelas, Arante e Cedofeita<br \/>\nque<br \/>\nse anula a recomendaci\u00f3n de non<br \/>\nutilizar a auga para o consumo humano ou uso alimentario<br \/>\ntransmitida<br \/>\nen anterior bando no d\u00eda de hoxe.<\/p>\n<p>Cabe engadir que se seguir\u00e1n controlando posibles vertidos na fonte de<br \/>\ncaptaci\u00f3n do abastecemento para comunicar as posibles alteraci\u00f3ns que<br \/>\nestes provocan na calidade de auga para consumo humano, co fin de<br \/>\nasegurar o subministro con garant\u00edas sanitarias \u00e1 poboaci\u00f3n.<br \/>\nO que se fai p\u00fablico para xeral co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>Ribadeo, 26 de febreiro de 2015.<\/p>\n<p>O ALCALDE,<\/p>\n<p>Asdo.\/ FERNANDO SU\u00c1REZ BARCIA.<\/p>\n<p>A nota de prensa <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1727&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1727&amp;lg=gal<\/a><\/p>\n<p>Novas<\/p>\n<p>O CONCELLO PIDELLE SOLUCI\u00d3NS A AUGAS DE GALICIA<\/p>\n<p>Captaci\u00f3n de Lexoso<\/p>\n<p>26\/02\/2015<\/p>\n<p>Os veci\u00f1os e as veci\u00f1as das parroquias de Covelas, Arante e Cedofeita poden consumir a auga da tra\u00edda do abastecemento municipal con normalidade. As\u00ed o indican as anal\u00edticas efectuadas esta ma\u00f1\u00e1 na captaci\u00f3n de Lexoso, a onde nas \u00faltimas horas chegaron diversos vertidos efectuados r\u00edo arriba, segundo explicou este mediod\u00eda o alcalde, Fernando Su\u00e1rez Barcia.<\/p>\n<p>O rexedor sinalou que &#8220;a pasada tarde a empresa que leva o subministro de auga potable a Ribadeo comunicounos formalmente que no punto de captaci\u00f3n de auga potable que temos no r\u00edo Grande, \u00e1 altura de Lexoso, os aportes que trae a auga r\u00edo arriba e que xa en anteriores ocasi\u00f3n supuxeron advertencias, chamadas de atenci\u00f3n e denuncias diante da Xunta, de Augas de Galicia e de Control de Vertidos polos posibles lisiviados que algu\u00e9n r\u00edo arriba no concello veci\u00f1o est\u00e1 a realizar, no caso que nos ocupa na tarde de onte xa os l\u00edmites excederon o que marcan os par\u00e1metros das normativas legais e vixentes neste momento&#8221;.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;a primeira hora da ma\u00f1\u00e1 indicamos a trav\u00e9s dun bando, tal e como marca a norma, para as parroquias afectadas que te\u00f1en o servizo de auga potable municipal desde Lexoso: Covelas, Arante e Cedofeita, que non utilizaran a auga para consumo humano e alimentario. E hai unha hora, este mediod\u00eda, a propia concesionaria da auga, unha vez feitas as anal\u00edticas correspondentes, indica que os par\u00e1metros est\u00e1n en termos legais, adaptados \u00e1 normativa e que pode proceder ao consumo de auga con normalidade&#8221;. Por este motivo o alcalde de Ribadeo asinou un novo bando levantando a restrici\u00f3n anterior.<\/p>\n<p>O rexedor indicou que &#8220;nestes \u00faltimos meses desde o Concello de Ribadeo escrupulosamente estamos notificando e comunicando o que a lei marca, tanto diante do organismo competente que \u00e9 Augas de Galicia, diante de Control de Vertidos ou diante de calquera autoridade sanitaria con competencia na materia. O Concello de Ribadeo, a trav\u00e9s da empresa concesionaria, \u00e9 o encargado de clorar a auga e de que cumpra os par\u00e1metros normais que marcan as normativas, pero non \u00e9 responsable da calidade de auga que ven polo r\u00edo arriba. De a\u00ed que xa en decembro lle temos comunicado formalmente a Augas de Galicia que estamos moi preocupados por esta situaci\u00f3n destes vertidos que periodicamente se est\u00e1n a producir, sobre todo cando chove, e ped\u00edndolles resposta e que medidas se est\u00e1n a adoptar. Estamos moi preocupados pola alarma que se est\u00e1 a crear na poboaci\u00f3n&#8221;.