{"id":6542,"date":"2015-05-14T08:30:00","date_gmt":"2015-05-14T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:00:52","modified_gmt":"2024-11-12T13:00:52","slug":"para-cando-o-primeiro-pleno-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/05\/14\/para-cando-o-primeiro-pleno-pleno\/","title":{"rendered":"Para cando o primeiro pleno pleno?"},"content":{"rendered":"<p>Unha vez m\u00e1is, o pleno manifestou ser unha cousa de pol\u00edticos: eran os que estaban avisados de que o haber\u00eda.<\/p>\n<p>A ver se me engano. Ti que est\u00e1s lendo isto, sab\u00edas con antelaci\u00f3n do pleno que houbo esta semana? \u00c9 m\u00e1is, sabes cando foi? Ben, podemos aclaralo a auga pasada. Foi o d\u00eda 11, o luns, e as\u00ed consta na propaganda institucional do concello na s\u00faa p\u00e1xina e as\u00ed foi distribu\u00eddo \u00f3s medios para a s\u00faa difusi\u00f3n, xunto cos tema tratados. Medios que puideron difundir unha foto de familia dos concelleiros, pois a maior\u00eda na pr\u00f3xima corporaci\u00f3n ser\u00e1n novos, e o do luns foi o \u00faltimo do mandato. A foto p\u00f3dese mirar nos xornais para asociar caras e campa\u00f1a, como xa rese\u00f1ei con outra diferente, a foto de presentaci\u00f3n de &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/05\/presentacion-curiosa.html\">Apuntes sobre Ribadeo<\/a>&#8216;. O certo \u00e9 que nunca antes me ti\u00f1a fixado tanto nos abusos de propaganda partidista.<\/p>\n<p>Sab\u00eda que ti\u00f1a que haber un pleno este mes, antes das elecci\u00f3ns, por iso estiven olleando a diario a p\u00e1xina web do concello. Atopei a\u00ednda martes a convocatoria para un curso que xa comezou, pero nada do aviso tantas veces pedido dos plenos, a manifestaci\u00f3n por parte da alcald\u00eda de que ten un m\u00ednimo interese en que a cidadan\u00eda participe, que fagamos algo m\u00e1is que votar ou pedir dun xeito clientelista, mantendo o control por parte do poder, claro.<\/p>\n<p>Ben, ata o de agora, nada novo en relaci\u00f3n a uns cantos mandatos. B\u00e1sicamente, os plenos est\u00e1n vac\u00edos de xente e non hai interese en enchelos para que nos fagamos cargo dos nosos asuntos. Parece que chega coa propaganda posterior do que se tratou.<\/p>\n<p>Pois imos tratar a propaganda. Cortopego a nota que leva colgada da web do concello puntualmente dende o d\u00eda seguinte \u00f3 pleno:<\/p>\n<p>&#8220;<em>O REXEDOR AGRADECE O TRABALLO REALIZADO POLA CORPORACI\u00d3N<br \/>\n\u00daltimo pleno do mandato<br \/>\n12\/05\/2015<\/p>\n<p>O Peprich e a liquidaci\u00f3n do exercicio de 2014 centraron o \u00faltimo pleno do mandato, que onte se celebrou no Concello de Ribadeo. Esta ma\u00f1\u00e1 o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, fixo balance dos \u00faltimos catro anos, dixo que foi un mandato moi frut\u00edfero no que conseguiron sacar adiante asuntos coma o PXOM ou a construci\u00f3n da residencia de maiores.<\/p>\n<p>O rexedor contou que &#8220;no d\u00eda de onte celebramos o derradeiro dos plenos ordinarios deste mandato 2011\/2015, tam\u00e9n rematando como empezamos con di\u00e1logo, con debate e sendo diferentes todos o grupos como somos entre n\u00f3s, pero tam\u00e9n no interesante para Ribadeo buscando consensos e buscando acordos como foi o caso. En primeiro lugar nesta declaraci\u00f3n un\u00e1nime que todos votamos contra un informe de Patrimonio, da Xunta, no que ten que ver co Peprich, onde lle pedimos que rectifique unha orde que nos da por non ser axustada a dereito concretamente cun empecinamento que ten Patrimonio, que favoreza o estreitamento da r\u00faa Ib\u00e1\u00f1ez. \u00c9 algo que todos os compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras dos grupos da Corporaci\u00f3n, xunto co alcalde, nos quixemos manifestar dunha maneira pol\u00edtica para dicirlle a Patrimonio que non todo vale&#8221;.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;outro dos asuntos moi importantes que se abordaron no pleno de onte foi a presentaci\u00f3n da liquidaci\u00f3n do exercicio de 2014, onde seguimos na senda positiva destes \u00faltimos anos, \u00e9 dicir que pechamos os exercicios con remanentes positivos de tesourer\u00eda, neste caso con 900.000 euros de aforro neto positivo, onde o l\u00edmite da d\u00e9beda que temos con bancos est\u00e1 moi por debaixo do m\u00e1ximo legal permitido. Por exemplo no \u00faltimo trimestre de 2014 seguimos cumprindo co per\u00edodo medio de pagamento a provedores, dentro de todos os par\u00e1metros esixibles e ao mesmo tempo reducindo o endebedamento bancario. Todo isto danos un marxe de liquidez para poder pagar aos provedores en tempo, algo que era impensable moitos anos atr\u00e1s&#8221;.