{"id":6482,"date":"2015-07-01T14:49:00","date_gmt":"2015-07-01T12:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:58:50","modified_gmt":"2024-11-12T12:58:50","slug":"a-praia-das-catedrais-ou-como-destruir","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/01\/a-praia-das-catedrais-ou-como-destruir\/","title":{"rendered":"A PRAIA DAS CATEDRAIS OU COMO DESTRUIR UN MONUMENTO, artigo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez"},"content":{"rendered":"<p>Cortopego <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00426-a-praia-das-catedrais-ou-como-destruir-un-monumento.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">do seu blog<\/a>:<\/p>\n<p><em>&#8220;Quot capita, tot sententiae&#8217;, tantas opini\u00f3ns como cabezas. E esta mi\u00f1a \u00e9 unha delas. O patrimonio natural mais importante de Ribadeo, a praia de Augas Santas, agora chamada das Catedrais, convertida nun grave problema. Xestores p\u00fablicos con opini\u00f3ns encontradas e posturas opostas. A convivencia pol\u00edtica entre as instituci\u00f3ns, quebrantada. A paz cidad\u00e1 entre diversos colectivos, afectada. Todos opinan, todos saben como ama\u00f1ar a desfeita. Pro as soluci\u00f3ns que uns propo\u00f1en, rex\u00e9itanas os outros. Os intereses pol\u00edticos, e a\u00ednda os persoales, privan sobre os xenerais. Os representantes pol\u00edticos, dos que alg\u00fans padecen tort\u00edculis de tanto mirar para Santiago, condicionados pola obediencia debida \u00f3 seu propio partido. Os partidos, condicionados polo seu primeiro obxectivo: a conquista do voto. Os comerciantes, mediatizados polos seus intereses econ\u00f3micos. Os t\u00e9cnicos profesionais, como os que dese\u00f1aron a autov\u00eda do Cant\u00e1brico polo Fiouco dende os seus despachos, desco\u00f1ecedores da realidade. E os movementos ecoloxistas independentes, con acusada sensibilidade cara \u00e1 conservaci\u00f3n da naturaza e \u00f3s valores sostibles do patrimonio natural, cultural e social, ausentes. Entes como ADEGA, MARI\u00d1A PATRIMONIO ou a UNIVERSIDADE, etc., non est\u00e1n invitados a xogar nesta partida.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Hoxe temos un espazo natural convertido nun problema. Un problema que hai anos non hab\u00eda. Por que xurdiu? Quen o xerou? Canso de ver esta praia esquecida e baleira, o pol\u00edtico correspondente, cegado pola ambici\u00f3n pol\u00edtica, tivo unha idea: pregoar \u00f3 mundo a s\u00faa beleza pra atraer \u00e1s masas. E, ano tras ano, fiados naquilo que Pablo recomendaba a Timoteo: &#8220;&#8230;predica a palabra, insiste a tempo e a destempo, opotuna e inoportunamente&#8230;&#8221; viaxaron a Fitur a predicar os seus encantos e belezas, potenciando o seu aspecto tur\u00edstico econ\u00f3mico sobre o cultural e cient\u00edfico. E a xente, que non oe en balde, non tardou en inundar esta praia ata a saturaci\u00f3n. E as\u00ed rematou. Convertida nun espazo sobresaturado e desnortado. Claro, a idea era atraente. Converter a praia nun mercado tur\u00edstico pra potenciar o comercio e a hostalar\u00eda da s\u00faa vila. E funcionou. O alcalde de turno convert\u00edase as\u00ed en modelo de xesti\u00f3n ejemplar coa conseguinte colleita de votos. A vila medraba. Era a gali\u00f1a dos ovos de ouro. Pro agora chegou a saturaci\u00f3n e non saben que facer con tanta xente. O futuro da praia est\u00e1 en perigo. Non saben onde meter a xente nin como conter a marea de v\u00e1ndalos, que sempre os hai.