{"id":6586,"date":"2015-04-04T09:10:00","date_gmt":"2015-04-04T07:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:02:19","modified_gmt":"2024-11-12T13:02:19","slug":"fomento-herbicidas-e-mal-mantemento-das","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/04\/04\/fomento-herbicidas-e-mal-mantemento-das\/","title":{"rendered":"Fomento: herbicidas e mal mantemento das estradas. Artigo de J.A. Salvatierra Rico"},"content":{"rendered":"<p>O Ministerio de fomento ten unha oficina de demarcaci\u00f3n de estradas do Estado para Galicia na cidade de A  Coru\u00f1a , e unha unidade de estradas en cada unha das capitais de provincia , que funcionan como Xefaturas Provinciais. Parecer\u00eda que con esta organizaci\u00f3n territorial, deber\u00eda existir unha coordinaci\u00f3n entre as catro provincias a hora de afrontar os traballos de conservaci\u00f3n ou inversi\u00f3n. Na realidade non \u00e9 asi. Cada Xefatura Provincial organiza os traballos a s\u00faa maneira, polo que se ve o percorrer as estradas de cada provincia.<\/p>\n<p>Dicir que o Ministerio de Fomento non executa obras cos seus medios. Contrata todo con empresas. Teoricamente fai a supervisi\u00f3n das obras. Logo demostrarei, que nin esa vixilancia se realiza correctamente.<\/p>\n<p>Voume referir en especial , o que  Fomento fai na provincia de Lugo, tanto nas estradas nacionais, coma nas autoestradas, da s\u00faa competencia. Porque hai unha diferencia enorme, respecto o que fan as provincias lim\u00edtrofes, como son Asturias, A Coru\u00f1a e Le\u00f3n, por onde limita por exemplo cas Autoestradas.<\/p>\n<p>Cando un viaxa pola autoestrada ou por a N-VI dende A Coru\u00f1a cara  a Lugo , atopase que o chegar o limite de provincias , no concello de Guitiriz, ocorre o seguinte : na zona de A Coru\u00f1a est\u00e1 feita a limpeza con desbroce mec\u00e1nico (con desbrozadora), e na de Lugo con herbicida total. Facendo d\u00faas aplicaci\u00f3ns por ano , pulverizando cunetas, beirar\u00faas e as partes baixas dos taludes. Este mesmo procedemento se repite nas estradas nacionais, por toda a provincia de Lugo. Asi o podemos ver na N-VI, na N- 634, N-642, N- 640, etc, etc, por toda a provincia, nas estradas da s\u00faa competencia. Seguindo cara a Asturias, o chegar  o limite de provincia isto volve a cambiar, e aqu\u00ed se desbroza. O mesmo ocorre en direcci\u00f3n a Le\u00f3n. En Fomento declaran a Lugo provincia independente. \u00a1\u00a1Por algo se comeza\u2026!!<\/p>\n<p>Pero para mal, nisto en concreto.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/f\/fa\/Situacion_Ribadeo.PNG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/f\/fa\/Situacion_Ribadeo.PNG\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Mapa recollido da gl.wikipedia.org<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Que consecuencias acarrexa aplicar herbicida, no lugar do desbroce?. Primeiro, e o m\u00e1is visible, un gran impacto ambiental. Segundo, o aplicar herbicida de traslocaci\u00f3n, as ra\u00edces das plantas inchan, aumentan de volume, levantando o terreo, s\u00e9canse as distintas plantas, produc\u00edndose erosi\u00f3n no chan cando ve\u00f1en as choivas. Terceiro, ditas choivas por arrastre, levan todo ese veleno para os rios, regatos, fontes e mananciais. Cuarto, destruci\u00f3n de taludes e m\u00e1is contaminaci\u00f3n difusa, que \u00e9 a que se produce por percolaci\u00f3n da auga, misturada co herbicida, chegando logo as capas fre\u00e1ticas do solo. Quinto, no momento da aplicaci\u00f3n de dito herbicida, por pulverizaci\u00f3n, chega a afectar a cultivos , setos, xard\u00edns pr\u00f3ximos os limites de ditas estradas, levado o liquido polo vento. Dispo\u00f1o de fotos que asi o testemu\u00f1an. Pensemos que son centos de km con esta mala pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p>Inversi\u00f3ns contraditorias<\/p>\n<p>Fomento realiza inversi\u00f3ns contradictorias. Vexamos: Cando executan  as Autoestradas, para fixar os taludes novos , g\u00e1stanse miles de euros sementando herba, con maquinaria especial de proxecci\u00f3n e sementeira, misturada con un pegante especial, para que se quede al\u00ed retida, ata que enra\u00edce, xa que non se pode facer manualmente. Logo cando esa herba nace e medra, xunto con outras espont\u00e1neas, para suxeitar os taludes, vai e apl\u00edcalle herbicida pola base para que se ve\u00f1a abaixo cando chova. Vostedes entenden \u00f3s t\u00e9cnicos de Fomento?. Pois a\u00ednda o entender\u00e1n menos se lles digo, que na Administraci\u00f3n central, hai outro ministerio que ten competencias en medio ambiente. Este deber\u00eda apoiar o que leva o seu nome e a sostibilidade do mesmo, e o outro \u201cfomenta\u201d a destruci\u00f3n do anterior e sobre todo fomenta o mal exemplo do que non se deber\u00eda facer. Neste apartado Lugo destaca polo negativo.