{"id":6419,"date":"2015-09-30T07:54:00","date_gmt":"2015-09-30T05:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:56:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:56:43","slug":"do-leite-que-se-produce-en-galicia-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/09\/30\/do-leite-que-se-produce-en-galicia-unha\/","title":{"rendered":"Do leite que se produce en Galicia: unha entrevista a Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra na revista Irimia"},"content":{"rendered":"<p>Onte, Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra, enxe\u00f1eiro t\u00e9cnico agr\u00edcola con ampla experiencia no agro galego e tam\u00e9n co\u00f1ecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido \u00e9 unha interesante entrevista que lle fixeron (f\u00edxolla Daniel L\u00f3pez). Velaieiqu\u00ed:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Os tractores na r\u00faa foron portada, os<br \/>\nprezos do leite caeron e as explotaci\u00f3ns producindo \u00e1 perda&#8230;<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh2FPfFO0kqzo9f4LAcvTkaBYg2S7wEZUaEj0FSPB3_gg2VrHZmyZAMG-HlpSLyK1vbEoUAwfxj9yXlXqpSrCcJl1QM83NPMmnfP7miflwsAIPrvNEsDqVJJpo_5hq_7ZBHcQnYOg\/s2048\/vaso+de+leite.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh2FPfFO0kqzo9f4LAcvTkaBYg2S7wEZUaEj0FSPB3_gg2VrHZmyZAMG-HlpSLyK1vbEoUAwfxj9yXlXqpSrCcJl1QM83NPMmnfP7miflwsAIPrvNEsDqVJJpo_5hq_7ZBHcQnYOg\/s2048\/vaso+de+leite.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Isto dos tractores na r\u00faa \u00e9 c\u00edclico<br \/>\nen Galicia. E case sempre empezan<br \/>\nna nosa Comunidade. Por una parte,<br \/>\nporque aqu\u00ed prod\u00facese aproximadamente o 45% do total estatal e hai<br \/>\nm\u00e1is de 9000 explotaci\u00f3ns; por outra,<br \/>\ncando ve\u00f1en mal dadas, \u00e9 a forma<br \/>\nm\u00e1is visible e m\u00e1is f\u00e1cil para mostrar<br \/>\no problema \u00e1 opini\u00f3n p\u00fablica. Ata<br \/>\naqu\u00ed todo ben, pero non \u00e9 suficiente.<\/p>\n<p><em>E pois&#8230;? Que marxe de intervenci\u00f3n haber\u00eda?<\/em><\/p>\n<p>As Administraci\u00f3ns non poden fixar<br \/>\nun prezo m\u00ednimo para o leite. Isto<br \/>\nser\u00eda contrario \u00e1s normas do libre<br \/>\nmercado. Mesmo caeu niso a ministra espa\u00f1ola, dicindo que se o fixera Francia preguntar\u00edan a Bruxelas<br \/>\ne que, se fose legal, tam\u00e9n o far\u00edan<br \/>\naqu\u00ed. A d\u00fabida ofende na boca dunha<br \/>\nministra de agricultura. Xa non fac\u00eda<br \/>\nfalta preguntar. O que fixo o ministro<br \/>\nfranc\u00e9s foi convocar \u00e1s partes, para<br \/>\nque chegasen a ese acordo, e facer de animador, de \u00e1rbitro e de testemu\u00f1a,<br \/>\na trav\u00e9s da comisi\u00f3n de seguimento,<br \/>\npor se algunha das partes por separado rompe as regras escritas e asinadas. En Francia levan m\u00e1is de vinte<br \/>\nanos con contratos homologados en<br \/>\ndistintos sectores, non s\u00f3 no leite. Os<br \/>\nprazos dos contratos son como m\u00ednimo dun ano, con cl\u00e1usulas de correcci\u00f3n, segundo evolucione o mercado.<br \/>\nIsto aqu\u00ed nunca se fixo e estamos moi<br \/>\nverdes.<\/p>\n<p><em>Esa ca\u00edda de prezos \u00e9 resultado directo do final do sistema de cotas?