{"id":6385,"date":"2015-10-29T08:07:00","date_gmt":"2015-10-29T07:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:55:41","modified_gmt":"2024-11-12T12:55:41","slug":"o-gran-irman-cada-vez-mais-cerca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2015\/10\/29\/o-gran-irman-cada-vez-mais-cerca\/","title":{"rendered":"O Gran irm\u00e1n, cada vez m\u00e1is cerca"},"content":{"rendered":"<p>Coido que na tele est\u00e1n a po\u00f1er a edici\u00f3n XXL de Gran irm\u00e1n. O morbo \u00e9 as\u00ed.<\/p>\n<p>O que se est\u00e1 a propo\u00f1er estes d\u00edas en Viveiro (e cando vexas as barbas do teu veci\u00f1o cortar&#8230;) comparte nome e orientaci\u00f3n de vixiancia, pero \u00e9 outra cousa: p\u00e1sase da vixiancia limitada no tempo e voluntaria a cambio de prestaci\u00f3ns en televisi\u00f3n \u00e1 vixiancia continuada con c\u00e1maras na r\u00faa a todo o que use o espazo p\u00fablico, \u00f3 estilo do &#8216;gran irm\u00e1n&#8217; ideado por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/George_Orwell\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">George Orwel<\/a>.<\/p>\n<p>Din&nbsp; que nunha enquisa primaveral, m\u00e1is das 3\/4 partes das persoas coincidirion en que ser\u00eda unha vila m\u00e1is segura con c\u00e1maras de seguridade. Ser\u00e1 que o pensan, a\u00ednda que non sei como era a proposta da enquisa, nin o dese\u00f1o da poboaci\u00f3n enquisada.<\/p>\n<p>De pronto, en xuntanza mantida onte, adv\u00edrtese que non ser\u00e1 as\u00ed, que non ser\u00e1 un &#8216;gran irm\u00e1n&#8217;. Na xuntanza participaron unha empresa de seguridade que comezar\u00e1 a encargarse do tema, os empresarios (a funci\u00f3n para a que \u00e9 ideada \u00e9 para a protecci\u00f3n dos comercios), responsables pol\u00edticos e xefes policiais. Entendo que a poboaci\u00f3n de Viveiro est\u00e1 constitu\u00edda por veci\u00f1os, pero por ese concepto non hab\u00eda representaci\u00f3n, e a referencia \u00f3 gran irm\u00e1n era para os veci\u00f1os.<\/p>\n<p>Na xuntanza tam\u00e9n se dixo, parece ser, que Viveiro era un pobo seguro, pero a\u00ednda as\u00ed, que as c\u00e1maras disuadir\u00e1n \u00f3s ladr\u00f3ns. A instalaci\u00f3n est\u00e1 prevista en 7 lugares, o que implica como m\u00ednimo, outras tantas c\u00e1maras, para as que se espera subvenci\u00f3n, claro.<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right; margin-left: 1em; text-align: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/2\/29\/Camera-IMG_1961.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/2\/29\/Camera-IMG_1961.JPG\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">C\u00e1mara de seguridade. autor:<a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Rama\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Rama<\/a>. lic. <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/en:CeCILL\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CeCILL<\/a> <\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Hoxe, con medios, \u00e9 doado facer unha vixiancia intensiva. C\u00e1maras fixas, pero tam\u00e9n drones (polo momento non \u00e9 o normal por estas terras). E, que evitan? Se a xente ve invadida a s\u00faa intimidade e non fai a vida normal, \u00e9 un perxu\u00edzo de entrada tan grande como a intrusi\u00f3n de cando en vez para roubar. Se non var\u00eda a s\u00faa vida normal, os ladr\u00f3ns cambiar\u00e1n as s\u00faas pautas e o que servir\u00e1 ser\u00e1 para controlar a vida da xente. Poder\u00e1 evitarse sempre algunha cousa, e dar\u00e1 oportunidade a outras. En Ribadeo, hai poucos meses, nmun edificio no que os veci\u00f1os est\u00e1n vixiados nas s\u00faas entradas e sa\u00eddas, pois conta con catro c\u00e1maras cenitais na r\u00faa instaladas por unha entidade bancaria, houbo un par de roubos no mesmo d\u00eda, e logrouse identificar \u00f3s veci\u00f1os que entraban e sa\u00edan, pero non \u00f3 ladr\u00f3n. Referente \u00f3 servizo desas mesmas c\u00e1maras poderiamos seguir a falar sobre o que permiten facer, pero entendo que a cousa est\u00e1 clara: as c\u00e1maras p\u00f3\u00f1ense co pretexto da seguridade, e o seu uso implica unha seguridade cando menos, sesgada, e un control para quen estaba mellor sen el. Os cacos toman medidas, a xente normal, non. E \u00e9 a que se ve ou pode ver afectada.