{"id":6511,"date":"2015-06-04T12:08:00","date_gmt":"2015-06-04T10:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:59:47","modified_gmt":"2024-11-12T12:59:47","slug":"o-paso-dun-santo-por-mondonedo-por-jose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/06\/04\/o-paso-dun-santo-por-mondonedo-por-jose\/","title":{"rendered":"O paso dun santo por Mondo\u00f1edo, por Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p>Dez menos cuarto da ma\u00f1\u00e1. Na catedral empeza a soar con mon\u00f3tona cadencia o esquil\u00f3n chamando \u00f3s coengos a coro. As s\u00faas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas r\u00faas da vella Cidade atravesando logo a praza cara \u00e1 entrada da catedral. Nos soportais do Cant\u00f3n Grande aparece cami\u00f1ando a figura fr\u00e1xil de don Jaime Cabot. Tras das columnas xorde de s\u00fapeto unha muller que se interpon diante del. Don Jaime detense pra saudala. Con voz tremente cruza unhas breves palabras con ela e desp\u00eddese logo cun leve sorriso deixando algo nas s\u00faas mans. Atravesa a praza con paso lixeiro e entra na catedral. Nun intre soan as dez no reloxo da torre. O esquil\u00f3n enmudece. Sentado, coas s\u00faas fracas mans sobre o teclado dispostas xa a pulsar as teclas do \u00f3rgano. No coro o canto de mait\u00edns vai empezar.<\/p>\n<p>Estampas coma esta, repetidas \u00f3 longo de tantos anos de vida na vella Cidade, a\u00ednda perduran hoxe na memoria dos veci\u00f1os de Mondo\u00f1edo. Son a estela ben aca\u00edda e evocadora deste crego, virtuoso e humilde, amosando acot\u00edo a s\u00faa fraxil figura e levidade polas r\u00faas e prazas de Mondo\u00f1edo. A lembranza dun crego inesquecible que, coa s\u00faa palabra de consolo e cos poucos aforros do seu traballo, adicou toda a s\u00faa vida a aliviar as necesidades e escasezas de moitos veci\u00f1os da Cidade da Paula e ata doutros moitos sitios. P\u00f3dese dicir que non queda casa en Mondo\u00f1edo que non te\u00f1a unha grata lembranza da s\u00faa afectiva, agarimosa e caritativa visita. E sempre sen que a man dereita soubera o que fac\u00eda a esquerda. Un crego sen parroquia, pro con moitos fregreses que coidar, atender e servir. Unha persoa dadivosa e desprendida ata tal punto que nunca ti\u00f1a di\u00f1eiro de seu aforrado. Nin sequera era quen de xuntar o preciso para ir de vacaci\u00f3ns a Mallorca, a s\u00faa terra natal. Era grazas a que a s\u00faa propia familia lle mandaba o di\u00f1eiro para a viaxe, que pod\u00eda ir en ocasi\u00f3ns a pasar uns d\u00edas con ela. Di\u00f1eiro que outras moitas veces \u00eda parar ao peto dos pobres, quedando a familia frustrada e as vacaci\u00f3ns en Mallorca pra mellor ocasi\u00f3n.<\/p>\n<p>Da s\u00faa actividade caritativa poder\u00edanse citar moitos e memorables exemplos. Como aquela an\u00e9cdota que tivo lugar nunha peregrinaci\u00f3n a Roma no ano 1959, e da que don Jaime foi protagonista. Apenas chegados a Cidade Eterna don Jaime achegouse a un compa\u00f1eiro para pedirlle di\u00f1eiro. Preguntado por este se xa esgotara os seus cartos, respondeulle: \u201cEs que se los prest\u00e9 a un pobre\u201d. Ou o ocorrido noutra ocasi\u00f3n, na que don Jaime foi a Vitoria para asistir a un seminario de m\u00fasica e atopouse sen di\u00f1eiro xa o mesmo d\u00eda que chegou a cidade. Outro pr\u00e9stamo a un pobre, sen d\u00fabida. Refuxiouse, ent\u00f3n, na capela do seminario e dende al\u00ed mandou aviso a un compa\u00f1eiro, que tam\u00e9n asist\u00eda ao citado seminario, para pedirlle que o acompa\u00f1ase a un banco en Vitoria para retirar di\u00f1eiro. Chegados \u00f3 banco e feita a petici\u00f3n, o director telefonou a certa entidade bancaria de Mondo\u00f1edo pedindo informes sobre a petici\u00f3n de aquel crego. A resposta que tivo foi positiva: \u201cEntr\u00e9guele contra esta entidad todo o dineiro que pida\u201d.<\/p>\n<p>Outras moitas an\u00e9cdotas sobre do seu desprendemento coa xente necesitada se poder\u00edan contar e, sen d\u00fabida, cada veci\u00f1o de Mondo\u00f1edo poder\u00eda contar a s\u00faa. Un dos grandes valores de don Jaime era a s\u00faa capacidade de sufrimento fronte a dor, como ilustra esta an\u00e9cdota acaecida no retorno a Espa\u00f1a daquela viaxe que fixo a Roma. Ao baixar polas escaleiras do seminario de Montpellier, onde pasara a noite, don Jaime caeu rodando por unhas escaleiras de pedra. Ergueuse e continuou a viaxe sen facer ning\u00fan comentario nin proferir o mais pequeno la\u00eddo ou queixume, aturando os bruscos vaiv\u00e9ns do autob\u00fas provocados polo mal estado daquelas estradas do derradeiro s\u00e9culo, cheas de buracos, e participando da ledicia xeral sen que na s\u00faa cara se albiscase o mais pequeno xesto de dor e sen pronunciar queixa algunha durante toda a viaxe. Pasada xa a fronteira, en Ir\u00fan, don Jaime separouse do grupo para continuar por outra ruta a s\u00faa viaxe a Mallorca. Chegado a Mallorca telefonou a un dos seus compa\u00f1eiros en Mondo\u00f1edo para contarlle que chegara con tres costelas rotas, consecuencia da ca\u00edda en Montpellier. \u00a1E ningu\u00e9n se enterara!