{"id":6548,"date":"2015-05-06T19:24:00","date_gmt":"2015-05-06T17:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:01:02","modified_gmt":"2024-11-12T13:01:02","slug":"recollido-da-rede-ribadeo-alen-do-masma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/05\/06\/recollido-da-rede-ribadeo-alen-do-masma\/","title":{"rendered":"Recollido da rede: Ribadeo, al\u00e9n do Masma (dende Santiago, claro)"},"content":{"rendered":"<p>Despois de incidir hoxe mesmo nunha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/05\/3-fotos-no-entorno-do-concello-antes-da.html\">visi\u00f3n de Ribadeo pre-elecci\u00f3ns<\/a>, ligo aqu\u00ed, \u00f3 tempo que corto e pego, unha entrada do blog de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/\">O Cargadoiro<\/a>, co t\u00edtulo &#8220;<em><a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/05\/00420-remata-galicia-no-masma.html\">Remata Galicia no Masma?<\/a><\/em>&#8220;:<\/p>\n<p><em>Tres longos anos chamando \u00e1s portas de San Caetano! Os veci\u00f1os de Ribadeo s\u00f3 ped\u00edan unha xuntanza coa Conselleira de Benestar. Unha pequena reuni\u00f3n para falarlle da necesidade dunha nova residencia para os seus vellos. Pero, papeis van, silencio v\u00e9n. Esa foi a resposta \u00e1s insistentes chamadas dos veci\u00f1os de Ribadeo, apoiadas por m\u00e1is de d\u00faas mil sinaturas. O silencio total. Como pontificou o principal voceiro do PP de ent\u00f3n en Ribadeo: \u201cSi quieren algo, que se presenten a las elecciones\u201d. Co pobo de Ribadeo non se fala. Som\u00e9teselle \u00e1 damnatio memoriae. Para o goberno de San Caetano Ribadeo non existe dende que est\u00e1 o BNG no Concello. Para eles Galicia remata no Masma.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pero &#8211; cousas da democracia! &#8211; pasa que as veces cambian as tornas. O tempo corre \u00e1 presa e as elecci\u00f3ns locais tornan a estar a\u00ed. \u00c9 agora o PP o que chama \u00e1s portas dos veci\u00f1os de Ribadeo. Necesita o seu voto. Quere gobernar as s\u00faas vidas e facendas dende o Concello. Nos taboleiros electorais aparecer\u00e1n outra vez as caras dos seus candidatos. Caras novas coas vellas verbas de sempre. E empezar\u00e1n a soar outra vez os meg\u00e1fonos percorrendo as r\u00faas e aldeas de Ribadeo para pregoar as s\u00faas sedutoras propostas e apaixonantes promesas. Tentar\u00e1n captar \u00f3s votantes coas s\u00faas teimosas  promesas. Xusto o que fixo Rajoy cando estaba na oposici\u00f3n. Logo pasou o que pasou. E \u00e9 que o levan na natureza. Presentar\u00e1n moitos proxectos estrela para trocar Ribadeo nun para\u00edso. Baixar os impostos municipais, dotar \u00f3s veci\u00f1os de m\u00e1is e mellores servizos e outras lindezas, como prometerlles un c\u00e9spede novo para o campo de f\u00fatbol. E\u2026 blablabla. Pero si non acadan o apoio do pobo nas urnas, Ribadeo desaparece do mapa. Para eles Galicia remata no Masma.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pero para cobrar copagos e impostos aos ribadenses Galicia non remata no Masma, remata no Eo. Os portazos e desprezos a Ribadeo suc\u00e9dense uns tras outros. O trato que o goberno da Xunta dispensa ao pobo de Ribadeo depende do partido que goberne no Concello. Xusto como na Idade Media: \u201ccuius regio, eius religio\u201d, \u00e9 dicir,  segundo o goberno que os veci\u00f1os te\u00f1an no Concello as\u00ed ser\u00e1n tratados pola Xunta. Porque a tal goberno, tal apoio. Ou sexa, castigar o goberno do BNG no Concello repartindo hostias nas meixelas dos veci\u00f1os. Esa \u00e9 a s\u00faa estratexia pol\u00edtica: pisar o rabo aos ribadenses para que ladren ao BNG no pazo de Ib\u00e1\u00f1ez.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pero, a pesar dos atrancos e das falsas promesas da Xunta, as obras da nova residencia de anci\u00e1ns seguen adiante a bo paso, grazas ao apio econ\u00f3mico da Unidade de Benestar da Deputaci\u00f3n Provincial e do mesmo Concello, gobernado polo BNG. Os veci\u00f1os de Ribadeo ter\u00e1n axi\u00f1a un novo edificio para aloxar os seus vellos e pasar nel os seus derradeiros d\u00edas. Axudar\u00e1 a Xunta na s\u00faa vindeira xesti\u00f3n ou haber\u00e1  que agardar a que goberne no Concello o PP?<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>\u201cMans que non dades, que esperades?\u201d Vela\u00ed un dito para lembrar cando o PP chame \u00e1s portas dos Ribadenses. Porque se nesta vida todo xira ao redor do  c\u00edrculo de reciprocidade \u201cdo ut des\u201d, \u00e9 dicir, douche para que me deas, e se \u00e9 verdade que os feitos dos homes est\u00e1n movidos por esta realidade, hai que preguntarse, que lle deben ao PP os veci\u00f1os de Ribadeo na procura da nova residencia? Parab\u00e9ns, quizabes? M\u00e1is ben, pagarlle coa mesma moeda cando chame \u00e1s s\u00faas portas para pedirlles o voto. Porque, para cobrar impostos Galicia remata no Eo. Pero, para axudar aos ribadenses remata no Masma.<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de incidir hoxe mesmo nunha visi\u00f3n de Ribadeo pre-elecci\u00f3ns, ligo aqu\u00ed, \u00f3 tempo que corto e pego, unha entrada do blog de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez, O Cargadoiro, co t\u00edtulo &#8220;Remata Galicia no Masma?&#8220;: Tres longos anos chamando \u00e1s portas de San Caetano! Os veci\u00f1os de Ribadeo s\u00f3 ped\u00edan unha xuntanza coa Conselleira de Benestar. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,132,13,9],"class_list":["post-6548","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-eleccions-municipais-2015","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6548"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6548\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}