{"id":6441,"date":"2015-08-25T09:12:00","date_gmt":"2015-08-25T07:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:22","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:22","slug":"choque-entre-os-vecinos-de-vilaosende-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/08\/25\/choque-entre-os-vecinos-de-vilaosende-e\/","title":{"rendered":"Choque entre os veci\u00f1os de Vilaosende e o bispado"},"content":{"rendered":"<p>Esta tempada est\u00e1 sendo testemu\u00f1a doutro desencontro da igrexa-xerarqu\u00eda coa Igrexa-comunidade en terreos de Ribadeo, a conto dun aluguer dunha casa en Vilaosende. Neste contexto, onte chegou \u00e1 mi\u00f1a man un escrito relacionado co tema que est\u00e1 a ser difundido, que copio e publico asemade neste foro que \u00e9 o blog.<\/p>\n<p>&#8220;<em>Outro mais. Os desencontros entre o Bispado de Mondo\u00f1edo e alg\u00fans colectivos diocesanos rep\u00edtense un tras outro nos \u00faltimos tempos. Vellos h\u00e1bitos, autocr\u00e1ticos, despectivos e descorteses \u00e1s veces, por parte dos eclesi\u00e1sticos, m\u00e1is propios da pasada \u00e9poca absolutista que da era da inform\u00e1tica. Actuaci\u00f3ns, nas que se utiliza o silencio despectivo como arma defensiva contra as queixas e reclamaci\u00f3ns de certos colectivos de fieis, representados polas s\u00faas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os. Asociaci\u00f3ns, cualificadas por alg\u00fans cl\u00e9rigos aos cales se lles parou o reloxo da historia, de estar integradas por xentes da &#8220;casca amarga&#8221;, ou de ser madrigueiras de conspiraci\u00f3ns &#8220;judeo-mas\u00f3nicas. Pr\u00e1cticas descorteses que evidencian un profundo contraste coas novas actitudes pastorais recomendadas polo papa Francisco.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Recente a\u00ednda, e sen resolver, est\u00e1 o lamentable suceso do saqueo de diversos obxectos relixiosos de varias parroquias desta bisbarra da mari\u00f1a oriental. Un suceso no que as denuncias e queixas dos fieis \u00f3 Bispado por estas subtracci\u00f3ns foron ignoradas e silenciadas inicialmente, impedindo as\u00ed unha posible recuperaci\u00f3n dos bens subtra\u00eddos. Deseguido, foron os feitos relativos \u00e1s alteraci\u00f3ns realizadas na imaxe da Virxe Mar\u00eda, patroa do santuario de Conforto. Intervenci\u00f3ns que deron orixe \u00f3 cabreo da xente e \u00e1s en\u00e9rxicas queixas e reclamaci\u00f3ns \u00f3 Bispado por parte da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os desa parroquia. Protestas, constantemente ignoradas, que provocaron un longo e anoxo desencontro, ata que, ao final, a mediaci\u00f3n presencial do Bispo impuxo a cordura e o di\u00e1logo. E agora, nestes derradeiros d\u00edas, a situaci\u00f3n rep\u00edtese co escrito da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de Vilaosende dirixido ao Bispado, no mes de marzo deste ano e contestado neste mes de agosto, interes\u00e1ndose polas causas do despedimento da inquilina da casa reitoral, veci\u00f1a desa parroquia. Preguntas sobre unha actuaci\u00f3n, &#8211; en cuxa valoraci\u00f3n de legalidade aqu\u00ed non se entra &#8211; ignoradas polo Bispado, e que, en contra do que os veci\u00f1os pretend\u00edan, puxo eses feitos no co\u00f1ecemento da opini\u00f3n p\u00fablica. Un despectivo silencio do bispado que motivou, no primeiro dos casos, as protestas p\u00fablicas dos veci\u00f1os das parroquias espoliadas, as queixas dos de Conforto, despois, e agora os reproches dos veci\u00f1os de Vilaosende a os que se tardou cinco meses en contestar \u00e1s s\u00faas preguntas, e se fixo con evasi\u00f3ns e mesmo distorsi\u00f3ns da linguaxe que a ningu\u00e9n convencen, como \u00e9 o sentido da palabra \u201cparroquia\u201d. Pois, contra o que pensa o bispado, para os veci\u00f1os a parroquia son eles, sen cuxa existencia este ente xur\u00eddico-eclesi\u00e1stico, non existir\u00eda. Colectivos todos estes que agardaban do seu bispado as oportunas aclaraci\u00f3ns e explicaci\u00f3ns razoadas, tal como ped\u00edan, \u00e1s s\u00faas preguntas e queixas. Unha equivocada actuaci\u00f3n por parte do Bispado que provocou o anoxo e o desgusto dos distintos actores que se viron envolvidos nestes sucesos.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Tense a impresi\u00f3n de que certos responsables da igrexa diocesana &#8211; e como en todo, nisto tam\u00e9n hai excepci\u00f3ns e distintos talantes &#8211; non superaron a\u00ednda aquela mentalidade medieval propia dunha Igrexa acostumada a exercer os privilexios feudais de dominio e poder absoluto sobre a xente. S\u00e9culos e s\u00e9culos cultivando a cultura do mon\u00f3logo dende o p\u00falpito, deixaron en moitos dos seus responsables a s\u00faa pegada, incapacit\u00e1ndoos para escoitar e dialogar cos fieis, cuxo papel na Igrexa debe quedar reducido, segundo eles, \u00e1 pasividade. Pero, eses tempos son xa pasados. E non volver\u00e1n.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Para a Igrexa imp\u00f3\u00f1ense actitudes de cambio, se non quere perder o tren da historia. Novas formas de relaci\u00f3n entre os seus eclesi\u00e1sticos, como servidores que son, e os fieis. Como Pedro e Pablo se someteron \u00e1 Asemblea de Xerusal\u00e9n, as\u00ed os Bispos e demais responsables da Igrexa han de someterse \u00e1s asembleas dos fieis. Dar a cara diante do altar, e non parapetarse detr\u00e1s del, disfrazados de senadores romanos.<\/em>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta tempada est\u00e1 sendo testemu\u00f1a doutro desencontro da igrexa-xerarqu\u00eda coa Igrexa-comunidade en terreos de Ribadeo, a conto dun aluguer dunha casa en Vilaosende. Neste contexto, onte chegou \u00e1 mi\u00f1a man un escrito relacionado co tema que est\u00e1 a ser difundido, que copio e publico asemade neste foro que \u00e9 o blog. &#8220;Outro mais. Os desencontros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-6441","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6441","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6441"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6441\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6441"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6441"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6441"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}