{"id":6544,"date":"2015-05-12T07:54:00","date_gmt":"2015-05-12T05:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:00:56","modified_gmt":"2024-11-12T13:00:56","slug":"presentacion-curiosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/05\/12\/presentacion-curiosa\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n curiosa: Apuntes sobre Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgFr0NZXW2zXq4kNWOCfuUh5Y9qloYVNYvCgoYGP5mIA2usp0kVTnfTyMHMQr0QTad75DHmT2Vwg6jcK2DGJwK5ZXCsaajvOJDe_MGUNVyiBhuOSDz-SMq5tXUjfr6YhU19sTgCQ\/s2048\/Apuntes+sobre+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjgFr0NZXW2zXq4kNWOCfuUh5Y9qloYVNYvCgoYGP5mIA2usp0kVTnfTyMHMQr0QTad75DHmT2Vwg6jcK2DGJwK5ZXCsaajvOJDe_MGUNVyiBhuOSDz-SMq5tXUjfr6YhU19sTgCQ\/s2048\/Apuntes+sobre+Ribadeo.jpg\" width=\"430\" \/><\/a><\/p>\n<p>Cortopego e comento embaixo unha nota da secci\u00f3n de novas da web do concello [Para quen non queira esperar, as <a href=\"http:\/\/issuu.com\/agremon\/docs\/apuntes_sobre_ribadeo_parte_01\">primeiras p\u00e1xinas de Apuntes sobre Ribadeo de M\u00e9ndez San Juli\u00e1n<\/a> (e <a href=\"http:\/\/issuu.com\/agremon\/docs\/apuntes_sobre_ribadeo_parte_02\">as segundas<\/a>) en versi\u00f3n fotocopiada de man en man, e polo tanto, baixa calidade]:<\/p>\n<p>&#8220;<em>A PRIMEIRA EDICI\u00d3N DATA DE 1884<\/em><\/p>\n<p><em>Apuntes sobre Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em>11\/05\/2015<\/em><\/p>\n<p><em>O sal\u00f3n de plenos acolleu esta tarde a presentaci\u00f3n da edici\u00f3n facsimilar do libro &#8220;Apuntes sobre Ribadeo&#8221;, unha compilaci\u00f3n de actas do Concello dos s\u00e9culos XVI ao XIX, que realizou o que fora alcalde, Fernando M\u00e9ndez San Juli\u00e1n. O servizo de publicaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n de Lugo foi o encargado de reeditar este libro, do que se por\u00e1n \u00e1 venda 500 exemplares, que recollen un anaco da historia de Ribadeo. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Su\u00e1rez; a concelleira de Cultura, Mariluz \u00c1lvarez Lastra; o vicepresidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Antonio Veiga; e os voceiros municipais.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Na s\u00faa intervenci\u00f3n Su\u00e1rez Barcia sinalou que &#8220;desde hai un tempo levabamos ped\u00edndolle \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo, para que a trav\u00e9s do seu servizo de publicaci\u00f3ns, puidera axudarnos a non perder esta historia, porque Ribadeo \u00e9 un concello con moita historia, non se creou como outros de cerca no s\u00e9culo XVIII ou no XIX. E este era un cachi\u00f1o da historia que estaba en moi poucas mans e quer\u00edamos socializalo\u201d. E lembrou que \u201cnos \u00faltimos tempos estivemos a colocar novas placas das r\u00faas con pequenos datos hist\u00f3ricos, para que a xente que nos visita e os que somos de aqu\u00ed saibamos exactamente o que agochan eses nomes e a historia dos anos. O vicepresidente da Deputaci\u00f3n prestouse e traballou activamente para que puideramos ter esta edici\u00f3n facsimilar de Apuntes sobre Ribadeo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor engadiu que &#8220;como \u00e9 algo institucional e hist\u00f3rico quixemos que estivesen aqu\u00ed os voceiros da Corporaci\u00f3n Municipal actual para que asistan \u00e1 presentaci\u00f3n deste anaqui\u00f1o da historia local&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Antonio Veiga, vicepresidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, dixo que &#8220;este libro permite ter un compendio de datos interesantes para os estudosos e investigadores que queiran co\u00f1ecer a historia de Ribadeo ou que queiran trasladar isto \u00e1s xeraci\u00f3ns vindeiras&#8221;. E tivo palabras de agradecemento para o xefe de publicaci\u00f3ns da instituci\u00f3n, Xan Ramiro Cuba, &#8220;porque se volcou moito para que a d\u00eda de hoxe este libro estivese listo. Sobre Ribadeo non \u00e9 o primeiro libro que publicamos, porque fixemos moitos m\u00e1is nestes catro anos&#8221;. E