{"id":6496,"date":"2015-06-25T09:03:00","date_gmt":"2015-06-25T07:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:59:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:59:13","slug":"deputacion-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/06\/25\/deputacion-ribadeo\/","title":{"rendered":"Deputaci\u00f3n, Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A estas alturas xa \u00e9 de dominio p\u00fablico: a Deputaci\u00f3n provincial de Lugo est\u00e1 constitu\u00eddo cun presidente (presidenta) do PP. Resulta ser mari\u00f1\u00e1, de Mondo\u00f1edo, o que non debera ter importancia, pero xa leva xerado na rede intervenci\u00f3ns como &#8216;a ningu\u00e9n de Mondo\u00f1edo lle sentar\u00e1 mal que a presidenta sexa de Mondo\u00f1edo&#8217;, nun localismo que se pretende por riba dos partidos cando entendo \u00e9 a expresi\u00f3n dun caciquismo localista.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se co\u00f1ece o proceso que deu lugar a unha presidencia inesperada: o BNG esixiu que un imputado do PSOE non fora presidente. Este cabreouse e facilitoulle a presidencia a Elena Candia. M\u00e1is al\u00f3 das relaci\u00f3ns internas entre partidos, a posici\u00f3n do BNG considero que foi correcta, a\u00ednda que o desenlace fora inesperado a todas luces, como transmiten algunhas fotograf\u00edas. E, se o resultado permite que sexa o partido con m\u00e1is votos, polo tanto, con maior\u00eda relativa, quen goberne, coido que non se debera esquecer que foi debido \u00e1 presenza dun imputado (apoiado polo PSOE ata al\u00ed a\u00ednda sendo imputado) que se desfixo da disciplina de voto (o que non ten por que ser malo, pero claro, depende da casu\u00edstica igual que dependen dela as instruci\u00f3ns xerais dos partidos). Tampouco se debera esquecer que a Deputaci\u00f3n non \u00e9 un \u00f3rgano elixido directamente, co que dificulta ou sinxelamente impide que partidos locais, ou minoritarios, ou agrupaci\u00f3ns de electores, participen nese organismo.<\/p>\n<p>Noutra orde de cousas, despois de ser patente que as Deputaci\u00f3ns te\u00f1en hoxe unha utilidade que raia no nulo ou mesmo no negativo, \u00f3 ser unha administraci\u00f3n prescindible, hai que lembrar que a \u00faltima reforma da administraci\u00f3n local aumenta o seu poder a costa dos concellos,, en particular dos m\u00e1is pequenos, adiando unha reforma profunda da administraci\u00f3n local. O que nos leva a en que infl\u00fae este xiro en Ribadeo?<\/p>\n<p>Seguro que nestes momentos, e dado non s\u00f3 o car\u00e1cter localista do poder partidario (favorecemento das estruturas locais &#8216;da mesma corda&#8217;) sen\u00f3n a s\u00faa orientaci\u00f3n sectaria (outra versi\u00f3n da mesma &#8216;idea&#8217; que xa ten sido estudada en Galicia&nbsp; e resultou patente que levan practicado t\u00f3dolos partidos que tiveron acceso \u00f3 poder na &#8216;democracia&#8217; galega), o alcalde xa ter\u00e1 botado contas. Por exemplo, a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/residencia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">residencia de maiores<\/a> a\u00ednda non se rematou, e, se non me falla a memoria, a Deputaci\u00f3n ter\u00eda que rematar a s\u00faa aportaci\u00f3n. Tomar\u00e1 o cami\u00f1o da Xunta, non participando a pesar do dito ou seguir\u00e1 conforme ti\u00f1a previsto? Entendo que eu ter\u00eda claro o que facer, pero cousas m\u00e1is raras se viron. E no conflito das <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Catedrais\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Catedrais<\/a>, apoiar\u00e1 a quen? Neste caso, non ten competencias, pero ten influencia&#8230;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmkuOvBSHYrbhKrGchFiGsJK3D9cShkUmGhmK8Vx6pNy6LOwY4zMurSlIf3NVxHYyai6JWnOFndZH4MThA-YRWMxkTxIZA-il9n4MKttdyKv6A5qpMkK5V69iL7XSckWUHe55Utg\/s2048\/mapa+de+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"528\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmkuOvBSHYrbhKrGchFiGsJK3D9cShkUmGhmK8Vx6pNy6LOwY4zMurSlIf3NVxHYyai6JWnOFndZH4MThA-YRWMxkTxIZA-il9n4MKttdyKv6A5qpMkK5V69iL7XSckWUHe55Utg\/s2048\/mapa+de+Ribadeo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">un mapa de Ribadeo dos moitos que se poden atopar na rede (<a href=\"http:\/\/mapas.owje.com\/12332_ribadeo.html\">http:\/\/mapas.owje.com\/12332_ribadeo.html<\/a>)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>De novo hai que considerar non s\u00f3 as cousas &#8216;en positivo&#8217;, no sentido de que pasar\u00e1 por ter unha determinada constituci\u00f3n este organismo, sen\u00f3n tam\u00e9n &#8216;en negativo&#8217;, que non pasar\u00e1 por non ter o vicepresidente primeiro mari\u00f1\u00e1n e do BNG Antonio Veiga apoiando proxectos en Ribadeo, ou a tam\u00e9n mari\u00f1\u00e1 e do PSOE Lara M\u00e9ndez, tendo en conta tam\u00e9n que non s\u00f3 a xente de dereitas favorece &#8216;\u00f3s seus&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A estas alturas xa \u00e9 de dominio p\u00fablico: a Deputaci\u00f3n provincial de Lugo est\u00e1 constitu\u00eddo cun presidente (presidenta) do PP. Resulta ser mari\u00f1\u00e1, de Mondo\u00f1edo, o que non debera ter importancia, pero xa leva xerado na rede intervenci\u00f3ns como &#8216;a ningu\u00e9n de Mondo\u00f1edo lle sentar\u00e1 mal que a presidenta sexa de Mondo\u00f1edo&#8217;, nun localismo que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,13,64],"class_list":["post-6496","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-politica","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6496","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6496"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6496\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6496"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6496"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6496"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}