{"id":6399,"date":"2015-10-16T22:16:00","date_gmt":"2015-10-16T20:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:56:03","modified_gmt":"2024-11-12T12:56:03","slug":"novas-da-residencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/10\/16\/novas-da-residencia\/","title":{"rendered":"Novas da residencia"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEix8zPK29WQQ9TGaH7yAraPJNRuH-PWPTG71pHgUx4Y0mq3BSbnfPTAKD0pCFdikitsWWEVaHte8rp4dVBS6iNw-A2VVKs3Z0n3F4EZ1Z9gq_kziCUJAJP5lIfAz35L8kVGEzs8Mw\/s2048\/1444995731161015_Foto_residencia_-_copia.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"238\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEix8zPK29WQQ9TGaH7yAraPJNRuH-PWPTG71pHgUx4Y0mq3BSbnfPTAKD0pCFdikitsWWEVaHte8rp4dVBS6iNw-A2VVKs3Z0n3F4EZ1Z9gq_kziCUJAJP5lIfAz35L8kVGEzs8Mw\/s2048\/1444995731161015_Foto_residencia_-_copia.JPG\" width=\"320\" \/><\/a>A residencia de maiores segue o seu cami\u00f1o, pouco a pouco. Conseguiuse grazas \u00f3 apoio do pobo, a partir das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os, tras unha manifestaci\u00f3n e o apoio dos partidos do consistorio. Ese apoio pode que haxa que voltar matizalo de agora en diante, pois onte houbo unha xuntanza debido \u00f3 cambio de titular da conseller\u00eda \u00f3 cargo, de Ana Mato a Jos\u00e9 Manuel Rey Varela, titular de Conseller\u00eda de Pol\u00edtica Social. Este cambio se produce cando 500 000 \u20ac apalabrados pola Xunta via a conselleira Ana Mato segu\u00edan sen aparecer, despois de acumular un retraso que xa se mide en anos, e un silencio que non se pode medir.<\/p>\n<p>Trat\u00e1base na xuntanza de onte xoves de asinar unha carta \u00f3 novo conselleiro presentando os feitos e pedindo de novo a prometida aportaci\u00f3n da Xunta.<\/p>\n<p>Pero&#8230; a xuntanza rematou sen apoio do PP, que parece que non quere nin dialogar cos seus cargos en Santiago para tratar do pobo de Ribadeo.<\/p>\n<p>Polo momento, o que atopei (escrito) sobre o tema \u00e9 a nota de prensa do concello (que dar\u00e1 orixe ma\u00f1\u00e1 \u00e1s novas de prensa). Quiz\u00e1is deba advertir que, \u00f3 leela, se te\u00f1a en conta que \u00e9 dunha das partes. Quiz\u00e1is, quen estea a ler isto xa te\u00f1a interiorizado que a outra parte optou por unha postura de defensa de partido e non de defensa das persoas. De calquera xeito, coido que deb\u00eda advertilo.<\/p>\n<p>A\u00ed van, primeiro, <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=1912&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">as follas correspondentes \u00e1 carta \u00f3 conselleiro, e logo, a nota de prensa, ambas collidas da web do concello<\/a>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0Nq4qmr248wTgH-vFhKnivM_H23nRhmJxMjaleJgRcXaXtmcbgUoobSTa1jBqn0Gy86-n5KGrFrA3GodeACZq0NH3HdbNbM5aRpyPR7bmyEKN7h_4d_h9QqpKKhwLZrgt5X7nnA\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0Nq4qmr248wTgH-vFhKnivM_H23nRhmJxMjaleJgRcXaXtmcbgUoobSTa1jBqn0Gy86-n5KGrFrA3GodeACZq0NH3HdbNbM5aRpyPR7bmyEKN7h_4d_h9QqpKKhwLZrgt5X7nnA\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDvt0KBQHaN-aPYSPd8XxlwkBDS-EEs8CR4F0NaW4lIbIO5VRcV27QFHEGMBD03PyivvuixfbxJqkLRc1rN8vP1ZXL7qOS9R_45Bxc4aA3v7VemGqcvOk4g7YLXV5NkhEzoi8wOg\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiDvt0KBQHaN-aPYSPd8XxlwkBDS-EEs8CR4F0NaW4lIbIO5VRcV27QFHEGMBD03PyivvuixfbxJqkLRc1rN8vP1ZXL7qOS9R_45Bxc4aA3v7VemGqcvOk4g7YLXV5NkhEzoi8wOg\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi0atf3jXGGVKV5EC4h4H16pTsG2niHA-TYP-1-1IGWhUqLr3OJlrEN8mtVrwJmpNs_waUyqJi-wZ8KuRbAizLlUc9MqQW0KRywkZE7f0EHbwuRW3t-z7bNmb-4onXWgjqjREVpyg\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi0atf3jXGGVKV5EC4h4H16pTsG2niHA-TYP-1-1IGWhUqLr3OJlrEN8mtVrwJmpNs_waUyqJi-wZ8KuRbAizLlUc9MqQW0KRywkZE7f0EHbwuRW3t-z7bNmb-4onXWgjqjREVpyg\/s2048\/escrito+conselleiro+politica+social+_3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\">O CONCELLO TOMAR\u00c1 MEDIDAS PARA SUFRAGAR O PENDENTE<\/p>\n<h3 class=\"antel\" style=\"text-align: center;\">\nResidencia de maiores<\/h3>\n<p><span class=\"data\">16\/10\/2015<\/span><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>A comisi\u00f3n pro residencia de maiores ven de<br \/>\ndirixirlle unha carta ao novo conselleiro de Pol\u00edtica Social, Jos\u00e9<br \/>\nManuel Rey Varela, na que lle pide (entre outras cousas) que declare de<br \/>\nforma contundente e urxente se a Xunta lle concede ou non a achega<br \/>\necon\u00f3mica prometida de 500.000 euros a esta infraestrutura, que se atopa<br \/>\n en fase de construci\u00f3n. O escrito est\u00e1 firmado polos representantes das<br \/>\n asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os, polo BNG, polo PSOE, por Ciudadanos e polo<br \/>\nalcalde e a concelleira de Benestar. Por primeira vez a comisi\u00f3n non<br \/>\nconta co apoio do PP, que non quixo asinar esta carta.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O rexedor declarou que &#8220;\u00e9 sumamente importante o documento que<br \/>\nacabamos de asinar entre case todos e tam\u00e9n \u00e9 revelador e ten novidades.