<\/p>\n<p>O alcalde de Ribadeo aproveitou para facer balance do mandato que remata: &#8220;creo que foi un mandato moi fecundo, moi frut\u00edfero, en cuesti\u00f3n de cousas importantes para Ribadeo. A\u00ed est\u00e1 a pr\u00e1ctica unanimidade do Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal, o compromiso da Corporaci\u00f3n por apoiar as demandas dos veci\u00f1os para constru\u00edr unha residencia de maiores en Ribadeo, a pesares dos paus nas rodas que outras instituci\u00f3ns, nomeadamente a Xunta de Galicia, se empe\u00f1aron en po\u00f1ernos. A parte de que na Biblia David lle ga\u00f1ou a Goliat&nbsp; tam\u00e9n aqu\u00ed en Ribadeo un concello pequeni\u00f1o lle ga\u00f1ou \u00e1 Xunta nesa batalla por defender os intereses das nosas veci\u00f1as e dos nosos veci\u00f1os&#8221;.<\/p>\n<p>E engadiu: &#8220;quero darlles os meus parab\u00e9ns, non s\u00f3 aos compa\u00f1eiros do equipo de goberno, sen\u00f3n ao resto dos grupos da Corporaci\u00f3n que nese sentido estiveron firmemente con n\u00f3s, e moitas veces opo\u00f1\u00e9ndose aos seus partidos noutras instituci\u00f3ns. Quero valorarlles a todos e a todas que sempre miramos polo interese de Ribadeo, sempre nos asuntos importantes tivemos a Ribadeo por diante, sen perxuizo de que en moitas outras cousas discreparamos, tiveramos desencontros\u2026 esa \u00e9 a pol\u00edtica, esa \u00e9 a democracia, pero tam\u00e9n \u00e9 de valorar que nos asuntos importantes estivemos unidos. Quero darlles \u00e1s grazas a todos os que dunha maneira activa xa non van volver presentarse en listas e aos que nos volvamos presentar o pobo decidir\u00e1, dentro dun tempo, o sitio no que nos pon a cada un de n\u00f3s&#8221;. <\/em>&#8221;<\/p>\n<p>O t\u00edtulo da nota, moi pol\u00edtico. \u00d3 fin, cando algu\u00e9n morre pasa a ser &#8216;bo&#8217; de xeito &#8216;oficial&#8217;, non?<\/p>\n<p>O mandato foi moi moi fruct\u00edfero. Ben, iso sab\u00e9molo antes que a propia orde do d\u00eda do pleno, que permanecer\u00e1 desco\u00f1ecida mentres non vaiamos polo concello para vela (se segue exposta, que te\u00f1o observado son de curta duraci\u00f3n) ou despois (a saber cando, que esta ma\u00f1\u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/eadministracion\/plenos.php?txt=plenos&amp;lg=gal\">a \u00faltima acta colgada \u00e9 do 2014<\/a>), ver a acta colgada na web.<\/p>\n<p>Certo que houbo boas cousas. A residencia de maiores impulsada pola xente a traverso das asociaci\u00f3ns (algo moitas veces reco\u00f1ecido, pero non no primeiro par\u00e1grafo desta, a\u00ednda que si m\u00e1is embaixo contrapo\u00f1\u00e9ndoos \u00e1 Xunta, \u00e1 beira do concello) ou o PXOM ter\u00e1n as s\u00faas luces e sombras, pero foron sacados adiante no mandato que remata.<\/p>\n<p>Hai un punto sobre o Peprich, o ancho da r\u00faa Ib\u00e1\u00f1ez e Patrimonio. Houbo unanimidade, pero non me quedou claro que di a Xunta no seu informe, e polo tanto, a que se opuxo a corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As contas do goberno van ben, a\u00ednda que por outra banda, os n\u00fameros poden bailar, pois xa te\u00f1o visto un titular (A Mari\u00f1a-El Progreso) manexando unha cifra metade que a que se anuncia nesta nota de prensa. Claro, os conceptos son algo diferentes&#8230; De calquera xeito, a econom\u00eda do concello mellorou.<\/p>\n<p>E rematou. De novo, grazas \u00f3s compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras da corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Houbo m\u00e1is punto que se trataran? Enterar\u00e9monos cando nolo digan, que para eso andan todos os partidos co da transparencia.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDwFxSDG3NDftquX7i8Gw6F5kuN34oFN37fASzsb3dNDBV0tSz69eRs9Ro1XSSSPIAwstJl1oZPhCJEGkrToyJjGplS2WXO9W7wgVyyB9SnzReb3BDuRnlg5rtBUc9roX1-sJl-Q\/s2048\/map.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDwFxSDG3NDftquX7i8Gw6F5kuN34oFN37fASzsb3dNDBV0tSz69eRs9Ro1XSSSPIAwstJl1oZPhCJEGkrToyJjGplS2WXO9W7wgVyyB9SnzReb3BDuRnlg5rtBUc9roX1-sJl-Q\/s2048\/map.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O <a href=\"http:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=18\/43.53591\/-7.04128\">centro de Ribadeo, segundo openstreetmap<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha vez m\u00e1is, o pleno manifestou ser unha cousa de pol\u00edticos: eran os que estaban avisados de que o haber\u00eda. A ver se me engano. Ti que est\u00e1s lendo isto, sab\u00edas con antelaci\u00f3n do pleno que houbo esta semana? \u00c9 m\u00e1is, sabes cando foi? Ben, podemos aclaralo a auga pasada. Foi o d\u00eda 11, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,13],"class_list":["post-6542","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6542","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6542"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6542\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6542"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6542"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6542"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}