<\/p>\n<p>Identificado cos pobres e cos indixentes, cos humildes e cos sinxelos, don Jaime sempre fuxiu e rexeitou distinci\u00f3ns e homenaxes. A proposta que se lle fixo co gallo do seu nomeamento como Prelado Dom\u00e9stico de Su Santidad provocou nel un fondo sufrimento e mesmo desgusto. Amosou a s\u00faa negativa a vestir unha sotana engalanada coas insignias distintivas axeitadas \u00f3 novo rango que se lle conced\u00eda e rexeitou totalmente ofrecer calquera imaxe que o afastase da s\u00faa habitual forma de vida, humilde, modesta e sinxela. \u201cQue pensar\u00e1n los pobres de mi al verme con eses atributos honor\u00edficos\u201d, foi o seu comentario. A s\u00faa loita por rexeitar esta distinci\u00f3n, por unha parte, e ser fiel \u00f3 mesmo tempo \u00e1 obediencia debida \u00f3 seu bispo e promotor do expediente honor\u00edfico, por outra, resolveuse aceptando finalmente os feitos con resignaci\u00f3n e obediencia, pro deixando claro que endexamais renunciar\u00eda a s\u00faa vida e a s\u00faa imaxe sinxela e humilde de sempre.<\/p>\n<p>Cando noutra ocasi\u00f3n tivo noticia dunha homenaxe que os Amigos da Cidade de Mondo\u00f1edo lle quer\u00edan facer, a s\u00faa resposta foi esta: \u201cSaber que intentan hacerlo ya es suficiente para mi\u201d.<\/p>\n<p>A sona das virtudes de don Jaime non se cingu\u00eda s\u00f3 a Mondo\u00f1edo. Moita xente viaxaba a Mondo\u00f1edo para ter a oportunidade de co\u00f1ecelo, saudalo, pedirlle consello ou ter a ocasi\u00f3n de poder cruzar algunhas palabras con el, quedando sempre impresionados polo seu carisma. As\u00ed lle pasou a un frade franciscano belga, Carlos, que pasando unhas vacaci\u00f3ns en Mondo\u00f1edo e entrando un d\u00eda na catedral, e vendo a don Jaime sentado na consola do \u00f3rgano, sentiuse atra\u00eddo pola s\u00faa mansa e pac\u00edfica mirada. Achegouse, ent\u00f3n, o frade \u00e1 consola e, mentres don Jaime segu\u00eda a mover os seus afilados dedos polo teclado do \u00f3rgano, xurdeu unha espont\u00e1nea conversa entre os dous. \u201cDon Jaime es un santo\u201d, foi o comentario que lles fixo despois \u00f3s seus amigos da Cidade.<\/p>\n<p>Dous grandes so\u00f1os tivo don Jaime na s\u00faa estad\u00eda en Mondo\u00f1edo. A s\u00faa teima por vivir retirado na casa da Orde Terceira da Alc\u00e1ntara, xunto con alg\u00fan outro compa\u00f1eiro crego, foi un deles. O outro, o seu desexo de retornar a Mallorca, a s\u00faa terra natal. D\u00faas aspiraci\u00f3ns nunca realizadas. O edificio da Alc\u00e1ntara tivo outro destino. E sobre a s\u00faa marcha a Mallorca prevaleceu o seu celo polo servizo a diocese e o seu amor polos pobres de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>O vindeiro d\u00eda cinco de xullo c\u00famprense os dez anos do seu pasamento. O longo tempo pasado, que non ven a ser mais que unha falacia enganosa escrita nos almanaques, non borrou os recordos dos que tivemos o privilexio de co\u00f1ecelo, de gozar do seu trato e compa\u00f1\u00eda, do seu exemplo e da s\u00faa palabra. Por iso, son moitos os que hoxe, dez anos despois do seu pasamento, seguen a preguntarse pra cando o comezo do proceso de beatificaci\u00f3n deste crego, que viviu a s\u00faa vida en olor de santidade. O pobo de Mondo\u00f1edo xa o canonizou en vida. E o Pai Eterno xa o ten recibido na s\u00faa Casa coas palabras da par\u00e1bola dos talentos: \u201cVen, servo bo e fiel, entra no reino do teu Se\u00f1or\u201d. Pro\u2026 do proceso de reco\u00f1ecemento oficial da s\u00faa beatificaci\u00f3n nada se sabe. Nin sequera se escribiu unha pequena biograf\u00eda destinada a manter vivo o recordo da s\u00faa persoa, do seu exemplo de vida e do seu paso por Mondo\u00f1edo. A ver si alg\u00fan ensa\u00edsta se anima.<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dez menos cuarto da ma\u00f1\u00e1. Na catedral empeza a soar con mon\u00f3tona cadencia o esquil\u00f3n chamando \u00f3s coengos a coro. As s\u00faas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas r\u00faas da vella Cidade atravesando logo a praza cara \u00e1 entrada da catedral. Nos soportais do Cant\u00f3n Grande aparece cami\u00f1ando a figura fr\u00e1xil de don [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,9],"class_list":["post-6511","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6511","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6511"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6511\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6511"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6511"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6511"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}