{"id":6431,"date":"2015-09-09T08:26:00","date_gmt":"2015-09-09T06:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:57:09","modified_gmt":"2024-11-12T12:57:09","slug":"economia-ou-asalto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/09\/09\/economia-ou-asalto\/","title":{"rendered":"Econom\u00eda ou asalto"},"content":{"rendered":"<p>Esta tempada estamos vivindo na Mari\u00f1a situaci\u00f3ns que, por repetidas, non deixan de ser cada vez m\u00e1is desastrosas e manifestaci\u00f3n dunha tendencia que vai moito m\u00e1is al\u00f3 da nosa xeograf\u00eda local. Poder\u00edan darse m\u00e1is exemplos, pero hai dous que sobresaen, e non timidamente, sobre os dem\u00e1is.<\/p>\n<p>Un \u00e9 o de Alcoa. Un ano m\u00e1is, celebrouse a subasta enerx\u00e9tica que tivo (e ten) en vilo \u00e1 planta. Calquera atento minimamente \u00e1s novas puido enterarse de que houbo unha rebaixa do 10%. Bravo! Non \u00e9 abondo. Sa\u00edu peor parada que o ano pasado, en verbas de representantes empresariais. En que, como? Non hai informaci\u00f3n. Menor cantidade enerx\u00e9tica, vale. Custe? Non hai informaci\u00f3n. Non se sabe se vai haber continuidade, os traballadores, despois de presionar presionados pola empresa, seguen presionados pola empresa sen ter nin a oportunidade de presionar xa a ningu\u00e9n. Ou si? Inmersos na sociedade, \u00e9 a propia sociedade no seu conxunto a que act\u00faa de ref\u00e9n, inclu\u00edndo as estruturas das que est\u00e1 dotada. E si, \u00e9 certo que o sistema de cotas non parece a mellor posibilidade, e menos a unha empresa que necesita moita, moita enerx\u00eda, pero case seguro que o precio \u00e9 abondo inferior \u00f3 que pagamos pola electricidade nas nosas casas, mesmo sen cota de conexi\u00f3n, a trampa que incrementa o prezo da electricidade ao trav\u00e9s de aplicar as leis de consumo \u00f3 dereito de subministro. Repito, \u00e9 o mesmo, e as\u00ed a empresa conseguir\u00e1 m\u00e1is rebaixa nos soldos, se decide seguir pag\u00e1ndoos aqu\u00ed. Por certo, non hai que esquecerse que comezou como unha empresa p\u00fablica, privatizada, que eu saiba, sen deixar de ganar cartos nunca.<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right; margin-left: 1em; text-align: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjL2yOxQZ5PWKPochFlS64i68VrUaMk50RMvCrfUpO-3i738dPMytvILYJ1Jcxgd38Yx2CMTqtEkp-qK929plHbqYV-fDanI96VOWLMo1MnB27GYEJwl_Gi3qxQjU9MpUOrWuOejg\/s2048\/Vaca_rubia_galega+pastando.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"240\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjL2yOxQZ5PWKPochFlS64i68VrUaMk50RMvCrfUpO-3i738dPMytvILYJ1Jcxgd38Yx2CMTqtEkp-qK929plHbqYV-fDanI96VOWLMo1MnB27GYEJwl_Gi3qxQjU9MpUOrWuOejg\/s2048\/Vaca_rubia_galega+pastando.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Vaca <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rubia_galega\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">rubia galega<\/a> pastando.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Outro, o da leite. O prezo de sa\u00edda volve ser insostible. Menor que no resto da pen\u00ednsula ou que en boa parte do resto de Europa. Din que as grandes cadeas distribuidoras apretan \u00e1s f\u00e1bricas, e estas, \u00f3s gandeiros, indefensos cunha cabana animal que coidar e \u00e1 que est\u00e1n atados. Mais non se ve que noutros lugares a cadea de distribuci\u00f3n sexa moi diferente, mentres que os resultados para os gandeiros si o son. Mellor non lembrar o tema da cota l\u00e1ctea, as ocultaci\u00f3ns de produci\u00f3n (para obtela e despois de obtela) e da correspondente supertaxa, e cinguirse \u00f3 presente. E o presente \u00e9 que as f\u00e1bricas que quedan en Galicia non son galegas. As cooperativas desapareceron na pr\u00e1ctica (pola zona hai unha, que segue a pagar prezos superiores \u00f3s de recollida das f\u00e1bricas, e recollendo), e con elas, o poder dos gandeiros para negociar asociados. Hai poucos d\u00edas, o alcalde de Ribadeo emitiu unha nota de prensa\/<a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1881&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">alegato para que as cadeas de distribuci\u00f3n non vendan con prezos demasiado baixos<\/a>, tentando tocar o corazonci\u00f1o das empresas. Non me parece mala idea acompa\u00f1ada doutras medidas, pero as empresas non te\u00f1en coraz\u00f3n, e soa, non creo que vaia a ningures. Por iso tam\u00e9n a prensa se fixo eco de non consumir leite por baixo dun determinado prezo e iso si que creo que significa aumentar ganancias na intermediaci\u00f3n para tentar que chegue algo \u00f3 gandeiro, abondo m\u00e1is improbable. Mentres, a regulaci\u00f3n de prezos, din, est\u00e1 poibida pola UE, que como Bruxelas queda lonxe \u00e9 o chivo expiatorio cando xa pasou a elecci\u00f3n correspondente. A problem\u00e1tica non se queda nos custes de alimentaci\u00f3n do gando. Ten tam\u00e9n algo que ver o endebedamento para a modernizaci\u00f3n das explotaci\u00f3ns, por exemplo. Mentres, os gandeiros ven como se apoian outros proxectos veci\u00f1os, e as\u00ed, Jos\u00e9 \u00c1ngel Fern\u00e1ndez, Gelo, gandeiro cunha das maiores explotaci\u00f3ns da zona, apostilla que, estando na Devesa, quizais deba cerrar a s\u00faa explotaci\u00f3n, reconverter a nave e aproveitar os cartos que se derraman sobre as catedrais, tanto de turistas como de apoio institucional.<\/p>\n<p>En calquera caso, se nos centramos en soluci\u00f3ns inmediatas, non hai, s\u00f3 parches, e as soluci\u00f3ns a medio-longo prazo pasan por unha participaci\u00f3n e implicaci\u00f3n social a todos os niveis que precisamente se trata de liquidar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta tempada estamos vivindo na Mari\u00f1a situaci\u00f3ns que, por repetidas, non deixan de ser cada vez m\u00e1is desastrosas e manifestaci\u00f3n dunha tendencia que vai moito m\u00e1is al\u00f3 da nosa xeograf\u00eda local. Poder\u00edan darse m\u00e1is exemplos, pero hai dous que sobresaen, e non timidamente, sobre os dem\u00e1is. Un \u00e9 o de Alcoa. Un ano m\u00e1is, celebrouse [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,13],"class_list":["post-6431","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6431","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6431"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6431\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6431"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6431"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6431"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}