{"id":6460,"date":"2015-07-20T15:37:00","date_gmt":"2015-07-20T13:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:59","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:59","slug":"a-soldada-dos-alcaldes-artigo-de-jose-m","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/20\/a-soldada-dos-alcaldes-artigo-de-jose-m\/","title":{"rendered":"A soldada dos alcaldes (artigo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz)"},"content":{"rendered":"<p>Collido de <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html\">http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html<\/a>:<\/p>\n<p><em>Non son afastados os tempos nos que os alcaldes &#8211; a econom\u00eda<br \/>\nexpresiva incl\u00fae o correspondente feminino deste masculino gramatical &#8211;<br \/>\nexerc\u00edan o seu cargo sen remuneraci\u00f3n econ\u00f3mica ningunha. Tempos, nos<br \/>\nque a xesti\u00f3n da res p\u00fablica municipal carec\u00eda da complexidade e das<br \/>\ndificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que a actividade<br \/>\ndos concellos se reduc\u00eda a dar resposta e soluci\u00f3n tan s\u00f3 os problemas<br \/>\nb\u00e1sicos xerados pola vida en com\u00fan dos veci\u00f1os. Tarefas que, pola s\u00faa<br \/>\npropia natureza e dificultade, o seu tratamento exced\u00eda a posibilidade e<br \/>\n a capacidade individual dos veci\u00f1os. Servizos, coma recollida do lixo, a<br \/>\n distribuci\u00f3n da auga, a iluminaci\u00f3n p\u00fablica, a limpeza dos espazos<br \/>\nurbanos, a construci\u00f3n e arranxo das r\u00faas e v\u00edas, etc. etc.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Coa chegada da democracia &#8211; esa tan cacarexada e meirande<br \/>\nmentira do R\u00e9xime &#8211; chegou a complexidade da xesti\u00f3n municipal.<br \/>\nComezaron as transferencias dos diversos servizos, sobre todo sociais, e<br \/>\n tam\u00e9n as dificultades xeradas polas demandas derivadas do desenrolo<br \/>\necon\u00f3mico, e con el as imposici\u00f3ns do progreso da sociedade, cuns<br \/>\nmaiores niveis de esixencia por parte dos mesmos administrados, sen<br \/>\nesquecer a ambici\u00f3n desmedida de certos alcaldes empe\u00f1ados en ofrecer \u00f3s<br \/>\n seus cidad\u00e1ns, servizos alleos \u00e1 funci\u00f3n e competencia dos concellos,<br \/>\ncon fins puramente electorais. E foi as\u00ed como certos alcaldes, &#8220;a<br \/>\nlegibus solutis&#8221; e apoiados nas maior\u00edas plenarias de que gozaban nas<br \/>\ns\u00faas corporaci\u00f3ns locais, f\u00f3ronse asignando, paseni\u00f1o, o seu soldo, ata<br \/>\nacabar sendo aceptado como normal pola maior\u00eda dos cidad\u00e1ns. E o que<br \/>\nempezou sendo obxecto de cr\u00edtica para moitos, \u00e9 hoxe unha realidade<br \/>\naceptada pola maior\u00eda como algo normal e ata xusto, pois, como di a<br \/>\nBiblia e parece razoable pensar, &#8216;dignus est operarius mercede sua&#8217;, \u00e9<br \/>\ndicir, o obreiro \u00e9 merecente do seu salario.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pro, co paso do tempo e a falta de normas reguladoras do teito<br \/>\nsalarial, a arbitrariedade e a cobiza dalg\u00fans alcaldes chegou a superar<br \/>\nesaxeradamente os l\u00edmites da \u00e9tica e do que se entende por salario<br \/>\nxusto. E foi as\u00ed como alg\u00fans fix\u00e1ronse un salario \u00f3 seu gusto e<br \/>\ncapricho, excedendo non poucas veces os l\u00edmites do razoable e sensato,<br \/>\ncomo aconsella Cervantes no Quixote cando afirma que &#8220;el abad de lo que<br \/>\ncanta, yanta&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pro pasou que os excesos cometidos pola avaricia de alg\u00fans<br \/>\nalcaldes levantaron acerbas cr\u00edticas na opini\u00f3n p\u00fablica. Ata tal punto<br \/>\nque o goberno se viu forzado a lexislar sobre esta cuesti\u00f3n. Pro, tan a<br \/>\ndesgana o fixo, que deixou \u00e1 decisi\u00f3n arbitraria dos alcaldes a elecci\u00f3n<br \/>\n do seu salario dentro dos l\u00edmites dunha dilatada escala entre uns<br \/>\nxenerosos m\u00ednimos e m\u00e1ximos, segundo \u00f3 n\u00famero de veci\u00f1os de cada<br \/>\nconcello.