<\/p>\n<p>As Deputaci\u00f3ns de Lugo e a de A Coru\u00f1a desbrozan as s\u00faas estradas, e non aplican herbicidas. Estradas de competencia da Xunta de Galicia tam\u00e9n comezaron con herbicidas fai dous ou tres anos. Os concellos de momento tam\u00e9n desbrozan.<br \/>\nVolvendo a Fomento, non queda aqu\u00ed  a cousa, hai m\u00e1is en negativo. Na parte alta que fan desbroce nos taludes, seguimos na provincia de Lugo, como non os realizan ca frecuencia adecuada, as distintas plantas e \u00e1rbores que medran a\u00ed, son tan grandes e as ramas tan gordas, que cando as cortan as deixan tiradas nas cunetas, e nas taxeas, obstru\u00edndo estas e impedindo que circule a auga. Ou sexa todo o contrario do fin que se deber\u00eda perseguir. G\u00e1stanse mill\u00f3ns de euros para facer este mal traballo. Contratan empresas e lles pagan para destru\u00edr , contaminar e atrancar as cunetas e taxeas. Traio aqu\u00ed o que dic\u00eda o principio, onde est\u00e1 o control por parte de fomento dos traballos realizados polas empresas. Miren como est\u00e1n as cunetas no tramo, por exemplo no tramo de  a Veiga  a Ribadeo. Ou na sa\u00edda de Meira a Lugo a esquerda despois da gasolineira. Eso non \u00e9 cuneta, \u00e9 un almac\u00e9n de le\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Rotondas, taludes e \u00e1reas verdes<\/strong><\/p>\n<p>Outro exemplo, na rotonda da Vilavella, a cuneta onde desemboca o rio que ven de Ove, est\u00e1 chea de maleza dende hai anos, as\u00ed como o entorno desta rotonda ca circunvalaci\u00f3n. Poder\u00eda seguir as\u00ed varias p\u00e1xinas m\u00e1is, que material hai, pero ser\u00eda de nunca rematar e cansar\u00eda \u00f3s leedores. Por non falar das \u00e1rbores que deixan medrar nos taludes, como pinos, eucaliptos, e outros. As rotondas en xeral est\u00e1n mal coidadas. Se limita Fomento a facer 2-3 cortes o ano, sen ning\u00fan tipo de planta ornamental, de distintas especies e cores como te\u00f1en algunhas cidades ou alg\u00fans concellos. En alg\u00fan caso deixan medrar tanto a maleza nas s\u00faas rotondas que impiden a visibilidade os condutores. Os responsables de fomento non te\u00f1en a m\u00e1is m\u00ednima sensibilidade \u00f3 \u201cverde\u201d, \u00e1 limpeza e \u00f3 medio ambiente. Feitos falan. Circulen e vexan o que fan por exemplo no Pais Vasco. O mal e pouco traballo que realiza Fomento no mantemento das estradas da s\u00faa competencia e lamentable. Taxeas atascadas de terra e pedras. Lixo de todo tipo nas cunetas, sinais rotas ou arrincadas. Vexan sen\u00f3n o tramo de Ribadeo \u00e1 Veiga. Esos chantos brancos de 1 m de alto, situados a distancia de entre 10-12 m a \u00e1mbolos lados da beirar\u00faa, cantos est\u00e1n rachados, tirados ou que faltan. Se xa sab\u00edan que non os \u00edan repo\u00f1er, para que os colocan?. Ademais estorban para o desbroce. \u00c9 lamentable.<\/p>\n<p>Cando pasen polo tramo de autoestrada, o \u00faltimo que se abriu en Galicia, entre Lourenz\u00e1 e Abad\u00edn, f\u00edxense no entorno da sa\u00edda de Pastoriza \u2013 Riotorto, onde fixeron unha superficie verde, plantaron abondas \u00e1rbores con alturas de m\u00e1is de 3-4 m, pero coloc\u00e1ndolles titores de madeira de pino demasiado delgados e tan s\u00f3 de 1-1,5 m de alto. Consecuencia, que esas \u00e1rbores est\u00e1n arqueados, por ser o titor baixo e d\u00e9bil para ese porte, e varias est\u00e1n secas. Iso que a plantaci\u00f3n deber\u00eda sa\u00edr adiante, pois foron plantados a finais do inverno.<\/p>\n<p>Pero os traballos foron mal feitos. Falta de terra vexetal, malos titores e mala inmobilizaci\u00f3n do titor ca \u00e1rbore. Vai facer un ano que se abriu este tramo, pero non se fixo mantemento ning\u00fan nesta zona verde.