<\/em><\/p>\n<p>A situaci\u00f3n \u00e1 que se chegou nos prezos non \u00e9 s\u00f3 polo final das cotas; xa<br \/>\nocorrera outras veces coas cotas en<br \/>\nvigor, como nos anos 2007 e 2012, tam\u00e9n con prezos por baixo dos custos<br \/>\nde produci\u00f3n. Logo subiron de forma<br \/>\nimportante durante ano e medio e<br \/>\nnon se fixo nada, ata o 2012. Subida<br \/>\nimportante outros dous anos, e as\u00ed<br \/>\nchegamos ata agora. Desta vez si hai<br \/>\nm\u00e1is leite no mercado, tanto en Espa\u00f1a como en Europa. O corte de<br \/>\nexportaci\u00f3n a Rusia, polo bloqueo<br \/>\nda UE, e o menor consumo de leite<br \/>\nen p\u00f3 de China, fixeron subir os excedentes.<\/p>\n<p>Non se pode producir sen l\u00edmite,<br \/>\ncomo lles gusta facer os gandeiros<br \/>\ngalegos, que aumentaron moito a s\u00faa<br \/>\nproduci\u00f3n, xa desde antes de rematar as cotas, e m\u00e1is a\u00ednda dende o dia 1 de<br \/>\nabril. Aumentan as vacas por compra<br \/>\n(m\u00e1is carga gandeira), pero sen aumentar a terra; polo que se aumenta<br \/>\na compra de penso, m\u00e1is alfalfa, mais,<br \/>\nm\u00e1is, comprando f\u00f3ra da explotaci\u00f3n,<br \/>\ne se o prezo do leite baixa , volvemos<br \/>\nao c\u00edrculo de perdas.<\/p>\n<p>Aumentar a produci\u00f3n, non sempre<br \/>\nleva a mellorar os beneficios. Bastantes veces diminu\u00edr o leite producido nunha granxa, trae melloras nas<br \/>\nmarxes netas. Ter un tanque grande e<br \/>\nenchelo como sexa cada dous d\u00edas, se<br \/>\nos custos diso son altos, non vai levar<br \/>\ndirectamente a ter una marxe neta<br \/>\nmellor. Isto que parece f\u00e1cil, a maior\u00eda dos produtores \u201cintensivos\u201d non o<br \/>\nentenden.<\/p>\n<p><em>Tes<br \/>\ncomentado<br \/>\nreiteradamente que o sector l\u00e1cteo galego \u00e9<br \/>\nmoi vulnerable. Por que? Que debilidades ten o \u201cnoso sistema\u201d?<\/em><\/p>\n<p>Aqu\u00ed est\u00e1 a vulnerabilidade do sistema de produci\u00f3n de Galicia en xeral.<br \/>\n\u00c9 un sistema que se lle chama intensivo. De 3-3,5 unidades de gando maior<br \/>\n\u2013UGM- por Ha. Non porque todas as<br \/>\nexplotaci\u00f3ns sexan pequenas en superficie. Hainas de m\u00e1is de 40 e de 50<br \/>\nHas., pero deber\u00edan ter de 50-60 vacas, m\u00e1is a reposici\u00f3n, e na realidade<br \/>\nte\u00f1en de 100 a 150 vacas.<\/p>\n<p><em>Por que?<\/em><\/p>\n<p>Porque foi o que lles vendeu o \u201c sistema\u201d, para ser grandes e competitivos&#8230;! Dic\u00edanlles: \u201ccompra vacas,<br \/>\ncompra cota, ampl\u00eda as cortes, cambia<br \/>\na sala de muxir, tractor m\u00e1is grande<br \/>\ne moderno, etc, etc\u201d. Pero quen lle falaba de terra? Nalgunhas zonas escaseaba, pero xa non se pensaba nela.<br \/>\n\u201cPon todo a millo\u201d. Na maior\u00eda dos<br \/>\ncasos ese \u00e9 o \u00fanico cultivo. Comprar<br \/>\no que falte f\u00f3ra: Penso, alfalfa, palla,<br \/>\nraigr\u00e1s secado, bagazo de cervexa,<br \/>\netc. O \u201csistema\u201d v\u00e9ndelles todo isto.<br \/>\nA semente do millo, os fertilizantes<br \/>\nqu\u00edmicos , os fitosanitarios , o seme<br \/>\nprobado, as m\u00e1quinas que eles non elixen, os \u201cestablos\u201d, etc. \u201cPide un<br \/>\npr\u00e9stamo que o pagas f\u00e1cil\u201d&#8230;Pero<br \/>\nquen lle fac\u00eda un estudo de viabilidade? Se o prezo do leite se mant\u00e9n<br \/>\na bo nivel ou sobe, todo vai funcionando. Pero se vai \u00e1 baixa un per\u00edodo<br \/>\nlongo&#8230; E o que se vende baixa, pero<br \/>\no que se compra sobe ou mantense, e<br \/>\nentramos no bucle.<\/p>\n<p>Non sempre cambiar \u00e9 mellorar&#8230;<\/p>\n<p>Ollo. Non quero dicir con isto, que<br \/>\nnon se precise ir mellorando e actualiz\u00e1ndose, pero con racionalidade e<br \/>\ncon n\u00fameros. Cousa que os gandeiros<br \/>\ngalegos nos lle gusta levar. Algu\u00e9n ten<br \/>\nunha corte para 40 vacas , e da noite<br \/>\npara o d\u00eda, decidir duplicar o n\u00famero.