{"id":6621,"date":"2015-03-18T08:21:00","date_gmt":"2015-03-18T07:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:03:16","modified_gmt":"2024-11-12T13:03:16","slug":"de-catedral-marina-resto-arqueoloxico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/03\/18\/de-catedral-marina-resto-arqueoloxico\/","title":{"rendered":"De catedral mari\u00f1a a resto arqueol\u00f3xico, sen deixar de reverenciala"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai poucos d\u00edas saltou a nova: Mari\u00f1a Patrimonio, en raz\u00f3n de estudos preliminares, defende a importancia arqueol\u00f3xica das Catedrais. Conxunto nesta entrada tres comunicaci\u00f3ns que me chegaron de Mari\u00f1a Patrimonio que considero importante manter xuntas para ver a li\u00f1a de actuaci\u00f3n dunha asociaci\u00f3n non tur\u00edstica no enclave tur\u00edstico por excelencia de Ribadeo e da Mari\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Antes de pasar a elas, s\u00f3 unha insistencia na contemplaci\u00f3n da zona das Catedrais como algo que ten valor por si mesmo, non s\u00f3 o utilitario tur\u00edstico. A confusi\u00f3n de valores est\u00e1 dando moito que falar \u00f3s xornais&#8230; e po\u00f1endo o foco nun s\u00f3 lugar cando a conservaci\u00f3n \u00e9 couso de todos para toda a Terra. (a entrada de onte de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/\">ribadeando<\/a> trataba d<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/03\/restos-en-ribadeo.html\">outro lugar a conservar no mesmo Ribadeo<\/a>)<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O primeiro correo \u00e9 o que da a imaxe m\u00e1is xeral e foi acollido polos xornais e espellado polo concello na s\u00faa nota &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1739&amp;lg=gal\">Pasado Mineiro das Catedrais<\/a>&#8216;. coido que \u00e9 m\u00e1is clarificador que o que apareceu ata agora, por iso dos resaltes diferentes:<\/p>\n<p>&#8220;<em>OITO COLECTIVOS CULTURAIS M\u00d3VENSE PARA SALVAR O XACEMENTO ARQUEOL\u00d3XICO DA PRAIA DAS CATEDRAIS<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O vindeiro domingo 22 de marzo comezar\u00e1 a campa\u00f1a na defensa do forno romano cun roteiro por este e por outros xacementos costeiros relevantes da Mari\u00f1a.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A Mari\u00f1a, a 13 de Marzo de 2015.- No inverno de 2014 os temporais afectaron gravemente varios xacementos costeiros da Mari\u00f1a, entre os que se atopa o xacemento romano da praia de Esteiro, situado na Praia das Catedrais. Neste sitio arqueol\u00f3xico p\u00f3dense ver os restos dun forno destinado \u00e1 cocci\u00f3n de cer\u00e1mica, do que se conserva parte da estrutura do que posiblemente fose un complexo romano m\u00e1is amplo. Tam\u00e9n se acharon numerosos fragmentos de olas de gran tama\u00f1o, denominadas dolium, e utilizadas para a almacenaxe de mercador\u00edas. Deste tipo de cer\u00e1mica, tam\u00e9n atopamos restos nunha pequena pen\u00ednsula na praia das Catedrais.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>No \u00faltimo ano, Mari\u00f1apatrimonio leva insistindo de forma reiterada e discreta, que a Xunta act\u00fae recollendo os materiais arqueol\u00f3xicos, documentando as estruturas que se conservan e, na medida do posible, procurando medidas de protecci\u00f3n para este xacemento. Por\u00e9n, xa hai tempo que temos claro que a administraci\u00f3n encargada de protexer este patrimonio non vai moverse nin implicarse para salvar o forno de Esteiro e que teremos que ser a sociedade civil responsable a que procure a s\u00faa recuperaci\u00f3n.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Con este obxectivo, Mari\u00f1apatrimonio presentou un proxecto de intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica perante a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio, no que se pretende facer un estudo do xacemento e recuperar os seus restos arqueol\u00f3xicos ademais de intentar protexelo. Polo momento, non recibimos a pertinente autorizaci\u00f3n da Xunta. Ser\u00e1 o goberno galego quen decida se act\u00faa a D.X de Patrimonio, se nos permite actuar a n\u00f3s, en representaci\u00f3n da sociedade civil, ou se deixar\u00e1 que act\u00fae o mar facendo desaparecer o xacemento.