{"id":6447,"date":"2015-08-12T13:28:00","date_gmt":"2015-08-12T11:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:39","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:39","slug":"edelmiro-bascuas-in-memoriam-por-jm","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/08\/12\/edelmiro-bascuas-in-memoriam-por-jm\/","title":{"rendered":"Edelmiro Bascuas, in memoriam, por J.M\u00aa Rodr\u00edguez"},"content":{"rendered":"<p>Collido de <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/08\/00432-edelmiro-bascuas-lopez-eminente-investigador-de-hidronimia-calega.html\">http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/08\/00432-edelmiro-bascuas-lopez-eminente-investigador-de-hidronimia-calega.html<\/a><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><em>Edelmiro naceu en A Meda, concello de Castroverde (Lugo) o 15 de<br \/>\nabril do ano 1931. Fixo estudos eclesi\u00e1sticos no seminario de Mondo\u00f1edo,<br \/>\n no que a s\u00faa traxectoria, sempre matizada pola s\u00faa senlleira humildade,<br \/>\n foi sen d\u00fabida sobresa\u00ednte, destacando como estudante moi brillante por<br \/>\n riba dos seus compa\u00f1eiros e mesmo de moitos dos seus profesores. Logo<br \/>\nde ser nomeado profesor de grego e franc\u00e9s nese centro, desempe\u00f1ouno<br \/>\ndurante uns anos con grande predicamento entre os seus alumnos, como<br \/>\nquedou demostrado polos un\u00e1nimes comentarios que del dixeron e<br \/>\nescribiron moitos deles anos despois. &nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Graduado en Teolox\u00eda na Universidade de Salamanca no ano 1957,<br \/>\npasou a licenciarse por libre en linguas cl\u00e1sicas na Universidade de<br \/>\nMadrid no ano 1968. Logo pasou a exercer de catedr\u00e1tico de grego no<br \/>\nensino medio en Valencia e en dous Institutos de A Coru\u00f1a. O d\u00eda 10 de<br \/>\nfebreiro de 2011, e tras unha longa enfermidade que lle fixo interromper<br \/>\n na p\u00e1xina 71 o volume quinto que estaba escribindo pra dar \u00f3 prelo,<br \/>\nfaleceu na cidade de A Coru\u00f1a. Foise coa mesma discreci\u00f3n que<br \/>\ncaracterizaba t\u00f3dolos actos da s\u00faa vida: en silencio, sen molestar a<br \/>\nningu\u00e9n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A figura de Edelmiro pode ser analizada dende moitos aspectos.<br \/>\n\u00d3s seus ex alumnos t\u00f3calles falar do Edelmiro, profesor admirable. \u00c1<br \/>\nIgrexa, do sacerdote cumpridor e exemplar no desempe\u00f1o dos cargos que<br \/>\nlle foron confiados. \u00d3s lectores dos seus estudos sobre a hidronimia,<br \/>\ndos seus profundos co\u00f1ecementos e investigaci\u00f3ns. \u00c1 s\u00faa familia, do<br \/>\nmarido agarimoso e pai mod\u00e9lico. \u00d3s seus colegas no ensino, do<br \/>\ncompa\u00f1eiro preceptor e pedagogo. \u00d3s especialistas das ciencias<br \/>\nonom\u00e1sticas, da inmensa contribuci\u00f3n \u00f3s estudos d\u00e1 hidron\u00edmia e d\u00e1<br \/>\npaleoling\u00fc\u00edstica galega, das s\u00faas teses cient\u00edficas e das s\u00faas<br \/>\ninvestigaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; &#8220;Home universal do renacemento &#8211; escribe del un comentarista &#8211;<br \/>\n do que a s\u00faa sabedor\u00eda quedou reflectida nas investigaci\u00f3ns de<br \/>\ntoponimia, onom\u00e1stica, historia antiga, arqueolox\u00eda, xeograf\u00eda,<br \/>\nrelixi\u00f3ns prerromanas, documentaci\u00f3n e literatura antiga e medieval,<br \/>\netc.\u201d. \u201cHome cunha extraordinaria cabeza e o&nbsp;coraz\u00f3n&nbsp;axeitado para tanta<br \/>\n cabeza, &#8211; comenta Xos\u00e9 Manuel Carballo &#8211; quer\u00edalle moito a esta&nbsp;s\u00faa<br \/>\nterra, pero o seu querer non ti\u00f1a cancelas. O seu af\u00e1n investigador non<br \/>\nlle imped\u00edu amar intensamente&nbsp;\u00e1 s\u00faa familia, a canto quixo antes de<br \/>\nformala e a cantos tivemos a sorte de ser seus amigos\u201d. \u201cSent\u00eda placer &#8211;<br \/>\n engade unha persoa do seu \u00e1mbito familiar &#8211; en hablar e intercambiar<br \/>\nideas, estimular, en definitiva, a otros muchos interesados en este<br \/>\ncampo de estudio. Rara avis, \u00e1vida de sabidur\u00eda\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Foi na s\u00faa etapa de profesor de grego no Instituto \u201cRam\u00f3n<br \/>\nMen\u00e9ndez Pidal\u201d, de A Coru\u00f1a, onde empezou a elaborar un ficheiro coas<br \/>\ns\u00faas investigaci\u00f3ns filol\u00f3xicas. Produto delas foron as s\u00faas<br \/>\nconferencias e traballos sobre l\u00e9xico e onom\u00e1stica prelatinos e<br \/>\npreindoeuropeos, pronunciadas en diversos e destacados foros e<br \/>\npublicados en diversas revistas, galegas, espa\u00f1olas e internacionais,<br \/>\ncomo, Veleia, Estudios Mindonienses<\/em>, <em>Studi Celtici<\/em>, <em>Paleohisp\u00e1nica<\/em>, <em>Verba<\/em>, etc. e a publicaci\u00f3n, asemade, de tres obras monumentais sobre a hidronimia galega: <em>Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega<\/em>, publicado no ano 2002, <em>Hidronimia y l\u00e9xico de origen paleoeuropeo en Galicia<\/em>, sa\u00eddo do prelo no ano 2006, e finalmente, <em>Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega<\/em>,<br \/>\n publicada no ano 2015, xa despois do seu pasamento. Obras nas que vai<br \/>\nescribindo o nome de centos e centos de pobos, vilares, regos e r\u00edos,<br \/>\nmoitos deles fosilizados ou xa esquecidos. Publicaci\u00f3ns tard\u00edas,<br \/>\nresultado das s\u00faas pescudas, que comezou a dar \u00f3 prelo xa sexaxenario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Sabemos por confesi\u00f3n do propio Edelmiro que ti\u00f1a intenci\u00f3n de<br \/>\nseguir con tres publicaci\u00f3ns mais para completar e dar a co\u00f1ecer os<br \/>\nfroitos de s\u00faas investigaci\u00f3ns, recollidas nos seus cuantiosos<br \/>\nficheiros. Deixou in\u00e9dita, ademais, unha colecci\u00f3n de traballos breves,<br \/>\nrevisi\u00f3n doutros publicados previamente de maneira dispersa. A s\u00faa \u00e9<br \/>\nunha obra monumental e pioneira no campo da paleohidronimia e da<br \/>\ntoponimia galegas, mais a\u00ednda pola seriedade, pola honradez cr\u00edtica de<br \/>\ninvestigaci\u00f3n, sempre sometida a d\u00fabida sen deixala imaxinaci\u00f3n voar,<br \/>\npr\u00e1ctica tan frecuente neste campo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como escribiu, Manuel Rivas Garc\u00eda, ex-alumno de Edelmiro no<br \/>\nseminario de Mondo\u00f1edo,\u201cestamos ante un personaxe e unha obra que merece<br \/>\n figurar en letras grandes entre os m\u00e1is esgrevios de Galicia\u201d. Dino<br \/>\nPacio Lind\u00edn, amigo e compa\u00f1eiro de docencia de Edelmiro, escribe del<br \/>\nque \u201cfoi un xigante nun mundo pequeno. Home escasamente valorado por ese<br \/>\n mundo pequeno no que empezou a formarse, foille denegada unha beca para<br \/>\n facer a especialidade de grego. Un obxectivo que logrou \u00f3 aprobar os<br \/>\ncursos de 3\u00ba, 4\u00ba e 5\u00ba de cl\u00e1sicas nunha soa viaxe a Madrid\u201d. E engade<br \/>\nque \u201cfoi pioneiro na paleohidronimia da toponimia galega e na busca da<br \/>\nra\u00edz da etimolox\u00eda azarosa de miles de palabras galegas deducidas da<br \/>\nhidronimia\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Foron moitas as persoas que acudiron a Edelmiro na procura de<br \/>\norientaci\u00f3n, tanto no campo t\u00e9cnico da toponimia coma noutros moitos<br \/>\naspectos da vida, mesmo en asuntos privados, para alg\u00fans,<br \/>\ntranscendentais. Ningu\u00e9n quedou defraudado. Sempre, dunha maneira ou<br \/>\ndoutra, soubo acoller e tender unha man amiga e po\u00f1er todo o esforzo en<br \/>\nsatisfacer as petici\u00f3ns de todos os que a el acudiron. Home cun sentido<br \/>\nsan do humor, grande e ameno conversador, gustaba do ocio asistindo a<br \/>\nxuntanzas e compartindo mesa e conversa con amigos durante horas.