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Prec\u00edsanse soluci\u00f3ns a este problema. E atopan algunhas. Pro, como sempre, van en direcci\u00f3n oposta. Transportes p\u00fablicos, aparcadoiros, estaci\u00f3n de ferrocarril, aumentar a publicidade. He dicir, facilitar cada vez m\u00e1is medios pra que as masas poidan achegarse m\u00e1is doadamente a ese emporio de beleza. E, claro, as\u00ed a masa cr\u00edtica aumenta. Elixiron o cami\u00f1o axeitado pra matar a gali\u00f1a dos ovos de ouro. Pretenden acadar a sostibilidade e a conservaci\u00f3n da praia traendo m\u00e1is xente! \u00c9 iso posible? Algu\u00e9n mo explica?<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pretender atraer \u00e1s masas para enriquecer a econom\u00eda de Ribadeo e, \u00f3 mesmo tempo, tratar de conservar intocable a beleza natural desta praia son obxectivos incompatibles. Mondo\u00f1edo ten a s\u00faa Cova do Rei Cintolo. Necesitada esta Cidade, como ningunha outra, de promover unha sa econom\u00eda, sequera de subsistencia, non sucumbiu \u00e1 tentaci\u00f3n de vender a s\u00faa primoxenitura por un prato de lentellas. Regulou as visitas \u00e1 cova tendo en conta \u00fanicamente a s\u00faa capacidade de admisi\u00f3n e a conservaci\u00f3n deste famoso tesouro natural.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Chegados a este estado do problema, no que nin as instituci\u00f3ns se po\u00f1en de acordo, nin as soluci\u00f3ns ata agora ofrecidas te\u00f1en futuro, imponse a cordura. Un \u00f3rgano independente, composto por persoas libres de condicionamentos interesados, que potencie a topograf\u00eda orixinal do \u00e1mbito, reducindo ou suprimindo o impacto dos modernos equipamentos e infraestruturas instaladas al\u00ed, como o restaurante, os roteiros de madeira, etc., poder\u00eda ser a mellor soluci\u00f3n de cara \u00e1 conservaci\u00f3n e viabilidade, agora e de cara \u00f3 futuro, deste monumento da natureza. \u00c9 dicir, devolvela \u00f3 seu estado primitivo, pois a experiencia demostra que onde o home pon a man a natureza acaba case sempre destru\u00edda.&#8221;<\/em><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitG-7Q21fZOP2BjALWCiYrhiF49HlB2fQdeVOWeKMkz4QgPqBTDHCOP0OUvO9QyK2HPnvOIGXrFTNQ0GyejvrmEbO4vXesuWrwSIvd7ufwxVjj7En2779f-DQsSCeGwq_aY3_gBg\/s2048\/xente+nas+Catedrais.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"236\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEitG-7Q21fZOP2BjALWCiYrhiF49HlB2fQdeVOWeKMkz4QgPqBTDHCOP0OUvO9QyK2HPnvOIGXrFTNQ0GyejvrmEbO4vXesuWrwSIvd7ufwxVjj7En2779f-DQsSCeGwq_aY3_gBg\/s2048\/xente+nas+Catedrais.jpg\" width=\"400\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Xente nas catedrais, non toda controlada&#8230; (resinando s\u00f3 o espazo da praia e remarcando a xente sobre as rochas, de https:\/\/www.flickr.com\/photos\/martius\/4897269359)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cortopego do seu blog: &#8220;Quot capita, tot sententiae&#8217;, tantas opini\u00f3ns como cabezas. E esta mi\u00f1a \u00e9 unha delas. O patrimonio natural mais importante de Ribadeo, a praia de Augas Santas, agora chamada das Catedrais, convertida nun grave problema. Xestores p\u00fablicos con opini\u00f3ns encontradas e posturas opostas. A convivencia pol\u00edtica entre as instituci\u00f3ns, quebrantada. A paz [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,20],"class_list":["post-6482","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-jose-ma-rodriguez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6482","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6482"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6482\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6482"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6482"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6482"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}