{"id":6471,"date":"2015-07-10T14:54:00","date_gmt":"2015-07-10T12:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:58:25","modified_gmt":"2024-11-12T12:58:25","slug":"indianos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/10\/indianos\/","title":{"rendered":"Indianos, de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez"},"content":{"rendered":"<p>Cortopego <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00427-indianos.html\">dende o blog de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a>: <\/p>\n<p><em>&#8211; E logo pra onde vas tan \u00e1 pr\u00e9sa, Xan, \u00bfTes algo de novo?, preguntoulle Xan \u00f3 veci\u00f1o vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Non, oh. E que me vou pra Am\u00e9rica, respondeulle o veci\u00f1o.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Manda carallo, e eu en zocas, comentou Xan polo baixi\u00f1o.<\/em><\/p>\n<p><em>Unha pequena an\u00e9cdota que amosa que marchar pra Am\u00e9rica en tempos pasados formaba parte da rutina diaria na vida da xente en Galicia. A partir do seu descubrimento por Col\u00f3n foi o impulso patri\u00f3tico e aventureiro dos espa\u00f1ois o que motivou a s\u00faa marcha masiva \u00e1s Indias, recentemente descubertas. Estimulados polas lendas e xestas dos primeiros emigrantes, enseguida se desatou o desprazamento masivo dunha avalancha de aventureiros e cobizosos que emprenderon o cami\u00f1o da aventura cara a terras afastadas e desco\u00f1ecidas en busca de ouro, riquezas e novas oportunidades pol\u00edtico militares. Eran os primeiros tempos do descubrimento de Am\u00e9rica que, coa chegada a Espa\u00f1a de tanta riqueza tra\u00edda polos primeiros colonizadores, contribu\u00edu \u00f3 nacemento do S\u00e9culo de Ouro e \u00e1 expansi\u00f3n do chamado Imperio Espa\u00f1ol. Pro a esta gloriosa \u00e9poca de desenvolvemento e riqueza seguiron outras nas que o noso pa\u00eds se atopou afundido na pobreza e na miseria. Tempos como os dos s\u00e9calos XVIII e XIX nos que a fame se estendeu por toda Galicia, como se reflicte nunha acta plenaria do Concello de Ribadeo, do ano 1739,  na que se di que \u201calgunos labradores se vieron obligados a comer hierba\u201d. Un dato que, sen ter que interpretalo literalmente, \u00e9 dabondo demostrativo da miseria econ\u00f3mica na que a sociedade galega viv\u00eda. \u00c9pocas nas que a necesidade e o esp\u00edrito de supervivencia empurrou a moitos espa\u00f1ois, especialmente en Galicia, a marchar a facer as Am\u00e9ricas, como vulgarmente se dic\u00eda, e a atravesar o Atl\u00e1ntico pra buscar o seu futuro en terras iberoamericanas, como Brasil, Cuba, Arxentina, Uruguai, Chile, Venezuela ou M\u00e9xico. Ata tal punto afectou \u00f3 noso pa\u00eds esta masiva emigraci\u00f3n que pode dicirse que non hai familia en Galicia que non sufrise o impacto da emigraci\u00f3n con alg\u00fans dos seus antepasados en Am\u00e9rica, especialmente nos s\u00e9culos XIX e XX.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Homes e mulleres que, empurrados pola necesidade de supervivencia e pra mellorar a econom\u00eda familiar, deixaron os seus pobos para fuxir da fame, marchando cunha vella maleta na man, chea de esperanzas, ilusi\u00f3ns e recordos. Moitos deles acadaron riqueza e prosperidade en ultramar, se ben non todos tiveron a mesma fortuna. Pro a\u00ednda que foron moitos os que, co seu esforzo e traballo, e axudados pola sorte, lograron amasar verdadeiras fortunas tras das que se agochaban, \u00e1s veces, duras e escuras historias, a maior parte dos que marcharon non atoparon mellor destino en Am\u00e9rica que a mesma pobreza da que fuxiran. Foron moitos os que se viron obligados a renunciar \u00f3s seus so\u00f1os de poder tornar un d\u00eda ricos \u00e1 s\u00faa terra natal \u00e1 que uns volveron coas mans baleiras, mentres que outros fundaron a s\u00faa familia nesas terras, deixando aqu\u00ed os seus antepasados.