{"id":6627,"date":"2015-03-11T08:26:00","date_gmt":"2015-03-11T07:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:03:33","modified_gmt":"2024-11-12T13:03:33","slug":"alegando-as-alegacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/03\/11\/alegando-as-alegacions\/","title":{"rendered":"Alegando as alegaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p>As Catedrais est\u00e1 de moda. Non s\u00f3 pola afluencia de visitantes, sen\u00f3n dende un tempo a esta parte, pola realizaci\u00f3n dun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/01\/as-catedrais.html\">plan que, visto o visto, p\u00f3dese chamar malamente de conservaci\u00f3n<\/a>. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegaci\u00f3ns. con anterioridade, o concello ped\u00eda unha nova figura e a limitaci\u00f3n de visitas. A foto do alcalde retirando pedras-recordo dun sa\u00ednte &#8216;adornado&#8217; con elas parec\u00eda grave xa antes da primeira versi\u00f3n. Pero dende aquela, sucedeuse o plan da Xunta, o rexeitamento e alegaci\u00f3ns, o replan, rexeitamento e alegaci\u00f3ns e dotaci\u00f3n de cartos do concello para un plan propio&#8230;<\/p>\n<p>Dende f\u00f3ra, sentimos as novas e comezamos a marearnos. Tent\u00e1base nun principio de comezar a limitaci\u00f3n de visitas, por iso de que fac\u00eda dano. E de darlle a maior protecci\u00f3n, por iso da mellor conservaci\u00f3n. Ambas eran cousas pedidas dende o concello. Logo a cousa foi variando, non de nome no sentido de pedir un parque natural, sen\u00f3n de contido, no sentido de pedir unha ampliaci\u00f3n do n\u00famero de visitas, e agora, liberdade restrinxida: que entren cantos queiran, pero con vixiancia, e as\u00ed poderase limitar a gusto, de xeito inmediato e imperativo, sen consideraci\u00f3n para cos visitantes que se atrae, o n\u00famero de visitantes a determinadas zonas. A petici\u00f3n vai no sentido da de ACISA, que ped\u00eda d\u00edas atr\u00e1s segundo a prensa que as entradas \u00e1s Catedrais se deran en Ribadeo, algo &#8216;irrenunciable&#8217; gtam\u00e9n dende o concello. \u00d3 fin, todo hai que aproveitalo, e mellor que Mahoma ve\u00f1a \u00f3s negocios que que os negocios vaian a Mahoma&#8230;<\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1735&amp;lg=gal\">nota do concello<\/a> de onte, en cursiva, con alg\u00fan comentario polo medio, sen cursiva:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><span style=\"font-size: large;\"><em>O REXEDOR DI QUE \u00c9 PRECISO FACER AS COUSAS &#8220;CON SENTIDI\u00d1O&#8221;<\/em><\/span><\/p>\n<p><em><\/em>A palabra sentidi\u00f1o soa ben, pero tam\u00e9n parece unha adaptaci\u00f3n do sentido a unha minor\u00eda de idade tutelada por que apela a un sentido diminu\u00eddo.<\/p>\n<p><em>Alegaci\u00f3ns ao plan para As Catedrais<\/em><em><span class=\"data\">&nbsp;<\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span class=\"data\">10\/03\/2015<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello envioulle \u00e1 Xunta as alegaci\u00f3ns que<br \/>\npresenta ao plan de conservaci\u00f3n do monumento natural da praia das<br \/>\nCatedrais. Nas mesmas p\u00eddese que se suspenda a proposta do<br \/>\nestablecemento dunha cota de acceso ao areal, e que como alternativa se<br \/>\nhabilite a presenza dun posto de control, que impida a entrada a<br \/>\ndeterminadas zonas se a capacidade de carga se atopa ao m\u00e1ximo<br \/>\npermitido, tal e como acontece no Teide. O Concello, segundo deu a<br \/>\nco\u00f1ecer o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, esta ma\u00f1\u00e1 solicita que se inicie o<br \/>\nestudo de viabilidade para declarar ese espazo coma parque natural e que<br \/>\n se fomente a participaci\u00f3n e implicaci\u00f3n dos axentes econ\u00f3micos e<br \/>\nsociais no dese\u00f1o das medidas que complementen o plan de conservaci\u00f3n, e<br \/>\n facelos protagonistas na s\u00faa transmisi\u00f3n e execuci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p>O do Parque Natural non \u00e9 novo, e poder\u00eda non ser mala idea. Pero aumentar a protecci\u00f3n e facilitar o acceso parecen contraditorios. Haxa ou non sistemas semellantes noutros lugares. Apuntar a que a participaci\u00f3n dos &#8216;axentes econ\u00f3micos e sociais&#8217; parece non abranguer \u00f3 pobo, \u00e1 xente, alomenos tanto polas facilidades da Xunta como polas do concello. Outra cousa son os empresarios., considerados como axentes, como sector econ\u00f3mico e de xeito evidente como forza social, a tenor do par\u00e1grafo seguinte.