{"id":6570,"date":"2015-04-17T08:34:00","date_gmt":"2015-04-17T06:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:01:49","modified_gmt":"2024-11-12T13:01:49","slug":"historia-dunha-tarde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/04\/17\/historia-dunha-tarde\/","title":{"rendered":"Historia dunha tarde"},"content":{"rendered":"<p>Dende un punto de vista estritamente persoal coido que debe ser contado.<\/p>\n<p>1.Historia lonxana<\/p>\n<p>Polo que me te\u00f1en dito (sen corroborar pola mi\u00f1a conta), no pasado t\u00e9\u00f1ense presentado&nbsp; d\u00faas veces agrupaci\u00f3ns de electores nas municipais ribadenses. A primeria ser\u00eda no ano 1979, encabezada por Antonio Mart\u00ednez, que obtivo catro concellais. A segunda, no ano 1991, encabezada por Ram\u00f3n Acu\u00f1a, actual presidente do Club N\u00e1utico e daquela expulsado do PSOE, obtendo 345 votos sen acadar representaci\u00f3n. En ningunha das d\u00faas ter\u00eda habido primarias. Ademais, as condici\u00f3ns do concello de aquela non esixir\u00edan 500 avais.<\/p>\n<p>2.Historia pr\u00f3xima<\/p>\n<p>O artellamento de ReC, en calquera caso, ser\u00eda moi diferente das anteriores ocasi\u00f3ns nas que se presentaron agrupaci\u00f3ns de electores, tendo unha orixe asemblearia, tendo escollido nesa asemblea o formato de agrupaci\u00f3n e recibindo en febreiro a nova de que Ribadeo pasou de 10 000 habitantes e polo tanto necesitar\u00edase de 500 avais (e non 100 para os concellos de menos de 10 000 habitantes), a recoller entre 1 e 20 de abril, inclu\u00eddas nese tempo as tarefas administrativas da propia presentaci\u00f3n, a m\u00e1is da verificaci\u00f3n e por suposto, a montaxe de follas previa \u00e1 verificaci\u00f3n (adxuntar copia de DNI a datos persoais e sinatura).<\/p>\n<p>Este proceso, debido \u00e1s necesidades organizativas da plataforma, sobremontouse \u00e1s primarias para elecci\u00f3n de candidatos.<\/p>\n<p>3.Onte pola tarde<\/p>\n<p>Cheguei tarde a enterarme, pero a primeira hora da tarde, saltaba a nova de sms en sms, whatsapp en whatsapp, correo en correo, redes sociais&#8230;O secretario vido de Lugo estaba botando embaixo unha grande cantidade de avais e a posibilidade de presentarse \u00e1s elecci\u00f3ns estaba no aleiro. Os fitos da historia pode seguirse, por exemplo, no <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/profile.php?id=100008408597545\">Facebook<\/a>. \u00c9 m\u00e1is dif\u00edcil de seguir a realidade do movemento.<\/p>\n<p>Ribadeo en Com\u00fan ampliou o prazo de votaci\u00f3n en primarias. Corto e pego de Fb: &#8220;<em>Superada a recollida de avais, onte centramos a vista da Asemblea nas<br \/>\n nosas primarias. O informe da comisi\u00f3n de garant\u00edas sobre o proceso<br \/>\nestimou que ReC, centrada na recollida de avais, adicou un esforzo<br \/>\ninsuficiente \u00e1 promoci\u00f3n da participaci\u00f3n do censo na selecci\u00f3n das<br \/>\npersoas candidatas. <\/em><\/p>\n<p><em> En consecuencia a Asemblea estimou<br \/>\nconveniente abrir de novo o proceso desde hoxe at\u00e9 o venres \u00e1 ma\u00f1\u00e1, e<br \/>\ngarantir a trav\u00e9s das redes sociais e v\u00eda e-mail e mesmo tel\u00e9fono, que<br \/>\ntodo o cen<span class=\"text_exposed_show\">so ten acceso a esta informaci\u00f3n.<\/span><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n Polo tanto, se ata o momento non tes votado, ou co\u00f1eces a algu\u00e9n que<br \/>\na\u00ednda o poda facer, inform\u00e1moste que a urna estar\u00e1 aberta en Clip Graf<br \/>\n(fronte \u00e1 igrexa de Sta. Mar\u00eda do Campo) m\u00e9rcores 15 de 19:00 a 21:00,<br \/>\nxoves 16 de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 e venres 17 de 12:00 a<br \/>\n14:00.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>N\u00f3tese que comeza con &#8216;Superada a recollida de avais&#8217;, pois as primeiras novas, de m\u00e9rcores, as\u00ed o indicaban, o que motivou a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/04\/nota-de-prensa-mais-de-500-ribadenses.html\">nova de prensa que se reproduciu no blog<\/a>. Ben, polo que parece non estaba superada, pero ReC tentou ampliar a democracia que practica.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que \u00e1 primeira hora da tarde de onte, xoves, no mesmo lugar, aparec\u00eda outra nota: &#8220;<em>AVISO URXENTE: Contradicindo as novas recibidas oralmente onte m\u00e9rcores, hoxe desde o Concello estanse a rexeitar un enorme n\u00famero de avais coa xustificaci\u00f3n dun defecto de forma, consistente -ao parecer- en que &#8220;algunhas firmas non se parecen&#8221;. Esta explicaci\u00f3n est\u00e1 a servir para rexeitar case dous de cada cinco avais.