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Os poucos que lograron amasar coas s\u00faas industrias ou negocios grandes fortunas, cuxa limpeza de orixe era con frecuencia posta en cuesti\u00f3n polo pobo, decidiron volver anos m\u00e1is tarde \u00e1 s\u00faa terra de orixe convertidos en prestixiosos e ricos personaxes \u00f3s cales o pobo denominaba co nome de Indianos. Tal foi o caso de Bernardo de Guimar\u00e1n, co\u00f1ecido popularmente nesta vila de Ribadeo polo nome de &#8220;o Indiano&#8221;. Fortunas que contribu\u00edron a enaltecer non s\u00f3 as s\u00faas vidas, sen\u00f3n a fomentar a educaci\u00f3n e o benestar das nosas xeraci\u00f3ns posteriores e que a\u00ednda perduran hoxe no noso \u00e1mbito, sen que moitos se decaten de que son produto do froito da suor dos nosos devanceiros emigrantes.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O obxectivo do emigrante era retornar un d\u00eda a s\u00faa terra natal pra ocupar un lugar sobresa\u00ednte no seu pobo de orixe e adquirir coa s\u00faa riqueza alg\u00fan t\u00edtulo de nobreza, aumentar o seu status social comprando ou restaurando antigas casas grandes ou pazos ou mesmo constru\u00edndoos de nova planta en vistoso e rechamante estilo colonial, decoradas con palmeiras e outras \u00e1rbores tropicais ex\u00f3ticas nos seus xard\u00edns, s\u00edmbolo das s\u00faas aventuras en terras tropicais. Edificios que chegaron a ser co\u00f1ecidos entre nosoutros co nome de &#8220;casas grandes&#8221; ou &#8220;casas de Indianos. Construci\u00f3ns que destacaban pola s\u00faa altura e traza, dese\u00f1adas cunha arquitectura cosmopolita que se inser\u00eda destacando de forma rechamante entre as edificaci\u00f3ns tradicionais circundantes, para salientar as\u00ed o triunfo e o \u00e9xito do seu propietario en terras afastadas e onde retirarse a vivir das rendas acadadas cos seus negocios en Am\u00e9rica. Obras que serviron pra achegar \u00f3s habitantes da s\u00faa vila natal o mundo moderno e cosmopolita que co\u00f1eceran nas s\u00faas estad\u00edas na Am\u00e9rica e que souberon plasmar en edificios dunha arquitectura singular. Exemplos preclaros destes pazos existen en case t\u00f3dolos pobos e aldeas de Galicia. En Ribadeo temos como exemplo eminente o famoso edificio co\u00f1ecido polo nome de Torre dos Moreno ou o palacete Pe\u00f1alba, na veci\u00f1a Figueiras. O sinal m\u00e1is destacado e relevante do emigrante con \u00e9xito foi a s\u00faa influencia social, o seu mecenado en instituci\u00f3ns ben\u00e9ficas ou culturais subvencionando a construci\u00f3n de escolas, igrexas e capelas, casas consistoriais, estradas, hospitais ou asilos, tra\u00eddas de auga e de luz el\u00e9ctrica, etc., \u00e9 dicir, todo o que significaba desenrolo, cultura e progreso para o seu pobo. Un exemplo notable da s\u00faa contribuci\u00f3n \u00f3 desenvolvemento da nosa bisbarra foi a fundaci\u00f3n Pedro Murias, en Vilaframil, adicada \u00f3 desenvolvemento agr\u00edcola, que tanta importancia tivo na formaci\u00f3n de moitas xeraci\u00f3ns posteriores da Mari\u00f1a lucense.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Coa volta \u00e1 s\u00faa terra natal, os indianos trouxeron os costumes de vida, os ritmos e m\u00fasicas deses pa\u00edses e ata o estilo na s\u00faa forma de vestir das terras caribe\u00f1as, adquiridas nos seus pa\u00edses de emigraci\u00f3n. Foi a herdanza achegada por eles \u00f3s seus lugares de orixe e da que Ribadeo, coa s\u00faa gran concentraci\u00f3n de casas indianas, sobre todo na r\u00faa San Roque, se comprace de ser o principal expo\u00f1ente de toda Galicia cunha bela herdanza de edificios dunha arquitectura singular. Fermosos edificios de estilo colonial e entre os que destaca a Torre dos Moreno, admirada por todos os que visitan a nosa vila pola s\u00faa orixinalidade e beleza, e que chegou a constitu\u00edrse no s\u00edmbolo identificador da nosa vila de Ribadeo en todo o mundo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E \u00e9 de resaltar, as\u00ed mesmo, o relevante papel dos