{"id":6576,"date":"2015-04-13T08:03:00","date_gmt":"2015-04-13T06:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:01:58","modified_gmt":"2024-11-12T13:01:58","slug":"os-luns-confuso-habera-sol","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/04\/13\/os-luns-confuso-habera-sol\/","title":{"rendered":"Os luns, confuso: haber\u00e1 Sol?"},"content":{"rendered":"<p>A pel\u00edcula &#8216;Los lunes al Sol&#8217; ten xa anos lembrando que pasa na crise. Despois dos cambios habidos na lexislaci\u00f3n, econom\u00eda, sociedade e mentalidade da xente (nosa), coido que haber\u00eda que reformular o t\u00edtulo. Non se trata de pasar os luns \u00f3 Sol, sen\u00f3n de preguntarse se haber\u00e1 no futuro un Sol \u00e1 caricia do que pasar os luns ou calquera outro d\u00eda.<\/p>\n<p>Onte Rajoy voltou co da &#8216;xente normal&#8217;: xente normal ser\u00eda a minor\u00eda do censo que ten votado \u00f3 PP a partir de promesas de pacotilla e que permitiulle ter maior\u00eda absoluta nas c\u00e1maras onde se exerce o poder. A m\u00e1is, segundo Rajoy, a s\u00faa &#8216;xente normal&#8217; opo\u00f1er\u00edase \u00f3s &#8216;<a href=\"http:\/\/academia.gal\/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&amp;id=1443871\">anormais<\/a>&#8216;, zascandils que votar\u00edan a partidos non tradicionais (por certo, onte mesmo sa\u00edu unha enquisa dando a primeira praza en votos a Podemos, a\u00ednda que por escasa diferencia). Coido que, a pesares da diferencia e de querer dicir que a s\u00faa &#8216;xente normal&#8217; son espa\u00f1ois e o resto non merecen selo (nin gobernar para eles), tampouco pode chamarse Rajoy a ter gobernado para a &#8216;xente normal&#8217;, sen\u00f3n para (seus) amigos da elite, que cerran filas con el.<\/p>\n<p>Cavilando sobre o anterior, atopo <a href=\"http:\/\/im-pulso.blogspot.com.es\/\">im-pulso<\/a> cun <a href=\"http:\/\/im-pulso.blogspot.com.es\/2015\/04\/atencion-gente-normal-el-lider-del-pp.html\">artigo que se me adiantou no tema<\/a>: a este paso, determinar\u00e1n a normalidade a golpe de lei segundo os seus patr\u00f3ns. Coido que xa se est\u00e1 a facer: dicir quen e normal, e deixando legalmente \u00e1 maior\u00eda da poboaci\u00f3n como anormal e na <a href=\"http:\/\/academia.gal\/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&amp;id=1443872\">anormalidade<\/a>. Por certo, que anormal ven de sen norma (a- normal), a\u00ednda que agora se colla como f\u00f3ra dela. Axusto porque \u00e9 algo diferente non estar suxeto a unha norma a estar f\u00f3ra dela.<\/p>\n<p>Un exemplo &#8216;de hoxe&#8217; entre os millerios posibles sobre xente &#8216;normal&#8217;: certo, a xente tenta facer cousas como non pagar por algo que non se usa en troques de facer pagar \u00f3 com\u00fan por algo, se use ou non se use. Pois iso ser\u00eda &#8216;anormal&#8217;: v\u00e9xase o pago -tanto por alumno- que a Xunta remata de acordar coas produtoras cinematogr\u00e1ficas para proxectar pel\u00edculas nos centros educativos: cantas pel\u00edculas se se proxectan nos centros que non sexan documentais p\u00fablicos? -por po\u00f1elo en curto-.<\/p>\n<p>Como segunda parte do exemplo, m\u00e1is ben tentamos facer cousas noutro sentido, colaborando: ver &#8220;Caf\u00e9 Google: cafe\u00edna, ideas libres y Red para salvar el mundo (y II)&#8221; do que non po\u00f1o ligaz\u00f3n precisamente por esas leis que tentan conformar a &#8216;normalidade a medida&#8217; de quen as fai e os seus intereses.<\/p>\n<p>Ben, en Ribadeo hoxe esta o ceo con nubes. Non se ve o Sol, pero a\u00ednda quese diga &#8216;non hai Sol&#8217;, todos sabemos que si, que detr\u00e1s desas nubes, pode sa\u00edr en calquera momento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A pel\u00edcula &#8216;Los lunes al Sol&#8217; ten xa anos lembrando que pasa na crise. Despois dos cambios habidos na lexislaci\u00f3n, econom\u00eda, sociedade e mentalidade da xente (nosa), coido que haber\u00eda que reformular o t\u00edtulo. Non se trata de pasar os luns \u00f3 Sol, sen\u00f3n de preguntarse se haber\u00e1 no futuro un Sol \u00e1 caricia do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32],"class_list":["post-6576","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6576","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6576"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6576\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6576"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6576"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6576"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}