{"id":652,"date":"2024-05-06T11:28:00","date_gmt":"2024-05-06T09:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:59:50","modified_gmt":"2024-10-23T08:59:50","slug":"un-chio-en-maio-debuxo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/05\/06\/un-chio-en-maio-debuxo\/","title":{"rendered":"Un Ch\u00edo en maio: Debuxo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Co comezo de mes tivo lugar a edici\u00f3n dun novo n\u00famero da revista <a href=\"https:\/\/ch\u00edo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/Chio-Maio-30.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ch\u00edo, correspondente \u00f3 mes de maio<\/a> e cunha adicaci\u00f3n particular na portada \u00f3 debuxo, pero sen esquecer que este \u00e9 tam\u00e9n o mes cun d\u00eda adicado os museos. E a\u00ed, da mi\u00f1a man, aparece un artigo adicado \u00f3s museos de Ribadeo, que deixo abaixo tanto en pdf como nun formato web, composici\u00f3n diferente (e menos atractiva) da da <a href=\"https:\/\/ch%C3%ADo.com\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">revista<\/a>, \u00f3 tempo que lembro que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Ch%C3%ADo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ch\u00edo leva aparecendo no blog xa m\u00e1is de un ano<\/a>, as\u00ed como desde que estaba noutro acubillo web.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/key\/cvJ3vs62pj21ia?hostedIn=slideshare&#038;page=upload\" width=\"676\" height=\"700\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\"><\/iframe><\/p>\n<p>Dun museo desco\u00f1ecido<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Te\u00f1o que dicilo: en xeral, cada vez me chaman menos a atenci\u00f3n os museos. E logo, matizalo: hai museos e museos; na actualidade cr\u00edanse con calquera motivo, pero o principal que me leva a miralos de xeito m\u00e1is lonxano non \u00e9 a s\u00faa abundancia, sempre relativa dependendo do tema e sensibilidade, sen\u00f3n que as cidades -moitas- e pobos -alg\u00fans- est\u00e1n tendendo a ser entre parques de atracci\u00f3ns, parques tem\u00e1ticos e museos, desvalorizando por sobreexposici\u00f3n e variando o significado do que \u00e9 un museo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A pesar diso, quedo co de que \u2018hai museos e museos\u2019. E no mes que ten un d\u00eda adicado a eles, lembro un, pequeno, p\u00fablico, mesmo con p\u00e1xina web pero pouco, moi pouco, visitado. Est\u00e1 montado con ilusi\u00f3n e variedade de fondos, a\u00ednda que non te\u00f1a pretensi\u00f3ns de grandeza. \u00c9 sinxelo, con aspiraci\u00f3ns m\u00e1is did\u00e1cticas que doutro tipo. Un museo que se adapta \u00e1 definici\u00f3n moito m\u00e1is que alg\u00fans tam\u00e9n moito m\u00e1is co\u00f1ecidos. Tr\u00e1tase do constru\u00eddo nun centro educativo, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, a ra\u00edz da disposici\u00f3n ordenada de fondos relacionados coa ciencia, de aparatos cient\u00edficos a esqueletos animais recuperados no centro, pasando por montaxes did\u00e1cticas feitas polo alumnado, entre outras posibilidades. A m\u00e1is, na \u00e1rea cient\u00edfica, abrangue exposici\u00f3ns de fotograf\u00eda con motivos matem\u00e1ticos, e, no mesmo recinto, como colecci\u00f3n totalmente independente, poden contemplarse fondos escritos de diversa importancia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"380\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio1.jpg\" class=\"wp-image-653\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un inciso. Este centro fundouse ex novo co profesorado, o alumnado, e o material de dous centros anteriores que desapareceron coa s\u00faa fundaci\u00f3n: por unha banda, o IES Porta da Auga (que pasou por diversas etapas e nomes dende o inicial \u2018Centro de Formaci\u00f3n Profesional de Ribadeo\u2019) e pola outra, do IES Gamallo Fierros (que tam\u00e9n pasou por diversas \u00e9pocas e nomes dende o inicial de \u2018Instituto Laboral Carlos M\u00aa Rodr\u00edguez de Valc\u00e1rcel\u2019, e que ocupaba o edificio principal actual). Esa uni\u00f3n aportou pezas diversas e facilitou a existencia do museo como se pode observar na actualidade.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"440\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio2.jpg\" class=\"wp-image-654\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Accesible? Sobre todo polas persoas que frecuentan o centro, claro. Pero se ben non se debe moestar o funcionamento dun centro educativo, quen queira velo de xeito f\u00edsico, ter\u00e1 ocasi\u00f3ns, mesmo a m\u00e1is da visita \u00e1 tradicional e anual feira da ciencia que al\u00ed se fai. Por suposto, tam\u00e9n a m\u00e1is do acceso v\u00eda internet.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio3.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio3.jpg\" class=\"wp-image-655\" width=\"472\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fondos? Nunha escola que encadea cami\u00f1o dos 80 anos de historias diversas e viva na actualidade nestas paredes, t\u00e9\u00f1ense procurado e realizado moitas cousas interesantes que amosar. Mesmo cando os aparellos foran relevados por outros m\u00e1is novidosos, de mellor rendemento ou non. Ou mesmo cando a xuventude dalgunhas mans orixe dos traballos parecer\u00eda inducir a crer en milagres polos resultados \u00e1 vista.