{"id":6453,"date":"2015-07-31T11:02:00","date_gmt":"2015-07-31T09:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:48","slug":"algun-comentario-un-par-de-notas-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/07\/31\/algun-comentario-un-par-de-notas-do\/","title":{"rendered":"Alg\u00fan comentario a un par de notas do concello de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte a web do concello engadiu un par de notas \u00f3 seu haber. Unha, de <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1853&amp;lg=gal\">defensa de cr\u00edticas por non ter representaci\u00f3n na &#8216;presentaci\u00f3n&#8217; da concesi\u00f3n de patrimonio da humanidade \u00f3 Cami\u00f1o Norte<\/a>, e outra, de protecci\u00f3n ante a falta de protecci\u00f3n do novo parque infantil que manifesta un estudo encargado polo PSOE. Coido que o tratamento de ambas debe ser abondo diverxente.<\/p>\n<p>En ambos casos, as novas son m\u00e1is en relaci\u00f3n coa defensa de actuaci\u00f3ns do equipo de goberno que de informaci\u00f3n \u00f3s cidad\u00e1ns sobre o goberno, e moito menos a\u00ednda, de implicaci\u00f3n ou participaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns nese goberno que \u00e9 noso, algo que non \u00e9 a primeira vez que sae no blog.<\/p>\n<p>No primeiro caso estimo que se o alcalde non quere ir a un acto protocolario montado para aplaudir determinada acci\u00f3n que a\u00ednda que implica a Ribadeo ten pouco que ver relativamente \u00f3s actos do concello, pois ben. De calquera xeito, sei que hai persoas que ao protocolo (a determinados actos, en particular) danlle unha relevancia diferente. Iso mesmo s\u00e1beo tam\u00e9n o alcalde, e ent\u00f3n comeza a xustificar o que (estimo) non ter\u00eda necesidade. E faino co iron\u00eda, sabendo a debilidade do tratamento do goberno da Xunta con Ribadeo en aspectos relacionados co cami\u00f1o e tam\u00e9n con outros que non te\u00f1en nada que ver, pero que son populares e sabidos no pobo, como o medio mill\u00f3n de euros non recibidos da xunta para a residencia de anci\u00e1ns. razoamentos l\u00f3xicos, pero que por innecesarios ou alonxados do feito concreto que se estaba a tratar, a non asistencia \u00f3s aplausos a Feij\u00f3o, poden ser xulgados de diferente maneira e ser inefectivos.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhHqYXvdHVLX22KLMQfSusSkO58A-W5OfNeeeMErEGCFuOGfuHtUNyL6ojsAVVhCOE7GxlDKn83o6Sccnyx2vwMGbZHbxIWa-mn-LUSihR8fwO3blszeTI3YNc1FuwCKK4-BIFI1w\/s2048\/parque+San+Francisco.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhHqYXvdHVLX22KLMQfSusSkO58A-W5OfNeeeMErEGCFuOGfuHtUNyL6ojsAVVhCOE7GxlDKn83o6Sccnyx2vwMGbZHbxIWa-mn-LUSihR8fwO3blszeTI3YNc1FuwCKK4-BIFI1w\/s2048\/parque+San+Francisco.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Captura da cabeceira dunha nova do Concello<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>No segundo caso, a nota \u00e9 completamente diferente, sen iron\u00eda ante algo que far\u00eda posible que se volvera na s\u00faa contra. O informe encargado polo &#8216;POSE&#8217; (aparece en diversos lugares como cliente con esa denominaci\u00f3n) a <a href=\"http:\/\/www.strow.es\/strowpi\/\">Strowpi<\/a> (a ligaz\u00f3n leva \u00e1 \u00fanica presenza na rede, unha \u00fanica p\u00e1xina-pantalla) est\u00e1 <a href=\"http:\/\/agrupacionpsoeribadeo.es\/app\/download\/5802493828\/INFORME+DE+INSPECCION+Plaza+San+Francisco+.