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Precisamos apoio urxente dos ribadenses para emendar o que sexa emendable no prazo m\u00e1is curto posible, ou no seu defecto para recoller novos avais hoxe mesmo. Os que poidades, achegarvos a Clip Graf a botar unha man. Alg\u00fans de n\u00f3s estamos no Concello para vixiar a limpeza do proceso e un trato xusto a esta iniciativa democr\u00e1tica.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>E a cidadan\u00eda p\u00faxose en marcha. Cando me enterei, no concello hab\u00eda varias persoas, pero tam\u00e9n en Clip Graf, a m\u00e1is doutras pola r\u00faa estaban activadas. E notouse, vaia que si.<\/p>\n<p>Non era para menos, pois resulta que o secretario ma\u00f1\u00e1 estar\u00eda en Lugo, non en Ribadeo, co seu traballo al\u00ed, e cotexar as sinaturas \u00e9 un proceso lento se se trata de tal n\u00famero. \u00c9 dicir, hab\u00eda que solucionalo pola tarde.<\/p>\n<p>\u00d3 final, como aparece noutra mensaxe de Facebook, superouse a proba. Quizais non s\u00f3 polo aporte de novos avais, sen\u00f3n sinxelamente pola comprobaci\u00f3n de que detr\u00e1s da iniciativa est\u00e1 a xente, moita xente. 563 avais en 134 follas (cada folla ten 5 avais, o que dar\u00eda un total de 670, pero unhas poucas non estaban cheas), o que representa entre 80 e 100 rexeitamentos, alg\u00fans deles subsanables. \u00c9 dicir, case un 13% m\u00e1is de avais dos esixidos, despois os rexeitamentos: sinaturas que corresponden a xente que cada vez asina de xeito diferente, dni borrosos na copia, etc.<\/p>\n<p>A nota final no Fb corrobora os feitos: &#8220;<em>Amig@s!<\/em><\/p>\n<p><em> Finalmente todo quedou nun -grande- susto. Aos 110<br \/>\npliegos entregados no seu momento, conseguimos engadir outros 25 en<br \/>\nmenos de d\u00faas horas, para ir substitu\u00edndo os erros de forma, ao tempo<br \/>\nque se corrix\u00edan os erros subsanables. Finalmente temos 563 avais<br \/>\nautenticados e &#8220;RIBADEO EN COM\u00daN&#8221; segue rumbo.<\/em><\/p>\n<p><em> Non queremos<br \/>\nentrar en valoraci\u00f3ns precipitadas do sucedido hoxe. ReC est\u00e1 aqu\u00ed para<br \/>\npropo\u00f1er, e non para crear pol\u00e9micas est\u00e9riles baseadas en xu\u00edzos de<br \/>\nintenci\u00f3ns. Preg<span class=\"text_exposed_show\">\u00e1mosvos que apoiedes<br \/>\nesta li\u00f1a de actuaci\u00f3n tam\u00e9n vosoutr@s: precisaremos en adiante a<br \/>\nenerx\u00eda, traballo e compromiso de tod@s para comezar a construci\u00f3n do<br \/>\nfuturo do noso concello. <\/span><\/em><\/p>\n<p class=\"text_exposed_show\"><em> Sa\u00edmos fortalecid@s! Moitas gracias a tod@s pola vosa mobilizaci\u00f3n.<\/em>&#8220;<\/p>\n<p>Un susto que se traduciu nunha aprendizaxe m\u00faltiple, dende xeito de facer as cousas ata a forma de mobilizaci\u00f3n, \u00f3 tempo que nunha<br \/>\nmostra de apoio \u00e1 iniciativa que vale m\u00e1is que moita propaganda.<\/p>\n<p>4.De cara \u00f3 futuro <\/p>\n<p>\u00c9 evidente que nunha iniciativa as\u00ed, d\u00eda a d\u00eda hai que superar retos. Tam\u00e9n \u00e9 evidente que agora mesmo, ReC non ten s\u00f3 ante si o desaf\u00edo de presentar unha candidatura \u00e1s elecci\u00f3ns, sen\u00f3n tam\u00e9n de levar \u00e1 xente \u00f3 concello. \u00e1 xente que apoia, a toda a xente. Nesas est\u00e1 a cousa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende un punto de vista estritamente persoal coido que debe ser contado. 1.Historia lonxana Polo que me te\u00f1en dito (sen corroborar pola mi\u00f1a conta), no pasado t\u00e9\u00f1ense presentado&nbsp; d\u00faas veces agrupaci\u00f3ns de electores nas municipais ribadenses. A primeria ser\u00eda no ano 1979, encabezada por Antonio Mart\u00ednez, que obtivo catro concellais. A segunda, no ano 1991, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,132,13,135],"class_list":["post-6570","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-eleccions-municipais-2015","tag-politica","tag-rec"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6570","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6570"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6570\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6570"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6570"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6570"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}