{"id":6410,"date":"2015-10-09T08:27:00","date_gmt":"2015-10-09T06:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:56:28","modified_gmt":"2024-11-12T12:56:28","slug":"razones-de-la-permanencia-espiritual-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/10\/09\/razones-de-la-permanencia-espiritual-de\/","title":{"rendered":"Razones de la permanencia espiritual de Isabel La Cat\u00f3lica: disquisici\u00f3ns en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte, nunha cadea de televisi\u00f3n, repo\u00f1\u00edan (vez n), &#8216;La Colmena&#8217;. Un dos tramos que me ten deixado m\u00e1is pensativo \u00e9 aquel no que o escritor temeroso saca o recorte do seu \u00faltimo traballo como defensa: &#8220;Razones de la permanencia espiritual de Isabel La Cat\u00f3lica&#8221;.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/La_colmena_%28novela%29\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">La Colmena<\/a> sa\u00edu do prelo en B\u00f3s Aires no 1951. As circunstancias reflectidas na novela, ambientada uns anos antes, variaron abondo ata a actualidade. Tanto como para dicir que pasou de moda a permanencia espiritual de Isabel, pero se segue a celebrar o Pilar como festa Nacional, que te poden pedir o DNI pola r\u00faa a\u00ednda que en teor\u00eda podas reclamar o n\u00famero de placa ou que non \u00e9 necesario que viviras no &#8216;bando equivocado&#8217; unha guerra de hai anos porque hai outra confrontaci\u00f3n en marcha sen necesidade de armas de metralla na que tes moitas probabilidades de estar no bando perdedor.<\/p>\n<p>Vai amencer un novo d\u00eda en Ribadeo, &#8216;con todo o respeto&#8217; periferia da periferia da periferia, mentras no horizonte se divisa a ponte do Pilar, mellor que unha mal iluminada Ponte dos Santos. Por unha e atraverso da outra chegar\u00e1n de novo xentes que vir\u00e1n pasar uns d\u00edas e deixar os seus cartos (moitos para alg\u00fans, demasiados poucos para outros), sen importarlles moito (nin \u00f3s \u00fans nin \u00f3s outros) a orixen das pontes (nin da do Pilar nin da dos Santos). Evidentemente, a permanencia espiritual de Isabel queda sesgada cara \u00f3 consumo e a idea de poder central en mans de quen pode mantelo. A moda era &#8216;o resto&#8217;, o ter a consideraci\u00f3n de facer espallamento p\u00fablico dunhas ideas que agora non fai falta espallar no mesmo sentido, sen\u00f3n que se fai dun xeito natural, a traverso de diversas facetas vitais.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMHQdvP3P8l_0jZhtS8WVgFEgO-LQwdZg4_dCwgAgCZm9eAY4kCULW7F1jUyKHtSTGHowT50U4B5DVPO0a0f41b4tc-1KXKgQiIWFHKYJyoWYQV5zpfC-IVRI-mC7qrW3UZQ5TXg\/s2048\/Esbozo+do+monolito.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMHQdvP3P8l_0jZhtS8WVgFEgO-LQwdZg4_dCwgAgCZm9eAY4kCULW7F1jUyKHtSTGHowT50U4B5DVPO0a0f41b4tc-1KXKgQiIWFHKYJyoWYQV5zpfC-IVRI-mC7qrW3UZQ5TXg\/s2048\/Esbozo+do+monolito.jpg\" width=\"297\" \/><\/a><\/p>\n<p>E esta fin de semana, pobo e viaxeiros atoparanse no coraz\u00f3n de Ribadeo un novo monumento m\u00e1is, en aras da informaci\u00f3n \u00f3 servizo. Enfrontado a casa Arango, \u00f3 estilo dun monolito, un panel informativo m\u00e1is grande en altura ou anchura que ti ou ca min estar\u00e1 amosando informaci\u00f3n de todo tipo que queira o Concello. A p\u00e1xina web, de xeito evidente, queda pequena para po\u00f1er toda a informaci\u00f3n e xurdiu este irm\u00e1n maior para dar pequenas p\u00edlulas informativas receitadas pola autoridade competente. A informaci\u00f3n sempre \u00e9 boa, din, sen distinguir moito entre propaganda comercial (non co\u00f1eces a ningu\u00e9n a quen o que m\u00e1is lle guste da tele sexan os anuncios?) ou institucional (fix\u00e1cheste cantas cousas boas fan as instituci\u00f3ns, en particular cando se ven polos medios que controlan, cada vez mais?). Ademais, estou por apostar a que &#8216;o monolito&#8217; non custar\u00e1 \u00f3 erario p\u00fablico, pois ese espazo non ser\u00e1 xa s\u00f3 p\u00fablico, sen\u00f3n de expresi\u00f3n p\u00fablico-privada mediante os anuncios correspondentes, en claro beneficio de Ribadeo (tanto o que non custe \u00f3 erario p\u00fablico como polas bondades de estar anunciando cousas de Ribadeo) a cambio do m\u00f3dico prezo de po\u00f1er unha pantalla m\u00e1is preto dun parque infantil.<\/p>\n<p>\u00d3 final, non falei nada das Raz\u00f3ns da permanencia espiritual de Isabel La Cat\u00f3lica en Ribadeo. Mais coido que, mentres, a s\u00faa permanencia, en moitos sentidos, est\u00e1 asegurada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, nunha cadea de televisi\u00f3n, repo\u00f1\u00edan (vez n), &#8216;La Colmena&#8217;. Un dos tramos que me ten deixado m\u00e1is pensativo \u00e9 aquel no que o escritor temeroso saca o recorte do seu \u00faltimo traballo como defensa: &#8220;Razones de la permanencia espiritual de Isabel La Cat\u00f3lica&#8221;. La Colmena sa\u00edu do prelo en B\u00f3s Aires no 1951. As [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-6410","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6410","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6410"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6410\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6410"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6410"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6410"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}