{"id":6540,"date":"2015-05-16T09:43:00","date_gmt":"2015-05-16T07:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:00:42","modified_gmt":"2024-11-12T13:00:42","slug":"a-convivencia-como-asunto-de-parroquia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/05\/16\/a-convivencia-como-asunto-de-parroquia\/","title":{"rendered":"A convivencia como asunto de parroquia"},"content":{"rendered":"<p>A <a href=\"http:\/\/www.ige.eu\/igebdt\/esqv.jsp?paxina=002011&amp;c=-1&amp;ruta=parroquias\/parroquias.jsp\">maior\u00eda da poboaci\u00f3n de Ribadeo est\u00e1 no pobo<\/a>. Era algo certo a comezos de s\u00e9culo e dende aquela non fixo m\u00e1is que aumentar a diferenza. A concentraci\u00f3n segue aumentando, e as parroquias son desco\u00f1ecidas.<\/p>\n<p>Coido que as frases anteriores non necesitan moita aclaraci\u00f3n. \u00c1 maior\u00eda do Ribadeo-vila, se se lle pregunta como ir a Cedofeita, cando menos, dubidar\u00e1. E \u00e9 Cedofeita a orixe desta entrada.<\/p>\n<p>Primeiro, alg\u00fan dato: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cedofeita,_Ribadeo\">Cedofeita<\/a> (184 hab. en 2004 segundo o censo do 2004) at\u00f3pase entre as parroquias de Arante (\u00f3 oeste), Covelas (\u00f3 norte, R\u00edo Grande mediante), Vilausende e Couxela (\u00f3 leste), limitando polo sur coa parroquia de Valboa, en Trabada (por certo, fronteiriza da di\u00f3cese de Mondo\u00f1edo-Ferrol coa de Oviedo, pois Trabada est\u00e1 dividida entre ambas).<\/p>\n<p>Na parroquia a poboaci\u00f3n envellece e dimin\u00fae (9 habitantes en tres anos, isto \u00e9, preto do 2% anual, entre os dous censos citados na entrada). A\u00ednda que hai casas renovadas, e mesmo algunha nova, nos \u00faltimos sete anos p\u00f3dense contar cos dedos dunha man os nenos nados de familias censadas en Cedofeita. E sobran dedos: en todo o val de Cedofeita (unha das d\u00faas zonas de poboaci\u00f3n, parte do val do r\u00edo Grande, a outra \u00e9 Pi\u00f1eiro, nas ladeiras que verquen \u00f3 rego de Ferreira, mirando cara a Trabada), houbo un nacemento nos \u00faltimos sete anos. <span data-offset-key=\"grrb-0-0\" data-reactid=\".6y.1:5.0.$right.0.0.0.0.1.0.0.1.0.0.$grrb.0:$grrb-0-0\"><span data-reactid=\".6y.1:5.0.$right.0.0.0.0.1.0.0.1.0.0.$grrb.0:$grrb-0-0.0\">Ou sexa, a media de idade vai medrando case a raz\u00f3n de un ano por cada ano que pasa.&nbsp;<\/span><\/span><\/p>\n<p><span data-offset-key=\"grrb-0-0\" data-reactid=\".6y.1:5.0.$right.0.0.0.0.1.0.0.1.0.0.$grrb.0:$grrb-0-0\"><span data-reactid=\".6y.1:5.0.$right.0.0.0.0.1.0.0.1.0.0.$grrb.0:$grrb-0-0.0\">Por certo, en Cedofeita non hai taberna-caf\u00e9 nin polo tanto onde comprar v\u00edveres, logo dep\u00e9ndese do coche.<\/span><\/span><\/p>\n<p>As vistas do val cara \u00f3 Mondigo, \u00f3 norte, son espectaculares. A tranquilidade invita&#8230; Hai a antiga escola (e xente que a lembra rebosante de xente), unha pista deportiva que se usa m\u00e1is para baile ou aparcamento que para deporte&#8230; e, \u00e1 s\u00faa beira, unha pequena construci\u00f3n e unha carpa permanente.<\/p>\n<p>Resulta que hai uns anos, a asociaci\u00f3n de veci\u00f1os Santa Mar\u00eda Magdalena de Cedofeita conseguiu unha pequena subvenci\u00f3n, e con alg\u00fan xubilado que sab\u00eda do tema, e m\u00e1is brazos, pux\u00e9ronse mans \u00e1 obra para lograr un pequeno local social en terreos de todos (a traverso do concello). A cousa foi fraguando, e hoxe unhas 20-30 persoas, unha parte substancial da xente do val de Cedofeita, os venres ten cea conxunta. Churrasco ou traendo das casas, ou mixto, cousas a escote, e convivencia. De xeito que se forma comunidade e, agora, nas elecci\u00f3ns, a opci\u00f3n non pasa por falar ou facer algo estilo mitin, sen\u00f3n por procurar o grupo na cea dos venres, xuntarse a eles e convivir.<\/p>\n<p>Pouca cousa, verdade? Quizais unha indicaci\u00f3n de como deberan ser as cousas en pol\u00edtica co contacto co pobo, unha volta que se deixan \u00e1 parte temas clientelares e outros que poden desvirtuar a visi\u00f3n buc\u00f3lica.