{"id":6529,"date":"2015-05-22T08:36:00","date_gmt":"2015-05-22T06:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T14:00:25","modified_gmt":"2024-11-12T13:00:25","slug":"e-fin-si-e-por-que-non-en-comenzando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/05\/22\/e-fin-si-e-por-que-non-en-comenzando\/","title":{"rendered":"E fin. Si? E por que non en comezando?"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe, venres, \u00e1 noite, rematan 15 d\u00edas de campa\u00f1a electoral, que comezaron a noite do xoves 7 de maio.<\/p>\n<p>A\u00ednda seguen a traer os xornais os rifirrafes dos pol\u00edticos en diversos lugares, \u00f3 tempo que seguen achegando ideas e programas que parecen moitas veces m\u00e1is sacados da chistera dun mago que de observar as necesidade da xente, e a maior\u00eda delas, provocadoras dun sorriso posterior a un pensamento que pode ir dende o &#8216;de que van?&#8217; ata o &#8216;outra mentira preelectoral&#8217;.<\/p>\n<p>O \u00fanico ant\u00eddoto co\u00f1ecido contra tal estupidez non se vende en farmacias, e parece escaso por estas terras despois dunha ditadura e un cada vez m\u00e1is f\u00e9rreo control da vontade polo mercado, controlado \u00e1 s\u00faa vez por intereses financieiros.<\/p>\n<p>Collendo unha cita dunha revista sobre municipalismo editada por El Diario, &#8220;Quenes son os idiotas? Segundo Pericles, os que non participan no goberno da s\u00faa vila e permiten que lles rouben.&#8221;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1bqQqbdSt0Lsmpk0iZubKDYrTyEmmJfBmREdFvbiTG2CisGgi7PN9K3yTEuQpy3wNnfjNJq_wdpU1ZO0MtKIQ9qW3ESZIYyfcIo5Epko_DNjMQr1c2-OBEdKKXAXVCzROAbr_fg\/s2048\/Que+cidade+queremos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"522\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1bqQqbdSt0Lsmpk0iZubKDYrTyEmmJfBmREdFvbiTG2CisGgi7PN9K3yTEuQpy3wNnfjNJq_wdpU1ZO0MtKIQ9qW3ESZIYyfcIo5Epko_DNjMQr1c2-OBEdKKXAXVCzROAbr_fg\/s2048\/Que+cidade+queremos.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Anaco de portada da revista citada. Nela, os grupos de xente van cada un para o seu lado, dun xeito ordenado, pero non dirixido.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>E participar non significa votar, ao menos, non s\u00f3 votar&#8230; E non fai falta revisar moito a historia para saber que <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pericles\">Pericles<\/a> sab\u00eda de que falaba.<\/p>\n<p>Por certo que o t\u00edtulo principal da revista \u00e9 &#8216;que cidade queremos&#8217;, que me lembra aquel &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/09\/o-ribadeo-que-queremos-do-antigo-blog.html\">o Ribadeo que queremos<\/a>&#8216;, do que se poden producir versi\u00f3ns sucesivas, como xa <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2009\/04\/o-ribadeo-que-queremos.html\">ten sa\u00eddo no blog<\/a> e seguir\u00e1n a sa\u00edr. Lembro neste senso que se presenta \u00e1s municipais en Ribadeo unha agrupaci\u00f3n que fai bandeira dun programa aberto no tempo, en contacto coa cidadan\u00eda, algo diametralmente oposto \u00e1 falta de programa que significa un folleto inchado con todo tipo de promesas propostas.<\/p>\n<p>Despois do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/05\/o-que-pesa-campana-electoral.html\">cuarto quilo de propaganda electoral<\/a> que recibimos na casa, collo \u00f3 azar alg\u00fan apartado dalg\u00fan dos partidos:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Construiremos un campo de f\u00fatbol de herba artificial (&#8230;)<\/em><\/p>\n<p><em>Actividades de lecer para mozos<\/em><\/p>\n<p><em>Crearemos pistas de atletismo e campo a trav\u00e9s<\/em><\/p>\n<p><em>Potenciaremos e apoiaremos a:<\/em><\/p>\n<p><em>-Escolas deportivas<\/em><\/p>\n<p><em>-Equipos deportivos de Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em>Crearemos foros deportivos.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p>Si? alque\u0144 pode traducir en &#8216;realidades o que di ese anaco de programa? Que promete, en concreto, este partido neste apartado?<\/p>\n<p>Poder\u00eda seguir con outros apartados do mesmo programa, ou dos outros. Uns explican con m\u00e1is acerto, outros te\u00f1en medidas m\u00e1is concretas, outros, m\u00e1is factibles&#8230; pero, o desenvolvemento electoral actual fai que como moito, a cousa remate coa c\u00e9lebre sentencia do rei Sol: &#8216;todo para o pobo, pero sen o o pobo&#8217;.<\/p>\n<p>Para cambiar, participar. Por certo, o mesmo partido do apartado comentado non ten nada sobre impulsar a participaci\u00f3n cidad\u00e1. E o \u00fanico partido dos que te\u00f1o propaganda do programa electoral que menciona a participaci\u00f3n cidad\u00e1, ad\u00edcalle o t\u00edtulo dun apartado, que non o contido e afirma de xeito impl\u00edcito que xa a hai (cando leva negando a s\u00faa estrutura xa moitos anos).<\/p>\n<p>Xa vai abondo escrito, non me vou meter por hoxe no &#8216;act\u00faa localmente, pensa globalmente&#8217;, que a\u00ednda hai pouco te\u00f1o escrito sobre o absurdo do lixo electoral.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Anteriores <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/elecci%C3%B3ns%20municipais%202015\">sobre as elecci\u00f3ns do 24 de maio<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe, venres, \u00e1 noite, rematan 15 d\u00edas de campa\u00f1a electoral, que comezaron a noite do xoves 7 de maio. A\u00ednda seguen a traer os xornais os rifirrafes dos pol\u00edticos en diversos lugares, \u00f3 tempo que seguen achegando ideas e programas que parecen moitas veces m\u00e1is sacados da chistera dun mago que de observar as necesidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,132],"class_list":["post-6529","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-eleccions-municipais-2015"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6529","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6529"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6529\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}