{"id":6457,"date":"2015-07-27T05:10:00","date_gmt":"2015-07-27T03:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:54","slug":"o-pobo-en-festa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/27\/o-pobo-en-festa\/","title":{"rendered":"O pobo e(n) festa"},"content":{"rendered":"<p>**Artigo escrito para a revista da parroquia, ver\u00e1n 2015** <br \/>\nVer\u00e1n, m\u00e1is luz, temperie m\u00e1is agradable, m\u00e1is alegr\u00eda, festa! O<br \/>\npobo, a xente, o noso pobo, os pobos, \u00e9nchense de festa. No caso de<br \/>\nRibadeo, a vila ten aumentado \u00e1s festas ditas relixiosas (por orde<br \/>\nde achegamento \u00e1 idea de Ribadeo, a patroa, San Roque, O Carme,<br \/>\nCorpus&#8230;) outras m\u00e1is tur\u00edsticas, folcl\u00f3ricas, mercant\u00eds, como a<br \/>\nnova dos indianos ou a xa vella (e cambiada dende a s\u00faa orixe) xira,<br \/>\nou mesmo actividades que non son declaradas como festas pero tentan<br \/>\nachegarse a ese ambiente festivo de diversos xeitos, como a feira do<br \/>\nlibro e a s\u00faa animaci\u00f3n de ambiente do pobo durante o seu<br \/>\ntranscurso.<br \/>\nA luz e o bo tempo ten elevado os \u00e1nimos das persoas de sempre. E<br \/>\ncando se queren representar eses \u00e1nimos, aparece ent\u00f3n a luz. De a\u00ed<br \/>\na ligaz\u00f3n de moitas festas co solsticio de ver\u00e1n e m\u00e1is a\u00ednda, de<br \/>\na\u00ed que na primavera, cos d\u00edas m\u00e1is amplos e luminosos, comece o<br \/>\n\u00e1nimo de festa. \u00c1nimo que acada o cl\u00edmax cos eventos festeiros do<br \/>\nver\u00e1n, marcando un atraso en relaci\u00f3n \u00e1s estaci\u00f3ns astron\u00f3micas<br \/>\nparello ao desfase que mante\u00f1en as temperaturas, que acadan o m\u00e1ximo<br \/>\nanual a comezos de agosto.<br \/>\n<br \/>\nEstamos no ver\u00e1n. Estamos en festa.<br \/>\nTempo hai, a festa era patrimonio da relixi\u00f3n, m\u00e1is al\u00f3 da<br \/>\nadvocaci\u00f3n santeira que a simbolizaba. Ti\u00f1a algo de sagrado o<br \/>\ndispor de bens en exceso durante un curto per\u00edodo, a\u00ednda que<br \/>\ndespois del vi\u00f1eran as penalidades coti\u00e1ns. Algo herdado -ou non-<br \/>\ndoutros tempos anteriores nos que o \u00e1nimo de vivir concib\u00edase<br \/>\nrelacionado con deuses m\u00e1is mundanos, que intervir\u00edan no d\u00eda a d\u00eda<br \/>\ndas persoas e os seus problemas. Hoxe parece que volvemos a eses<br \/>\nvellos tempos que non se foron nunca de todo.<br \/>\nAs festas relixiosas te\u00f1en m\u00e1is tradici\u00f3n, pero \u00f3 tempo que se<br \/>\ndesnaturalizan co espect\u00e1culo ou a diversi\u00f3n allea \u00f3 motivo da<br \/>\nfesta e que o substit\u00fae, te\u00f1en que competir con outras novas,<br \/>\nemerxentes, sa\u00eddas hai pouco da imaxinaci\u00f3n da xente. A\u00ed a dos<br \/>\nindianos, pero tam\u00e9n outras moitas que tentan usar a lembranza do<br \/>\nmedievo, dos celtas, ou do que sexa, para crear ambiente e mover o<br \/>\ncomercio, e propiciar m\u00e1is diversi\u00f3n, en competencia tam\u00e9n cos<br \/>\nmedios tecnificados de hoxe en d\u00eda \u00f3s que non lles \u00e9 necesaria a<br \/>\nidea de &#8216;festa&#8217;. O sentido da festa est\u00e1 a mudar. Xa non \u00e9 s\u00f3 o<br \/>\ndispor dun algo -tempo, produtos que consumir- propio e apropiado \u00f3<br \/>\nperfil da festa, sen\u00f3n o facer fincap\u00e9 na evasi\u00f3n do d\u00eda a d\u00eda,<br \/>\nnunha certa emulaci\u00f3n da transcendencia por uns momentos cheos con<br \/>\nactividades con caducidade programada pero retomables de xeito m\u00e1is<br \/>\nou menos continuado.<br \/>\nA Igrexa non ten o monopolio festeiro; \u00e9 m\u00e1is, est\u00e1 quedando en<br \/>\nminor\u00eda na convocatoria festiva. Por iso debe imprimir a marca de<br \/>\ncalidade nas s\u00faas propias festas, que as distinga e as faga<br \/>\nprosperar non s\u00f3 no tempo, sen\u00f3n de xeito moito m\u00e1is profundo, nos<br \/>\ncoraz\u00f3ns. O pobo, a vila, estar\u00e1 en festa, pero ser\u00e1 o pobo, a<br \/>\nxente, o que sexa unha festa.<br \/>\nAntonio<br \/>\nGregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>**Artigo escrito para a revista da parroquia, ver\u00e1n 2015** Ver\u00e1n, m\u00e1is luz, temperie m\u00e1is agradable, m\u00e1is alegr\u00eda, festa! O pobo, a xente, o noso pobo, os pobos, \u00e9nchense de festa. No caso de Ribadeo, a vila ten aumentado \u00e1s festas ditas relixiosas (por orde de achegamento \u00e1 idea de Ribadeo, a patroa, San Roque, O [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,25,32],"class_list":["post-6457","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-festas","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6457","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6457"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6457\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6457"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6457"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6457"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}