emigrantes galegos no enxalzamento do noso pa\u00eds en terras de Am\u00e9rica. Coas s\u00faas iniciativas sociais e culturais foi relevante a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00f3 co\u00f1ecemento de Galicia nesas terras tan afastadas ent\u00f3n. As creaci\u00f3ns dos C\u00edrculos ou Casas de Galicia, as fundaci\u00f3ns de Hospitais e Centros Sanitarios, os C\u00edrculos Culturais e demais creaci\u00f3ns dirixidas \u00e1 axuda, socorro e formaci\u00f3n dos seus compatriotas emigrantes desempe\u00f1aron un rol social moi importante, contribu\u00edndo, \u00f3 mesmo tempo, \u00f3 enxalzamento do nome da nosa terra, facendo a Galicia universal, ata o punto de que chamaban galego a calquera espa\u00f1ol. E non menos importante, tampouco, foi o papel desempe\u00f1ado polos pol\u00edticos e escritores galegos neses pa\u00edses, especialmente en Arxentina, M\u00e9xico ou Cuba, cando, en tempos politicamente dif\u00edciles en Espa\u00f1a, tiveron que emigrar en busca de acollida e refuxio en terras afastadas. Al\u00ed loitaron con \u00e9xito pola conservaci\u00f3n dos nosos dereitos como pobo, da nosa lingua e literatura, da nosa cultura e de todo o que en Galicia era perseguido coa pretensi\u00f3n de homologarnos a Castela.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>De a\u00ed o acerto e a importancia desta festa indiana que os ribadenses de hoxe adican \u00f3 recordo de todos aqueles fillos de Ribadeo, que co seu traballo e esforzo, tanto contribu\u00edron a enxalzar a beleza e o nome do seu pobo natal. Unha feliz idea a desta celebraci\u00f3n que invita a t\u00f3dolos ribadenses a participar nela. En converterse por un d\u00eda en cabaleiros e damas que percorren as r\u00faas da vila lucindo as s\u00faas mellores galas e atav\u00edos caracter\u00edsticos dos pa\u00edses do Caribe e recuperados dos vellos ba\u00fais tra\u00eddos polos seus emigrantes devanceiros e que a\u00ednda dormen pechados nos faiados das s\u00faas vivendas. As se\u00f1oras coa s\u00faa pel branquexada e lucindo os seus brancos traxes adornados con encaixes, os seus amplos sombreiros decorados con flores, os seus guantes e abanicos e as s\u00faas ex\u00f3ticas xoias resaltando a s\u00faa beleza. Os cabaleiros paseando polas r\u00faas da vila coas s\u00faas levitas e traxes brancos folgados, os seus chalecos e guayaberas e os seus sombreiros paname\u00f1os, cos seus guantes brancos empu\u00f1ando cerimoniosos os seus bast\u00f3ns.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E para rematar estas reflexi\u00f3ns, un sentidi\u00f1o recordo \u00e1 memoria de tantos e tantos que viron frustrados os seus so\u00f1os, esperanzas e ilusi\u00f3ns e deixaron as s\u00faas vidas en terras estra\u00f1as despois de cruzar o Atl\u00e1ntico sen poder converter en realidade os seus anhelos e so\u00f1os de retornar dignamente \u00e1 s\u00faa terra para axudar \u00e1s s\u00faas familias e descansar os seus derradeiros d\u00edas preto dos seus e enterrar os seus osos na terra na que naceran.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cortopego dende o blog de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez: &#8211; E logo pra onde vas tan \u00e1 pr\u00e9sa, Xan, \u00bfTes algo de novo?, preguntoulle Xan \u00f3 veci\u00f1o vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro. &#8211; Non, oh. E que me vou pra Am\u00e9rica, respondeulle o veci\u00f1o. &#8211; Manda carallo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,20,58],"class_list":["post-6471","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-jose-ma-rodriguez","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6471","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6471"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6471\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6471"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6471"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6471"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}