{"id":6475,"date":"2015-07-08T10:14:00","date_gmt":"2015-07-08T08:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:58:33","modified_gmt":"2024-11-12T12:58:33","slug":"zeltia-vaise-unha-galega-menos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/08\/zeltia-vaise-unha-galega-menos\/","title":{"rendered":"Zeltia vaise. Unha galega menos"},"content":{"rendered":"<p>Curioso. Unha das empresas punteiras de Galicia, Zeltia, propietaria \u00fanica de PharmaMar, emigra.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"http:\/\/www.zeltia.com\/images\/logo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.zeltia.com\/images\/logo.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Imaxe corporativa actual de Zeltia<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>A nova xa non \u00e9 de agora. Estaba prevista, como se pode ver nun <a href=\"http:\/\/www.zeltia.com\/media\/files\/Proyecto%20de%20Fusi%C3%B3n%20Pharma%20Mar%2C%20S_A_%20Sociedad%20Unipersonal%20y%20Zeltia%2C%20S_A.pdf\">memorandum da empresa<\/a>, datado o ano pasado. Pero, que significa?<\/p>\n<p>Zeltia era unha empresa qu\u00edmica galega, radicada en Vigo e xurdida a mediados do s\u00e9culo pasado (1939). Sempre tivo en mente facer investigaci\u00f3n en Galicia, e co cambio de s\u00e9culo comezou a xurdir unha divisi\u00f3n, materializada en PharmaMar, unha filial, que se especializou en investigaci\u00f3n farmacol\u00f3xica de produtos mari\u00f1os. PharmaMar sacou \u00f3 mercado, non sen traballo, un f\u00e1rmaco contra o cancro, o Yondelis, que est\u00e1 comezando a rendir beneficios dende o pasado ano.<\/p>\n<p>O Grupo Zeltia ten empresas de oncolox\u00eda (PharmaMar, S.A.), diagnose (GENOMICA, S.A.U.), terapias de ARN interferente (Sylentis S.A.U.), a m\u00e1is doutras qu\u00edmicas, de produtos de consumo, m\u00e1is co\u00f1ecidas, que son as m\u00e1is antigas e a base do seu desenvolvemento, radicadas en Galicia, como Zelnova (\u00e1rea de produtos de limpeza) e Xylazel (pinturas e vernices), e unha adquisici\u00f3n no estranxeiro: Copyr (en Italia, aerosois).<br \/>\nNos \u00faltimos anos, a casa matriz, Zeltia, estaba a dar perdas debido en parte \u00f3 esforzo por levar a bo porto a operaci\u00f3n PharmaMar.<\/p>\n<p>PharmaMar est\u00e1 domiciliada en Madrid (Colmenar Viejo) e polo tanto, tributa al\u00ed. Agora, como dixen, comezou a dar bos beneficios despois de ser mantida dende a matriz Zeltia (que tributaba en Galicia). Pois o proxecto que se pode ver na p\u00e1xina <a href=\"http:\/\/www.zeltia.com\/\">web de Zeltia<\/a> e que se est\u00e1 a levar a cabo indica que nunha operaci\u00f3n non usual, a filial, PharmaMar, absorbe a matriz, Zeltia. As consecuencias non var\u00edan moito de ser as\u00ed a ser \u00f3 rev\u00e9s. Excepto pola domiciliaci\u00f3n e tributaci\u00f3n correspondente. A nova empresa conxunta non tributar\u00e1 en Galicia, sen\u00f3n en Madrid. Non tomar\u00e1 as decisi\u00f3ns en Vigo, sen\u00f3n en Colmenar Viejo (en realidade, o &#8216;Grupo Zeltia&#8217;&nbsp; polo momento est\u00e1 radicado en Madrid capital)&#8230;<\/p>\n<p>A empresa consta -constaba- como unha empresa constitu\u00edda en Galicia por galegos que quer\u00edan desenvolver a s\u00faa terra. Parece que nestes anos, algo se perdeu polo cami\u00f1o. Foi un esvaramento paseni\u00f1o que levou a empresa \u00e1 emigraci\u00f3n. Claro que hai emigraci\u00f3ns forzadas e emigraci\u00f3ns de conveniencia&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Curioso. Unha das empresas punteiras de Galicia, Zeltia, propietaria \u00fanica de PharmaMar, emigra. Imaxe corporativa actual de Zeltia A nova xa non \u00e9 de agora. Estaba prevista, como se pode ver nun memorandum da empresa, datado o ano pasado. Pero, que significa? Zeltia era unha empresa qu\u00edmica galega, radicada en Vigo e xurdida a mediados [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-6475","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6475","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6475"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6475\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6475"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6475"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6475"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}