{"id":6388,"date":"2015-10-27T21:17:00","date_gmt":"2015-10-27T20:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:55:46","modified_gmt":"2024-11-12T12:55:46","slug":"o-pp-de-ribadeo-non-fai-politica-artigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/10\/27\/o-pp-de-ribadeo-non-fai-politica-artigo\/","title":{"rendered":"O PP de Ribadeo non fai pol\u00edtica, artigo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; As actuaci\u00f3ns do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anci\u00e1ns est\u00e1n movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese pol\u00edtico. Con esta absurda afirmaci\u00f3n, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, ref\u00edrese o PP a reclamaci\u00f3n dos 500.000 euros promovida pola Comisi\u00f3n pro Residencia, presidida polo alcalde de Ribadeo, en favor da construci\u00f3n da nova residencia de anci\u00e1ns. Acusaci\u00f3n que o PP utiliza tam\u00e9n noutras moitas actuaci\u00f3ns similares. Parece ser que \u00e9 esta a \u00fanica forma de facer oposici\u00f3n que co\u00f1ece o PP: acusar constantmente o alcalde de facer pol\u00edtica con calquera cousa que se consigue para Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A primeira conclusi\u00f3n \u00e1 que se chega \u00f3 ler esta frase do PP \u00e9 que os seus representantes confunden os conceptos \u201cinterese pol\u00edtico\u201d e \u201cinterese partidista\u201d. Lagoa ben lamentable en persoas que, \u00f3 presentarse \u00e1s elecci\u00f3ns, ofr\u00e9cense a ostentar a representaci\u00f3n do pobo e a exercer a pol\u00edtica de servizo \u00f3s cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O adxectivo \u201cpol\u00edtico\u201d, na s\u00faa acepci\u00f3n etimol\u00f3xica derivada do grego, &#8211; \u201cpol\u00edtes\u201d, home da polis, cidad\u00e1n &#8211;  significa a arte de gobernar \u00f3s pobos, e ref\u00edrese, por tanto, a todo o concernente \u00f3s cidad\u00e1ns. \u201cPol\u00edtica\u201d \u00e9, as\u00ed pois, a arte de gobernar \u00f3s pobos. E segundo esta acepci\u00f3n, t\u00f3dalas actuaci\u00f3ns, tanto as dos xestores como as dos cidad\u00e1ns, son xa que logo actuaci\u00f3ns pol\u00edticas. As\u00ed logo, e segundo esta definici\u00f3n, non cabe m\u00e1is que felicitarnos de que as actuaci\u00f3ns do alcalde de Ribadeo estean movidas por un profundo interese pol\u00edtico. Como non deber\u00eda ser doutra forma nun personaxe p\u00fablico, sobre todo nun alcalde adicado \u00f3s seus cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O adxectivo \u201cpartidista\u201d, pola contra, fai referencia a t\u00f3dalas actuaci\u00f3ns que se atrib\u00faen e que pertencen ou se relacionan con un partido. Xusto o mesmo que est\u00e1n a facer aqueles que, como o PP de Ribadeo, atrib\u00faen \u00f3 seu partido todo o que supo\u00f1a un beneficio para o concello de Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Neste caos mental no que viven, sen d\u00fabida confunde o PP de Ribadeo o concepto de \u201cpol\u00edtico\u201d co de \u201cpartidista\u201d. Porque este \u00faltimo \u00e9, certamente, o comportamento que o PP v\u00e9n demostrando nas s\u00faas actuaci\u00f3ns de oposici\u00f3n: interese partidista. E dicir,  aproveitar todo o bo que se fai en Ribadeo, para un posible beneficio partidista do PP. Nesa direcci\u00f3n van t\u00f3dalas s\u00faas posturas e actuaci\u00f3ns relacionadas cos problemas do noso concello. Non outra cousa fan, por exemplo, \u00f3 atribu\u00edr \u00f3 seu partido a decisi\u00f3n de ENCE de elixir o porto de Ribadeo, no canto do de Avil\u00e9s, pra a evacuaci\u00f3n das s\u00faas mercador\u00edas. Ignoran que esta decisi\u00f3n da empresa ENCE non foi m\u00e1is que unha pura estrategia da devandita empresa para conseguir de Portos de Galicia unha gran rebaixa de taxas. E non outra cousa pretende o PP, tampouco, \u00f3 negarse a asinar o documento proposto pola Comisi\u00f3n pro Residencia pra reclamar os 500.000 euros que a Conseller\u00eda de Pol\u00edtica Social da Xunta ten pendentes de achegar para a residencia de anci\u00e1ns. E ese \u00e9 o seu comportamento con todo o que se move en Ribadeo: acusar \u00f3 alcalde de manobra partidista, e atribu\u00edr todo o que se consegue \u00f3 seu partido, o PP.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E est\u00e1n tan obcecados na s\u00faa postura de tentar desgastar \u00f3s seus rivais pol\u00edticos que non se dan conta de que, en todo caso, os m\u00e9ritos que se poidan acadar da consecuci\u00f3n dunha residencia pra Ribadeo non son exclusivos do alcalde, sen\u00f3n de toda a Comisi\u00f3n que levou este tema en conxunto, a\u00ednda que fose imprescindible o apoio do alcalde, que foi total, como principal responsable da xesti\u00f3n municipal.<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; As actuaci\u00f3ns do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anci\u00e1ns est\u00e1n movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese pol\u00edtico. Con esta absurda afirmaci\u00f3n, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, ref\u00edrese o PP a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,13,64],"class_list":["post-6388","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-politica","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6388","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6388"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6388\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6388"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6388"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6388"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}