<\/p>\n<p>E preg\u00fantaslle: \u201cE a terra? Tam\u00e9n a<br \/>\ndobras?\u201d \u201c Non, pero xa veremos se atopo algo\u201d. Con esta alegr\u00eda nas decisi\u00f3ns co\u00f1ezo cantidade de casos. E o<br \/>\nproblema \u00e9 que non se aprende duns<br \/>\npara outros e rep\u00edtense erros. Salvo<br \/>\nlixeiras excepci\u00f3ns, hai un sector de<br \/>\nprodutores con niveis moi baixos en<br \/>\nformaci\u00f3n. Non son quen de controlar os factores de produci\u00f3n e de manexo, nun sistema onde se move tanto di\u00f1eiro e de forma moi complexa,<br \/>\nsen levar ning\u00fan tipo de contabilidade econ\u00f3mica, nin programa t\u00e9cnico<br \/>\nde manexo. Cando as marxes son amplas o sistema vai tirando. Pero cando<br \/>\nse acurtan, o sistema rompe. E cando<br \/>\nconsultan aos \u201ct\u00e9cnicos do sistema\u201d<br \/>\nque poden facer, que est\u00e1n perdendo<br \/>\ncartos cada mes&#8230; Resposta: \u201chai que<br \/>\nesperar que mellore o prezo do leite\u201d.<\/p>\n<p><em>Esas debilidades, quedan m\u00e1is en evidencia se o comparamos co sistema<br \/>\nfranc\u00e9s ou b\u00e1varo?<\/em><\/p>\n<p>Os produtores franceses e alem\u00e1ns<br \/>\ne, en xeral, os da UE, ag\u00e1s os portugueses do norte, que son a\u00ednda m\u00e1is<br \/>\nintensivos c\u00f3s galegos ( ser\u00e1 pola<br \/>\nproximidade ou pola lingua), basean<br \/>\no seu sistema na base territorial, na<br \/>\nterra. Sen terra non hai leite. Os franceses miman a terra. Non se pode traballar mollada, que se compacta. Evitan a erosi\u00f3n. Evitar, e se \u00e9 posible,<br \/>\ndiminu\u00edr a utilizaci\u00f3n de herbicidas.<\/p>\n<p>Isto l\u00f3grano con alternativa de cultivos. Por exemplo, o millo non volta \u00e1 mesma parcela ata o quinto ano, que<br \/>\nalternan con trigo, cebada, pradeira,<br \/>\ncolza, etc. Cultivos que consomen na<br \/>\ngranxa, para penso, e venden o sobrante, tendo ingresos, a maiores dos<br \/>\ndo leite. \u00c9 un sistema de produci\u00f3n<br \/>\nm\u00e1is sostible, menos contaminante e<br \/>\nmoito menos dependente do mercado ou, \u00e1s veces, case nada das materias primas.<\/p>\n<p>En Francia por exemplo,<br \/>\nas terras no inverno, onde se cultivou<br \/>\nmillo, non poden quedar sen nada.<br \/>\nHai que sementar algo para evitar<br \/>\na erosi\u00f3n. A\u00ednda que logo sexa para<br \/>\nenterrar como abono verde.<\/p>\n<p><em>Que poderiamos e deberiamos facer<br \/>\na partir do d\u00eda seguinte de que os<br \/>\ntractores volvan a casa?<\/em><\/p>\n<p>Cando os tractores volvan para a<br \/>\nterra, ser\u00e1 preciso que os produtores senten a reflexionar. Coa cabeza<br \/>\ndescansada. Ser\u00e1 preciso facelo tanto<br \/>\nse conseguiron o que se propo\u00f1\u00edan,<br \/>\ncomo se conseguiron tan s\u00f3 unha pequena parte, ou, po\u00f1\u00e1monos no<br \/>\npeor dos casos, se o que se logrou os<br \/>\ndeixou defraudados.<\/p>\n<p>Para os produtores galegos no ano<br \/>\n1987, o principal atranco que v\u00edan nun<br \/>\nhorizonte curto era o establecemento<br \/>\ndas cotas leiteiras, fixadas por Bruxelas, para frear os excedentes. Aquilo que ao principio se entendeu como<br \/>\nun problema, logo se transformou nun<br \/>\nelemento de estabilidade no mercado<br \/>\ndo leite. Non sen sacrificios para os<br \/>\ngandeiros, pola necesidade de mercar<br \/>\ncota. Outros non a mercaron, e conform\u00e1ronse coas cantidades que lles<br \/>\nregalaba a Administraci\u00f3n, dos fondos<br \/>\nque fac\u00eda cos plans de abandono. No<br \/>\nsistema de cotas a recollida estaba asegurada. Cousa que agora non o est\u00e1.