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>adxunto o publicado por Iv\u00e1n Arias Balsa (inv. en dereito constitucional da USC) na Voz de Galicia\/A Mari\u00f1a o 20151031:<\/p>\n<p><em>Sobre a videovixilancia urbana en Viveiro<\/em><\/p>\n<p><em>O 28 de outubro, La Voz de Galicia anunciounos<br \/>\nque, en Viveiro, se \u00eda dar unha reuni\u00f3n a \u00abcatro bandas\u00bb para decidir<br \/>\nsobre a proposta dos comerciantes locais para implantar un sistema de<br \/>\nvideovixilancia urbana, co cal se enflautan os corpos de seguridade<br \/>\np\u00fablica e o mesmo Concello.<\/p>\n<p>As taxas de criminalidade no Concello de Viveiro, no<br \/>\nano 2011, dacordo a estat\u00edstica da Subdelegaci\u00f3n do Goberno en Lugo, son<br \/>\n as m\u00e1is baixas do conxunto de Espa\u00f1a. Viveiro \u00e9 un lugar apacible. \u00c9<br \/>\ncerto que se deron casos delictivos graves; pero f\u00f3ra de zonas onde<br \/>\npoder\u00eda operar a videovixilancia, como portais, pisos, e sobre todo, o<br \/>\nrural do municipio. A resoluci\u00f3n de casos criminais no noso municipio<br \/>\nronda o 100%, de tal forma que a totalidade dos delincuentes locais son<br \/>\nsometidos \u00e1 acci\u00f3n da xustiza. Non empeoraron as cousas dende ent\u00f3n.<\/p>\n<p>40.000, ou 60.000 Euros, son un custo considerable<br \/>\npara unha medida que non aportar\u00e1 melloras tanxibles \u00e1 seguridade<br \/>\ncidad\u00e1, excepto meter medo. M\u00e1is cando as medidas de vixilancia por<br \/>\nc\u00e1maras son doadamente vulnerables se non existe unha resposta inmediata<br \/>\n (imaxinemos: enmascararse ou cambiar a roupa canto antes despois de<br \/>\ncometer o feito delictivo). \u00c9 dicir: as c\u00e1maras non evitan o delicto se<br \/>\nnon existe un control, en tempo real, por unha patrulla que saia \u00f3<br \/>\nencontro do delincuente no momento que se produce o suceso.<\/p>\n<p>A instalaci\u00f3n de c\u00e1maras de gravaci\u00f3n en lugares<br \/>\np\u00fablicos mermar\u00e1 os dereitos fundamentais da cidadan\u00eda, nunha vila onde<br \/>\ntodos nos co\u00f1ecemos, e onde calquera medida de seguridade resulta<br \/>\nevidente para calquera tipo de delincuente ou pirata. \u00bfCal \u00e9 o sentido<br \/>\nde establecer unha vixilancia p\u00fablica tan insalvable para ?e<br \/>\nvulneradora? os dereitos dos veci\u00f1os? \u00bfO \u00abGran Hermano\u00bb orwelliano chega<br \/>\n a Viveiro? \u00bfAsumimos a perda de liberdade para favorecer unha<br \/>\nimprobable mellora da seguridade?<\/p>\n<p>Far\u00eda ben o Concello (que non o far\u00e1) en solicitar do<br \/>\n Goberno central a autorizaci\u00f3n para a realizaci\u00f3n dun referendo<br \/>\nmunicipal, para que os veci\u00f1os ?\u00abquinta banda\u00bb e interesados neste<br \/>\nasunto?, co seu voto, se pronunciasen sobre a medida da instalaci\u00f3n<br \/>\ndeste tipo de sistema de control. Porque o que est\u00e1 en xogo non \u00e9 a<br \/>\nseguridade p\u00fablica ?que parece que xa existe, a xulgar polas<br \/>\nestat\u00edsticas? sen\u00f3n que os dereitos e liberdades p\u00fablicas de t\u00f3dolos<br \/>\nhabitantes e visitantes de &nbsp;Viveiro.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que na tele est\u00e1n a po\u00f1er a edici\u00f3n XXL de Gran irm\u00e1n. O morbo \u00e9 as\u00ed. O que se est\u00e1 a propo\u00f1er estes d\u00edas en Viveiro (e cando vexas as barbas do teu veci\u00f1o cortar&#8230;) comparte nome e orientaci\u00f3n de vixiancia, pero \u00e9 outra cousa: p\u00e1sase da vixiancia limitada no tempo e voluntaria a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-6385","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6385","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6385"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6385\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6385"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6385"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6385"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}