<em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor dixo que &#8220;finalmente, dentro do prazo legal establecido e<br \/>\ndespois de que desde o Concello con t\u00e9cnicos municipais e con outros<br \/>\nsectores sociais importantes e relevantes de Ribadeo analiz\u00e1semos as<br \/>\nvaloraci\u00f3ns que facer a este documento, presentamos as nosas alegaci\u00f3ns,<br \/>\n que van na li\u00f1a do que vimos mantendo dende hai varios meses, cando<br \/>\niniciamos o procedemento de suxesti\u00f3ns, no que non se nos tivo<br \/>\npracticamente en conta. Foi algo que lles reprochamos aos responsables<br \/>\nauton\u00f3micos e esperamos que agora se valoren as nosas propostas. N\u00f3s<br \/>\nofrecemos desde logo coma sempre a absoluta e leal colaboraci\u00f3n para a<br \/>\nconservaci\u00f3n deste espazo natural. Pero queremos apuntar que, segundo o<br \/>\nque indican eles neste plan de conservaci\u00f3n do monumento natural,<br \/>\nentendemos que se deben revisar e valorar mellor as consecuencias na<br \/>\neconom\u00eda local e no turismo de facer estas medidas tan restritivas, que<br \/>\nnon poden ser establecidas de inmediato&#8221;. <\/em><\/p>\n<p>Que prima pois? A conservaci\u00f3n ou a exprimici\u00f3n? Conservar si mentres implique aproveitar a curto prazo? Ou \u00e9 que, visto que alg\u00fans arcos non parece que vaian aguantar nin ata mediados de s\u00e9culo, hai que sacarlles o m\u00e1ximo proveito conservando as apariencias para non espantar mentres os &#8216;ovos de ouro&#8217; da gali\u00f1a, os visitantes do cantil?<em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para Fernando Su\u00e1rez<br \/>\n&#8220;cando un quere impo\u00f1er medidas dr\u00e1sticas, de s\u00fapeto, sen experiencia<br \/>\nprevia, entendemos que deben ser a posteriori. Primeiro d\u00e9bense<br \/>\nimplementar progresivamente e deben ser acompa\u00f1adas doutras medidas:<br \/>\npromover m\u00e1is transporte p\u00fablico, reducir a circulaci\u00f3n de veh\u00edculos<br \/>\nparticulares, promover transporte alternativo e, en todo caso, estudar<br \/>\nque se vai facer con eses inxentes fluxos de visitantes, que o plan da<br \/>\nXunta non di que facer con eles. Polo tanto pedimos suspender a proposta<br \/>\n de restrici\u00f3n de accesos ata desenvolver unha proposta que permita<br \/>\nsaber que facer con todo ese fluxo tur\u00edstico&#8221;. <\/em><\/p>\n<p>Verbas sabias, que contrastan coa petici\u00f3n de &#8216;medidas xa&#8217; que se fac\u00eda hai menos dun ano. E coa realidade dalgunhas medidas tomadas polo concello, como o aumento das prazas de aparcamento nun prado dende hai un par de anos, cun cami\u00f1o \u00e1 beira da estrada para chegar ata a baixada. En canto \u00f3 de que facer con ese fluxo tur\u00edstico, coido que \u00e9 algo subliminal: traelo a Ribadeo e que gaste aqu\u00ed. Porque diso parece que se trate, levar da man o fluxo ata depositalo en Ribadeo. E si, pero como &#8216;tam\u00e9n&#8217;, non como condicionante previo, que parece ser a intenci\u00f3n.<em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde<br \/>\nribadense segue a manifestar que &#8220;no canto de facer estas limitaci\u00f3ns<br \/>\ntelem\u00e1ticas o que propo\u00f1emos \u00e9 que provisionalmente, mentres todo isto<br \/>\nnon se leve adiante, no lugar de impo\u00f1er un sistema de restrici\u00f3ns de<br \/>\nacceso telem\u00e1tico sexa substitu\u00eddo por un sistema de control e<br \/>\nregulaci\u00f3n na propia praia, como acontece a d\u00eda de hoxe en espazos<br \/>\nprotexidos do Parque Nacional do Teide, por exemplo, onde en<br \/>\ndeterminados momentos imp\u00eddese o acceso a algunhas zonas se a capacidade<br \/>\n de carga das mesmas se atopa ao m\u00e1ximo permitido, obrigando a agardar<br \/>\naos visitantes ata que non abandonen outros&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O Concello segue<br \/>\navogando &#8220;porque se te\u00f1a en conta a nosa proposta, que non \u00e9 pol\u00edtica<br \/>\nsen\u00f3n absolutamente t\u00e9cnica, de considerar a figura do parque natural en<br \/>\n todo o litoral de Ribadeo para diversificar a oferta tur\u00edstica.<\/em><\/p>\n<p>(Aqu\u00ed non hab\u00eda un punto e aparte. Pero coido importante sinalar que o motivo da petici\u00f3n do Parque Natural para toda a costa de Ribadeo non \u00e9 a conservaci\u00f3n, sen\u00f3n a diversificaci\u00f3n da oferta tur\u00edstica.)