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Mentres se agarda pola autorizaci\u00f3n da Xunta, diferentes asociaci\u00f3ns imos iniciar unha campa\u00f1a para darmos a co\u00f1ecer a zona das Catedrais como sitio arqueol\u00f3xico. Nesta tarefa est\u00e1n involucradas oito entidades asociativas de tipo cultural, ambiental e veci\u00f1al e que son Mari\u00f1apatrimonio, a asociaci\u00f3n ecoloxista ADEGA, Cultura do Pa\u00eds, Os Espigueiros, Agrupaci\u00f3n cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira ou a Irmandade de Santo Estevo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A campa\u00f1a comezar\u00e1 o domingo, 22 de marzo, cun roteiro polos xacementos arqueol\u00f3xicos da contorna das Catedrais, que divulgar\u00e1 valores da zona at\u00e9 agora desco\u00f1ecidos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O SEGREDO A\u00cdNDA NON REVELADO DAS CATEDRAIS<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Este roteiro permitiranos desvelar un dos segredos mellor conservados das Catedrais. Practicamente ningu\u00e9n sabe que nas Catedrais, a 500 m do xacemento romano de Esteiro, hai unha canle picada na rocha semellante \u00e1s empregadas polos romanos na conduci\u00f3n de auga para as explotaci\u00f3ns mineiras de ouro. Tam\u00e9n \u00e9 de recente descubrimento que as covas desta praia tan visitada e singular seguen vetas aur\u00edferas, segundo nos te\u00f1en confirmado varios xe\u00f3logos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Esta hip\u00f3tese non resulta sorprendente, se pensamos que toda a zona oriental da Mari\u00f1a \u00e9 rica en ouro e que abundan as explotaci\u00f3ns aur\u00edferas da \u00e9poca romana. Non s\u00f3 atopamos minas terra adentro, sen\u00f3n que tam\u00e9n se atopan rexistros dos labores mineiros na costa, con galer\u00edas que foron abertas dende os cant\u00eds e dende as praias, como \u00e9 o caso das galer\u00edas do castro do Carreiro en Foz ou as de Salave en Tapia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Por tanto, cumprir\u00eda estudar se existe algunha conexi\u00f3n entre as vetas aur\u00edferas, a canle picada na rocha e o forno romano das Catedrais para saber se desta praia os romanos tam\u00e9n extraeron ouro.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>ROTEIRO POLOS XACEMENTOS ARQUEOL\u00d3XICOS DA MARI\u00d1A (22 MARZO)<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O percorrido do roteiro ser\u00e1 de 8 km e de dificultade baixa e durar\u00e1 toda a xornada, desde as 10.30 horas. Ao longo de toda a costa, visitaremos os seguintes xacementos ou puntos de interese:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>MA\u00d1\u00c1<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Punta do Castro en San Miguel de Reinante.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Praia de Arealonga, na que veremos unha turbeira na que se conservan restos dun bosque de hai oito mil anos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Percorrido polo areal ata a praia das Catedrais, aproveitando que teremos marea baixa.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         As Covas das Catedrais, onde veremos as vetas aur\u00edferas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Percorrido pola parte alta dos cant\u00eds das Catedrais para observar a canle picada na rocha.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Visita ao forno de cer\u00e1mica romana de Esteiro.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>TARDE:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O percorrido da tarde farase en bus e coches particulares e visitarase:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Castro da Devesa.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Castro de Meirengos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Cet\u00e1rea de Rinlo e a Lagoa \u201cDaniel Vispo\u201d.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Castro de Pi\u00f1eira.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Castro das Grobas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para reservar praza no roteiro:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>-Desde A Mari\u00f1a: 619553236 (Miguel).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>-Desde Lugo: 982240299, 679113718 (ADEGA).<\/em>&#8220;<\/p>\n<p><span>&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A terceira nota\/correo que me chegou aumenta unha actividade \u00e1 xa prevista, unha charla informativa en Ribadeo, na mesma Casa das Letras que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/03\/actividades-para-observacion-da-eclipse.html\">hoxe acoller\u00e1 a charla sobre a eclipse<\/a> de ma\u00f1\u00e1 : &#8220;<em><span face=\"Arial, sans-serif\" id=\"yui_3_16_0_1_1426660861336_9065\">Con<br \/>\nmotivo do roteiro, este xoves 19 de marzo temos organizada unha<br \/>\ncharla informativa en Ribadeo na Casa das Letras \u00e1s 20.30h co t\u00edtulo<br \/>\n\u201cAs catedrais tam\u00e9n xacemento arqueol\u00f3xico\u201d. Al\u00ed darase<br \/>\ncumprida informaci\u00f3n sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as<br \/>\nvetas aur\u00edferas das Catedrais as\u00ed como da presenza de minas romanas<br \/>\nna Mari\u00f1a.