<\/p>\n<p>Para moitos gandeiros galegos a data<br \/>\nde 1 de abril do 2015, parec\u00edalles una<br \/>\ndata liberadora, e que a partir de a\u00ed o<br \/>\ncami\u00f1o para vender leite sen o cors\u00e9 do l\u00edmite de producir, ser\u00eda favorable para mellorar os ingresos e a rendibilidade da explotaci\u00f3n, a base de<br \/>\nproducir m\u00e1is litros. Por exemplo, os<br \/>\nfranceses sempre apostaron por un<br \/>\nsistema de regulaci\u00f3n do mercado.<br \/>\nAgora mesmo te\u00f1en dous tipos de<br \/>\nleite, tipo A, baseado na antiga cota,<br \/>\na un prezo acordado por contrato<br \/>\ndun ano, e tipo B, a un prezo de leite<br \/>\nen p\u00f3. Xa saben a que aterse se se pasan da cantidade A.<\/p>\n<p><em>Despois das protestas hai que reflexionar e ver o cami\u00f1o percorrido<br \/>\nnos \u00faltimos 30 anos no sector do leite.<br \/>\nImos seguir as\u00ed desestruturados, sen<br \/>\nnexos?<\/em><\/p>\n<p>Primeiro entre os produtores,<br \/>\nconstitu\u00edndo foros de debate peri\u00f3dicos e permanentes, a trav\u00e9s de organizaci\u00f3ns do tipo que sexa (asociados<br \/>\n, sen asociar, cooperativas, t\u00e9cnicos<br \/>\n, investigadores, etc), con mesas de<br \/>\ntraballo e, logo, asembleas, sobre os<br \/>\nmoitos problemas que ten o sector:<br \/>\nfalta de terra, sistema de produci\u00f3n,<br \/>\nfalta de incorporaci\u00f3n de mozos\/as,<br \/>\nconcentraci\u00f3n ou permuta de fincas.<br \/>\nTam\u00e9n transformaci\u00f3n de produtos.<br \/>\nSabemos m\u00e1is ou menos producir,<br \/>\npero non sabemos nin transformar<br \/>\nnin, a\u00ednda menos, comercializar. Para<br \/>\niso hai que formarse e querer aprender, que \u00e9 do que m\u00e1is carece o sector, na mi\u00f1a modesta opini\u00f3n. Non \u00e9<br \/>\ns\u00f3 problema de prezo, que o \u00e9 tam\u00e9n. Pero hai outros.<\/p>\n<p>Logo non hai que esquecer, as relaci\u00f3ns coas industrias e as cooperativas de transformaci\u00f3n, al\u00ed onde estean, como fan noutros pa\u00edses como<br \/>\nIrlanda , Holanda ou Dinamarca.<br \/>\nNon velas como inimigas, sen\u00f3n como<br \/>\nposibles colaboradoras da cadea econ\u00f3mica. Isto levar\u00e1 tempo. Pero creo<br \/>\nque ser\u00eda bo intentalo con uni\u00f3n, fe e<br \/>\nperseverancia.<\/p>\n<p>An\u00edmoos a traballar nesta ou noutras li\u00f1as, de forma continuada, e non<br \/>\na volver cada un a s\u00faa casa, &#8230;ata a<br \/>\npr\u00f3xima crise de prezos.&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra, enxe\u00f1eiro t\u00e9cnico agr\u00edcola con ampla experiencia no agro galego e tam\u00e9n co\u00f1ecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido \u00e9 unha interesante entrevista que lle fixeron (f\u00edxolla Daniel L\u00f3pez). Velaieiqu\u00ed: &#8220;Os tractores na r\u00faa foron portada, os prezos do leite caeron e as explotaci\u00f3ns producindo \u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,24,26],"class_list":["post-6419","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-jose-a-salvatierra-rico","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6419","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6419"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6419\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6419"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6419"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6419"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}