+Pdf.pdf\">dispo\u00f1ible na web do PSOE ribadense<\/a> e \u00e9 convinte darlle unha ollada. A ollada leva a considerar como se fan as cousas (pequenos detalles a criticar sempre hai, pero o informe ten boa pinta&#8230;) e a <a href=\"http:\/\/agrupacionpsoeribadeo.es\/app\/download\/5802493893\/ESCRITO+CONCELLO+PARQUE+29+julio+2015.pdf\">base da cr\u00edtica do PSOE<\/a>. Precisamente o que chama a atenci\u00f3n na nota de prensa do concello \u00e9 que a documentaci\u00f3n non contrapo\u00f1a documentaci\u00f3n: a nota da alcald\u00eda (\u00e9 do concello, pero coido que se pode dicir tranquilamente &#8216;da alcald\u00eda&#8217;) di que se fixeron xa intervenci\u00f3ns antes de que o PSOE o dixera, pero non ofrece para elo m\u00e1is que a palabra do alcalde. Tenta dicilo ademais no contexto de que a obra foi recibida e as observaci\u00f3ns fix\u00e9ronse posteriormente, o que en tal caso deixa a pregunta de por que se deu por recibida a obra e se puxo en funcionamento o parque infantil (outro d\u00eda, haber\u00e1 que deixar unha reportaxe gr\u00e1fica do avance das obras). Asemade, tenta diminu\u00edr a importancia das correcci\u00f3na a facer, nomeando &#8220;<em>moitas das normas sobre as que se basean non son de obrigado<br \/>\ncumprimento, son recomendaci\u00f3ns, en todo caso n\u00f3s queremos, que&nbsp; sempre<br \/>\nque sexan algo positivo que redunde na calidade do servizo, telas en<br \/>\nconta<\/em>&#8220;. Unha t\u00e9cnica que esquece precisamente a parte m\u00e1is importante do informe, as de obrigado cumprimento, defectos que se non contei mal, sobrepasan \u00e1s leves, segundo as indicaci\u00f3ns do propio informe: hai m\u00e1is non conformidades, &#8220;<em>No Conformidad (NC); aquellas deficiencias cuya subsanaci\u00f3n es imprescindible para la concesi\u00f3n&nbsp; de&nbsp; la&nbsp; Declaraci\u00f3n&nbsp; de&nbsp; Conformidad&nbsp; por&nbsp; representar&nbsp; un&nbsp; riesgo&nbsp; evidente&nbsp; para&nbsp; los&nbsp; usuarios<\/em>&#8221; que &#8220;<em>Desviaciones&nbsp; (DESV.); aspectos&nbsp; que,&nbsp; aun&nbsp; no&nbsp; entra\u00f1ando&nbsp; riesgo&nbsp; grave&nbsp; para&nbsp; el&nbsp; menor,&nbsp; deben&nbsp; ser&nbsp; corregidos<\/em>&#8220;. As\u00ed, a\u00ednda pasando por alto a condescendencia final para apuntarse un tanto coas palmadi\u00f1as \u00f3 contrincante, a lectura da nota debe ser fortemente matizada, e deixar en evidencia, de novo, unha falta de disposici\u00f3n de informaci\u00f3n cara \u00f3s administrados, a\u00ednda en cousas tan pequenas como a visualizaci\u00f3n documental desas acci\u00f3ns previas \u00e1 intervenci\u00f3n do PSOE que di que existiron.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte a web do concello engadiu un par de notas \u00f3 seu haber. Unha, de defensa de cr\u00edticas por non ter representaci\u00f3n na &#8216;presentaci\u00f3n&#8217; da concesi\u00f3n de patrimonio da humanidade \u00f3 Cami\u00f1o Norte, e outra, de protecci\u00f3n ante a falta de protecci\u00f3n do novo parque infantil que manifesta un estudo encargado polo PSOE. Coido que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13],"class_list":["post-6453","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6453","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6453"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6453\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6453"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6453"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6453"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}