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjm7UtKEXcNdtiMai7EFOtFXdGuEROqTxxy2SbU0aUQQABLukG3KBtgLzWbG8Tqw7v4pbtKohqzyTPHK6PByhI9H_V8BHZv-VubuS_dFHsAas2ZH6FGvhJUWaFvkLbo1bMbHXjINA\/s2048\/Cedofeita+Mondigo+%C3%B3+fondo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjm7UtKEXcNdtiMai7EFOtFXdGuEROqTxxy2SbU0aUQQABLukG3KBtgLzWbG8Tqw7v4pbtKohqzyTPHK6PByhI9H_V8BHZv-VubuS_dFHsAas2ZH6FGvhJUWaFvkLbo1bMbHXjINA\/s2048\/Cedofeita+Mondigo+%C3%B3+fondo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A pista de Cedofeita, co Mondigo \u00f3 fondo&#8230; e m\u00e1is cousas<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgQgv3xR6sYuy4iaydhe1-nGfZpY4mWYPOv0Qtm3_SC57uSAZQ5PT1Vb0jPUfmRwKuKktVPUWBWXZC6igr3mSuNjEJKEOL9-GSY9-rhSS4nMAC-FmvOojCsyp2PxCinMmGalIIKqg\/s2048\/Cedofeita+e+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"538\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgQgv3xR6sYuy4iaydhe1-nGfZpY4mWYPOv0Qtm3_SC57uSAZQ5PT1Vb0jPUfmRwKuKktVPUWBWXZC6igr3mSuNjEJKEOL9-GSY9-rhSS4nMAC-FmvOojCsyp2PxCinMmGalIIKqg\/s2048\/Cedofeita+e+Ribadeo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Cedofeita en Ribadeo, limitando con Trabada, collido do mapa que aparece na web do concello.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>M\u00e1is datos sobre Cedofeita, en <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/interior.php?txt=arbore_web40&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/interior.php?txt=arbore_web40&amp;lg=gal<\/a>:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Cedofeita<\/em><\/p>\n<p><em>Cedofeita est\u00e1 situada na \u00e1rea central do sur do municipio, lindando ao norte con Covelas, ao sur co concello de Trabada, ao leste con Santalla de Vilasusende e Couxela e ao oeste con Arante. O r\u00edo Grande, no que desauga aqu\u00ed o regueiro de Queixoiro, s\u00e9rvelle de fronteira natural nalgunhas zonas con Covelas mentres que, xa no sur, o rego de Ferreira fai o mesmo co municipio de Trabada.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Cunha superficie de 7,17 km2 e unha densidade de poboaci\u00f3n de 24,4 habitantes\/km2, Cedofeita suma 175 habitantes (INE 2007) en 11 entidades de poboaci\u00f3n: Barreiros (12 habitantes), A Currada (26), A Igrexa (12), O Pedregal (7), A Ponte (abandonado), Requiande (34), Santo Antonio (6), Teixido (15), A Trapa (10), Queixoiro (7) e Pi\u00f1eiro (46). Formando parte dalgunha destas entidades est\u00e1n tam\u00e9n os lugares do Burgo, A Granda e A Torre.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Cedofeita \u00e9 unha parroquia monta\u00f1osa, con numerosos vales, na que se alcanza unha altitude m\u00e1xima de 426 metros.<\/em><\/p>\n<p><em>Algo de historia<\/em><\/p>\n<p><em>Segundo Amor Meil\u00e1n esta parroquia ser\u00eda a antiga Cito Facha que xa figuraba no cambio feito polo bispo Paio de Cebeira co rei Afonso IX no ano 1202. Tivo o seu momento importante no s\u00e9culo XIX, cando coas parroquias lim\u00edtrofes crearon o concello de Cedofeita, independiz\u00e1ndose as\u00ed do municipio de Ribadeo. Non obstante, esta independencia durou pouco tempo xa que a integridade territorial do municipio de Ribadeo foi restaurada pola Xunta de Goberno da vila en 1843.<\/em><\/p>\n<p><em>Equipamentos<\/em><\/p>\n<p><em>Escola de Cedofeita<\/em><\/p>\n<p><em>Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que disp\u00f3n de equipamento inform\u00e1tico con conexi\u00f3n gratu\u00edta a internet.<\/em><\/p>\n<p><em>Teleclube de Pi\u00f1eiro<\/em><\/p>\n<p><em>Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que disp\u00f3n de equipamento inform\u00e1tico con conexi\u00f3n gratu\u00edta a internet.<\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Unha nota xa atrasada: o <a href=\"http:\/\/www.ige.eu\/igebdt\/esqv.jsp?paxina=002011&amp;c=-1&amp;ruta=parroquias\/parroquias.jsp\">censo das parroquias a 2001<\/a> (non puiden atopar os datos posteriores) para Ribadeo<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3HPMBvRIagFbctrk93mA4uPACpjT28D_ksDcW0TKwmHdmY5PNRicX9LiDkpb4FWr_G7iEhnx9yeJJYY-8AuYgcGPCj2kU-JXCYM5mzFL7u8tQL5Vs4gTse7ln-IsXyI0l72j5QQ\/s2048\/censo+parroquias+2001.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"310\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3HPMBvRIagFbctrk93mA4uPACpjT28D_ksDcW0TKwmHdmY5PNRicX9LiDkpb4FWr_G7iEhnx9yeJJYY-8AuYgcGPCj2kU-JXCYM5mzFL7u8tQL5Vs4gTse7ln-IsXyI0l72j5QQ\/s2048\/censo+parroquias+2001.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A maior\u00eda da poboaci\u00f3n de Ribadeo est\u00e1 no pobo. Era algo certo a comezos de s\u00e9culo e dende aquela non fixo m\u00e1is que aumentar a diferenza. A concentraci\u00f3n segue aumentando, e as parroquias son desco\u00f1ecidas. Coido que as frases anteriores non necesitan moita aclaraci\u00f3n. \u00c1 maior\u00eda do Ribadeo-vila, se se lle pregunta como ir a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-6540","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6540","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6540"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6540\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}