<\/p>\n<p><strong>Falta de mantemento das estradas e das autoestradas<\/strong><\/p>\n<p>Fix\u00e9monos de novo nos tramos galegos. O pouco mantemento que se fai, tan s\u00f3 est\u00e1 restrinxido a aplicar herbicida nas beirar\u00faas, cunetas e base de taludes, e moi pouco desbroce mec\u00e1nico nesta franxa. Pero se nos fixamos un pouco, dende aqu\u00ed para fora, poderemos ver como a malla de peche est\u00e1 cuberta de maleza de todo tipo, como toxos, xestas, silvas, codesos, salgueiros en zonas molladas, pinos, eucaliptos, etc, etc, de tal maneira, que o peche na maior\u00eda do percorrido est\u00e1 cuberto por dita maleza. Esto que sup\u00f3n? Que tanto a malla como os chantos que a soportan, o estar nun ambiente \u201ch\u00famido\u201dde forma case permanente, co que chove en Galicia, isto da lugar a unha oxidaci\u00f3n r\u00e1pida do material, \u00f3 non secar por falta de ventilaci\u00f3n e de luz. O mesmo tempo non se pode facer unha revisi\u00f3n do estado de conservaci\u00f3n do peche, e isto traer\u00e1 consecuencias  para a seguridade da estrada, \u00f3 ser cada vez m\u00e1is vulnerable a entrada de animais na v\u00eda. \u00d3 non limpar o peche no seu debido tempo, agora non se pode facer con maquinaria, pois non se ve por onde vai, e se romper\u00eda tanto a malla como as m\u00e1quinas. Non atopar\u00edan empresa que quixera facer este traballo. Poder\u00edase facer manualmente, pero saer\u00eda moi caro. E iso sabemos que non se vai facer. Isto traer\u00e1 roturas nas zonas de vaguadas e pasos de regatos, as m\u00e1is vulnerables, por onde entrar\u00e1n animais salvaxes de todo tipo, e mesmo dom\u00e9sticos, que aumentar\u00e1n os accidentes. Ata que volvan os accidentes con mortos non se far\u00e1 nada. Como pasou o ano pasado na data de 26 de xullo no alto do Fiouco, cun morto e varios feridos. Despois empezaron as melloras de seguridade, despois da morte da rapaza de Foz.<\/p>\n<p>A\u00ednda quero anticiparme a resaltar outra cousa m\u00e1is, que traer\u00e1 consecuencias para o futuro. Non se est\u00e1n a cortar ou arrincar as \u00e1rbores que nacen nos taludes, como eucaliptos e pinos principalmente, que medran a unha velocidade, no caso do eucalipto, de m\u00e1is de 1,5-2 m por ano, pero que enra\u00edzan mal por falta de solo, e que cando te\u00f1en por enriba de 10-12 anos quedan expostos a ser derribados por ventos fortes na estrada, con risco de accidente grave, tendo en conta a velocidade que se circula.<\/p>\n<p>Podemos conclu\u00edr, que o  mantemento que fai Fomento das estradas \u00e9 malo ou moi malo, tanto para a seguridade das persoas como para o medio ambiente. Non vou entrar do mal gusto que te\u00f1en no coidado das zonas verdes das rotondas. Mal segadas e sen plantas ornamentais. Que se fixen nas estradas do Pais Vasco, das Francesas, Inglesas, etc. Somos os da cola de Europa. Os Portugueses as te\u00f1en mellor coidadas ca nos, e son m\u00e1is pobres en renda.<\/p>\n<p>Para rematar, voulles a contar unha an\u00e9cdota que me sucedeu ca Garda Civil de Tr\u00e1fico. Estaban parados \u00f3 lado dunha rotonda. Ach\u00e9gome para dicirlles que hab\u00eda cerca de al\u00ed onde estaban eles un indicador de Stop derribado, desde fac\u00eda alg\u00fans d\u00edas, e que iso pod\u00eda ser perigoso. Gracias, me responderon, pero no nos fale vostede de Fomento, non hai organismo que peor traballe. Non fan mantemento ning\u00fan. Se o saberemos n\u00f3s que andamos t\u00f3dolos d\u00edas polas estradas.<br \/>\nSaquen as s\u00faas conclusi\u00f3ns, e que non lles pase nada cando volvan a sa\u00edr \u00e1s estradas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Ministerio de fomento ten unha oficina de demarcaci\u00f3n de estradas do Estado para Galicia na cidade de A Coru\u00f1a , e unha unidade de estradas en cada unha das capitais de provincia , que funcionan como Xefaturas Provinciais. Parecer\u00eda que con esta organizaci\u00f3n territorial, deber\u00eda existir unha coordinaci\u00f3n entre as catro provincias a hora [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,24,26,13],"class_list":["post-6586","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-jose-a-salvatierra-rico","tag-medio","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6586","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6586"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6586\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6586"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6586"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6586"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}