<br \/>\n En definitiva o que pretende a comisi\u00f3n, que levamos tempo traballando<br \/>\npor unha residencia que se est\u00e1 facendo realidade d\u00eda a d\u00eda e todo o<br \/>\nmundo pode ver como vai avanzada, pero o certo \u00e9 que a cantidade de<br \/>\ndi\u00f1eiro que a Deputaci\u00f3n se comprometeu a dar e que nos est\u00e1 achegando,<br \/>\ncumprindo o convenio, est\u00e1 chegando ao seu remate. \u00c9 dicir, dentro de<br \/>\npouco, dado que falta o di\u00f1eiro que a Xunta quedou en po\u00f1er, eses<br \/>\n500.000 euros, que non son nada comparado cos 2 mill\u00f3ns e medio que vai<br \/>\ncustar a residencia, pero como a Xunta a d\u00eda de hoxe non os puxo enriba<br \/>\nda mesa \u00e9 o motivo polo que a comisi\u00f3n, conformada por t\u00f3dolos partidos<br \/>\npol\u00edticos, xunt\u00e1monos cos representantes das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os para<br \/>\n facer exactamente o mesmo que vi\u00f1emos facendo nestes \u00faltimos catro anos<br \/>\n anteriores para lograr entre todos un so\u00f1o colectivo&#8221;. Su\u00e1rez Barcia<br \/>\nexplicou que &#8220;a realidade \u00e9 que lle queremos dicir \u00e1 Xunta que nos diga,<br \/>\n dunha vez por todas, se est\u00e1 disposta a po\u00f1er ese di\u00f1eiro ou non,<br \/>\nporque se nos di que si ser\u00e1 perfecto e cumprir\u00e1 o que dixo e se nos di<br \/>\nque non desde o Concello teremos que tomar medidas: ou ben asumilo con<br \/>\nfondos propios do Concello de Ribadeo ou chamar a outras portas, se \u00e9<br \/>\nnecesario, pero sabendo que a competencia en materia de servizos sociais<br \/>\n recae case absolutamente na Xunta de Galicia&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde<br \/>\nsubli\u00f1ou que &#8220;a novidade agora, aparte de mandarlles a carta asinada por<br \/>\n case todos, \u00e9 que por primeira vez na historia desta cuesti\u00f3n da<br \/>\nresidencia non asinamos todos, porque si o fixemos os representantes do<br \/>\ngoberno municipal, os das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os, o do PSOE en Ribadeo, a<br \/>\n de Ciudadanos na Corporaci\u00f3n ribadense, pero agora o Partido Popular<br \/>\nnon asina esta carta porque di que non \u00e9 adecuado, e os seus motivos<br \/>\nter\u00e1. Pero todos n\u00f3s (o Bloque, o PSOE, Ciudadanos) temos diferenzas e<br \/>\ndiscrepancias entre n\u00f3s, tam\u00e9n co PP, pero no mandato anterior hab\u00eda<br \/>\ncuesti\u00f3ns cruciais nas que po\u00f1iamos os intereses de Ribadeo por riba dos<br \/>\n intereses partidarios. E agora, lamentablemente, vemos como hai xente<br \/>\nque est\u00e1 m\u00e1is ao que di o partido que ao que din os veci\u00f1os, pero que<br \/>\nnon se esquezan que os veci\u00f1os son os que po\u00f1en os partidos; e polo<br \/>\ntanto esta \u00e9 unha carreira, que con m\u00e1is ou menos fondo, a residencia<br \/>\nhaber\u00e9mola acabar, cos recursos da Xunta ou sen eles. Pero tam\u00e9n deben<br \/>\nsaber os cidad\u00e1ns os que deixamos as diferenzas pol\u00edticas a un lado e<br \/>\nnos po\u00f1emos de acordo e os que non o fan&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez Barcia<br \/>\n conclu\u00edu as s\u00faas declaraci\u00f3ns manifestando que &#8220;con todo, a\u00ednda que<br \/>\nvaia sen a firma do representante do Partido Popular de Ribadeo,<br \/>\nesperamos que o novo conselleiro, de quen din que \u00e9 unha persoa afable<br \/>\nno trato e seguramente sensibilizada pola circunstancia de que Ribadeo<br \/>\nnon vai ter un c\u00e9ntimo de financiamento auton\u00f3mico para a residencia,<br \/>\nquizais cambie de opini\u00f3n, deixando en evidencia aos seus compa\u00f1eiros do<br \/>\n Partido Popular de Ribadeo. En todo caso andaremos e veremos&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>&#8212; <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/residencia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Informaci\u00f3ns anteriores no blog sobre a residencia<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A residencia de maiores segue o seu cami\u00f1o, pouco a pouco. Conseguiuse grazas \u00f3 apoio do pobo, a partir das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os, tras unha manifestaci\u00f3n e o apoio dos partidos do consistorio. Ese apoio pode que haxa que voltar matizalo de agora en diante, pois onte houbo unha xuntanza debido \u00f3 cambio de titular [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-6399","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6399","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6399"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6399\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6399"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6399"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6399"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}