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio4a.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio4a.jpg\" class=\"wp-image-656\" width=\"500\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio4b.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"534\" height=\"1242\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio4b.jpg\" class=\"wp-image-657\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Os diversos aparellos de biolox\u00eda, f\u00edsica, qu\u00edmica, xeolox\u00eda, tecnolox\u00eda, de investigaci\u00f3n ou para did\u00e1ctica, de diversas \u00e9pocas, complem\u00e9ntanse entre si e dan paso a esquemas murais e tridimensionais. Pero sobre todo o material recuperado por alumnado e profesorado, da man de M. Jes\u00fas Besteiro en tempos modernos, pero tam\u00e9n alg\u00fans moi anteriores, dende cranios e osamenta animal a ni\u00f1os, ovos ou copr\u00f3litos. Ou \u00e1 colecci\u00f3n de minerais. Ou o material did\u00e1ctico diverso confeccionado para aprender facendo e ensinar aprendendo, experimentado nas feiras de ciencia e en exposici\u00f3ns na Coru\u00f1a ou Ourense. Material que tam\u00e9n poder\u00eda ter formado -ou formou- parte nalg\u00fans casos dunha investigaci\u00f3n; noutros, de xogo; noutros m\u00e1is, con outras utilidades, clasificable en diversos rangos segundo o caso&#8230; De calquera xeito, unha visita agradable a m\u00e1is da aprendizaxe que seguro representa para quen se asome (e asombre).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio5.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"832\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio5.jpg\" class=\"wp-image-658\" width=\"515\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A m\u00e1is, do anterior, un breve paseo polo edificio pode levarnos \u00e1s vitrinas nas que est\u00e1n entre outros, por antig\u00fcidade, \u201cA\u00f1o cristiano\u201d, volume impreso en 1852, ou \u201cHistoria General de Espa\u00f1a y de sus posesiones de ultramar desde los tiempos primitivos hasta el advenimiento de la Rep\u00fablica\u201d, de 1873. Por curiosidade hist\u00f3rica, tam\u00e9n est\u00e1 exposto o libro de sinaturas, que incl\u00fae as de visitantes ilustres como o Nobel Vicente Aleixandre na s\u00faa visita de 1964. Por valor local, os diversos libros escritos por xente con relaci\u00f3n cos centros educativos de orixe, como o \u201cManual del resinero\u201d de Alberto Mediavilla (1964). Ou da historia de Dionisio Gamallo con diversos documentos con el relacionados&#8230; Todos eles repito, non na biblioteca, sen\u00f3n en exposici\u00f3n en lugar destacado do centro.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio6.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"857\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio6.jpg\" class=\"wp-image-659\" width=\"644\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dixen que en Ribadeo non hab\u00eda museos? E non, non os hai que as\u00ed se publiciten. Pero, se non abondara co xa dito, dende a Biblioteca P\u00fablica Municipal Viejo Pancho poden accederse volumes que son pezas de museo, por unha, outra ou varias raz\u00f3ns, comezando por aqueles que te\u00f1en o ex libris que os identifica como propiedade que foron de Daniel Cortez\u00f3n ou de Dionisio Gamallo. Ou unha colecci\u00f3n privada -David A. L\u00f3pez \u00e9 o coleccionista- exposta de cando en vez de xeito parcial en diversos lugares, que abrangue milleiros e milleiros de exemplares, sobre todo de cunchas de todas as augas do mundo, pero tam\u00e9n compa\u00f1\u00eda larga de bolboretas, escaravellos&#8230; Ou o arquivo do concello, unha aut\u00e9ntica mostra de historia \u00e1 que non \u00e9 dif\u00edcil acceder, a\u00ednda que non estea tampouco aberto \u00f3 p\u00fablico como tal museo. Sen citar as pezas que pod\u00edan constitu\u00edr pola s\u00faa cantidade un museo por elas soas, espoliadas do fondo da r\u00eda de Ribadeo, ou tam\u00e9n algunhas do Castro das Grobas e doutros lugares, que est\u00e1n, sinxelamente, desaparecidas para o lugar onde viron a luz.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio7.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"610\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/Chio7.jpg\" class=\"wp-image-660\" width=\"458\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ou sexa, parafraseando unha c\u00e9lebre sentenza, \u2018Ribadeo non ter\u00e1 un museo, pero, haber, hainos\u2019!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Co comezo de mes tivo lugar a edici\u00f3n dun novo n\u00famero da revista Ch\u00edo, correspondente \u00f3 mes de maio e cunha adicaci\u00f3n particular na portada \u00f3 debuxo, pero sen esquecer que este \u00e9 tam\u00e9n o mes cun d\u00eda adicado os museos. E a\u00ed, da mi\u00f1a man, aparece un artigo adicado \u00f3s museos de Ribadeo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":653,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=652"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/652\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/653"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}