<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez engadiu que &#8220;na vila de Ribadeo e nas parroquias que se subministran do r\u00edo Eo non hai ning\u00fan problema, pero nas do interior non hai maneira m\u00e1is que subministrar desde Lexoso, non hai outra alternativa. Queremos colaboraci\u00f3n absoluta coa Xunta de Galicia, pero entendemos que se deben tomar medidas inmediatas para o cese deses vertidos ao r\u00edo Grande, porque a tres quil\u00f3metros, en Ribadeo, hai un punto de captaci\u00f3n de auga para consumo humano&#8221;.<\/p>\n<p>Ribadeo conta con d\u00faas captaci\u00f3ns de auga: unha no r\u00edo Eo no concello de Trabada, en Vilarbetote, e outra aqu\u00ed en Lexoso, no concello ribadense<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Algunhas cousas anteriores sobre a contaminaci\u00f3n do rego de Lexoso:<\/p>\n<p>Imaxes do verquido no CAVI <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html<\/a><\/p>\n<p>De aqu\u00ed bebemos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/02\/de-aqui-bebemos-bebiamos.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/02\/de-aqui-bebemos-bebiamos.html<\/a><\/p>\n<p>&#8230; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/04\/auga.html\">Auga 20140421<\/a> <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/04\/o-dia-do-libro-con-actos-o-seu-arredor.html\">E m\u00e1is auga 20140423<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/06\/non-hai-risco-para-saude.html\">Non hai risco para a sa\u00fade 20140607<\/a> <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/08\/imaxes-do-verquido-no-cavi.html\">Imaxes do verquido no CAVI 20140804<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/12\/que-auga-volve-saber-raios-culpa-e-dos.html\">Que a auga sabe a raios? A culpa \u00e9 da auga por saber as\u00ed! 20141216<\/a> <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdUB97oGe0tQQEsMNwLFNbRDl9q4zzeG9Z_TrMaBFVgjJ4krPErV3_0Cskb5j-EyCOIOipUXZ3gp80cmuNvOPDnvUX_BLtpuvOFXmbjFa0mxSDgH2HvzvN00__EjVekiKxSGs8VQ\/s2048\/encoro+Vilamariz+rego+Lexoso_20150208_123323.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdUB97oGe0tQQEsMNwLFNbRDl9q4zzeG9Z_TrMaBFVgjJ4krPErV3_0Cskb5j-EyCOIOipUXZ3gp80cmuNvOPDnvUX_BLtpuvOFXmbjFa0mxSDgH2HvzvN00__EjVekiKxSGs8VQ\/s2048\/encoro+Vilamariz+rego+Lexoso_20150208_123323.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Sobre a tra\u00edda de auga a Ribadeo <a href=\"https:\/\/tentandoeducar.wordpress.com\/2015\/01\/27\/relato-breve-dunha-actividade-de-aprendizaxe\/\">https:\/\/tentandoeducar.wordpress.com\/2015\/01\/27\/relato-breve-dunha-actividade-de-aprendizaxe\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A contaminaci\u00f3n da auga de Ribadeo, a mais de enquistarse, da sorpresas. E cada vez m\u00e1is. Onte mesmo, unha situaci\u00f3n de desaconsellamento de bebela nalgunha parroquia durante algunhas horas creou unha situaci\u00f3n tanto c\u00f3mica como confusa, \u00f3 meu ver. Tanto, que ata os bandos correspondentes foron numerados co t\u00edtulo de &#8216;Bando&#8217; e &#8216;Bando 2&#8217;&#8230; a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[69,54,26],"class_list":["post-6637","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga","tag-auga-da-billa","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6637","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6637"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6637\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6637"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}