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esta norma reguladora do salario dos alcaldes, xurdida dun<br \/>\nsistema escasamente democr\u00e1tico e dabondo corrupto, acadou mitigar<br \/>\ndalg\u00fan xeito os excesos salariais en que moitos ca\u00edan. Pro foron, sobre<br \/>\ntodo, os novos aires reivindicativos que corren \u00f3 longo do noso pa\u00eds e a<br \/>\n nova sensibilidade xerada pola crise econ\u00f3mica na sociedade a que fixo o<br \/>\n milagre de espertar as conciencias a sensibilidade de moitos dos<br \/>\nalcaldes elixidos nas derradeiras elecci\u00f3ns locais. Pois, tanto nas<br \/>\ngrandes cidades coma nos medianos e pequenos concellos, os novos<br \/>\nalcaldes, sensibles \u00f3s impactos negativos ocasionados pola crise na gran<br \/>\n maior\u00eda da poboaci\u00f3n, ativ\u00e9ronse en moitos casos a unha aplicaci\u00f3n<br \/>\nrestritiva da escala salarial fixada polo Goberno. Exemplos temos,<br \/>\ntam\u00e9n, de alcaldes repetidores que, de acordo coa realidade econ\u00f3mica e<br \/>\nsocial do seu entorno, optaron por conxelar e mesmo diminu\u00edr de xeito<br \/>\nsignificativo as s\u00faas retribuci\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non faltan, con todo, certos alcaldes repetidores que, fronte a esta realidade e a\u00ednda dentro da legalidade vixente, pro sen raz\u00f3n<br \/>\naparente que o xustifique, pois o traballo esixido polo concello non \u00e9<br \/>\nhoxe distinto do que era no seu mandato anterior, optaron por subirse de<br \/>\n forma escandalosa, non s\u00f3 as s\u00faas retribuci\u00f3ns, sen\u00f3n ademais, o n\u00famero<br \/>\n de dedicaci\u00f3ns exclusivas no concello, e mesmo as dietas, o<br \/>\nquilometraxe, etc. &nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; E isto, non sen esc\u00e1ndalo por parte de moitos, pois, mentres a<br \/>\nsociedade se empobrece e se afunde cada d\u00eda m\u00e1is na miseria econ\u00f3mica,<br \/>\ncos veci\u00f1os vivindo nas s\u00faas carnes a amarga experiencia do paro e da<br \/>\ndepresi\u00f3n econ\u00f3mica e os pensionistas axustando os seus gastos pra<br \/>\nacadar coas s\u00faas pequenas pensi\u00f3ns o remate do mes, hai alcaldes que se<br \/>\nsoben impunemente o seu soldo en porcentaxes inxustificadas e abusivas,<br \/>\nprovocando o asombro e o esc\u00e1ndalo dos exhaustos contribu\u00edntes. E todo<br \/>\nisto, sen dar sequera ningunha explicaci\u00f3n motivada que fixese que esta<br \/>\nsubida salarial, caso de estar suficientemente xustificada, como pod\u00eda<br \/>\nser o caso dalg\u00fans, fose entendida e aceptada polos contribu\u00edntes.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><em>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Si, xa se sabe que o salario elixido por eses alcaldes se<br \/>\naxusta \u00e1 lei. Faltaba mais! Ningu\u00e9n os vai acusar de ter infrinxido a<br \/>\nlei. Pro si da s\u00faa falta de solidariedade &nbsp;social nestes momentos de<br \/>\ndepresi\u00f3n, co engadido da oportunidade e da exemplaridade esixida \u00f3s que<br \/>\n se adican \u00e1 xesti\u00f3n p\u00fablica.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Collido de http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html: Non son afastados os tempos nos que os alcaldes &#8211; a econom\u00eda expresiva incl\u00fae o correspondente feminino deste masculino gramatical &#8211; exerc\u00edan o seu cargo sen remuneraci\u00f3n econ\u00f3mica ningunha. Tempos, nos que a xesti\u00f3n da res p\u00fablica municipal carec\u00eda da complexidade e das dificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,20,13],"class_list":["post-6460","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-jose-ma-rodriguez","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6460","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6460"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6460\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6460"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6460"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6460"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}