<\/span><\/em>&#8221; e ven acompa\u00f1ada do cartaz anunciador:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh1bfnm7oyapLbJVHDEoHKaqfw3xDUyQPfWEjZGbM_YuTdwHUq7ys31MRuj39cHSSXcf0XZe34skCh7EpOZKE3zXy7rAYeTersg8mLruikLfTmbUa0ID2IULVRZ4eLYFdYLZPpAWA\/s2048\/catedrais+arqueolox%C3%ADa.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"430\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh1bfnm7oyapLbJVHDEoHKaqfw3xDUyQPfWEjZGbM_YuTdwHUq7ys31MRuj39cHSSXcf0XZe34skCh7EpOZKE3zXy7rAYeTersg8mLruikLfTmbUa0ID2IULVRZ4eLYFdYLZPpAWA\/s2048\/catedrais+arqueolox%C3%ADa.jpeg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A segunda non aporta gran cousa (salvo prezos do roteiro), e debe contemplarse como anexo \u00e1 primeira nota. P\u00f3\u00f1oa s\u00f3 por se a algu\u00e9n lle interesa apuntarse \u00f3 roteiro:<\/p>\n<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p><em>RESERVA DE PRAZA E PREZOS<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>SA\u00cdDA DESDE SAN MIGUEL DE REINANTE<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Se te queres unir \u00e1 ruta desde San Miguel de Reinante, debes facer a t\u00faa reserva de praza chamando por tel\u00e9fono ao 619553236, ou enviando un mail a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome e apelidos do participante e un n\u00famero de tel\u00e9fono m\u00f3bil.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Hora de sa\u00edda: 10:30 horas, no aparcadoiro de autobuses da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Prezos: Podes reservar o xantar no restaurante ou levar comida para o cami\u00f1o.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Sen xantar: 2\u20ac socios\/ 5\u20ac non socios.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Con xantar: 15 \u20ac socios\/ 20\u20ac non socios.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>SA\u00cdDA DESDE LUGO:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Se queres acudir ao roteiro desde Lugo, debes reservar praza chamando por tel\u00e9fono ( 982240299, 679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos do participante e un n\u00famero de tel\u00e9fono m\u00f3bil.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Hora de sa\u00edda: 09:00 horas, fronte a Facultade de Formaci\u00f3n do Profesorado (Av. Ram\u00f3n Ferreiro).<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Prezos: P\u00f3dese reservar o xantar nun restaurante da zona ou levar comida para o cami\u00f1o.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Sen xantar: 5\u20ac menores de 17 anos\/ 10\u20ac socios\/15\u20ac non socios\/12\u20ac parados, xubilados e estudantes.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u00b7         Con xantar: Haber\u00e1 que sumar aos prezos anteriores 13\u20ac m\u00e1is.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>MEN\u00da<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>As persoas participantes poder\u00e1n levar comida para xantar polo cami\u00f1o ou reservar praza no restaurante a Yenca de San Miguel de Reinante. Nese caso, deber\u00e1 avisar cumpridamente de que quere comer de restaurante ao formalizar a reserva de praza.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Men\u00fa:<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Ensaladilla<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Cordeiro<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Tarta de queixo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Incl\u00fae vi\u00f1o da casa, casera, pan, auga e caf\u00e9.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O men\u00fa p\u00f3dese variar previo aviso.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>As persoas interesadas en participar deber\u00e1n levar para o cami\u00f1o calzado e roupa axeitados.<br \/>\n<\/em>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai poucos d\u00edas saltou a nova: Mari\u00f1a Patrimonio, en raz\u00f3n de estudos preliminares, defende a importancia arqueol\u00f3xica das Catedrais. Conxunto nesta entrada tres comunicaci\u00f3ns que me chegaron de Mari\u00f1a Patrimonio que considero importante manter xuntas para ver a li\u00f1a de actuaci\u00f3n dunha asociaci\u00f3n non tur\u00edstica no enclave tur\u00edstico por excelencia de Ribadeo e da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,105,11,111,26,9],"class_list":["post-6621","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-catedrais","tag-historia","tag-marina","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6621","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6621"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6621\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6621"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6621"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6621"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}