<br \/>\nConversas nas que sempre predominaban sobre outros, temas de interese<br \/>\ncomo a historia, a arte, a toponimia, etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A s\u00faa humildade e sinxeleza, virtudes vividas por Edelmiro en<br \/>\ngrao eminente, espertaban sentimentos de afecto e admiraci\u00f3n en todos os<br \/>\n que tiveron a sorte de co\u00f1ecelo e tratalo. Sempre sinxelo, sempre<br \/>\nafectuoso e sempre disposto a axudar e a compartir os seus co\u00f1ecementos<br \/>\ncon todos. A pregunta que se lle fixo nunha ocasi\u00f3n sobre por que non<br \/>\nderan antes \u00f3 prelo os resultados das s\u00faas investigaci\u00f3ns, manifestou a<br \/>\ns\u00faa sensaci\u00f3n &#8211; tal era o seu grado de humildade &#8211; de que os seus<br \/>\ntraballos non ti\u00f1an a importancia nin o m\u00e9rito que se lles daba. Foi<br \/>\nmais tarde, baixo a presi\u00f3n do seu amigo, Dino Pacio, profesor de<br \/>\nSocioling\u00fc\u00edstica Hist\u00f3rica na Universidade do Estado de Nova York no<br \/>\nbaixo Manhattan, que se decidiu a iniciar e dar \u00f3 prelo o froito das<br \/>\ns\u00faas investigaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pro, como di Dino Pacio nunha carta remitida para o homenaxe<br \/>\nque se lle fixo a Edelmiro na Coru\u00f1a, co gallo da publicaci\u00f3n do segundo<br \/>\n libro, recordando as palabras do poeta latino, Horacio: \u201c<em>Non omnis moriar<\/em>; que traducido \u00f3 bo galego significa: <em>Non!, non finarei de todo<\/em>. Edelmiro sigue vivo no mundo da cultura e do noso coraz\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; E, xa pra rematar, un recordo a quen, coa s\u00faa vida exemplar en<br \/>\nt\u00f3dolos eidos nos que traballou, como crego, como profesor e como<br \/>\ncristi\u00e1n, coa s\u00faa adicaci\u00f3n o servizo, \u00f3 traballo e \u00f3 estudo, deu honra \u00f3<br \/>\n nome do Seminario de Mondo\u00f1edo no que se formou e ensinou, \u00e1s diversas<br \/>\nInstituci\u00f3ns nas que exerceu a s\u00faa profesi\u00f3n e traballou, deixando en<br \/>\ntodas elas gratos recordos da s\u00faa labor e do seu paso por elas e da s\u00faa<br \/>\npersoa. Que as s\u00faas publicaci\u00f3ns non figuren nun lugar privilexiado da<br \/>\nprestixiosa biblioteca do seminario \u00e9 un erro imperdoable e unha<br \/>\nvergo\u00f1a. Pois, como ben di unha lenda que figura debaixo dun cadro que<br \/>\nhai no Sal\u00f3n de Plenos do Concello de Ribadeo, adicado a un dos seus<br \/>\nfillos ilustres,&nbsp; \u201c<em>quien a su pueblo honra<\/em>, <em>merece la honra del pueblo<\/em>\u201d,<br \/>\n o seminario de Mondo\u00f1edo \u00e9 debedor dun reco\u00f1ecemento p\u00fablico a persoa<br \/>\nde Edelmiro, como expo\u00f1ente da calidade educadora deste centro de ensino<br \/>\n \u00f3 que Edelmiro coa s\u00faa vida e obra tanta honra lle deu. E outro tanto<br \/>\ncaber\u00eda dicir das Universidades galegas pola inmensa contribuci\u00f3n que,<br \/>\nco seu traballo e investigaci\u00f3n, fixo \u00f3 co\u00f1ecemento da toponimia e da<br \/>\nhidronimia galegas. Pro parece que a concesi\u00f3n do t\u00edtulo de doctor<br \/>\nhonoris causa, do que era ben merecente Edelmiro, est\u00e1 reservado para<br \/>\npremiar outros m\u00e9ritos, non tan nobles e mais materiais cos aportados<br \/>\npor el a onom\u00e1stica galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Collido de http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/08\/00432-edelmiro-bascuas-lopez-eminente-investigador-de-hidronimia-calega.html &#8212; Edelmiro naceu en A Meda, concello de Castroverde (Lugo) o 15 de abril do ano 1931. Fixo estudos eclesi\u00e1sticos no seminario de Mondo\u00f1edo, no que a s\u00faa traxectoria, sempre matizada pola s\u00faa senlleira humildade, foi sen d\u00fabida sobresa\u00ednte, destacando como estudante moi brillante por riba dos seus compa\u00f1eiros e mesmo de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,20],"class_list":["post-6447","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-jose-ma-rodriguez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6447","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6447"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6447\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6447"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6447"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6447"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}