{"id":6468,"date":"2015-07-11T15:52:00","date_gmt":"2015-07-11T13:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:58:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:58:19","slug":"cronica-do-ribadeo-indianizado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/11\/cronica-do-ribadeo-indianizado\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica do Ribadeo indianizado"},"content":{"rendered":"<p>Antes de gustar dun arroz \u00e1 cubana tento deixar unhas breves li\u00f1as a modo de cr\u00f3nica de \u00e9poca sobre o Ribadeo indianizado. Ribadeo indiano, concebido como festa de \u00e9poca, exitosa como calquera pode ver (e para ver, achegarse a Ribadeo, que o esp\u00edrito a\u00ednda non \u00e9 trasladable de xeito electr\u00f3nico, do mesmo xeito que non o era hai un s\u00e9culo ou m\u00e1is). Ribadeo indianizado, caracterizado de \u00e9poca indiana no eixo comercial da vila. Sen ir m\u00e1is lonxe, onte venres \u00e1 noite, os indianos trasladados concentr\u00e1banse nas catro calles e as s\u00faas \u00e1s estendidas dende o parque en plena actuaci\u00f3n musical a cargo da escola de m\u00fasica de Ribadeo, ata o cine-teatro pola outra beira. M\u00e1is al\u00f3, mesmo nun San Roque preparado para hoxe ser mercado e actuaci\u00f3n musical, os indianos dilu\u00edanse nunha nada compensatoria do bulicio do centro, desaparecendo na parte vella m\u00e1is al\u00f3 da zona hostaleira ou nos bloques da nova.<\/p>\n<p>Bandeir\u00edns preparados para a festa recib\u00edan e reciben \u00f3s caracterizados indianos, cunha vestimenta que poder\u00eda ser actual cl\u00e1sica, que senta e asenta nas persoas e as traslada de xeito lixeiro a unha \u00e9poca de abundancia, \u00e9xito e amplitude de miras que da o comercio, as viaxes, a industria.<\/p>\n<p>Traxes impolutos, non feitos para manchar, sen\u00f3n para portar un corpo que manifesta \u00e9xito coa alegr\u00eda de vivir, dan \u00e1 festa indiana un car\u00e1cter cl\u00e1sico educado e mod\u00e9lico. Non \u00e9 un entroido, non se trata de adoptar un alter ego, sen\u00f3n de adaptarse a outra mentalidade que se entrev\u00e9 e se deixa entrever nos comportamentos da xente. Un flu\u00edr de contactos entre persoas que te\u00f1en que comunicar: unha vida enteira nas am\u00e9ricas, cos seus traballos e os seus \u00e9xitos, dan para moito, contrapo\u00f1\u00e9ndoa coa mesma vida enteira, en Galicia, cos seus traballos es o seu devir diario.<\/p>\n<p>Ser\u00eda perdoable o esquecemento desa alta porcentaxe de emigrantes que non puideron voltar cun aire de satisfacci\u00f3n se perdurara na mentalidade dun pobo orientado \u00f3 sector servizos, \u00f3 servizo, ese emprendimento, visi\u00f3n e traballo que encarna a imaxe do americano retornado.<\/p>\n<p>Non sei se ser\u00e1 as\u00ed, se a idea se traspasar\u00e1 ou quedar\u00e1 nun disfrazarse fino aproveitable pola hostaler\u00eda local. Para o \u00faltimo xa sabemos que non hai problema, o \u00e9xito \u00e9 visible. Para o primeiro, veremos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEidaMzW9622fPp8S_PciPtya1BiQtxBcBJel0-fIWlce0yZ6JxCyBULBVmH23_mgGhQCD8zdgny_dKL0-uqHW34LyWRLmWJoKT00RHJrmTTHp3ZQIIpVSvgNZf6Cd_Ob-rftD2AyQ\/s2048\/mapa-cuba-1948.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"442\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEidaMzW9622fPp8S_PciPtya1BiQtxBcBJel0-fIWlce0yZ6JxCyBULBVmH23_mgGhQCD8zdgny_dKL0-uqHW34LyWRLmWJoKT00RHJrmTTHp3ZQIIpVSvgNZf6Cd_Ob-rftD2AyQ\/s2048\/mapa-cuba-1948.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antes de gustar dun arroz \u00e1 cubana tento deixar unhas breves li\u00f1as a modo de cr\u00f3nica de \u00e9poca sobre o Ribadeo indianizado. Ribadeo indiano, concebido como festa de \u00e9poca, exitosa como calquera pode ver (e para ver, achegarse a Ribadeo, que o esp\u00edrito a\u00ednda non \u00e9 trasladable de xeito electr\u00f3nico, do mesmo xeito que non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-6468","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6468","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6468"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6468\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6468"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6468"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6468"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}