manifestou que vai ler este libro &#8220;porque me gusta furgar na historia&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Por \u00faltimo, Eduardo Guti\u00e9rrez, voceiro do PSOE, como co\u00f1ecedor da historia de Ribadeo e da figura do alcalde Fernando M\u00e9ndez San Juli\u00e1n, indicou que &#8220;\u00e9 unha persoa curiosa. Naceu en 1835, foi profesor da Escola de N\u00e1utica de Ribadeo en 1872 con 37 anos. Nesa \u00e9poca xa estaba aqu\u00ed, estudou leis en Oviedo, etc. En 1873 foi presidente do C\u00edrculo de Recreo, o famoso Casino, situado no que foi logo o colexio das monxas, na r\u00faa Trinidade. Era unha das sociedades m\u00e1is poderosas da \u00e9poca en toda a provincia. En 1877 con 42 anos foi alcalde, non foi o rexedor m\u00e1is novo, a el ga\u00f1eille eu e a min Fernando Su\u00e1rez Barcia. No ano 1878 dimite porque foi nomeado promotor fiscal, unha especie de axudante do fiscal. \u00c9 un termo que hoxe non se emprega&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Guti\u00e9rrez subli\u00f1ou que &#8220;era unha persoa moi preparada, moi culta e moi ilustrada. En 1879 hai unha serie de artigos publicados na Ilustraci\u00f3n Gallega y Asturiana, dirixida por Murgu\u00eda. No 1880 asina o seu testamento con 45 anos, no 83 asina o pr\u00f3logo dos Apuntes sobre Ribadeo e no 84 ed\u00edtase o libro. E falece en 1902 aos 67 anos. Est\u00e1 enterrado no cemiterio municipal de Ribadeo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Hai que lembrar que en xaneiro de 2014 o alcalde ribadense, Fernando Su\u00e1rez, recolleu no Arquivo do Reino de Galicia uns 40 libros que o Concello lles enviara hab\u00eda trinta anos para a s\u00faa restauraci\u00f3n. Neses libros hab\u00eda actas municipais, exemplares relacionados co porto comercial e diversas documentaci\u00f3n hist\u00f3rica de Ribadeo. <\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Sa\u00fado a edici\u00f3n dun libro hist\u00f3rico para Ribadeo, que marca un resumo de actas equivalente a tres s\u00e9culos longos da vida do pobo. Chama a atenci\u00f3n a presentaci\u00f3n en petit comit\u00e9, moi democr\u00e1tico a nivel pleno municipal actual, que se poder\u00eda considerar de perfil baixo cara \u00e1s pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns. A cousa cambia cando se ve que o \u00fanico dos presentes non pertencentes \u00f3 BNG e que se volve presentar \u00e1s elecci\u00f3ns non \u00e9 mencionado na nova, o que acompa\u00f1a a que o alcalde actual \u00e9 citado m\u00e1is veces que Fernando M\u00e9ndez San Juli\u00e1n, ou que, para querer ser mantido de perfil baixo, \u00e9 das novas m\u00e1is longas da web.<\/p>\n<p>Como apuntei \u00f3 comezo, o libro levaba xa tempo sendo fotocopiado dunhas a outras mans por Ribadeo adiante, chegando a estar en parte inclu\u00eddo no xa inexistente &#8216;Publicado en Ribadeo&#8217; mercede a unha copia que consegu\u00edn, dunha calidade que me aconsellou non seguir escane\u00e1ndoo a partires dunha determinada p\u00e1xina. Ese \u00e9 o motivo de que o te\u00f1a colgado xa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cortopego e comento embaixo unha nota da secci\u00f3n de novas da web do concello [Para quen non queira esperar, as primeiras p\u00e1xinas de Apuntes sobre Ribadeo de M\u00e9ndez San Juli\u00e1n (e as segundas) en versi\u00f3n fotocopiada de man en man, e polo tanto, baixa calidade]: &#8220;A PRIMEIRA EDICI\u00d3N DATA DE 1884 Apuntes sobre Ribadeo 11\/05\/2015 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,132,11,9],"class_list":["post-6544","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-eleccions-municipais-2015","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6544","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6544"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6544\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6544"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6544"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6544"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}