{"id":6584,"date":"2015-04-06T09:38:00","date_gmt":"2015-04-06T07:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:02:16","modified_gmt":"2024-11-12T13:02:16","slug":"acheganse-as-medias-verdades-algunha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/04\/06\/acheganse-as-medias-verdades-algunha\/","title":{"rendered":"Ach\u00e9ganse as medias verdades. Algunha mostra"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/01\/preocupanme-esas-calumnias-que-se.html\">Medias verdades, como moito<\/a>.<\/p>\n<p>A pasada semana, apareceron enchendo os buz\u00f3ns os primeiros panfletos dirixidos espec\u00edficamente \u00e1s elecci\u00f3ns municipais. Entre verdades de pleno, aparec\u00edan as medias verdades, por non dicir sinxelamente tam\u00e9n as mentiras. Case coincid\u00edan ademais no tempo coa nova nos xornais de que este ano as subvenci\u00f3ns directas a partidos por resultados electorais van baixar un pouco respecto \u00e1 vez pasada en Galicia, pero, mira ti, aumenta a cantidade de cartos que os partidos pode empregar nas elecci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Coido que \u00e9 sabido que \u00e1 propaganda de promesas electorais por istos lares non se lle fai moito caso (ou si), fartos xa de incumprimentos ou m\u00e1is a\u00ednda, de anuncios de decisi\u00f3ns contrarias a partires do d\u00eda seguinte das elecci\u00f3ns. Pero non se trata a\u00ednda diso, sen\u00f3n de alardear do bo que \u00e9 o equipo antesa\u00ednda de que comece a liga, polos resultados de ligas anteriores, a\u00ednda que calquera que revise as novas poda ver o contrario.<\/p>\n<p>Como para mostra chega un bot\u00f3n, algunha cousa que pon o folleto do PP. Comeza dicindo que Ribadeo recibiu un investimento de 65,8 M\u20ac da Xunta de Galicia nos \u00faltimos seis anos, e remata dicindo que Ribadeo recibe m\u00e1is inversi\u00f3n directa da Xunta que do propio concello: 65,8 fronte a 54 mill\u00f3ns de euros. Primeiro, os \u00faltimos seis anos ded\u00facese do folleto que son 2009-2015, co que de \u00faltimos seis anos, nada: son 7: 09, 10, 11, 12, 13, 14, 15&#8230; pero iso \u00e9 s\u00f3 un detalle de suma. A elecci\u00f3n de seis e non de 4 ou ouito anos, per\u00edodos m\u00e1is axustados \u00f3s mandatos municipais, \u00e9 un misterio para min.<\/p>\n<p>Continuando, as cifras totais que ofrece poder\u00edan po\u00f1erse como<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjMbVGoAaFDXwgkxY4sD6VgbkDWZEtxi57KJrwdBe0h6ZwM3EdHe126e2zDOt1GbOltLAP8ZRdd69ofIWA4vRH4fNV1ybOmN1UVVGXf1aEsbKwIeeXdKE9ErPcaf2CANDVJv19e5A\/s2048\/inversi%C3%B3ns+en+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjMbVGoAaFDXwgkxY4sD6VgbkDWZEtxi57KJrwdBe0h6ZwM3EdHe126e2zDOt1GbOltLAP8ZRdd69ofIWA4vRH4fNV1ybOmN1UVVGXf1aEsbKwIeeXdKE9ErPcaf2CANDVJv19e5A\/s2048\/inversi%C3%B3ns+en+Ribadeo.jpg\" height=\"470\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Agora ben, no mesmo texto confunde e tenta aclarar \u00f3 tempo que se trata de gasto, non de inversi\u00f3ns&#8230; obviando polo demais cousas como o financiamento ou misi\u00f3n dunha e outra entidade&nbsp; no ordenamento actual, por non dicir que, se &#8216;a Xunta gastase moito en Ribadeo&#8217; ser\u00eda en detrimento doutros lugares nos que gastar\u00eda menos, establecendo unha diferenza da que o criterio ser\u00eda&#8230; quizais o clientelismo?<\/p>\n<p>Por casualidade, te\u00f1o gardados os <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2011\/03\/inaugurando-edar-de-ribadeo-algunhas.html\">audios da inauguraci\u00f3n da estaci\u00f3n depuradora de augas residuais de Ribadeo (EDAR<\/a>) nos que aparece (como destaco na entrada que resino) que o custe total de instalaci\u00f3ns e mantemento nos primeiros 20-25 anos est\u00e1 en 18,5 mill\u00f3ns de euros, sendo esta unha cifra non fixa, pois falouse de cifras diferentes para cousas parellas. No panfleto &#8216;informativo&#8217;&nbsp; podemos que a principal &#8216;actuaci\u00f3n&#8217; (tanto que aparece como case 1\/3 do total da inversi\u00f3n xunteira) \u00e9 precisamente a Estaci\u00f3n Depuradora, con&#8230; 19 402 377 \u20ac. Repito, \u00e9 do 2011, e as cifras corresponder\u00edan \u00f3s primeiros 25 anos, \u00e9 dicir, ata o 2036, e non \u00f3s 6 anos pasados.<\/p>\n<p>Ben, por casualidade estiven d\u00edas pasados lendo un libro, <a href=\"http:\/\/consorcioeditorial.com\/libro-318.EDUCACION-DEMOCRATICA-OU-BARBARIE-0920010318\">Educaci\u00f3n democr\u00e1tica ou barbarie<\/a>, que non me gusta demasiado, pero que ten t\u00e1boas e datos moi aproveitables. Por exemplo, aporta o dato referido a 2013 de que a capacidade de gasto de comunidades aut\u00f3nomas espa\u00f1olas en relaci\u00f3n a corporaci\u00f3ns locais era de 35 a 13. \u00c9 dicir, case o triplo. Pero resulta que no referido a Ribadeo, o panfleto do PP destaca que a xunta investiu un 22% m\u00e1is que o concello&#8230; \u00e9 dicir, estar\u00eda nun&nbsp; nivel de gasto en Ribadeo abondo inferior \u00f3 que lle corresponder\u00eda nesta entidade local. Non me vou estender en que o libro fai un estudo da inversi\u00f3n relativa da Xunta nos concellos segundo a &#8216;cor pol\u00edtica&#8217; que ostenta o mando neles e a &#8216;cor pol\u00edtica&#8217; que ostenta o mando na Xunta&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Medias verdades, como moito. A pasada semana, apareceron enchendo os buz\u00f3ns os primeiros panfletos dirixidos espec\u00edficamente \u00e1s elecci\u00f3ns municipais. Entre verdades de pleno, aparec\u00edan as medias verdades, por non dicir sinxelamente tam\u00e9n as mentiras. Case coincid\u00edan ademais no tempo coa nova nos xornais de que este ano as subvenci\u00f3ns directas a partidos por resultados electorais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[132,13,9],"class_list":["post-6584","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-municipais-2015","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6584","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6584"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6584\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6584"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6584"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6584"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}