<em> <\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;E<br \/>\nademais o que queremos \u00e9, como non, implicar aos axentes econ\u00f3micos. Non<br \/>\n debe esquecer ningu\u00e9n que As Catedrais sempre estiveron en Ribadeo.<br \/>\nLevamos anos s\u00f3s ante o perigo, por dicilo dunha maneira gr\u00e1fica, e<br \/>\ntodos estes inxentes fluxos de turistas, que ve\u00f1en e que queremos que<br \/>\nsigan vindo, queremos que se xestionen dende aqu\u00ed, porque para iso temos<br \/>\n hoteis, restaurantes e unha chea de cousas que ofrecerlles. Queremos<br \/>\nque todo o turismo das Catedrais pivote desde Ribadeo&#8221;. Su\u00e1rez Barcia<br \/>\nengade que &#8220;non lle queremos negar nada a ningu\u00e9n, pero todo o mundo<br \/>\ndebe entender que os hostaleiros, a xente que paga os seus impostos de<br \/>\nRibadeo, que con todo iso estamos mantendo toda esta xesti\u00f3n impo\u00f1ente<br \/>\nque significa As Catedrais ao longo do ano, \u00e9 lex\u00edtimo pensar que eses<br \/>\nposibles beneficios de toda esa xente deban pivotar tam\u00e9n desde Ribadeo.<br \/>\n Estamos traballando man a man cos comerciantes, cos industriais, cos<br \/>\naut\u00f3nomos e todos debemos facer que As Catedrais sexa unha riqueza<br \/>\nmedioambiental e paisax\u00edstica que temos que conservar, pero non debemos<br \/>\nespantar a toda esta xente que v\u00e9n&#8221;. <\/em><\/p>\n<p>Todo para a econom\u00eda. O resto, en funci\u00f3n. Para a econom\u00eda de hoteis, restaurantes&#8230; o que lembra aquelo de &#8216;o que \u00e9 bo para a General Motors e bo para Am\u00e9rica&#8217;, substitu\u00edble General Motors por United Fruit Company ou calquera outra, pois &#8216;Am\u00e9rica&#8217; ser\u00eda a xente que posee esas empresas. Traballando man a man con ACISA, comerciantes, industriais e aut\u00f3nomos. Non con m\u00e1is xente. Non \u00e9 algo curto?<em> <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde pensa que &#8220;\u00e9<br \/>\nnecesario ir traballando e facendo as cousas con sentidi\u00f1o e con xeito; e<br \/>\n confiamos en que a Xunta e o Concello, ademais das outras<br \/>\nadministraci\u00f3ns, poidamos buscar un acordo. Penso que ser\u00e1 unha ledicia<br \/>\npara todo o pa\u00eds, para toda a comarca e, como non, desde logo para<br \/>\nRibadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p>Vale, xa o temos claro. Se \u00e9 bo para algunha xente encadrada en ACISA, ser\u00e1 bo para todos en desparramamento sucesivo desa bondade de bens. \u00d3 fin, non \u00e9 o que din os ultraliberais, que se os de arriba ganan, algunha migui\u00f1a caer\u00e1?<em> <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez lembra que &#8220;paralelamente o O Concello<br \/>\nlicitou hai uns d\u00edas a redacci\u00f3n do plan especial de protecci\u00f3n da praia<br \/>\n das Catedrais, previsto no PXOM. A este fin destinamos 40.000 euros de<br \/>\nfondos propios. As bases do concurso seguen en exposici\u00f3n p\u00fablica para<br \/>\nque todos aqueles profesionais da materia poidan participar no mesmo e<br \/>\ndespois un tribunal composto por xente cualificada, do Concello e de<br \/>\nf\u00f3ra do Concello, pois tam\u00e9n indicamos que queremos t\u00e9cnicos da<br \/>\nDeputaci\u00f3n e da Xunta de Galicia nos comit\u00e9s de valoraci\u00f3n das ofertas,<br \/>\nescolla a mellor de todo o Estado ou de \u00e1mbito internacional, se cabe&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 claro que non nos vale o plan. Hai que gastar cartos noutro.&nbsp;<em> <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As Catedrais est\u00e1 de moda. Non s\u00f3 pola afluencia de visitantes, sen\u00f3n dende un tempo a esta parte, pola realizaci\u00f3n dun plan que, visto o visto, p\u00f3dese chamar malamente de conservaci\u00f3n. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegaci\u00f3ns. con anterioridade, o concello ped\u00eda unha nova figura e a limitaci\u00f3n de visitas. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,105,21,26,13,9],"class_list":["post-6627","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-catedrais","tag-economia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6627","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6627"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6627\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6627"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6627"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6627"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}